SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
A primeira na casa, despoixas de don Merlín, era mi ama doña Ginebra. Era
unha señora mui sentada, verán e inverno coa súa peleriña negra moi
bordada com abaloiros. Tampouco era do país e prendía algo na fala. Tiña un
pelo loiro mui fermoso e longo, que recollía nun grande moño, e nunca vin pel
tan branca como a súa. Outa, e máis bem gorda, tiña un gran andar, i era mui
graciosa de seu no mando, algo súpeta eso sí e por veces seca, pro mui
mantedora da xente e do gado. Cáseque non saía da casa, e polo serán
sentábase no salón, a carón do balcón grande, a bordar nun gran pano que
iba envolvendo a poucos arredor dunha cana de prata. En inverno gastaba
mitós de lá, e polo verán de fío brando, mui calados e con froliñas bordadas.
De cando em vez paraba de bordar para rascarse o lombo cunha manciña de
buxo que tiña, montada nunha variña de avelán. Algo de tristura coido eu que
levaba aquela señora Ginebra nos ollos mouros, e si che sorría que era cada
e cando, era como si pedise a esmola de que ti sorrises tamén. Decían que
era viuda dun grande rei que morréu na guerra, e que tivo a noticia por um
corvo cando estaba em Miranda probando un peite de ouro. De señorío era, e
don Merlín señoreábaa ao falarlle, e na cociña non poñía man, coma no fora
pra facer a colineta os días de festa

More Related Content

More from María Sánchez

More from María Sánchez (20)

Os líquidos íntimos
Os líquidos íntimosOs líquidos íntimos
Os líquidos íntimos
 
O meu corazón
O meu corazónO meu corazón
O meu corazón
 
Non chores
Non choresNon chores
Non chores
 
Miro villar
Miro villarMiro villar
Miro villar
 
Hai estratos distintos de vazio
Hai estratos distintos de vazioHai estratos distintos de vazio
Hai estratos distintos de vazio
 
Caixas para poetas
Caixas para poetasCaixas para poetas
Caixas para poetas
 
1 a miúdo botas negras e o seu xesto
1    a miúdo botas negras e o seu xesto1    a miúdo botas negras e o seu xesto
1 a miúdo botas negras e o seu xesto
 
Xunto á tarde
Xunto á tardeXunto á tarde
Xunto á tarde
 
Presentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na DitaduraPresentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na Ditadura
 
Lexislación contra a lingua
Lexislación contra a linguaLexislación contra a lingua
Lexislación contra a lingua
 
Fosas comúns en galiza
Fosas comúns en galizaFosas comúns en galiza
Fosas comúns en galiza
 
Cunetas
CunetasCunetas
Cunetas
 
A educación da muller so o franquismo
A educación da muller so o franquismoA educación da muller so o franquismo
A educación da muller so o franquismo
 
Lexislación contra a lingua
Lexislación contra a linguaLexislación contra a lingua
Lexislación contra a lingua
 
O teatro galego entre 1950 e 1976
O teatro galego entre 1950 e 1976O teatro galego entre 1950 e 1976
O teatro galego entre 1950 e 1976
 
Zardigot texto da_peza
Zardigot texto da_pezaZardigot texto da_peza
Zardigot texto da_peza
 
Hamlet recibe unha nova sorprendente
Hamlet recibe unha nova sorprendenteHamlet recibe unha nova sorprendente
Hamlet recibe unha nova sorprendente
 
Noitebra
NoitebraNoitebra
Noitebra
 
Notaría
NotaríaNotaría
Notaría
 
Biografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolañoBiografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolaño
 

A primeira na casa

  • 1. A primeira na casa, despoixas de don Merlín, era mi ama doña Ginebra. Era unha señora mui sentada, verán e inverno coa súa peleriña negra moi bordada com abaloiros. Tampouco era do país e prendía algo na fala. Tiña un pelo loiro mui fermoso e longo, que recollía nun grande moño, e nunca vin pel tan branca como a súa. Outa, e máis bem gorda, tiña un gran andar, i era mui graciosa de seu no mando, algo súpeta eso sí e por veces seca, pro mui mantedora da xente e do gado. Cáseque non saía da casa, e polo serán sentábase no salón, a carón do balcón grande, a bordar nun gran pano que iba envolvendo a poucos arredor dunha cana de prata. En inverno gastaba mitós de lá, e polo verán de fío brando, mui calados e con froliñas bordadas. De cando em vez paraba de bordar para rascarse o lombo cunha manciña de buxo que tiña, montada nunha variña de avelán. Algo de tristura coido eu que levaba aquela señora Ginebra nos ollos mouros, e si che sorría que era cada e cando, era como si pedise a esmola de que ti sorrises tamén. Decían que era viuda dun grande rei que morréu na guerra, e que tivo a noticia por um corvo cando estaba em Miranda probando un peite de ouro. De señorío era, e don Merlín señoreábaa ao falarlle, e na cociña non poñía man, coma no fora pra facer a colineta os días de festa