1. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
1º) Entra no sitio web de WordPress: https://es.wordpress.com/ e fai clic en “Comienza un
blog”:
2º) Fai clic en “Empieza ya”:
3º) A continuación un asistente vai guiarnos para configurar o noso blog. Primeiro eleximos a
temática (no noso caso: “Tecnología”).
2. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
4º) No seguinte paso eleximos o tipo de portada que queremos:
5º) Despois eleximos un tema:
6º) O seguinte é introducir un dominio ou palabra clave. Como nós non temos un dominio,
escribimos unha palabra clave relacionada coa nosa temática:
3. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
7º) Ao introducir a palabra clave (no noso exemplo “tic”) aparecen unha serie de suxestións e
nós seleccionamos a primeira que é gratuita:
8º) Na seguinte pantalla prememos en “Seleccionar gratuito”:
9º) Escribimos o nome de usuario e contrasinal e facemos clic en “Crear mi cuenta”:
4. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
10º) Despois xa accedemos a esta pantalla onde podemos ver estatísticas do noso sitio e crear
entradas de blog:
11º) Facemos clic en “Entradas del blog Añadir”.
5. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
12º) A continuación aparece a típica caixa de texto coas funcionalidades habituais (engadir
imaxes, ligazóns,…).
13º) Redactamos a nosa entrada:
14º) Cando rematemos, prememos en “Publicar”:
6. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
15º) Para personalizar o noso blog:
16º) Podemos escribir un título para o noso blog, cores, fontes,…
7. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
17º) Para que os lectores do noso blog poidan compartir doadamente as nosas entradas
prememos na opción “Compartir” (non esquezas gardar os cambios):
8. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
18º) Premendo en “Personas” podemos convidar ata dez usuarios:
19º) Para mellorar a interacción cos nosos usuarios dispoñemos das ferramentas “Plugins”.
Éstas permiten engadir botón de redes sociais, difundir as nosas entradas de xeito automático
nas devanditas redes, permitir a suscripción por correo,…
…e os comentarios avanzados:
Nós coma propietarios teremos control sobre os comentarios e poderemos editalos ou
eliminalos.
9. Ana Mª Espinosa Cerviño. Tarefa 12.1.
20º) Un lector do noso blog pode deixar un comentario a unha entrada específica facendo clic
no icono correspondente que aparece ao final dela:
Aparece entón un formulario que deberán encher:
E, igualmente nós podemos respostar facendo clic no mesmo icono.