1. Anna Sofía Zamora Rodrigues 1ºBACH-B
ILLA DECEPCIÓN
AUTORA: BERTA DÁVILA
➔ Biografía
Berta Dávila, (Santiago de Compostela, 31 de decembro de
1987), é unha escritora española.
Iniciouse no ámbito da narrativa tras gañar o Premio Biblos
de Novela para menores de 25 anos. É recoñecida como
unha das escritoras galegas de maior éxito crítico no
panorama literario actual.
As súas novelas máis coñecidas son “O derradeiro libro de
Emma Olsen” (Premio de Narrativa Breve 2013, Premio da Asociación Galega de Editores
ao mellor libro de ficción) que foi adaptada tamén como novela gráfica e “Carrusel” (XXXIV
Premio García Barros de Novela e Premio da crítica española na modalidade de lingua
galega). Tamén é autora de poemarios como “Raíz da fenda”, que gañou o Premio Johán
Carballeira de Poesía, o Premio da AELG a mellor poemario de 2013 e tamén o Premio da
crítica española na modalidade de poesía en lingua galega 2014). Escribiu tamén dous
libros infantís.
Recentemente foi galardoada co premio Xerais de Novela por “Os seres queridos” (2022).
É tamén unha recoñecida editora. Dirixe a editorial independente Rodolfo e Priscila e é a
directora da colección Rúa do Lagarto de Euseino Editores, un proxecto dirixido por Carlos
Lema, actual director editorial de Editorial Galaxia.
A SÚA OBRA: “ILLA DECEPCIÓN”
A escritora desta novela, fala de dúas historias que se
expanden en direccións aparentemente opostas: nunha conta
a súa vida cotiá coa súa familia no ano 2020, no momento do
confinamento e como ela por un agasallo para a súa afillada
remata adentrándose nunha illa virtual chamada “Beautiful
Island” onde pode conectarse con amigos e vivir en tempo real
os amenceres e anoiteceres. O nome desta illa é “Illa
Decepción” porque a autora utilizou o nome dunha illa que por
2. Anna Sofía Zamora Rodrigues 1ºBACH-B
unha mala tradución da palabra “Deception” en inglés rematou sendo chamada así. E a
outra historia trata dunha memoria que rescata o presente de como ela movida por un soño
para conseguir xuntalo cun pasado vívido, cálido, decide voltar a visitar a sua casa da
nenez e adolescencia coa súa irmá e debido a distintos acontecementos e coincidencias
remata coñecendo á nova propietaria e iniciando unha amizade con ela.
“Illa Decepción” devolve á novela o seu poder de convicción, a súa forza para unir a quen
escribe e a quen le.
RECENSIÓN
Ao comezo da historia a personaxe principal cóntanos o seu desexo de voltar a ver a súa
casa da nenez, mais tamén vai alternando acontecementos ou anécdotas da súa vida e
como ela os analiza e reflexiona sobre eles. Ademais, móstranos un pouco da súa vida na
actualidade co seu fillo e marido, polo que xa desde un principio Berta Dávila quere crear
unha conexión entre narradora e lector. Despois alterna as súas historias no momento do
confinamento e a súa casa da infancia. Sen embargo, ao ir alternando esas historias non se
perde o motivo principal que é os sentimentos que deixamos nos fogares nos que vivimos
ao longo da nosa vida.
O libro en si non ten moita complexidade xa que é só unha reflexión e narración do día a día
da protagonista e dos seus pensamentos polo que a lectura é moito máis amena e non te
sobrecarga. É unha novela moi íntima, con isto quero dicir que cada un dos lectores pode
verse reflexado ou mais ben vélo como algo persoal.
Persoalmente considero que é unha novela que podes ler cando queres reflexionar e evocar
sentimentos que probablemente esqueciches cara as cousas pequenas que ás veces pasan
desapercibidas e despois espertan esa necesidade de lembralas e revivilas. Cando les a
sinopsis do libro quizais non chama moito a atención, pero ao ler as primeiras páxinas é
outra cousa. Para min é unha novela moi interesante e dinámica porque cóntanos moitas
cousas que a volven menos aburrida. Recomendaríaa a persoas adultas sobre todo porque
considero que estas persoas xa tiveron esos sentimentos polos seus fogares e
seguramente os esqueceron.
En conclusión, gústame moito a idea que mostra a autora de que son as casas as que ligan
unhas persoas con outras entre os tempos e tamén son o primeiro que anticipa como é a
nosa personalidade. As casas poden ser refuxios, poden ter unha función sandadora ou
case poden ser nós mesmos.