SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN
"PASATEMPO" NO CPI AS MIRANDAS DO CONCELLO DE ARES
CAPÍTULO I
OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E CONCEPTO
Artigo 1.- Obxecto
O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas de organización e
funcionamento do servizo de conciliación PASATEMPO organizado pola Anpa
Ramón Pimentel do CPI As Mirandas de Ares.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación
O ámbito de aplicación territorial do presente regulamento é o Concello de Ares.
O servizo está dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria
do CPI As Mirandas do Concello de Ares.
Artigo 3.- Concepto
O servizo "PASATEMPO" é un programa social que pretende ser unha ferramenta
de conciliación da vida laboral, persoal e familiar para as familias do alumnado do
CPI As Mirandas de Ares, que consiste en:
A posta a disposición dun monitor/axudante dentro das instalacións do propio
centro educativo dende o remate da xornada lectiva ordinaria, 14:30 h ata as 16:30
h que se encargará de atender aos usuarios ata que as súas familias, dentro dese
horario, poidan recollelos, ou ata que dea comezo algunha das actividades
extraescolares organizadas pola ANPA ( ou que se desenvolvan no pavillón
polideportivo ) nas que o alumno estivese matriculado.
As fontes de financiamento serán as propias familias participantes no programa
mediante as cotas aboadas polos usuarios/as, e subvencións que para tal fin
poidan concederse polas administracións públicas, en metálico ou en especie.
Artigo 4.- Obxectivos
O servizo PASATEMPO ten un obxectivo principal: facilitar á poboación de Ares a
conciliación da vida persoal, laboral e familiar, atendendo os seus menores por
profesionais especializados.
CAPÍTULO II
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
DEREITOS E DEBERES
Artigo 5.- Dereitos dos/as usuarios/as
Son dereitos dos usuarios e usuarias do servizo PASATEMPO e de quen ostenta a
súa patria potestade:
a) O acceso ao programa e á información sen discriminación por razón de
nacemento, raza, sexo,relixión, opinión ou calquera outra condición ou
circunstancia persoal ou social, incluídas as discapacidades físicas, psíquicas e
sensoriais.
b) A consideración debida á dignidade da persoa, tanto por parte dos/as
monitores/as e persoal do servizo, como dos demais usuarios/as.
c) O sixilo profesional sobre os datos do seu historial persoal, sanitario,
socioeconómico e familiar.
d) A intimidade persoal tendo en conta as condicións de funcionamento do servizo.
e) A asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas.
f) Deixar de utilizar o servizo por vontade propia.
g) Ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles e
de canto afecte á súa propia educación.
h) Ser educados na tolerancia, na convivencia democrática e en valores de
igualdade.
Artigo 6.- Deberes dos/as usuarios/as
Son deberes dos usuarios/as do servizo PASATEMPO e de quen ostenta a súa
patria potestade:
a) Cumprir as normas recollidas no presente regulamento.
b) Manter unha conduta inspirada na tolerancia, na colaboración e no mutuo
respecto aos outros/as usuarios/as, aos monitores/as e ao persoal do servizo.
c) Aboar as cotas que sexan acordadas.
CAPÍTULO III
MONITORES
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
Artigo 7.- Monitores
O programa estará executado por monitores e axudantes con experiencia e
formación suficiente estimando un monitor/axudante por cada 15 nenos
aproximadamente.
O coordinador do servizo será un membro da xunta directiva da ANPA designado
cada ano a tal efecto.
Artigo 8.-Funcións dos/as monitores/as
Os/as monitores/as do servizo terán as seguintes funcións:
a) Recoller ao alumando de infantil á saída da xornada lectiva ou tras o remate do
servizo de comedor e trasladalo ao lugar no que se desenvolve o servizo.
c) Desenvolver as actividades lúdicas no tempo de lecer nos espazos cedidos polo
centro.
d) Deixar recollidas as instalacións e limpo o mobiliario e os utensilios usados, así
coma os espazos para a realización das actividades lúdicas.
e) Atender persoalmente aos pais/nais ou titores/as.
f) Controlar as asistencias ou ausencias dos nenos/as usuarias do servizo, así
coma os bonos dos usuarios/as ocasionais.
g) Educar para a convivencia:
- Trasladar aos nenos/as aos diferentes espazos de actividade dentro e fóra do
centro, e vixiar a súa conduta durante eses traslados.
- Vixiar que os nenos/as deixen as súas pertenzas de forma correcta nos lugares
destinados a este fin.
- Inculcarlles aos nenos/as a necesidade de respectar o horario, as normas de
convivencia establecidas e as instalacións así como o mobiliario e o material.
- Informar aos pais/nais ou titores/as e a coordinación das incidencias significativas
na conduta e actitudes dos seus fillos/as.
h) Educar para o tempo libre:
- Dirixir actividades lúdicas no tempo de ocio e fomentar a sociabilización entre
todo o alumnado.
- Vixiancia activa nos espazos de uso.
- Dirección e participación nas actividade programadas.
i) Realizar as demais funcións que se Iles atribúan desde a coordinación para o
correcto funcionamento do servizo.
CAPITULO IV
ORGANIZACIÓN
Artigo 9.-Tipos de usuarios/as:
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
Os usuarios e usuarias de PASATEMPO poden ser ocasionais ou fixos/as.
a) Usuario/a diario/a: aquel/a usuario/a que se matricule no servizo o mes
completo, de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou
días concretos.
Pódese dar de alta no momento da matrícula ou, de haber prazas suficientes, con
posterioridade.
b) Usuario/a ocasional: aquel/a usuario/a que, existindo prazas dispoñibles, desexe
utilizar o servizo en días soltos. Ten que solicitarllo ao coordinador/a do
programa presencialmente, por teléfono ou correo electrónico en horario de 9:00
a 14:00 horas do día anterior á utilización do servizo para poder avisar ao
monitor correspondente.
Artigo 10.- Número de prazas ofertadas e selección dos solicitantes
Cada ano, no mes de maio/xuño haberá un prazo de preinscrición a fin de coñecer
o número de solicitantes do servizo. Este prazo anunciaráse a través do blogue da
ANPA: anpadeares.blogspot.com.es.
O número mínimo de nenos/as matriculados como usuarios fixos para poñer en
marcha o servizo será de DEZ. O número máximo de prazas ofertadas, nun
principio e por razón de espazo será de 30. Unha vez cubertas estas prazas
elaborarase unha lista de agarda coas demáis solicitudes.
No caso de que de tódolos xeitos o número de solicitudes supere o número de
prazas ofertadas, farase unha selección e terán prioridade as familias que teñan
necesidade de conciliar a vida laboral e familiar e aquelas con necesidades sociais
e económicas. De ser posible, poderá ampliarse o número de prazas para o
servizo.
A listaxe definitiva de persoas admitidas será igualmente publicada facilitando a
información do prazo para a formalización da matrícula.
Artigo 11.- Listaxe de agarda
A listaxe de garda abrirase no caso de non haber prazas dispoñibles suficientes
para satisfacer a demanda do servizo, unha vez publicada a listaxe definitiva das
persoas admitidas. Os/as nenos/as en espera irán entrando no servizo seguindo
estritamente a orde na que figuren na lista correspondente e en función das baixas
que se produzan no respectivo servizo.
Artigo 12.- Formalización da matrícula
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
Unha vez publicada a listaxe dos/as admitidos/as como usuarios/as diarios/as,
estes disporán ata o día anterior hábil ao inicio do servizo para formalizar a
matrícula.
Para que a alta sexa efectiva serán condicións indispensables as seguintes:
a) Dispoñer de praza.
b) Formalizar a matrícula correctamente e o pago da mensualidade.
c) De ser o caso, estar ao día no pagamento do servizo do curso anterior.
Os/as interesados/as en solicitar a alta como usuarios/as fixos/as poderán facelo
tamén con posterioridade ao prazo de presincrición e matrícula, pero nese caso
incluiranse na lista de espera do servizo por rigorosa orde de entrada da solicitude.
Artigo 13.- Data de inicio no servizo
Os/as admitidos/as poderán comezar no servizo o primeiro día lectivo completo do
curso escolar .
En caso de solicitude de alta con posterioridade ao prazo de preinscrición e de
matrícula se houbera prazas dispoñibles, será o Anpa o que, por motivos de
organización, determine a data na que podería comezar no servizo.
Artigo 14.- Baixa do usuario/a fixo/a
Pódese dar de baixa no momento que o estime oportuno, sempre antes do día 25
do mes anterior . Para isto, terá que comunicarllo ao monitor/a . Tamén terá que
comunicarlle a baixa por escrito nas oficinas do Anpa ou a través do correo
electrónico anpadeares@gmail.com.
De non seguir este protocolo de baixa, seguirá conservando a praza e
consecuentemente reclamaráselle o abono do servizo.
Artigo 15.- Dereito de admisión e potestade sancionadora
A ANPA resérvase para si o dereito de admisión e de exclusión temporal ou
definitiva dos alumnos/as que se comporten de forma incorrecta ou que os seus
pais, nais ou titores non respecten este regulamento e as normas básicas de
convivencia e colaboración.
Antes de tomar unha decisión daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores
dos menores.
Os/as nenos/as que acudan ao servizo deberán ter adquiridos os hábitos de
educación e coñecemento adecuados á súa idade (utilización de cubertos,
respecto aos monitores, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc).
Artigo 16.- Horario
ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES )
Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es
Correo electrónico : anpadeares@gmail.com
O horario de funcionamento do servizo será de 14:30 h ata as 16:30 h. Dentro de
este horario as familias poden recoller/deixar aos seus fillos cando o desexen.
O monitor/axudante encargaráse de recoller ao alumnado de Infantil na súa porta
ás 14:30 h ( ou 15:15 h no caso dos usuarios do comedor ) así como de levar a
este mesmo alumnado, ás 16:30 h á actividade extraescolar organizada pola
ANPA que lle indiquen as familias.
O alumnado de Primaria e ESO deberá achegarse ás instalacións nas que se
desenvolverá o servizo.
O servizo préstase nas instalacións da biblioteca ( planta baixa do edificio de
Primaria ), espazo cedido polo centro para o desenvolvemento axeitado deste
servizo.
A entrada farase polo portal pequeno da entrada principal do centro educativo, no
que as familias deberán timbrar na tecla “comedor” para que lle abran a porta (que
terán que pechar cando marchen ).
Artigo 17 .- Recomendacións
Recoméndase ás familias que utilicen o servizo ao remate da xornada lectiva
ordinaria ( alumnos que non son usuarios do comedor ) lle introduzan na súa
mochila un pequeno petisco por se se lles presenta a fame.
Artigo 18- Pagamento
As cotas serán establecidas anualmente polo Anpa. Os usuarios fixos abonarán as
mensualidades completas de outubro a xuño, e a metade no mes de setembro.
1.-Os/as usuarios/as diarios/as terán que realizar o pagamento mensual do 1 ao 10
de cada mes ( adiantado ) mediante ingreso/transferencia á conta bancaria da
ANPA aberta no Banco Pastor.
2.-O pai, nai ou titor dos/as usuarios/as ocasionais pagarán o servizo ao monitor/a
no momento de deixar ao usuario/a.
Artigo 19.-Este regulamento poderá ser modificado polo mesmo órgano que o
aprobou, a xunta directiva a ANPA, para adaptalo ás necesidades que se detecten
durante a posta en marcha do servizo.
Artigo 20.- O Anpa poderá ditar cantas ordes e instrucións resulten necesarias
para a adecuada aplicación, interpretación e desenvolvemento deste regulamento.
Ares, 1 de xullo de 2016

More Related Content

Featured

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Regulamento de funcionamento do servizo de pasatempo na escola

  • 1. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN "PASATEMPO" NO CPI AS MIRANDAS DO CONCELLO DE ARES CAPÍTULO I OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E CONCEPTO Artigo 1.- Obxecto O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas de organización e funcionamento do servizo de conciliación PASATEMPO organizado pola Anpa Ramón Pimentel do CPI As Mirandas de Ares. Artigo 2.- Ámbito de aplicación O ámbito de aplicación territorial do presente regulamento é o Concello de Ares. O servizo está dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do CPI As Mirandas do Concello de Ares. Artigo 3.- Concepto O servizo "PASATEMPO" é un programa social que pretende ser unha ferramenta de conciliación da vida laboral, persoal e familiar para as familias do alumnado do CPI As Mirandas de Ares, que consiste en: A posta a disposición dun monitor/axudante dentro das instalacións do propio centro educativo dende o remate da xornada lectiva ordinaria, 14:30 h ata as 16:30 h que se encargará de atender aos usuarios ata que as súas familias, dentro dese horario, poidan recollelos, ou ata que dea comezo algunha das actividades extraescolares organizadas pola ANPA ( ou que se desenvolvan no pavillón polideportivo ) nas que o alumno estivese matriculado. As fontes de financiamento serán as propias familias participantes no programa mediante as cotas aboadas polos usuarios/as, e subvencións que para tal fin poidan concederse polas administracións públicas, en metálico ou en especie. Artigo 4.- Obxectivos O servizo PASATEMPO ten un obxectivo principal: facilitar á poboación de Ares a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, atendendo os seus menores por profesionais especializados. CAPÍTULO II
  • 2. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com DEREITOS E DEBERES Artigo 5.- Dereitos dos/as usuarios/as Son dereitos dos usuarios e usuarias do servizo PASATEMPO e de quen ostenta a súa patria potestade: a) O acceso ao programa e á información sen discriminación por razón de nacemento, raza, sexo,relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, incluídas as discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais. b) A consideración debida á dignidade da persoa, tanto por parte dos/as monitores/as e persoal do servizo, como dos demais usuarios/as. c) O sixilo profesional sobre os datos do seu historial persoal, sanitario, socioeconómico e familiar. d) A intimidade persoal tendo en conta as condicións de funcionamento do servizo. e) A asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas. f) Deixar de utilizar o servizo por vontade propia. g) Ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles e de canto afecte á súa propia educación. h) Ser educados na tolerancia, na convivencia democrática e en valores de igualdade. Artigo 6.- Deberes dos/as usuarios/as Son deberes dos usuarios/as do servizo PASATEMPO e de quen ostenta a súa patria potestade: a) Cumprir as normas recollidas no presente regulamento. b) Manter unha conduta inspirada na tolerancia, na colaboración e no mutuo respecto aos outros/as usuarios/as, aos monitores/as e ao persoal do servizo. c) Aboar as cotas que sexan acordadas. CAPÍTULO III MONITORES
  • 3. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com Artigo 7.- Monitores O programa estará executado por monitores e axudantes con experiencia e formación suficiente estimando un monitor/axudante por cada 15 nenos aproximadamente. O coordinador do servizo será un membro da xunta directiva da ANPA designado cada ano a tal efecto. Artigo 8.-Funcións dos/as monitores/as Os/as monitores/as do servizo terán as seguintes funcións: a) Recoller ao alumando de infantil á saída da xornada lectiva ou tras o remate do servizo de comedor e trasladalo ao lugar no que se desenvolve o servizo. c) Desenvolver as actividades lúdicas no tempo de lecer nos espazos cedidos polo centro. d) Deixar recollidas as instalacións e limpo o mobiliario e os utensilios usados, así coma os espazos para a realización das actividades lúdicas. e) Atender persoalmente aos pais/nais ou titores/as. f) Controlar as asistencias ou ausencias dos nenos/as usuarias do servizo, así coma os bonos dos usuarios/as ocasionais. g) Educar para a convivencia: - Trasladar aos nenos/as aos diferentes espazos de actividade dentro e fóra do centro, e vixiar a súa conduta durante eses traslados. - Vixiar que os nenos/as deixen as súas pertenzas de forma correcta nos lugares destinados a este fin. - Inculcarlles aos nenos/as a necesidade de respectar o horario, as normas de convivencia establecidas e as instalacións así como o mobiliario e o material. - Informar aos pais/nais ou titores/as e a coordinación das incidencias significativas na conduta e actitudes dos seus fillos/as. h) Educar para o tempo libre: - Dirixir actividades lúdicas no tempo de ocio e fomentar a sociabilización entre todo o alumnado. - Vixiancia activa nos espazos de uso. - Dirección e participación nas actividade programadas. i) Realizar as demais funcións que se Iles atribúan desde a coordinación para o correcto funcionamento do servizo. CAPITULO IV ORGANIZACIÓN Artigo 9.-Tipos de usuarios/as:
  • 4. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com Os usuarios e usuarias de PASATEMPO poden ser ocasionais ou fixos/as. a) Usuario/a diario/a: aquel/a usuario/a que se matricule no servizo o mes completo, de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Pódese dar de alta no momento da matrícula ou, de haber prazas suficientes, con posterioridade. b) Usuario/a ocasional: aquel/a usuario/a que, existindo prazas dispoñibles, desexe utilizar o servizo en días soltos. Ten que solicitarllo ao coordinador/a do programa presencialmente, por teléfono ou correo electrónico en horario de 9:00 a 14:00 horas do día anterior á utilización do servizo para poder avisar ao monitor correspondente. Artigo 10.- Número de prazas ofertadas e selección dos solicitantes Cada ano, no mes de maio/xuño haberá un prazo de preinscrición a fin de coñecer o número de solicitantes do servizo. Este prazo anunciaráse a través do blogue da ANPA: anpadeares.blogspot.com.es. O número mínimo de nenos/as matriculados como usuarios fixos para poñer en marcha o servizo será de DEZ. O número máximo de prazas ofertadas, nun principio e por razón de espazo será de 30. Unha vez cubertas estas prazas elaborarase unha lista de agarda coas demáis solicitudes. No caso de que de tódolos xeitos o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas, farase unha selección e terán prioridade as familias que teñan necesidade de conciliar a vida laboral e familiar e aquelas con necesidades sociais e económicas. De ser posible, poderá ampliarse o número de prazas para o servizo. A listaxe definitiva de persoas admitidas será igualmente publicada facilitando a información do prazo para a formalización da matrícula. Artigo 11.- Listaxe de agarda A listaxe de garda abrirase no caso de non haber prazas dispoñibles suficientes para satisfacer a demanda do servizo, unha vez publicada a listaxe definitiva das persoas admitidas. Os/as nenos/as en espera irán entrando no servizo seguindo estritamente a orde na que figuren na lista correspondente e en función das baixas que se produzan no respectivo servizo. Artigo 12.- Formalización da matrícula
  • 5. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com Unha vez publicada a listaxe dos/as admitidos/as como usuarios/as diarios/as, estes disporán ata o día anterior hábil ao inicio do servizo para formalizar a matrícula. Para que a alta sexa efectiva serán condicións indispensables as seguintes: a) Dispoñer de praza. b) Formalizar a matrícula correctamente e o pago da mensualidade. c) De ser o caso, estar ao día no pagamento do servizo do curso anterior. Os/as interesados/as en solicitar a alta como usuarios/as fixos/as poderán facelo tamén con posterioridade ao prazo de presincrición e matrícula, pero nese caso incluiranse na lista de espera do servizo por rigorosa orde de entrada da solicitude. Artigo 13.- Data de inicio no servizo Os/as admitidos/as poderán comezar no servizo o primeiro día lectivo completo do curso escolar . En caso de solicitude de alta con posterioridade ao prazo de preinscrición e de matrícula se houbera prazas dispoñibles, será o Anpa o que, por motivos de organización, determine a data na que podería comezar no servizo. Artigo 14.- Baixa do usuario/a fixo/a Pódese dar de baixa no momento que o estime oportuno, sempre antes do día 25 do mes anterior . Para isto, terá que comunicarllo ao monitor/a . Tamén terá que comunicarlle a baixa por escrito nas oficinas do Anpa ou a través do correo electrónico anpadeares@gmail.com. De non seguir este protocolo de baixa, seguirá conservando a praza e consecuentemente reclamaráselle o abono do servizo. Artigo 15.- Dereito de admisión e potestade sancionadora A ANPA resérvase para si o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva dos alumnos/as que se comporten de forma incorrecta ou que os seus pais, nais ou titores non respecten este regulamento e as normas básicas de convivencia e colaboración. Antes de tomar unha decisión daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores dos menores. Os/as nenos/as que acudan ao servizo deberán ter adquiridos os hábitos de educación e coñecemento adecuados á súa idade (utilización de cubertos, respecto aos monitores, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc). Artigo 16.- Horario
  • 6. ANPA RAMÓN PIMENTEL DO CPI AS MIRANDAS ( ARES ) Tfno: 618 383 083 Blogue : anpadeares.blogspot.com.es Correo electrónico : anpadeares@gmail.com O horario de funcionamento do servizo será de 14:30 h ata as 16:30 h. Dentro de este horario as familias poden recoller/deixar aos seus fillos cando o desexen. O monitor/axudante encargaráse de recoller ao alumnado de Infantil na súa porta ás 14:30 h ( ou 15:15 h no caso dos usuarios do comedor ) así como de levar a este mesmo alumnado, ás 16:30 h á actividade extraescolar organizada pola ANPA que lle indiquen as familias. O alumnado de Primaria e ESO deberá achegarse ás instalacións nas que se desenvolverá o servizo. O servizo préstase nas instalacións da biblioteca ( planta baixa do edificio de Primaria ), espazo cedido polo centro para o desenvolvemento axeitado deste servizo. A entrada farase polo portal pequeno da entrada principal do centro educativo, no que as familias deberán timbrar na tecla “comedor” para que lle abran a porta (que terán que pechar cando marchen ). Artigo 17 .- Recomendacións Recoméndase ás familias que utilicen o servizo ao remate da xornada lectiva ordinaria ( alumnos que non son usuarios do comedor ) lle introduzan na súa mochila un pequeno petisco por se se lles presenta a fame. Artigo 18- Pagamento As cotas serán establecidas anualmente polo Anpa. Os usuarios fixos abonarán as mensualidades completas de outubro a xuño, e a metade no mes de setembro. 1.-Os/as usuarios/as diarios/as terán que realizar o pagamento mensual do 1 ao 10 de cada mes ( adiantado ) mediante ingreso/transferencia á conta bancaria da ANPA aberta no Banco Pastor. 2.-O pai, nai ou titor dos/as usuarios/as ocasionais pagarán o servizo ao monitor/a no momento de deixar ao usuario/a. Artigo 19.-Este regulamento poderá ser modificado polo mesmo órgano que o aprobou, a xunta directiva a ANPA, para adaptalo ás necesidades que se detecten durante a posta en marcha do servizo. Artigo 20.- O Anpa poderá ditar cantas ordes e instrucións resulten necesarias para a adecuada aplicación, interpretación e desenvolvemento deste regulamento. Ares, 1 de xullo de 2016