Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

mulleres matemáticas 3

2,013 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

mulleres matemáticas 3

  1. 1. Hypatia (370-415) Maria Gaetana Agnesi (1718-1799) Augusta Ada Byron (1815-1851) Nina Karlovna Bari (1904-1961) Grace Murray Hopper (1906-1992) Antonia Ferrín Moreiras (1914-)
  2. 2. Hypatia (370?-415) Naceu en Alexandría. O seu pai, un ilustre filósofo e matemático, permitiu que a súa filla estudara Ciencia e Filosofía. Formouse como científica e viaxou a Italia e Atenas para recibir cursos de filosofía. Dedicouse a ensinar Matemáticas, Astronomía, Lóxica, Filosofía e Mecánica. Foi unha gran inventora. Entre os aparellos que se lle atribuen descatan: o destilador de auga, o planisferio… Sen dúbida, foi a científica máis famosa da antigüidade.
  3. 3. María Gaetana Agnesi (1718-1799) Aos 9 anos reivindicou o dereito das mulleres ao estudio das ciencias. Dedicou ás matemáticas 20 dos 81 anos da súa vida, e, destes, 10 á elaboración da Institucione Analiticae que é unha recompilación sistemática das matemáticas. Tratou a Álxebra e a Xeometría Analítica, tamén o Cálculo Diferencial e Integral. Comprobouse que a curva de Agnesi, pola que María acadou maior sona, é unha aproximación da distribución dos espectros da enerxía dos raios X e dos raios ópticos.
  4. 4. Augusta Ada Byron (1815-1851) Naceu en Londres. Estudou matemáticas e ciencias. Desenvolveu instruccións para facer cálculos nunha temperá versión de ordenador.Esta é a conexión entre as operacións mecánicas e os procesos mentais matemáticos abstractos. Outra das súas ideas foi que un cálculo grande podería conter moitas repeticións na mesma secuencia de instruccións. Ada morreu aos 36 anos.
  5. 5. Nina Karlovna Bari (1901-1961) Foi a primeira muller estudante de Moscova e alí participou no traballo de varios grupos de matemáticos. Graduouse e comezou a dar clases, pero seguiu estudando e comezou a investigar, en concreto en series trigonométricas, e no problema da unicidade dos desenvolvementos das funcións. Morreu ao caer diante dun tren do metro de Moscova, o que supuxo unha gran perda para a comunidade matemática.
  6. 6. Grace Murray Hopper (1906-1992) Licenciouse con honras en matemáticas e física en Nova York. Desde que estalou a Segunda Guerra Mundial decidiu unirse as forzas armadas. Coñecida a súa habilidade matemática foi destinada a Harvard, onde traballou cos primeiros ordenadores deseñados para calcular traxectorias de proxectís. Dende os anos 50 ata o retiro traballou no UNIVAC. Desenvolveu o primeiro compilador, o A-0, é o primeiro para procesar datos que usaba termos en inglés.
  7. 7. Antonia Ferrín Moreiras (1914-) Naceu en Ourense. En 1941 xa tiña rematadas as licenciaturas de Ciencias Químicas e Farmacia, ademais de Maxisterio e dous cursos de Ciencias Exactas que se impartían en Santiago, rematando a carreira e os cursos de doutoramento en Madrid. Nos anos 40 foi adxunta da cátedra de Vidal Abascal. En 1950 o Concello Superior de Investigacións Científicas concédelle unha bolsa para facer investigacións no Observatorio Astronómico de Santiago. A súa tese: ‘’Observaciónes de pasos por dos verticales’’, é a primeira tese da matemática.
  8. 8. En 1953 gaña por oposición unha cátedra na Escola Normal de Maxisterio en Santander. Vaise a Madrid, onde traballará, ata a súa xubilación en 1984, na Escola de Maxisterio Santa María. Ademais de ser a primeira persoa en doutorarse en Matemáticas pola USC e a primeira profesora da Facultade, participou en varios dos Coloquios Internacionais de Xeometría Diferencial promovidos por Vidal Abascal. Tivo que demostrar unha gran tensión nunha época en que as mulleres traballadoras eran poucas. Sen perder nin o sorriso nin o entusiasmo insiste en que o seu único mérito é vivir tantos anos.
  9. 9. FIN Alba González López Ana Barreal López Alumnas de 4º da ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

×