SlideShare a Scribd company logo
1 of 36
Os zapatos do
cempernas
MonDaporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Andivo o cempernas moi perocupado
porque ten os pés, un algo delicados.
Uns ínchanlle co frío
outros coa calor
e os máis coa humidade.
Moléstanlle as areas…
e sempre hai un coio no que, sen querer, se bate
E dándolle voltas, buscándolle un amaño,
resolveu poñerlle remedio cun calzado.
E para escoller que poñer, pensou en algo axeitado,
cómodo, e que non dera alá moito traballo.
Mercar botas sería unha tolemia.
Tardaría unha eternidade en quitalas e poñelas.
Aínda que empezara a calzarse ao mencer
raro era que acabara antes de daren as dez.
E tardaría outro tanto en atar zapatos…
porque ten cen pernas pero só dous brazos.
Mercou, pensouno moito, para empezar, unhas chancas.
Íballe ben, pero sempre perdía algunha se apuraba.
En busca de solución foi á do zapateiro.
Tiña, como fora, que atoparlle arreglo.
E dándolle voltas a aquel enguedello
deron cun remedio… zapatos con “velcro”!
E, por fin, poido saír a correr camiños
sen ter que preocuparse nin da calor nin do frío,
nin das pozas nin dos coios, nin de se tiñan areas…
nin de perder os zapatos cando iba con présa.
Pero meteuse un día por un camiño malo
e estragou, nun descoido, media ducia de zapatos.
Quixo mercar uns pares para mentras llos arranxaban.
Tiña que facer, e non podía quedar na casa.
Pero que lle dixeron! Non podía creelo!
Xa ninguén facía os de aquel modelo!
E que iba facer, aínda tiña diñeiro,
pero non estaban os tempos para mercar outro cento.
-Podes darlle unha volta -díxolle o zapateiro-.
Pos uns pares distintos e daste un aire moderno.
Tivo as súas dúbidas. Costoulle entendelo.
Gustábanlle os cambios… Pero facer aquelo…
E púxose a pensar na cousa e as súas ventaxas.
Dábase un cambio e por enriba aforraba.
Decideuse e mercou logo os pares que quería,
calzounos, botou a andar, e sigueu coa súa vida
Pero xurdeu outro problema co que non contara,
case non tiña sitio, para ordealos, na casa.
Pero non se complicou e fixo o que xa facía antes.
Gárdaos todos nun caixón e pon en cada pé o que lle cadre.
Si sae do pé dereito ponno á dereita,
e se sae do pé esquerdo… na outra banda.
Así, calzando sempre o mesmo, parecía
que andaba de estrea cada día.
O seu facer marcou tendencia
e ás poucas semanas… outros aproveitaron a ocurrencia.
Pero non só foron bechos e xente da súa talla…
ata o fixeron algúns nos que el nunca pensara.
As fotografías foron collidas da rede. Agardo que os autores saiban disculpar o uso que lles din e doulles as
grazas por faceren posible que este traballo rematara como eu quería.
Mon Daporta

More Related Content

More from MonContos

Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papelMonContos
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMonContos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMonContos
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMonContos
 
Morcego Roque, o vento
Morcego Roque, o ventoMorcego Roque, o vento
Morcego Roque, o ventoMonContos
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costaMonContos
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costaMonContos
 

More from MonContos (20)

Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papel
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
Morcego Roque, o vento
Morcego Roque, o ventoMorcego Roque, o vento
Morcego Roque, o vento
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costa
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 

Os zapatos do cempernas