Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
BibliosCA
1. “BibliosCA: Catálogo Virtual de usuarios das
Bibliotecas Públicas Municipais de Cangas”
BibliosCA é a Biblioteca Virtual dos cidadans de Cangas, BibliosCA
nace dos usuarios para os usuarios, coa idea de compartir recursos para facer
accesible a un maior número de xente todos auqueles materiais que temos
nas nosas casas e non nos impartaría compartir cos demáis. Se tes libros na
casa e desexas poder préstalos a outros usuarios a través da biblioteca, segue
lendo e enterate de como funciona.
Aquelas persoas que desexen participar no programa deberán cubrir un
impreso que poderán recoller na propia biblioteca, ou solicitalo a través
de correo electrónico ou teléfono.
Neste impreso deberán cubrir unha serie de datos persoais, e engadir
aqueles materiais que desexen incluir no Catálogo BibliosCA
Os usuarios que participen neste programa, comprometense a facer
entrega á biblioteca do material que sexa solicitado por calquera
usuario nun tempo non superior a 48 h.
O sistema de préstamo será o mesmo que o usado actualmente nas
bibliotecas do concello. O usuario que solicitou o material deberá
recollelo en un período non superior as 48 h, e poderá telo en préstamo
por 15 días sendo este plazo renovable por 2 veces.
Ao mesmo tempo a biblioteca comprometese a facer entrega do mesmo
nas mesmas condicións en que este foi entregado.
Tras este plazo o libro será devolto a seu dono, que pasará a recollelo na
mesma biblioteca que o entregou.
O usuario que participe neste sistema de préstamo do Catálogo
BibliosCA comprométese a coidar o material e reemplazalo por un
igual no caso de perda, mutilación ou sustracción.
Este sistema nace como un servizo á comunidade dende da propia
comunidade, busca ser un referente de colaboración entre institucións e
veciños e abrir portas á novas colaboracións.
Os usarios que teñan fondos dentro do Catálogo BibliosCA, poderán
en todo momento decidir se siguen ou non dentro do programa,
eliminar aquel material que queiran ou incluir material novo. Ao
mesmo tempo deberán notificar a súa exclusíon do programa se así o
desexan para manter o catálogo o máis actualizado posible.