1. 1º ESO 24-30 de abril Sesión 3 – Terceiro trimestre
Redacción:
Para crear o teu texto, pregunta na casa aos maiores sobre oficios de artesáns que
coñeceran cando eran novos, ou dos que oíran falar... e recolle a información.
Debe explicar que oficio era; en que consistía, onde se realizaba, as ferramentas ou
utensilios que se usaban...Se tiña moito ou pouco prestixio social, se se gañaba
moito, se era de homes ou mulleres etc.
Tes que redactar en tres parágrafos, sen
faltas, sen repeticións, usa ben as
comas e puntos...
Redacta un borrador, repasa e logo
pásao a limpo para enviar.
Data de entrega á
profesora:
30 de abril