Successfully reported this slideshow.
Your SlideShare is downloading.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Juegos populares.

  1. 1. CIRCUÍTO DE XOGOS POPULARES NO COLE
  2. 2. A PETANCA Este deporte leva practicándose desde fai máis de 20 séculos e hoxe en día, a súa popularidade asentouse nos cinco continentes. Este xogo consiste en colocar o maior número de bólas preto dun boliche e conta coa vantaxe de que pode practicarse case en calquera superficie de area. Aínda que se trata dun deporte que se xoga por diversión, tamén existen diversas competicións oficiais. Nos seus inicios, comezaron a utilizarse pedras. Máis tarde, fabricáronse bólas de madeira de boj claveteadas con centos de tachuelas e as modernas son de aceiro ou bronce. Cada unha delas leva un debuxo que a diferenza das demais. A bóla pequena, boliche, á que teñen que achegarse os xogadores é de madeira, pode estar pintada dalgunha cor. AS BÓLAS As bólas miden 7 a 8 cm de diámetro. Peso: de 625 a 800gr O boliche 2,5 a 3,5 cm O LANZAMENTO Preparación: pulso virando, corpo flexionado e brazo estirado. O REGULAMENTO Un dos adversarios, elixido mediante un sorteo, selecciona o punto de partida, un círculo de 35-50 cm de diámetro desde onde se lanzará o boliche e arroxarán as bólas. O boliche debe alcanzar unha distancia de 6 a 10 metros. Normas xerais Lánzanse as bólas a un boliche desde unha posición fixa. Hai partidas individuais, de parellas e triplas. Cada participante xoga tres ou catro bólas en individuais, tres en parellas e dúas en tripletes. Os xogadores tornáranse no lanzamento desde o círculo, do que non poderán saír para tirar. As bólas pódense enviar tanto voando como rodando polo chan. Hai dúas maneiras de lanzalas: unha tirar a bóla con coidado, tratando de achegarse o máximo posible ao boliche e outra é lanzar a bóla con certa forza para golpear a contraria e apartala. Como se xogan as bólas Unha vez lanzadas tódalas bólas, as dun xogador ou un equipo que estean máis cerca do boliche que as contrarias gañan un punto. Mídese a distancia entre as bólas e o boliche cunha variña metálica (baguette), podendo apartar os obstáculos, e vence quen primeiro some 13 puntos.
  3. 3. A RA Ficha Técnica Xogo: Individual, podendo nalgún momento xogarse por equipos, sendo estes de dous xogadores. Lugar de orixe: Este xogo é moi antigo; exipcios, gregos e romanos xa xogaban a algunhas variedades do xogo da ra, denominado xogo do Tonel. Desenvolvemento do xogo A mesa de ra componse de: ra, muíño, dúas pontes e cinco buracos. Cada un ten unha puntuación asignada. Cada xogador lanzará dez petacos ou discos por partida, xogaranse a dez tiradas.,Gañará o xogo aquel que ao cabo dos 10 lanzamentos obteña maior puntuación. Regulamento. Elementos de xogo - 10 fichas ou discos de ferro (PETANCOS). - Dimensións da Mesa son: altura de 80 a 90 cm, longo e ancho: 50 X 50 cm. - A pista de xogo debe ter unha área lonxitudinal de 7 m por 2 de ancho. - As dimensións e peso dos Petancos son: círculos de 38 mm. 7 mm. de grosor e sobre 60 gramos de masa. Forma de xogo - Dentro de cada equipo, a orde de tirada será seguido un detrás doutro. - Se un Petanco lanzado por un xogador queda na boca da ra, muíño, etc., o tanto non será válido ate non introducilo o mesmo xogador con axuda doutro Petanco. Orde de tiradas. - Durante o desenvolvemento da partida poderá alterarse a orde de tirada entre os compoñentes dun mesmo equipo, sempre que ao final da mesma todos lancen o mesmo número de fichas. Puntuación. - RA 50 puntos. - MUÍÑO 25 puntos - PONTE 10 puntos - RESTO DE BURACOS 5 puntos
  4. 4. O PANO MATERIAL QUE SE NECESITA. 1 pano. DESENVOLVEMENTO. Mínimo de 6 persoas e a nai. A nai colócase no centro co pano e os demais divídense en dous grupos. Colócanse un numero comprendido entre os que acordasen. Daquela a nai di un numero e o que teña ese numero, sae correndo a por o pano. O que o colla e volva ao seu sitio gaña, o outro queda eliminado. AS CANICAS MATERIAL. Bólas ESPAZO. Se é posible terra dura cun buraco (gua). EXPLICACIÓN DO XOGO. Establécese unha orde de tirada. Lánzanse as canicas desde a liña marcada para iniciar o xogo. Empézase a tirar coa posición característica das mans, podendo avanzar sempre que se desexe un palmo. Os xogadores tratarán de achegarse ou golpear ás bólas dos demais. Se lanza sobre unha bóla, de maneira que impacta sobre ela, teremos outro lanzamento ao gua. Se mete a bóla no gua quedará coa bóla que golpeou. Poden seguir xogando lanzando desde a liña inicial. VARIANTES Existen infinidade de variantes por exemplo: as bólas apostadas nun círculo e os xogadores por quenda deben ir lanzando a súa boliche de maneira que cada canica que saquen quédanlla.
  5. 5. BOLOS CELTAS ANTECEDENTES O Xogo de Bolos Celta é un deporte totalmente autóctono, que se practica en toda a franxa sur da Comunidade Galega. A súa orixe provén do pobo celta e foi introducido na península ibérica, pola costa norte. Polo tanto este deporte, tamén, practícase nalgúns núcleos de poboación do País Vasco, Cantabria, Comunidade Asturiana, e con gran intensidade na Comunidade Galega. As modalidades de bolos son distintas en cada lugar ou comunidade, así por exemplo na Comunidade Galega os bolos e bólas teñen un determinado tamaño e forma que os diferenza das demais comunidades, pero no fondo todos eles teñen algo en común, trátase de lanzar co impulso unha bóla, aos bolos a unha distancia determinada. Dentro da propia Comunidade Galega existen, tamén, distintas modalidades de Bolos Celtas. Entre as zonas onde practícase os Bolos Celtas destacar Santa Eugenia de Ribeira (A Coruña) así como algúns núcleos de Lugo ( Ribeira Sacra...) e Ourense (Viana do Bolo, O Bolo, A Veiga...), pero en onde practícase con maior intensidade é no Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). ÁREA DE XOGO, NORMAS E MATERIAIS O esencial do Xogo dos Bolos Celta son: os bolos e as bólas. Os bolos teñen forma de cono cunha altura de 13 centímetros e un canto na súa base de 5 centímetros; a bóla é totalmente redonda cun diámetro que oscila entre os 13 e 15 centímetros. O material empregado para a confección de bolos e bólas é de madeira de buxo Dispútanse en tres modalidades: por equipos de tres xogadores, por parellas e individualmente. Este deporte practícase nun campo de terra dunhas dimensións de 30 metros de longo e un ancho de 20 metros. No mesmo se coloca unha lousa de pedra na que se arman 18 bolos en ringleira, equidistantes entre si e case pegados. A unha distancia duns 6 metros colócase outra pedra ou base desde onde a xogador lanza polo aire (non a ras de chan) a bóla contra os bolos, a fin de lanzalos ata unha distancia de 21 metros. Cada xogador dispón de 3 quendas ou boladas para lanzar, nunca de maneira consecutiva. A xogada complétase co lanzamento desde os 21 metros a ras de chan outra vez contra os bolos. Cada bolo caído puntúa 1 punto, os que traspasen a liña de 21 metros puntúan 10 puntos, gaña o equipo ou xogador que máis bolos contabiliza.
  6. 6. SOGA-TIRA Deporte común a outras culturas, tamén coñecido como Tracción á corda. MATERIAL. Unha soga e un pano. ESPACIO. Terra dura. EXPLICACIÓN DO XOGO. Para xogar fanse dúas equipas do mesmo número de xogadores/as. Trázanse 3 liñas no chan; unha central e as outras dúas á mesma distancia. Márcase cun pano o centro da corda. Sitúanse as equipas a ambos lados da corda deixando o pano aliñado coa raia central pintada no chan e cando o/a xuíz/ a indican, turrarán da corda ata que o pano pase a raia situada máis preto da súa equipa. A COMBA O procedemento é moi simple: Sorteábase, por calquera dos procedementos existentes, e as dúas que perdían situábanse nos extremos dunha corda e daban. A corda trazaba unha elipse que tocaba o chan lixeiramente nun movemento rítmico, e mentres unha ou máis nenas entraban e saltaban evitando que a corda as golpease. Mentres saltaban cantaban cancións como estas: Al cocherito, leré me dijo anoche, leré que si quería, leré montar en coche, leré y yo le dije, leré con gran salero, leré no quiero coche, leré Al pasar la barca me dijo el barquero las niñas bonitas no pagan dinero. Al volver la barca me volvió a decir las niñas bonitas no pagan aquí. Yo no soy bonita, ni lo quiero ser las niñas bonitas se echan a perder. Como soy tan fea yo lo pagaré, arriba la barca de Santa Isabel
  7. 7. OS ZANCOS Obxectivos: Desenvolvemento do control corporal e o equilibrio dinámico. Material: Dous zancos. Organización: É un xogo individual. Desenvolvemento: Cada neno/a cos seus zancos camiña libremente procurando gardar o equilibrio para non caerse. Pódese marcar unha meta ou facer un circuíto. Final: Gaña o que consiga aguantar máis tempo sobre os zancos ou chegue primeiro á meta marcada. AS CATRO ESQUINAS NÚMERO DE PARTICIPANTES: No xogo interveñen cinco xogadoras ou xogadores. ONDE SE XOGABA: No exterior. OBXECTOS QUE SE UTILIZAN: Non precisa ningún material, pero si delimitar o campo de xogo, no que se deben sinalar catro esquinas formando un cadrado. REGRAS DO XOGO: Un dos participantes queda no centro do catro esquinas designadas, mentres o resto ocupa unha esquina cada un. En lugar de esquinas pódense utilizar árbores, farois, ou simples pedras para delimitar o campo de xogo. Á orde dun ou de todos os participantes, intercámbianse as esquinas, moi rapidamente, para tentar así que quen se atopa no centro non consiga quitar a esquina a ninguén. Se o consegue, pasa ao centro o participante que se quedou sen ela. VARIANTES: Pódese aumentar o número de participantes aumentando o número de esquinas ou facendo grupos.
  8. 8. CARREIRAS DE CHAPAS Marcar un circuíto duns 15 cm de ancho, na terra ou o cemento (con xiz). Pode ter moitas curvas, estreitamentos, obstáculos, zonas prohibidas... Tírase por quenda empuxando a chapa co dedo corazón. Se se sae da pista vólvese a pór onde estaba e pasa quenda. A RAYUELA Debúxase a figura no chan cun palo ou xiz. Debe caber ben o pé dentro de cada cadrado. Ao que lle toca, lanza unha pedra pequena cara ao primeiro cadrado. A pata colla irá saltando de casa en casa, salvando a que ten a pedra, e apoiando cando haxa dúas casas xuntas un pé en cada unha delas (o descanso). No último cadrado dá a volta e regresa do mesmo xeito, recollendo a pedra, ou sacándoa dunha patada co pé de apoio (segundo versión). Así sucesivamente até completar todas as casas. Se a pedra, ao lanzala, ou o xogador cando salta, sáense do cadrado ou pisan raia pérdese a quenda. Tamén si se toca o chan co outro pé cando se está pata colla. Ao recuperar a quenda séguese por onde nos quedamos. Hai moitas variantes deste xogo. En xeral nas casas dobres e na última pódese descansar. Aquí tes algunhas:

    Be the first to comment

    Login to see the comments

Views

Total views

1,958

On Slideshare

0

From embeds

0

Number of embeds

27

Actions

Downloads

13

Shares

0

Comments

0

Likes

0

×