A princesa da paz

1,306 views

Published on

Cuento recurso educativo para o DÍA DA PAZ 2014
CEIP BARRIÉ DE LA MAZA
BIBLIOTECA ESCOLAR
CONTADORA DE SOÑOS-BIBLIORRATO XALLEIRO

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,306
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
757
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A princesa da paz

  1. 1. Hai moito, moito tempo, nun país moi afastado, onde ía moito frío e sempre nevaba, existiu un precioso reino onde vivía unha fermosa princesa.
  2. 2. A princesa Paz sempre levaba un vestido branco e unha longa capa da mesma cor. O seu traballo consistía en facer felices a todos os habitantes do reino.
  3. 3. Cando naceu, a raíña das fadas concedeulle o desexo da Paz para que todos, no reino, vivisen contentos e felices.
  4. 4. Nese país sempre había PAZ, ninguén se pelexaba, compartían, axudábase e xogaban xuntos. Se aparecía calquera problema, chegaba a princesa, falaba con todos e solucionábase. Alí non había espadas, nin pistolas, nin xogaban a xogos violentos nos que se podían facer dano e chorar.
  5. 5. Cada día a Princesa da Paz poñíase a súa capa e o seu longo vestido branco e ía pasear á Praza Maior. Alí comezaban a Asamblea da Paz, que era o momento do día máis importante para todos xa que, dialogaban e falaban das cousas bonitas que lle pasaran ao longo do día.
  6. 6. Non moi lonxe de alí, no reino veciño, vivía a máis maléfica, terrorífica e fea das bruxas. A malvada bruxa chamábase VIOLENCIA e cando lanzaba os seus feitizos e conxuros todos os que estaban preto dela comezaban a discutir, a enfadarse e a dicirse cousas feas.
  7. 7. Un día, a bruxa Violencia decidiu viaxar ao país da Princesa Paz, así que fixo unhas cantas apócemas malvadas, colleu a súa vasoira e foise voando. Cando chegou ao País da Princesa viuno todo tan bonito e agradable que case lle dá un patatús. A Princesa Paz recibiuna con palabras bonitas, foi amable e doce...
  8. 8. ...pero a bruxa Violencia enfadouse tanto que, montada na súa vasoira, foi lanzando os seus feitizos por toda a praza e as persoas que alí estaban comezaron a enfadarse, a discutir, pelexarse... estaban a loitar, pegábanse, berrábanse...
  9. 9. A Princesa Paz ao ver todo isto foise poñendo máis e máis triste así que a bruxa Violencia lle lanzou un dos seus poderosos feitizos e enmeigouna.
  10. 10. PATATÍN, PATATÁN!! Nunha pomba convértote eu! Dixo a bruxa Violencia.
  11. 11. Dende ese preciso momento a Princesa quedou convertida nunha branca pomba e viaxa por todo o mundo repartindo a paz, intentando que todos vivamos en harmonía, sexamos felices e non nos pelexemos máis para, así, poder romper o feitizo e volver transformarse outra vez en princesa e vivir feliz coa súa mamá e o seu papá no castelo do país da PAZ .
  12. 12. Así que xa o sabes, se ves unha pomba voar recorda portarte ben porque á princesa da paz debes axudar.

×