SlideShare a Scribd company logo
1 of 21
Xogos
tradicionais
OS NENOS DA RATA LUÍSAMonDaporta
Esta fin de semana nas festas do pobo
pasárono de medo participando nos xogos.
Xogaron a todo. Non gañaron en nada,
pero chegaron á casa cargadiños de medallas:
Foron segundos en tirar á corda
Tirada da corda.
Fórmanse dous equipos, do mesmo número de compoñentes, que postos un fronte ao outro
tiran, cada un para o seu lado, dunha corda co obxectivo de arrastrar ao equipo contrario ata
que o primeiro compoñente pasa unha liña marcada no chan.
e en correr emparellados,
Correr emparellados
Cada grupo de dous xogadores, levando atada unha perna coa do compañeiro, teñen que
percorrer unha distancia marcada. Gaña a parella que chegua primeiro.
terceiros no das cadeiras
Xogo das cadeiras.
Os xogadores corren arredor dun grupo de asentos ata que, a un sinal, tentan sentarse, pero
como sempre hai un asento menos que o número de xogadores, cada volta queda un fóra.
Logo retírase outro asento e repítese a carreira ata o novo sinal… e así ata que só queda un
asento. Gaña o que consegue sentar no último.
e na carreira de sacos,
Carreira de sacos
Cada xogador, metido ata a cintura nun saco, ten que percorrer unha distancia fixada. Gaña o
que fai o percorrido en menos tempo.
e unha, só por participaren, nunha carreira con zancos.
Carreira con zancos
Cada participante ten percorrer unha distancia fixada sen baixarse dos zancos.
Gañaron caramelos na chave
A chave
O xogo consiste en atinarlle á chave lanzando os pellos, fichas dun tamaño e peso
determinados, desde unha certa distancia.
e máis na ra,
A ra
O xogo consiste en coarlle unhas fichas pola boca a unha ra de ferro, lanzándoas desde
unha distancia determinada.
no tiro aos cacharros
Tiro aos cacharros
Lanzando unha pelota, ata tres, tentar derribar un castelo de tarros de lata. Gaña o que os
tira todos ou o que tira máis.
e no xogo de pescar,
A pesca
O xogo consiste en enganchar, cunha cana e un anzol, peixes de xoguete que aboian nunha
bañeira. Cada peixe leva un aro para posibilitar o enganche.
e ríron a escachar probando na piñata.
Piñata
O xogo consiste en romper, golpeándoo cun pau, un recipiente colgado que contén
agasallos. Os participantes actúan cos ollos vendados, e antes de comezar cos intentos de
romper a piñata dánselle unhas voltiñas para desorientalos.
Correron coa culler,
Carreira con culler
Hai que percorrer unha distancia levando na boca unha culler dentro da que hai un obxecto
(ovo, castaña…) sen que caia. Gaña o que percorra a distancia en menos tempo.
rillaron na mazán colgada,
Comer a mazán
O xogo consiste en comer unha mazá, que colga dun fío, coas mans atadas ás costas.
estouparon globos,
Estoupar globos
O xogo consiste en inflar globos ata que estoupen. Gaña o que o estoupa primeiro ou o que
estoupe máis globos nun tempo determinado
pelexaron na barra,
Pelexa na barra
O xogo consiste en facer cair da barra, que se atopa un pouco elevada, ao opoñente
usando as mans.
ata colleron moedas coa boca metendo a cabeza na auga
Pillar moedas
O xogo consiste en coller coa boca moedas, ou obxectos, que estan dentro dun recipiente
con auga.
e tentárono, ata con trampa, no pau da cucaña.
Non quedou enredo no que non probaran!
Cucaña
Pau vertical ou horizontal, liso e engraxado, que sostén na parte máis alta, ou alonxada do
punto de suxección, un agasallo. Cando o pau se pon horizontal adoita situarse enriba da auga.
De volta na casa, contan, e non dan falado
de todo o que fixeron e do ben que o pasaron.
Luísa, Roxelio
e máis os ratiños
agardan que vos
gusten estes seus
contiños.
Abur!

More Related Content

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Xogos tradicionais

  • 1. Xogos tradicionais OS NENOS DA RATA LUÍSAMonDaporta
  • 2. Esta fin de semana nas festas do pobo pasárono de medo participando nos xogos.
  • 3. Xogaron a todo. Non gañaron en nada, pero chegaron á casa cargadiños de medallas:
  • 4. Foron segundos en tirar á corda Tirada da corda. Fórmanse dous equipos, do mesmo número de compoñentes, que postos un fronte ao outro tiran, cada un para o seu lado, dunha corda co obxectivo de arrastrar ao equipo contrario ata que o primeiro compoñente pasa unha liña marcada no chan.
  • 5. e en correr emparellados, Correr emparellados Cada grupo de dous xogadores, levando atada unha perna coa do compañeiro, teñen que percorrer unha distancia marcada. Gaña a parella que chegua primeiro.
  • 6. terceiros no das cadeiras Xogo das cadeiras. Os xogadores corren arredor dun grupo de asentos ata que, a un sinal, tentan sentarse, pero como sempre hai un asento menos que o número de xogadores, cada volta queda un fóra. Logo retírase outro asento e repítese a carreira ata o novo sinal… e así ata que só queda un asento. Gaña o que consegue sentar no último.
  • 7. e na carreira de sacos, Carreira de sacos Cada xogador, metido ata a cintura nun saco, ten que percorrer unha distancia fixada. Gaña o que fai o percorrido en menos tempo.
  • 8. e unha, só por participaren, nunha carreira con zancos. Carreira con zancos Cada participante ten percorrer unha distancia fixada sen baixarse dos zancos.
  • 9. Gañaron caramelos na chave A chave O xogo consiste en atinarlle á chave lanzando os pellos, fichas dun tamaño e peso determinados, desde unha certa distancia.
  • 10. e máis na ra, A ra O xogo consiste en coarlle unhas fichas pola boca a unha ra de ferro, lanzándoas desde unha distancia determinada.
  • 11. no tiro aos cacharros Tiro aos cacharros Lanzando unha pelota, ata tres, tentar derribar un castelo de tarros de lata. Gaña o que os tira todos ou o que tira máis.
  • 12. e no xogo de pescar, A pesca O xogo consiste en enganchar, cunha cana e un anzol, peixes de xoguete que aboian nunha bañeira. Cada peixe leva un aro para posibilitar o enganche.
  • 13. e ríron a escachar probando na piñata. Piñata O xogo consiste en romper, golpeándoo cun pau, un recipiente colgado que contén agasallos. Os participantes actúan cos ollos vendados, e antes de comezar cos intentos de romper a piñata dánselle unhas voltiñas para desorientalos.
  • 14. Correron coa culler, Carreira con culler Hai que percorrer unha distancia levando na boca unha culler dentro da que hai un obxecto (ovo, castaña…) sen que caia. Gaña o que percorra a distancia en menos tempo.
  • 15. rillaron na mazán colgada, Comer a mazán O xogo consiste en comer unha mazá, que colga dun fío, coas mans atadas ás costas.
  • 16. estouparon globos, Estoupar globos O xogo consiste en inflar globos ata que estoupen. Gaña o que o estoupa primeiro ou o que estoupe máis globos nun tempo determinado
  • 17. pelexaron na barra, Pelexa na barra O xogo consiste en facer cair da barra, que se atopa un pouco elevada, ao opoñente usando as mans.
  • 18. ata colleron moedas coa boca metendo a cabeza na auga Pillar moedas O xogo consiste en coller coa boca moedas, ou obxectos, que estan dentro dun recipiente con auga.
  • 19. e tentárono, ata con trampa, no pau da cucaña. Non quedou enredo no que non probaran! Cucaña Pau vertical ou horizontal, liso e engraxado, que sostén na parte máis alta, ou alonxada do punto de suxección, un agasallo. Cando o pau se pon horizontal adoita situarse enriba da auga.
  • 20. De volta na casa, contan, e non dan falado de todo o que fixeron e do ben que o pasaron.
  • 21. Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus contiños. Abur!