SlideShare a Scribd company logo
1 of 41
CEIP MANUEL RIVERO DE
LALÍN
*PRESTA ATENCIÓN!
*Os experimentos seguintes nos que apareza o
símbolo inferior, requiren para a súa realización,
a presenza dun adulto.
Precisarás:
-cartulina (ou papel groso)
-unha grapadora
-un cordel
-unhas tesoiras
-cinta adhesiva
INSTRUCIÓNS:
-Recorta dous discos como os da fotografía. Despois de
colorear os debuxos pégaos coas imaxes cara fóra, pero en
posición invertida un respecto do outro.
-Suxeita cada extremo do cordel cunha man e faino xirar
adiante e atrás para que xiren os discos.
-Observarás que a mecha acende a candea.
*
*Ao xirar os discos, ves imaxes da candea e da
chama. Ao ir a gran velocidade ves unha imaxe
mentras a outra aínda persiste na túa memoria. O
cerebro combina as dúas imaxes e crea a ilusión
da candea acesa.
*Para este experimento precisas:
*-manteiga
*-un anaco de papel hixiénico
*-un palillo ( mellor un palillo de pincho moruno)
*-un acendedor
*
*1º.- Corta un taco de manteiga.
*2º.- Co palillo fai un burato profundo e un
pouco amplio.
*3º.-Retorce o papel hixiénico ata que pareza un
fío e introdúceo no burato. Engrasa a parte
saínte do papel.
*4º.- Agora acende a candea e verás como
queda prendida.
*
*A graxa da manteiga derretida en contacto co
osíxeno do aire produce unha reacción de
combustión que libera enerxía en forma de luz
e de calor.
Precisarás:
-un recipiente de cristal
-auga
-aceite
-colorante alimentario
-contagotas
INSTRUCIÓNS:
-Bota a auga no recipiente e por riba bota o
aceite.
-Deseguido verte unhas pingas de colorante
sobre o aceite. Observarás que quedan na
fronteira do aceite coa auga.
*
*As pingas quedan aí atrapadas pola tensión
superficial da auga. Se lle botamos unhas pingas
de lavavaixelas, estas rompen a tensión
superficial da auga e o colorante pode descender
ata o fondo do recipiente.
Precisarás:
- unha cubeta
- un vaso
- auga
INSTRUCIÓNS:
Mete o vaso ata o fondo do recipiente e dálle a volta.
Levántao sen que o borde rebase a superficie da auga
e comprobarás que a auga contida no vaso elévase
acadando un nivel superior ao da auga externa.
*
*Porque a presión do aire sobre a superficie da
auga contida na cubeta, empuxa á auga do vaso.
Se elevamos o vaso por riba da superficie, o aire
entra, expulsa a auga e baleira o vaso.
Precisarás:
-un recipiente de cristal
-un imán
-un clip
INSTRUCIÓNS:
-Bota auga no recipiente e introduce nela un
clip. Logo invita a un amigo a sacalo clip sen
mollar as mans.
-Coloca o imán na parede do recipiente á
altura do clip: cando este se acerque,
despraza lentamente o imán cara arriba.
*
*A forza magnética do imán funciona tamén a
través do cristal. Se as paredes do recipiente
fosen metálicas, o clip sería atraído con menos
intensidade porque parte da forza magnética
sería «absorbida» polas paredes do recipiente.
Gracias á capacidade de exercer a súa forza tamén
na auga, os imáns son usados durante a
construción e a reparación de instalacións
submariñas: son moi útiles, por exemplo, para
manteñer fixos os cables durante os traballos.
Precisarás:
- un globo
- unha agulla
- cinta adhesiva
INSTRUCIÓNS:
-Infla o globo e pega un anaco de cinta adhesiva
(coma no debuxo).
-Logo fai un burato coa agulla no lugar onde pegaches
a cinta.
Observarás que o globo vai perdendo aire, pero non
estoupa.
*
*A cinta adhesiva evita que o globo rache a
pesar de estar sometido a unha forte presión.
Precisarás:
-unha botella de plástico de auga dun litro e medio
ou de dous litros.
-un globo
-un alfinete
INSTRUCIÓNS:
-Coloca o globo na boca da botella, cada adentro, de
xeito que coincida a boca do globo coa boca da
botella.
-Sopra para inflar o globo.
-Observarás que non poderás conseguilo.
*
*Cando sopras coa intención de inflar o globo, a
presión do aire que está atrapado no interior
da botella impídeche facelo…
*…pero, se lle fas co alfinete, un burato á
botella, o aire que hai no seu interior pode saír
e así conseguirás inflar o globo con facilidade.
Precisarás:
-unha moeda
-un contagotas
-un vaso cunha pouca auga
-colorante alimentario
INSTRUCIÓNS:
-Bota no vaso unhas 2 ou 3 pingadas de colorante
alimentario.
-Coloca a moeda enriba dunha superficie plana e vai
botando pouco a pouco pingadas sobre ela.
Observarás que se crea unha especie de «tea
invisible» que fai que a superficie se curve e evite
que se derrame a auga.
*
*Isto débese a unha forza que ten a auga
chamada «tensión superficial» que mantén
unidas as moléculas de auga. Claro que se
botas demasiadas pingas sobre a moeda esa
especie de tea invisible acabará rompendo.
Precisarás:
-tres escarvadentes
-un recipiente pequeño (una cunca, por exemplo)
-lavavaixelas
INSTRUCIÓNS:
-Enche a cunca con auga e no medio coloca dous
escarvadentes un a carón do outro. Intenta separalos
co terceiro escarvadentes e verás que non é doado
-Agora molla a punta do terceiro escarvadentes no
lavavaixelas e toca con esa punta no medio dos
escarvadentes que están na auga e comprobarás que
se separan rapidamente.
*
*O lavavaixelas fixo diminuír a tensión
superficial da auga («a pel da auga») na zona
que está entre os escarvadentes, mentras que
na parte externa deles a auga tira cara fóra.
De aí este desprazamento.
Precisarás:
-un recipiente grande con auga
-unha botella de plástico
-auga
-un cravo
INSTRUCIÓNS:
-Pídelle a un adulto que che faga unha ducia de buratiños
no fondo da botella.
-Bota auga no fondo do recipiente grande. Sostén a botella
sobre ese fondo e coa outra vaille botando auga ata que
estea chea. Despois enrosca ben o tapón e levanta a
botella.
Observarás que se poden formar algunhas pingas arredor
dos buratos, pero a auga non caerá. Se lle quitas o tapón, a
auga sairá polos buratos.
*
*Mentres a auga non presione cara abaixo a
través da boca da botella, a presión de aire
externa, manterá a auga dentro dos buratos.
Cando destapas a botella, a presión do aire,
empúrraa cara abaixo e a auga sae.
Precisarás:
-un tubo de plástico
-cinta adhesiva
-a parte de cristal dun contagotas
-un funil
-auga
INSTRUCIÓNS:
-Coa cinta adhesiva pega o embudo e o contagotas aos extremos
do tubo.
-Pecha cun dedo a abertura do contagotas e enche o tubo de
auga polo funil.
-Baixa o extremo do contagotas e aparta o dedo.
Observarás que do contagotas sae un chorro de auga: canto
máis levantas o funil, máis alto sae o chorro.
*
*A forza de presión exercida polo aire sobre a
auga do embudo e a da auga dentro do tubo
lanzan a auga cara riba. Ao levantar o funil,
aumenta a altura do chorro porque é maior o
estrato de auga que presiona cara abaixo.
Precisarás:
-acetona
-recipiente de cristal
-poliestireno expandido que é o nome que recibe
a cortiza branca que se usa nas embalaxes
INSTRUCIÓNS:
- Bota a acetona no recipiente
- Introduce nel, pouco a pouco os anacos ou as
barras da cortiza branca e verás como vai
desaparecendo «misteriosamente».
*
*O segredo deste experimento é que o
poliestireno expandido é nun 98% aire en un
2% plástico. Cando este material entra en
contacto coa acetona prodúcese unha
reacción química que rompe as estruturas
que o compoñen . Ao romperse o plástico
disólvese, aínda que en ningún momento
desaparece.
*No recipiente queda un material pastoso
mergullado na acetona, que sigue sendo
estireno.
*Bibliografía:
* El gran libro de los experimentos, MEIANI, Antonella (Ed. San
Pablo, Madrid
* 101 grandes experimentos, ARDLEY, Neil (Ed.Grupo Z)
* El taller de los experimentos, VARIOS (Ed. Labor)
* Experimentos científicos asombrosos con materiales de uso
cotidiano, CHURCHILL, Richard E. (Ed. Edivisión)
* Experimentos para todas las edades, MORENO,R. CANO, Luis (Ed.
Rialp
* Experimentar y descubrir. Revisado por LÜCK, Gisela (Ed.Elfos)
* Los experimentos de Flipy. PÉREZ VERGARA, Enrique e IBÁÑEZ
PÉREZ, Pablo (Ed. Santillana)
* Ilusiones mágicas, VALERO,Almudena (Ed. LIBSA)

More Related Content

Featured

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

  • 1. CEIP MANUEL RIVERO DE LALÍN
  • 2. *PRESTA ATENCIÓN! *Os experimentos seguintes nos que apareza o símbolo inferior, requiren para a súa realización, a presenza dun adulto.
  • 3.
  • 4. Precisarás: -cartulina (ou papel groso) -unha grapadora -un cordel -unhas tesoiras -cinta adhesiva INSTRUCIÓNS: -Recorta dous discos como os da fotografía. Despois de colorear os debuxos pégaos coas imaxes cara fóra, pero en posición invertida un respecto do outro. -Suxeita cada extremo do cordel cunha man e faino xirar adiante e atrás para que xiren os discos. -Observarás que a mecha acende a candea.
  • 5. * *Ao xirar os discos, ves imaxes da candea e da chama. Ao ir a gran velocidade ves unha imaxe mentras a outra aínda persiste na túa memoria. O cerebro combina as dúas imaxes e crea a ilusión da candea acesa.
  • 6.
  • 7. *Para este experimento precisas: *-manteiga *-un anaco de papel hixiénico *-un palillo ( mellor un palillo de pincho moruno) *-un acendedor
  • 8. * *1º.- Corta un taco de manteiga. *2º.- Co palillo fai un burato profundo e un pouco amplio. *3º.-Retorce o papel hixiénico ata que pareza un fío e introdúceo no burato. Engrasa a parte saínte do papel. *4º.- Agora acende a candea e verás como queda prendida.
  • 9. * *A graxa da manteiga derretida en contacto co osíxeno do aire produce unha reacción de combustión que libera enerxía en forma de luz e de calor.
  • 10.
  • 11. Precisarás: -un recipiente de cristal -auga -aceite -colorante alimentario -contagotas INSTRUCIÓNS: -Bota a auga no recipiente e por riba bota o aceite. -Deseguido verte unhas pingas de colorante sobre o aceite. Observarás que quedan na fronteira do aceite coa auga.
  • 12. * *As pingas quedan aí atrapadas pola tensión superficial da auga. Se lle botamos unhas pingas de lavavaixelas, estas rompen a tensión superficial da auga e o colorante pode descender ata o fondo do recipiente.
  • 13.
  • 14. Precisarás: - unha cubeta - un vaso - auga INSTRUCIÓNS: Mete o vaso ata o fondo do recipiente e dálle a volta. Levántao sen que o borde rebase a superficie da auga e comprobarás que a auga contida no vaso elévase acadando un nivel superior ao da auga externa.
  • 15. * *Porque a presión do aire sobre a superficie da auga contida na cubeta, empuxa á auga do vaso. Se elevamos o vaso por riba da superficie, o aire entra, expulsa a auga e baleira o vaso.
  • 16.
  • 17. Precisarás: -un recipiente de cristal -un imán -un clip INSTRUCIÓNS: -Bota auga no recipiente e introduce nela un clip. Logo invita a un amigo a sacalo clip sen mollar as mans. -Coloca o imán na parede do recipiente á altura do clip: cando este se acerque, despraza lentamente o imán cara arriba.
  • 18. * *A forza magnética do imán funciona tamén a través do cristal. Se as paredes do recipiente fosen metálicas, o clip sería atraído con menos intensidade porque parte da forza magnética sería «absorbida» polas paredes do recipiente.
  • 19. Gracias á capacidade de exercer a súa forza tamén na auga, os imáns son usados durante a construción e a reparación de instalacións submariñas: son moi útiles, por exemplo, para manteñer fixos os cables durante os traballos.
  • 20.
  • 21. Precisarás: - un globo - unha agulla - cinta adhesiva INSTRUCIÓNS: -Infla o globo e pega un anaco de cinta adhesiva (coma no debuxo). -Logo fai un burato coa agulla no lugar onde pegaches a cinta. Observarás que o globo vai perdendo aire, pero non estoupa.
  • 22. * *A cinta adhesiva evita que o globo rache a pesar de estar sometido a unha forte presión.
  • 23.
  • 24. Precisarás: -unha botella de plástico de auga dun litro e medio ou de dous litros. -un globo -un alfinete INSTRUCIÓNS: -Coloca o globo na boca da botella, cada adentro, de xeito que coincida a boca do globo coa boca da botella. -Sopra para inflar o globo. -Observarás que non poderás conseguilo.
  • 25. * *Cando sopras coa intención de inflar o globo, a presión do aire que está atrapado no interior da botella impídeche facelo… *…pero, se lle fas co alfinete, un burato á botella, o aire que hai no seu interior pode saír e así conseguirás inflar o globo con facilidade.
  • 26.
  • 27. Precisarás: -unha moeda -un contagotas -un vaso cunha pouca auga -colorante alimentario INSTRUCIÓNS: -Bota no vaso unhas 2 ou 3 pingadas de colorante alimentario. -Coloca a moeda enriba dunha superficie plana e vai botando pouco a pouco pingadas sobre ela. Observarás que se crea unha especie de «tea invisible» que fai que a superficie se curve e evite que se derrame a auga.
  • 28. * *Isto débese a unha forza que ten a auga chamada «tensión superficial» que mantén unidas as moléculas de auga. Claro que se botas demasiadas pingas sobre a moeda esa especie de tea invisible acabará rompendo.
  • 29.
  • 30. Precisarás: -tres escarvadentes -un recipiente pequeño (una cunca, por exemplo) -lavavaixelas INSTRUCIÓNS: -Enche a cunca con auga e no medio coloca dous escarvadentes un a carón do outro. Intenta separalos co terceiro escarvadentes e verás que non é doado -Agora molla a punta do terceiro escarvadentes no lavavaixelas e toca con esa punta no medio dos escarvadentes que están na auga e comprobarás que se separan rapidamente.
  • 31. * *O lavavaixelas fixo diminuír a tensión superficial da auga («a pel da auga») na zona que está entre os escarvadentes, mentras que na parte externa deles a auga tira cara fóra. De aí este desprazamento.
  • 32.
  • 33. Precisarás: -un recipiente grande con auga -unha botella de plástico -auga -un cravo INSTRUCIÓNS: -Pídelle a un adulto que che faga unha ducia de buratiños no fondo da botella. -Bota auga no fondo do recipiente grande. Sostén a botella sobre ese fondo e coa outra vaille botando auga ata que estea chea. Despois enrosca ben o tapón e levanta a botella. Observarás que se poden formar algunhas pingas arredor dos buratos, pero a auga non caerá. Se lle quitas o tapón, a auga sairá polos buratos.
  • 34. * *Mentres a auga non presione cara abaixo a través da boca da botella, a presión de aire externa, manterá a auga dentro dos buratos. Cando destapas a botella, a presión do aire, empúrraa cara abaixo e a auga sae.
  • 35.
  • 36. Precisarás: -un tubo de plástico -cinta adhesiva -a parte de cristal dun contagotas -un funil -auga INSTRUCIÓNS: -Coa cinta adhesiva pega o embudo e o contagotas aos extremos do tubo. -Pecha cun dedo a abertura do contagotas e enche o tubo de auga polo funil. -Baixa o extremo do contagotas e aparta o dedo. Observarás que do contagotas sae un chorro de auga: canto máis levantas o funil, máis alto sae o chorro.
  • 37. * *A forza de presión exercida polo aire sobre a auga do embudo e a da auga dentro do tubo lanzan a auga cara riba. Ao levantar o funil, aumenta a altura do chorro porque é maior o estrato de auga que presiona cara abaixo.
  • 38.
  • 39. Precisarás: -acetona -recipiente de cristal -poliestireno expandido que é o nome que recibe a cortiza branca que se usa nas embalaxes INSTRUCIÓNS: - Bota a acetona no recipiente - Introduce nel, pouco a pouco os anacos ou as barras da cortiza branca e verás como vai desaparecendo «misteriosamente».
  • 40. * *O segredo deste experimento é que o poliestireno expandido é nun 98% aire en un 2% plástico. Cando este material entra en contacto coa acetona prodúcese unha reacción química que rompe as estruturas que o compoñen . Ao romperse o plástico disólvese, aínda que en ningún momento desaparece. *No recipiente queda un material pastoso mergullado na acetona, que sigue sendo estireno.
  • 41. *Bibliografía: * El gran libro de los experimentos, MEIANI, Antonella (Ed. San Pablo, Madrid * 101 grandes experimentos, ARDLEY, Neil (Ed.Grupo Z) * El taller de los experimentos, VARIOS (Ed. Labor) * Experimentos científicos asombrosos con materiales de uso cotidiano, CHURCHILL, Richard E. (Ed. Edivisión) * Experimentos para todas las edades, MORENO,R. CANO, Luis (Ed. Rialp * Experimentar y descubrir. Revisado por LÜCK, Gisela (Ed.Elfos) * Los experimentos de Flipy. PÉREZ VERGARA, Enrique e IBÁÑEZ PÉREZ, Pablo (Ed. Santillana) * Ilusiones mágicas, VALERO,Almudena (Ed. LIBSA)