SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN
ALMORZO NA ESCOLA "ALMORZARES" NO CPI AS MIRANDAS DO
CONCELLO DE ARES
CAPÍTULO I
OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E CONCEPTO
Artigo 1.- Obxecto
O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas de organización e
funcionamento do servizo ALMORZO NA ESCOLA "ALMORZARES" organizado
pola Anpa Ramón Pimentel do CPI As Mirandas de Ares.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación
O ámbito de aplicación territorial do presente regulamento é o Concello de Ares.
O servizo está dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria
do CPI As Mirandas do Concello de Ares.
Artigo 3.- Concepto
O servizo "ALMORZARES" é un programa social que pretende ser unha
ferramenta de conciliación da vida laboral, persoal e familiar para as familias do
alumnado do CPI As Mirandas de Ares.
As fontes de financiamento serán as propias familias participantes no programa
mediante as cotas aboadas polos usuarios/as, e subvencións que para tal fin
poidan concederse polas administracións públicas, en metálico ou en especie.
Artigo 4.- Obxectivos
O servizo ALMORZARES ten dous obxectivos xerais:
Primeiro: Facilitar á poboación de Ares a conciliación da vida persoal, laboral e
familiar, atendendo os seus menores por profesionais especializados.
Segundo: Contribuir á educación en hábitos alimenticios sans así como as normas
básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.
CAPÍTULO II
DEREITOS E DEBERES
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
Artigo 5.- Dereitos dos/as usuarios/as
Son dereitos dos usuarios e usuarias do servizo ALMORZO NA ESCOLA
"ALMORZARES" e de quen ostenta a súa patria potestade:
a) O acceso ao programa e á información sen discriminación por razón de
nacemento, raza, sexo,relixión, opinión ou calquera outra condición ou
circunstancia persoal ou social, incluídas as discapacidades físicas, psíquicas e
sensoriais.
b) A consideración debida á dignidade da persoa, tanto por parte dos/as
monitores/as e persoal do servizo, como dos demais usuarios/as.
c) O sixilo profesional sobre os datos do seu historial persoal, sanitario,
socioeconómico e familiar.
d) A intimidade persoal tendo en conta as condicións de funcionamento do servizo.
e) A asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas.
f) Deixar de utilizar o servizo por vontade propia.
g) Ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles e
de canto afecte á súa propia educación.
h) Ser educados na tolerancia, na convivencia democrática e en valores de
igualdade.
i) Ser educados en hábitos alimenticios sans e nas normas básicas de hixiene e
comportamento.
Artigo 6.- Deberes dos/as usuarios/as
Son deberes dos usuarios/as do servizo ALMORZO NA ESCOLA "ALMORZARES"
e de quen ostenta a súa patria potestade:
a) Cumprir as normas recollidas no presente regulamento.
b) Manter unha conduta inspirada na tolerancia, na colaboración e no mutuo
respecto aos outros/as usuarios/as, aos monitores/as e ao persoal do servizo.
c) Aboar as cotas que sexan acordadas.
CAPÍTULO III
MONITORES
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
Artigo 7.- Monitores
O programa estará executado por monitores e axudantes con experiencia e
formación suficiente estimando un monitor/axudante por cada 15 nenos
aproximadamente.
O coordinador do servizo será un membro da xunta directiva da ANPA designado
cada ano a tal efecto.
Artigo 8.-Funcións dos/as monitores/as
Os/as monitores/as do servizo terán as seguintes funcións:
a) Elaborar os almorzos segundo os criterios de nutrición saudable, variada e
equilibrada, en todo caso supervisados pola coordinación establecida.
b) Trasladar o neno/a á súa fila de entrada á aula seguindo as indicación do centro
educativo.
c) Desenvolver as actividades lúdicas no tempo de lecer nos espazos cedidos polo
centro.
d) Deixar recollidas as instalacións e limpo o mobiliario e os utensilios usados, así
coma os espazos para a realización das actividades lúdicas.
e) Atender persoalmente aos pais/nais ou titores/as.
f) Controlar as asistencias ou ausencias dos nenos/as usuarias do servizo, así
coma os bonos dos usuarios/as ocasionais.
g) Educar para a saúde e o consumo de acordo cas seguintes pautas:
-Orientar ao alumnado nuns correctos hábitos alimentarios, hixiénicos e
ergonómicos.
- Comprobar que os nenos e nenas laven as mans antes e despois do almorzo, e
que laven os dentes despois de almorzar.
- Motivar para unha alimentación variada e equilibrada
- Orientación e corrección de malos hábitos posturais.
- No caso de que sexa necesario, levar a cabo a limpeza e muda dos nenos/as de
Educación Infantil.
- Informar aos país e nais ou titores/as e ao coordinador das incidencias
alimentarias.
h) Educar para a convivencia:
- Aprender e axudar a comer aos nenos/as, con especial atención para o ciclo de
infantil, no que se refire aos útiles usados no almorzo e o depósito dos mesmos no
seu lugar habilitado.
- Trasladar aos nenos/as aos diferentes espazos de actividade dentro e fóra do
centro, e vixiar a súa conduta durante eses traslados.
- Vixiar que os nenos/as deixen as súas pertenzas de forma correcta nos lugares
destinados a este fin.
- Inculcarlles aos nenos/as a necesidade de respectar o horario, as normas de
convivencia establecidas e as instalacións así como o mobiliario e o material.
- Informar aos pais/nais ou titores/as e a coordinación das incidencias significativas
na conduta e actitudes dos seus fillos/as.
i) Educar para o tempo libre:
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
- Dirixir actividades lúdicas no tempo de ocio e fomentar a sociabilización entre
todo o alumnado.
- Vixiancia activa nos espazos de uso.
- Dirección e participación nas actividade programadas.
l) Realizar as demais funcións que se Iles atribúan desde a coordinación para o
correcto funcionamento do servizo.
CAPITULO IV
ORGANIZACIÓN
Artigo 9.-Tipos de usuarios/as:
Os usuarios e usuarias de ALMORZO NA ESCOLA poden ser ocasionais ou
fixos/as.
a) Usuario/a diario/a: aquel/a usuario/a que se matricule no servizo o mes
completo, de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou
días concretos.
Pódese dar de alta no momento da matrícula ou, de haber prazas suficientes, con
posterioridade.
b) Usuario/a ocasional: aquel/a usuario/a que, existindo prazas dispoñibles, desexe
utilizar o servizo en días soltos. Ten que solicitarllo ao coordinador/a do
programa presencialmente, por teléfono ou correo electrónico en horario de 9:00
a 14:00 horas do día anterior á utilización do servizo para poder avisar ao
monitor correspondente.
Artigo 10.- Número de prazas ofertadas e selección dos solicitantes
Cada ano, no mes de maio/xuño haberá un prazo de preinscrición a fin de coñecer
o número de solicitantes do servizo. Este prazo anunciaráse a través do blogue da
ANPA: anpadeares.blogspot.com.es.
O número mínimo de nenos/as matriculados como usuarios fixos para poñer en
marcha o servizo será de quince. O número máximo de prazas ofertadas, nun
principio e por razón de espazo será de 30. Unha vez cubertas estas prazas
elaborarase unha lista de agarda coas demáis solicitudes.
No caso de que de tódolos xeitos o número de solicitudes supere o número de
prazas ofertadas, farase unha selección e terán prioridade as familias que teñan
necesidade de conciliar a vida laboral e familiar e aquelas con necesidades sociais
e económicas. De ser posible, poderá ampliarse o número de prazas para o
servizo.
A listaxe definitiva de persoas admitidas será igualmente publicada facilitando a
información do prazo para a formalización da matrícula.
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
Artigo 11.- Listaxe de agarda
A listaxe de garda abrirase no caso de non haber prazas dispoñibles suficientes
para satisfacer a demanda do servizo, unha vez publicada a listaxe definitiva das
persoas admitidas. Os/as nenos/as en espera irán entrando no servizo seguindo
estritamente a orde na que figuren na lista correspondente e en función das baixas
que se produzan no respectivo servizo.
Artigo 12.- Formalización da matrícula
Unha vez publicada a listaxe dos/as admitidos/as como usuarios/as diarios/as,
estes disporán ata o día anterior hábil ao inicio do servizo para formalizar a
matrícula.
Para que a alta sexa efectiva serán condicións indispensables as seguintes:
a) Dispoñer de praza.
b) Formalizar a matrícula correctamente e o pago da mensualidade.
c) De ser o caso, estar ao día no pagamento do servizo do curso anterior.
Os/as interesados/as en solicitar a alta como usuarios/as fixos/as poderán facelo
tamén con posterioridade ao prazo de presincrición e matrícula, pero nese caso
incluiranse na lista de espera do servizo por rigorosa orde de entrada da solicitude.
Artigo 13.- Data de inicio no servizo
Os/as admitidos/as poderán comezar no servizo o primeiro día lectivo completo do
curso escolar .
En caso de solicitude de alta con posterioridade ao prazo de preinscrición e de
matrícula se houbera prazas dispoñibles, será o Anpa o que, por motivos de
organización, determine a data na que podería comezar no servizo.
Artigo 14.- Baixa do usuario/a fixo/a
Pódese dar de baixa no momento que o estime oportuno, sempre antes do día 25
do mes anterior . Para isto, terá que comunicarllo ao monitor/a . Tamén terá que
comunicarlle a baixa por escrito nas oficinas do Anpa ou a través do correo
electrónico anpadeares@gmail.com.
De non seguir este protocolo de baixa, seguirá conservando a praza e
consecuentemente reclamaráselle o abono do servizo.
Artigo 15.- Os menús
Incluirán sempre lácteos, froita e cereales. De ser o caso, os menús adaptaranse
ás intolerancias ou alerxias explicitadas na documentación entregada polos
representantes legais no momento da preinscrición ou matricula. Procurarán ser
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
variados e axustaranse ás condicións dietéticas, sanitarias e hixiénicas que se
esixan para atender as necesidades alimentarias dos usuarios/as do servizo.
Artigo 16.- Dereito de admisión e potestade sancionadora
A ANPA resérvase para si o dereito de admisión e de exclusión temporal ou
definitiva dos alumnos/as que se comporten de forma incorrecta ou que os seus
pais, nais ou titores non respecten este regulamento e as normas básicas de
convivencia e colaboración.
Antes de tomar unha decisión daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores
dos menores.
Os/as nenos/as que acudan ao servizo deberán ter adquiridos os hábitos de
educación e coñecemento adecuados á súa idade (utilización de cubertos,
respecto aos monitores, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc).
Artigo 17.- Horario de funcionamento
O horario de funcionamento do servizo será de 07.30 horas ata a hora de entrada
na escola. 09.30 h. Malia iso, por razóns de tempo e previsión, o almorzo só se
facilitará ao alumnado que chegue antes das 08:30 h. O alumnado que chegue
despois desa hora terá que vir xa almorzado.
O servizo préstase nas instalacións do comedor, espazo cedido polo centro para o
desenvolvemento axeitado deste servizo.
A entrada farase polo portal pequeno da entrada principal do centro educativo, no
que as familias deberán timbrar na tecla “comedor” para que lle abran a porta (que
terán que pechar cando marchen ).
Artigo 18.- Problemas de saúde dos/as usuarios/as
Os usuarios/as do servizo deberán notificar calquera problema de saúde (alerxias
e intolerancias a calquera tipo de alimento) que repercuta na elaboración do
almorzo e que serán atendidas especificamente. Sendo requisito imprescindible o
informe médico coas instrucións e medidas que se deberán adoptar.
No caso dun problema vírico ocasional, no que o usuario necesite unha dieta
astrinxente, terán que comunicarlle ao coordinador/a de monitores o día para o que
se requira a dieta.
Se o alumno/a ten que medicarse á hora do almorzo, deberá traer unha
certificación médica na que se especifique a cantidade e o medicamento, así como
unha autorización dos pais ou titores. Non se administrarán medicamentos sen o
cumprimento destes requisitos.
Non poderán asistir os/as usuarios/as con febre ou enfermidades contaxiosas.
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
Artigo 19.- Pagamento
As cotas serán establecidas anualmente polo Anpa. Os usuarios fixos abonarán as
mensualidades completas de outubro a xuño, e a metade no mes de setembro.
1.-Os/as usuarios/as diarios/as terán que realizar o pagamento mensual do 1 ao 10
de cada mes ( adiantado ) mediante ingreso/transferencia á conta bancaria da
ANPA aberta no Banco Pastor.
2.-O pai, nai ou titor dos/as usuarios/as ocasionais pagarán o servizo nas oficinas
do Anpa no momento de deixar a almorzar ao usuario/a.
Artigo 20.-Este regulamento poderá ser modificado polo mesmo órgano que o
aprobou, a xunta directiva a ANPA, para adaptalo ás necesidades que se detecten
durante a posta en marcha do servizo.
Artigo 21.- O Anpa poderá ditar cantas ordes e instrucións resulten necesarias
para a adecuada aplicación, interpretación e desenvolvemento deste regulamento.
Ares, 1 de xullo de 2016

More Related Content

Similar to Regulamento de funcionamento do servizo de almorzo na escola 16 17

Anuncio ca05 190314-0001-gl-1
Anuncio ca05 190314-0001-gl-1Anuncio ca05 190314-0001-gl-1
Anuncio ca05 190314-0001-gl-1odesvanmarita
 
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Anpa Limiar
 
Bases convocatoria escolas de verán 2012
Bases convocatoria escolas de verán 2012Bases convocatoria escolas de verán 2012
Bases convocatoria escolas de verán 2012omixsada
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais esoLoudes Otero
 
Programa claustro UVigo 2010
Programa claustro UVigo 2010Programa claustro UVigo 2010
Programa claustro UVigo 2010Iesga
 
Programa xuventude promete defini
Programa xuventude promete definiPrograma xuventude promete defini
Programa xuventude promete definisatelite1
 
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía TangramInformación Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangramtangrampontevedra
 
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015nogais
 
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Anpa Limiar
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASH2040
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014CCOOXustiza
 

Similar to Regulamento de funcionamento do servizo de almorzo na escola 16 17 (20)

Bop Anpa
Bop AnpaBop Anpa
Bop Anpa
 
Anuncio ca05 190314-0001-gl-1
Anuncio ca05 190314-0001-gl-1Anuncio ca05 190314-0001-gl-1
Anuncio ca05 190314-0001-gl-1
 
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
 
Bases convocatoria escolas de verán 2012
Bases convocatoria escolas de verán 2012Bases convocatoria escolas de verán 2012
Bases convocatoria escolas de verán 2012
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalar
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
Decreto 374 1996 [1]
Decreto 374 1996 [1]Decreto 374 1996 [1]
Decreto 374 1996 [1]
 
Guia curso curso 20-21
Guia curso   curso 20-21Guia curso   curso 20-21
Guia curso curso 20-21
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
Programa claustro UVigo 2010
Programa claustro UVigo 2010Programa claustro UVigo 2010
Programa claustro UVigo 2010
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Programa xuventude promete defini
Programa xuventude promete definiPrograma xuventude promete defini
Programa xuventude promete defini
 
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía TangramInformación Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
 
Circularpaisenais2015-16
Circularpaisenais2015-16Circularpaisenais2015-16
Circularpaisenais2015-16
 
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
 
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuñoPlan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PAS
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014
 

Regulamento de funcionamento do servizo de almorzo na escola 16 17

  • 1. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN ALMORZO NA ESCOLA "ALMORZARES" NO CPI AS MIRANDAS DO CONCELLO DE ARES CAPÍTULO I OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E CONCEPTO Artigo 1.- Obxecto O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas de organización e funcionamento do servizo ALMORZO NA ESCOLA "ALMORZARES" organizado pola Anpa Ramón Pimentel do CPI As Mirandas de Ares. Artigo 2.- Ámbito de aplicación O ámbito de aplicación territorial do presente regulamento é o Concello de Ares. O servizo está dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do CPI As Mirandas do Concello de Ares. Artigo 3.- Concepto O servizo "ALMORZARES" é un programa social que pretende ser unha ferramenta de conciliación da vida laboral, persoal e familiar para as familias do alumnado do CPI As Mirandas de Ares. As fontes de financiamento serán as propias familias participantes no programa mediante as cotas aboadas polos usuarios/as, e subvencións que para tal fin poidan concederse polas administracións públicas, en metálico ou en especie. Artigo 4.- Obxectivos O servizo ALMORZARES ten dous obxectivos xerais: Primeiro: Facilitar á poboación de Ares a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, atendendo os seus menores por profesionais especializados. Segundo: Contribuir á educación en hábitos alimenticios sans así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade. CAPÍTULO II DEREITOS E DEBERES
  • 2. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com Artigo 5.- Dereitos dos/as usuarios/as Son dereitos dos usuarios e usuarias do servizo ALMORZO NA ESCOLA "ALMORZARES" e de quen ostenta a súa patria potestade: a) O acceso ao programa e á información sen discriminación por razón de nacemento, raza, sexo,relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, incluídas as discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais. b) A consideración debida á dignidade da persoa, tanto por parte dos/as monitores/as e persoal do servizo, como dos demais usuarios/as. c) O sixilo profesional sobre os datos do seu historial persoal, sanitario, socioeconómico e familiar. d) A intimidade persoal tendo en conta as condicións de funcionamento do servizo. e) A asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas. f) Deixar de utilizar o servizo por vontade propia. g) Ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles e de canto afecte á súa propia educación. h) Ser educados na tolerancia, na convivencia democrática e en valores de igualdade. i) Ser educados en hábitos alimenticios sans e nas normas básicas de hixiene e comportamento. Artigo 6.- Deberes dos/as usuarios/as Son deberes dos usuarios/as do servizo ALMORZO NA ESCOLA "ALMORZARES" e de quen ostenta a súa patria potestade: a) Cumprir as normas recollidas no presente regulamento. b) Manter unha conduta inspirada na tolerancia, na colaboración e no mutuo respecto aos outros/as usuarios/as, aos monitores/as e ao persoal do servizo. c) Aboar as cotas que sexan acordadas. CAPÍTULO III MONITORES
  • 3. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com Artigo 7.- Monitores O programa estará executado por monitores e axudantes con experiencia e formación suficiente estimando un monitor/axudante por cada 15 nenos aproximadamente. O coordinador do servizo será un membro da xunta directiva da ANPA designado cada ano a tal efecto. Artigo 8.-Funcións dos/as monitores/as Os/as monitores/as do servizo terán as seguintes funcións: a) Elaborar os almorzos segundo os criterios de nutrición saudable, variada e equilibrada, en todo caso supervisados pola coordinación establecida. b) Trasladar o neno/a á súa fila de entrada á aula seguindo as indicación do centro educativo. c) Desenvolver as actividades lúdicas no tempo de lecer nos espazos cedidos polo centro. d) Deixar recollidas as instalacións e limpo o mobiliario e os utensilios usados, así coma os espazos para a realización das actividades lúdicas. e) Atender persoalmente aos pais/nais ou titores/as. f) Controlar as asistencias ou ausencias dos nenos/as usuarias do servizo, así coma os bonos dos usuarios/as ocasionais. g) Educar para a saúde e o consumo de acordo cas seguintes pautas: -Orientar ao alumnado nuns correctos hábitos alimentarios, hixiénicos e ergonómicos. - Comprobar que os nenos e nenas laven as mans antes e despois do almorzo, e que laven os dentes despois de almorzar. - Motivar para unha alimentación variada e equilibrada - Orientación e corrección de malos hábitos posturais. - No caso de que sexa necesario, levar a cabo a limpeza e muda dos nenos/as de Educación Infantil. - Informar aos país e nais ou titores/as e ao coordinador das incidencias alimentarias. h) Educar para a convivencia: - Aprender e axudar a comer aos nenos/as, con especial atención para o ciclo de infantil, no que se refire aos útiles usados no almorzo e o depósito dos mesmos no seu lugar habilitado. - Trasladar aos nenos/as aos diferentes espazos de actividade dentro e fóra do centro, e vixiar a súa conduta durante eses traslados. - Vixiar que os nenos/as deixen as súas pertenzas de forma correcta nos lugares destinados a este fin. - Inculcarlles aos nenos/as a necesidade de respectar o horario, as normas de convivencia establecidas e as instalacións así como o mobiliario e o material. - Informar aos pais/nais ou titores/as e a coordinación das incidencias significativas na conduta e actitudes dos seus fillos/as. i) Educar para o tempo libre:
  • 4. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com - Dirixir actividades lúdicas no tempo de ocio e fomentar a sociabilización entre todo o alumnado. - Vixiancia activa nos espazos de uso. - Dirección e participación nas actividade programadas. l) Realizar as demais funcións que se Iles atribúan desde a coordinación para o correcto funcionamento do servizo. CAPITULO IV ORGANIZACIÓN Artigo 9.-Tipos de usuarios/as: Os usuarios e usuarias de ALMORZO NA ESCOLA poden ser ocasionais ou fixos/as. a) Usuario/a diario/a: aquel/a usuario/a que se matricule no servizo o mes completo, de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Pódese dar de alta no momento da matrícula ou, de haber prazas suficientes, con posterioridade. b) Usuario/a ocasional: aquel/a usuario/a que, existindo prazas dispoñibles, desexe utilizar o servizo en días soltos. Ten que solicitarllo ao coordinador/a do programa presencialmente, por teléfono ou correo electrónico en horario de 9:00 a 14:00 horas do día anterior á utilización do servizo para poder avisar ao monitor correspondente. Artigo 10.- Número de prazas ofertadas e selección dos solicitantes Cada ano, no mes de maio/xuño haberá un prazo de preinscrición a fin de coñecer o número de solicitantes do servizo. Este prazo anunciaráse a través do blogue da ANPA: anpadeares.blogspot.com.es. O número mínimo de nenos/as matriculados como usuarios fixos para poñer en marcha o servizo será de quince. O número máximo de prazas ofertadas, nun principio e por razón de espazo será de 30. Unha vez cubertas estas prazas elaborarase unha lista de agarda coas demáis solicitudes. No caso de que de tódolos xeitos o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas, farase unha selección e terán prioridade as familias que teñan necesidade de conciliar a vida laboral e familiar e aquelas con necesidades sociais e económicas. De ser posible, poderá ampliarse o número de prazas para o servizo. A listaxe definitiva de persoas admitidas será igualmente publicada facilitando a información do prazo para a formalización da matrícula.
  • 5. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com Artigo 11.- Listaxe de agarda A listaxe de garda abrirase no caso de non haber prazas dispoñibles suficientes para satisfacer a demanda do servizo, unha vez publicada a listaxe definitiva das persoas admitidas. Os/as nenos/as en espera irán entrando no servizo seguindo estritamente a orde na que figuren na lista correspondente e en función das baixas que se produzan no respectivo servizo. Artigo 12.- Formalización da matrícula Unha vez publicada a listaxe dos/as admitidos/as como usuarios/as diarios/as, estes disporán ata o día anterior hábil ao inicio do servizo para formalizar a matrícula. Para que a alta sexa efectiva serán condicións indispensables as seguintes: a) Dispoñer de praza. b) Formalizar a matrícula correctamente e o pago da mensualidade. c) De ser o caso, estar ao día no pagamento do servizo do curso anterior. Os/as interesados/as en solicitar a alta como usuarios/as fixos/as poderán facelo tamén con posterioridade ao prazo de presincrición e matrícula, pero nese caso incluiranse na lista de espera do servizo por rigorosa orde de entrada da solicitude. Artigo 13.- Data de inicio no servizo Os/as admitidos/as poderán comezar no servizo o primeiro día lectivo completo do curso escolar . En caso de solicitude de alta con posterioridade ao prazo de preinscrición e de matrícula se houbera prazas dispoñibles, será o Anpa o que, por motivos de organización, determine a data na que podería comezar no servizo. Artigo 14.- Baixa do usuario/a fixo/a Pódese dar de baixa no momento que o estime oportuno, sempre antes do día 25 do mes anterior . Para isto, terá que comunicarllo ao monitor/a . Tamén terá que comunicarlle a baixa por escrito nas oficinas do Anpa ou a través do correo electrónico anpadeares@gmail.com. De non seguir este protocolo de baixa, seguirá conservando a praza e consecuentemente reclamaráselle o abono do servizo. Artigo 15.- Os menús Incluirán sempre lácteos, froita e cereales. De ser o caso, os menús adaptaranse ás intolerancias ou alerxias explicitadas na documentación entregada polos representantes legais no momento da preinscrición ou matricula. Procurarán ser
  • 6. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com variados e axustaranse ás condicións dietéticas, sanitarias e hixiénicas que se esixan para atender as necesidades alimentarias dos usuarios/as do servizo. Artigo 16.- Dereito de admisión e potestade sancionadora A ANPA resérvase para si o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva dos alumnos/as que se comporten de forma incorrecta ou que os seus pais, nais ou titores non respecten este regulamento e as normas básicas de convivencia e colaboración. Antes de tomar unha decisión daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores dos menores. Os/as nenos/as que acudan ao servizo deberán ter adquiridos os hábitos de educación e coñecemento adecuados á súa idade (utilización de cubertos, respecto aos monitores, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc). Artigo 17.- Horario de funcionamento O horario de funcionamento do servizo será de 07.30 horas ata a hora de entrada na escola. 09.30 h. Malia iso, por razóns de tempo e previsión, o almorzo só se facilitará ao alumnado que chegue antes das 08:30 h. O alumnado que chegue despois desa hora terá que vir xa almorzado. O servizo préstase nas instalacións do comedor, espazo cedido polo centro para o desenvolvemento axeitado deste servizo. A entrada farase polo portal pequeno da entrada principal do centro educativo, no que as familias deberán timbrar na tecla “comedor” para que lle abran a porta (que terán que pechar cando marchen ). Artigo 18.- Problemas de saúde dos/as usuarios/as Os usuarios/as do servizo deberán notificar calquera problema de saúde (alerxias e intolerancias a calquera tipo de alimento) que repercuta na elaboración do almorzo e que serán atendidas especificamente. Sendo requisito imprescindible o informe médico coas instrucións e medidas que se deberán adoptar. No caso dun problema vírico ocasional, no que o usuario necesite unha dieta astrinxente, terán que comunicarlle ao coordinador/a de monitores o día para o que se requira a dieta. Se o alumno/a ten que medicarse á hora do almorzo, deberá traer unha certificación médica na que se especifique a cantidade e o medicamento, así como unha autorización dos pais ou titores. Non se administrarán medicamentos sen o cumprimento destes requisitos. Non poderán asistir os/as usuarios/as con febre ou enfermidades contaxiosas.
  • 7. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com Artigo 19.- Pagamento As cotas serán establecidas anualmente polo Anpa. Os usuarios fixos abonarán as mensualidades completas de outubro a xuño, e a metade no mes de setembro. 1.-Os/as usuarios/as diarios/as terán que realizar o pagamento mensual do 1 ao 10 de cada mes ( adiantado ) mediante ingreso/transferencia á conta bancaria da ANPA aberta no Banco Pastor. 2.-O pai, nai ou titor dos/as usuarios/as ocasionais pagarán o servizo nas oficinas do Anpa no momento de deixar a almorzar ao usuario/a. Artigo 20.-Este regulamento poderá ser modificado polo mesmo órgano que o aprobou, a xunta directiva a ANPA, para adaptalo ás necesidades que se detecten durante a posta en marcha do servizo. Artigo 21.- O Anpa poderá ditar cantas ordes e instrucións resulten necesarias para a adecuada aplicación, interpretación e desenvolvemento deste regulamento. Ares, 1 de xullo de 2016