SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
O sector enerxético ten para Galiza un valor estratéxico, polo que representa no seu
Produto Interior Bruto e por ser un factor relevante para a produción industrial. Malia
esa importancia, Galiza apenas contou con capacidade para deseñar e aplicar unha
estratexia enerxética propia, orientada a un aproveitamento endóxeno dos seus
recursos enerxéticos.
A Galiza foille adxudicado polo Estado español o papel de centro subministrador de
enerxía para favorecer o desenvolvemento e industrialización doutros territorios. Unha
decisión política que parte da visión centralista e unitaria do Estado español, que
deseñou a industrialización en lugares afastados da produción de enerxía, que
penalizou o desenvolvemento económico de Galiza ao desprazar a nosa enerxía, a
producida en Galiza, a outros territorios para o seu impulso industrial, incluso a través
dun prezo político, pois –como se exporá detidamente máis adiante- foi determinado
en base a factores alleos á lóxica económica.
Ao longo de anos Galiza foise especializando na xeración de electricidade, con base no
seu potencial hidroeléctrico e nos xacementos de carbón, acrecentado posteriormente
co desenvolvemento do aproveitamento eólico e biomasa, e tamén coa construción de
dous ciclos combinados de gas natural, o que supuxo o esquilmo de recursos e aínda
supón a espoliación de enormes recursos naturais.
Galiza ten dereito a controlar os seus recursos, tamén os enerxéticos, e non verse por
iso gobernada nun elemento tan central para o desenvolvemento económico, polas
decisións que se adoptan no Estado en función dos intereses do oligopolio das
eléctricas e de seguir perpetuando un sistema onde os territorios que non teñen
enerxía, que só son consumidores, son amplamente subvencionados por aqueles,
como Galiza, que sacrifican os seus recursos para a produción de enerxía.
A aspiración que defendemos desde o BNG é a de ter plena decisión sobre o control de
recursos tan prezados como os que serven de sustento para a produción de enerxía, e
tamén do uso e destino desa enerxía, dado o seu carácter estratéxico para moitas
actividades económicas. Sen dúbida, a asunción desa capacidade de decisión sobre a
enerxía do noso país sería un factor de xeración de riqueza moi relevante, dado que
co sistema unitario eléctrico actual gobernado desde Madrid de costas aos nosos
intereses, o que estamos a padecer é unha doazón a cambio de nada dunha parte da
nosa enerxía, mesmo sen poder sequera ter vantaxes competitivas para o
establecemento de tecido industrial en Galiza.
O establecemento dun marco regulatorio e tarifario común en todo o Estado español,
e as decisións adoptadas polas empresas eléctricas que actúan en réxime de
oligopolio a través dos seus centros de decisión afastados de Galiza conduciron a
agravar esa situación onde, a pesar de que a xeración eléctrica leva aparellados
elevados custos sociais e medioambientais, Galiza non tirou proveito desta actividade
económica, nunca recibiu vantaxes do aproveitamento dos seus recursos, mesmo
sofre en amplas zonas do país unha deficiente calidade da subministración eléctrica.
No Estado español impúxose o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única,
prexudicial para Galiza ao tratar por igual aos consumidores dos distintos territorios,
sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía. Cabe salientar que as
tarifas eléctricas no Estado español son as terceiras máis caras para o consumo
doméstico e as oitavas para o industrial dentro da UE.
Dende o BNG vimos demandando que Galiza teña unha tarifa máis baixa, para que
realmente exista un beneficio económico para o propio país, para favorecer o consumo
doméstico dunha poboación que ten as pensións e os salarios entre os máis baixos do
Estado español, onde unhas 187 mil persoas, o 18 % do total da poboación, teñen
dificultades para aboar as súas facturas enerxéticas e para posibilitar o seu
crecemento industrial.
Noutros países da nosa contorna, como o Reino Unido, Alemaña ou Suíza, teñen
tarifas diferenciadas atendendo aos distintos territorios. No Estado español, non foi
até 1953 que se unificou a tarifa. Mesmo a nova lei 24/2013 do sector eléctrico abre a
porta a tarifas diferentes segundo os territorios. Iso si, non para compensar vía tarifa
os territorios que sofren os prexuízos sociais e ambientais de produciren enerxía,
senón para penalizar as CCAA que impoñan impostos ambientais, ao recollerse a
posibilidade da creación de suplementos territoriais onde houber impostos propios á
actividade eléctrica. Isto é, queda aberta a posibilidade a que en Galiza paguemos
aínda a electricidade máis cara por termos actividade de xeración no propio país.
Tamén no caso do Estado español, na actual proposta de peaxes eléctricos realizada
polo Goberno central, logo dun pacto co Goberno de Euskadi, recolle o cambio de
definición das redes de alta tensión para que teñan collida unha parte moi significativa
da rede de distribución vasca, que neste caso é singular, o cal vai permitir a partir de
2015 uns prezos máis baixos para a industria de Euskadi, nunha rebaixa que se
estima nun 15% nas peaxes e nun 12,5% no termo de enerxía.
A nosa a proposta da tarifa eléctrica galega susténtase na nosa condición excedentaria
na produción eléctrica, da análise das perdas no transporte e distribución, así como
da análise das diferentes peaxes do sistema que fai que todos paguemos medidas
que, como os custes extrapeninsulares, benefician a outros territorios. Así,
concretamos a tarifa na bonificación dun 30% nas peaxes, ás Comunidades
Autónomas que nos últimos catro anos, exportasen de media máis do 25%
da enerxía que producen. Isto suporía para Galiza, unha rebaixa de
aproximadamente o 15% no prezo do recibo eléctrico.

More Related Content

Viewers also liked

GUIA CLASE 1 "LA LLAVE MÁGICA"
GUIA CLASE 1 "LA LLAVE MÁGICA"GUIA CLASE 1 "LA LLAVE MÁGICA"
GUIA CLASE 1 "LA LLAVE MÁGICA"Kristel Aldoney
 
Como buscar por internet
Como buscar por internetComo buscar por internet
Como buscar por internetladodelapared
 
κατασκευή χριστουγεννιάτικης γαλοπούλας και χριστουγεννιάτικου δέντρου
κατασκευή χριστουγεννιάτικης γαλοπούλας και χριστουγεννιάτικου δέντρουκατασκευή χριστουγεννιάτικης γαλοπούλας και χριστουγεννιάτικου δέντρου
κατασκευή χριστουγεννιάτικης γαλοπούλας και χριστουγεννιάτικου δέντρου11ο Δημοτικό Σχολείο Περιστερίου
 
Concurso reciclaje
Concurso reciclaje Concurso reciclaje
Concurso reciclaje ambb72
 
MAPAS CONCEPTUALES EDUCACIÓN Y PEDAGÓGIA
MAPAS CONCEPTUALES EDUCACIÓN Y PEDAGÓGIAMAPAS CONCEPTUALES EDUCACIÓN Y PEDAGÓGIA
MAPAS CONCEPTUALES EDUCACIÓN Y PEDAGÓGIAJohaana Cedeño
 
Trabajo Practico N9
Trabajo Practico N9Trabajo Practico N9
Trabajo Practico N9achaila
 
02 monitor-pais - reporte ejecutivo (al 27 enero 2015)
02   monitor-pais  - reporte ejecutivo (al 27 enero 2015)02   monitor-pais  - reporte ejecutivo (al 27 enero 2015)
02 monitor-pais - reporte ejecutivo (al 27 enero 2015)hinterlaces
 
Trabajo Final Red Soc
Trabajo Final Red  SocTrabajo Final Red  Soc
Trabajo Final Red SocCoqui
 
Seguridad en internet (2)
Seguridad en internet (2)Seguridad en internet (2)
Seguridad en internet (2)rocoliliana
 
Elección del tema y busqueda de la información
Elección del tema y busqueda de la informaciónElección del tema y busqueda de la información
Elección del tema y busqueda de la informaciónJosué Mejia
 
Uutta vettä - New water flowing
Uutta vettä - New water flowingUutta vettä - New water flowing
Uutta vettä - New water flowingTerttu Lajunen
 
Guion de entrevista_4
Guion de entrevista_4Guion de entrevista_4
Guion de entrevista_4SEV
 
Syvään juurtuen Deeply rooted
Syvään juurtuen   Deeply rootedSyvään juurtuen   Deeply rooted
Syvään juurtuen Deeply rootedTerttu Lajunen
 

Viewers also liked (20)

GUIA CLASE 1 "LA LLAVE MÁGICA"
GUIA CLASE 1 "LA LLAVE MÁGICA"GUIA CLASE 1 "LA LLAVE MÁGICA"
GUIA CLASE 1 "LA LLAVE MÁGICA"
 
Material educativo computarizado en educación física (sintetizado)
Material educativo computarizado en educación física (sintetizado)Material educativo computarizado en educación física (sintetizado)
Material educativo computarizado en educación física (sintetizado)
 
Como buscar por internet
Como buscar por internetComo buscar por internet
Como buscar por internet
 
κατασκευή χριστουγεννιάτικης γαλοπούλας και χριστουγεννιάτικου δέντρου
κατασκευή χριστουγεννιάτικης γαλοπούλας και χριστουγεννιάτικου δέντρουκατασκευή χριστουγεννιάτικης γαλοπούλας και χριστουγεννιάτικου δέντρου
κατασκευή χριστουγεννιάτικης γαλοπούλας και χριστουγεννιάτικου δέντρου
 
Concurso reciclaje
Concurso reciclaje Concurso reciclaje
Concurso reciclaje
 
MAPAS CONCEPTUALES EDUCACIÓN Y PEDAGÓGIA
MAPAS CONCEPTUALES EDUCACIÓN Y PEDAGÓGIAMAPAS CONCEPTUALES EDUCACIÓN Y PEDAGÓGIA
MAPAS CONCEPTUALES EDUCACIÓN Y PEDAGÓGIA
 
Guión docente
Guión docenteGuión docente
Guión docente
 
Trabajo Practico N9
Trabajo Practico N9Trabajo Practico N9
Trabajo Practico N9
 
Préstecs estrangerismes
Préstecs estrangerismesPréstecs estrangerismes
Préstecs estrangerismes
 
02 monitor-pais - reporte ejecutivo (al 27 enero 2015)
02   monitor-pais  - reporte ejecutivo (al 27 enero 2015)02   monitor-pais  - reporte ejecutivo (al 27 enero 2015)
02 monitor-pais - reporte ejecutivo (al 27 enero 2015)
 
Trabajo Final Red Soc
Trabajo Final Red  SocTrabajo Final Red  Soc
Trabajo Final Red Soc
 
Seguridad en internet (2)
Seguridad en internet (2)Seguridad en internet (2)
Seguridad en internet (2)
 
Elección del tema y busqueda de la información
Elección del tema y busqueda de la informaciónElección del tema y busqueda de la información
Elección del tema y busqueda de la información
 
ea ensayoclaudia_MA
ea ensayoclaudia_MAea ensayoclaudia_MA
ea ensayoclaudia_MA
 
Uutta vettä - New water flowing
Uutta vettä - New water flowingUutta vettä - New water flowing
Uutta vettä - New water flowing
 
Noticia1
Noticia1Noticia1
Noticia1
 
Estructura Multicapa
Estructura MulticapaEstructura Multicapa
Estructura Multicapa
 
Guion de entrevista_4
Guion de entrevista_4Guion de entrevista_4
Guion de entrevista_4
 
Syvään juurtuen Deeply rooted
Syvään juurtuen   Deeply rootedSyvään juurtuen   Deeply rooted
Syvään juurtuen Deeply rooted
 
Comunicado
ComunicadoComunicado
Comunicado
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 

Por unha tarifa eléctrica galega

  • 1. O sector enerxético ten para Galiza un valor estratéxico, polo que representa no seu Produto Interior Bruto e por ser un factor relevante para a produción industrial. Malia esa importancia, Galiza apenas contou con capacidade para deseñar e aplicar unha estratexia enerxética propia, orientada a un aproveitamento endóxeno dos seus recursos enerxéticos. A Galiza foille adxudicado polo Estado español o papel de centro subministrador de enerxía para favorecer o desenvolvemento e industrialización doutros territorios. Unha decisión política que parte da visión centralista e unitaria do Estado español, que deseñou a industrialización en lugares afastados da produción de enerxía, que penalizou o desenvolvemento económico de Galiza ao desprazar a nosa enerxía, a producida en Galiza, a outros territorios para o seu impulso industrial, incluso a través dun prezo político, pois –como se exporá detidamente máis adiante- foi determinado en base a factores alleos á lóxica económica. Ao longo de anos Galiza foise especializando na xeración de electricidade, con base no seu potencial hidroeléctrico e nos xacementos de carbón, acrecentado posteriormente co desenvolvemento do aproveitamento eólico e biomasa, e tamén coa construción de dous ciclos combinados de gas natural, o que supuxo o esquilmo de recursos e aínda supón a espoliación de enormes recursos naturais. Galiza ten dereito a controlar os seus recursos, tamén os enerxéticos, e non verse por iso gobernada nun elemento tan central para o desenvolvemento económico, polas decisións que se adoptan no Estado en función dos intereses do oligopolio das eléctricas e de seguir perpetuando un sistema onde os territorios que non teñen enerxía, que só son consumidores, son amplamente subvencionados por aqueles, como Galiza, que sacrifican os seus recursos para a produción de enerxía. A aspiración que defendemos desde o BNG é a de ter plena decisión sobre o control de recursos tan prezados como os que serven de sustento para a produción de enerxía, e tamén do uso e destino desa enerxía, dado o seu carácter estratéxico para moitas actividades económicas. Sen dúbida, a asunción desa capacidade de decisión sobre a enerxía do noso país sería un factor de xeración de riqueza moi relevante, dado que co sistema unitario eléctrico actual gobernado desde Madrid de costas aos nosos intereses, o que estamos a padecer é unha doazón a cambio de nada dunha parte da
  • 2. nosa enerxía, mesmo sen poder sequera ter vantaxes competitivas para o establecemento de tecido industrial en Galiza. O establecemento dun marco regulatorio e tarifario común en todo o Estado español, e as decisións adoptadas polas empresas eléctricas que actúan en réxime de oligopolio a través dos seus centros de decisión afastados de Galiza conduciron a agravar esa situación onde, a pesar de que a xeración eléctrica leva aparellados elevados custos sociais e medioambientais, Galiza non tirou proveito desta actividade económica, nunca recibiu vantaxes do aproveitamento dos seus recursos, mesmo sofre en amplas zonas do país unha deficiente calidade da subministración eléctrica. No Estado español impúxose o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galiza ao tratar por igual aos consumidores dos distintos territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía. Cabe salientar que as tarifas eléctricas no Estado español son as terceiras máis caras para o consumo doméstico e as oitavas para o industrial dentro da UE. Dende o BNG vimos demandando que Galiza teña unha tarifa máis baixa, para que realmente exista un beneficio económico para o propio país, para favorecer o consumo doméstico dunha poboación que ten as pensións e os salarios entre os máis baixos do Estado español, onde unhas 187 mil persoas, o 18 % do total da poboación, teñen dificultades para aboar as súas facturas enerxéticas e para posibilitar o seu crecemento industrial. Noutros países da nosa contorna, como o Reino Unido, Alemaña ou Suíza, teñen tarifas diferenciadas atendendo aos distintos territorios. No Estado español, non foi até 1953 que se unificou a tarifa. Mesmo a nova lei 24/2013 do sector eléctrico abre a porta a tarifas diferentes segundo os territorios. Iso si, non para compensar vía tarifa os territorios que sofren os prexuízos sociais e ambientais de produciren enerxía, senón para penalizar as CCAA que impoñan impostos ambientais, ao recollerse a posibilidade da creación de suplementos territoriais onde houber impostos propios á actividade eléctrica. Isto é, queda aberta a posibilidade a que en Galiza paguemos aínda a electricidade máis cara por termos actividade de xeración no propio país. Tamén no caso do Estado español, na actual proposta de peaxes eléctricos realizada polo Goberno central, logo dun pacto co Goberno de Euskadi, recolle o cambio de definición das redes de alta tensión para que teñan collida unha parte moi significativa da rede de distribución vasca, que neste caso é singular, o cal vai permitir a partir de 2015 uns prezos máis baixos para a industria de Euskadi, nunha rebaixa que se estima nun 15% nas peaxes e nun 12,5% no termo de enerxía. A nosa a proposta da tarifa eléctrica galega susténtase na nosa condición excedentaria na produción eléctrica, da análise das perdas no transporte e distribución, así como da análise das diferentes peaxes do sistema que fai que todos paguemos medidas que, como os custes extrapeninsulares, benefician a outros territorios. Así, concretamos a tarifa na bonificación dun 30% nas peaxes, ás Comunidades Autónomas que nos últimos catro anos, exportasen de media máis do 25% da enerxía que producen. Isto suporía para Galiza, unha rebaixa de aproximadamente o 15% no prezo do recibo eléctrico.