As bruxas da torre de hércules

592 views

Published on

Cuento de brujas

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
592
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
90
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

As bruxas da torre de hércules

  1. 1. AS BRUXAS DA TORRE DE HÉRCULES
  2. 2. A media altura do alcantilado sobre o que se alzaba a misteriosa torre de Hércules, formáronse unhas covas debido ao incesante bater das olas contra a roca tras miles e miles de anos.
  3. 3. Por toda a comarca decíase que as bruxas da torre acudían periodicamente a celebrar alí as súas reunións, nas que se repartían as maldades que tiñan que levar a cabo por todo o país. Eran moitos os que aseguraban que, nas noites de lúa chea, podíanse ver ás bruxas saltando polas rochas, con teas e fachos acesos, e refuxiándose nas covas. Ninguén dubidaba daqueles relatos. Ata o vello cura, coñecido polo nome do DOUTOR QUINQUÉ, estaba seguro deles e, se o dicía o doutor QUINQUÉ, naturalmente ninguén ousaba contradicilo.
  4. 4. En certa ocasión, un pequeno grupo de homes, quizá animados polo bo viño, decidiron ver de cerca ás reunións das bruxas. E foron a dicirllo ao Doutor Quinqué para que fixese de xefe do grupo e os guiase. - Se queredes ir, podemos ir o vindeiro sábado propúxolles. Pero non podemos acudir de calquera xeito. Tedes que ir ben vestidos, con roupa para a ocasión, e debedes levar unhas cantas galiñas ben gordas, porque, para ver ás bruxas, teremos que realizar unhas cerimonias rituais.
  5. 5. E,efectivamente, o sábado seguinte, cando xa era noite pechada, aqueles homes, ben vestidos, cada un coa súa galiña, reuníronse na siniestra torre de Hércules. E, guiados polo cura, seguiron un sendeiro moi estreito, ao pé do alcantilado, que conducía ata as covas.
  6. 6. Algúns homes empezaban a sentir medo e a arrepentirse da aventura. Cando, de súpeto, en vez de bruxas apareceu unha cuadrilla de ladróns que se puxeran de acordo co cura para darlles un escarmento. Roubáronlles todo o que levaban encima e xa non lles quedaorn máis ganas de volver en busca de bruxas nin bruxos.
  7. 7. Dende aquel suceso, a xente dos lugar deixou de crer que a torre de Hércules fose o centro de reunión de todas as bruxas de Galicia. Pero, o que sucedeu en realidade é que as bruxas estaban noutra cova celebrando o seu aquelarre.
  8. 8. Porque... habelas hailas...

×