2. O ESTADO COMO
ORGANIZACIÓN POLÍTICA
O Estado:É o conxunto das institucións creadas para regular a vida e mais a
actividade das persoas que viven nun territorio delimitado e común,e que
están gobernadas por unhas mesmas leis baixo un mesmo poder.
O territorio:O territorio estatal adoita estar ben delimitado por unhas
fronteiras.
A poboación:As persoas que viven no territorio dun Estado están sometidas
ao seu poder e ás súas leis.
O poder:Establece as leis que regulan as relacións sociais,vixia polo
comprimeto das leis,devolve a política exterior,recada impostos,dirixe a
economía e administra os servizos publicos.
3. O EXERCICIO DO PODER
Nos estados democráticos a elección dos gobernantes realizana todos os
cidadáns maiores de idade,xa que a soberanía reside unicamente no pobo.
A democracia é directa cando os cidadáns mediante un referendo,toman
decisións.A democracia adoita ser representativa,e dicir,os cidadáns
escollen nas eleccións os que han de exercer a soberanía no seu nome.
As eleccións:Deben ser libres,deben ser plurais,deben realizarse por
sufraxio universal e deben ser periódicas.
4. ESTADOS DEMOCRATICOS E
NON DEMOCRÁTICOS
Monarquías parlamentarias:Neles a máxima autoridade é o rei ou a
raiña,pero a soberanía tena o pobo.O rei exerce a función de xefe de
Estado,pero non goberna.
Monarquía absoluta:o rei concentra o poder ou escolle directamente os que
han de exercer estas funcións no seu nome.
Ditadura:é un rexime no que se asocia unha persoa,co apoio dun partido
político,un grupo étnico ou o exercito,goberna cun poder absoluto .