SlideShare a Scribd company logo
1 of 51
Os grandes retos do século XXI
Introdución
• Habitamos nun mundo globalizado e
multicultural que está en constante
transformación.
• Nunca sucederan tantos cambios en tan pouco
tempo: intelixencia artificial, dixitalización, redes
sociais, medio ambiente...
• Os retos aos que nos enfrontamos tampouco
teñen precedentes na historia da humanidade.
• Non cabe dúbida de que o noso futuro é
incerto, con todo, aínda estamos a tempo de
actuar.
1. A imposición do único sistema económico
• A partir de 1990, despois da
desaparición do bloque comunista,
impúxose un único sistema económico
no mundo, que está baseado no
capitalismo, onde se dá unha libre
competencia e liberdade de mercado,
con menos control estatal ás empresas
privadas, aos prezos e á libre
circulación mundial de bens, capitais e
servizos.
A homoxenización do consumo
2. Factores da deslocalización industrial
• A deslocalización industrial realízase porque
se poden producir os bens en calquera parte
do mundo, co obxectivo de aumentar a
rendabilidade do produto (grazas a impostos
e soldos inferiores).
• As empresas multinacionais teñen un papel
moi importante nesta cuestión, xa que son
capaces de instalar as súas fábricas e
producir en calquera país, e teñen poder e
influencia sobre os gobernos e os
organismos económicos.
A deslocalización
industrial
Empresa Sector País
Capitalización bursátil (billóns de
dólares) (2021)
Apple Informática EEUU 2,77
Microsoft Informática EEUU 2,38
Saudi Aramco Petróleo Arabia Saudí 2,22
Alphabet (Google) Informática EEUU 1,63
Amazon Comercio electrónico EEUU 1,38
NVIDIA Tecnoloxía EEUU 1,07
Berkshire Hathaway Holding financeiro EEUU 0,774
Meta Platforms
(Facebook)
Redes sociais EEUU 0,754
Tesla Automoción EEUU 0,715
Eli Lilly Farmacia EEUU 0,519
Visa Finanzas EEUU 0,501
TSMC Tecnoloxía Taiwan 0,476
UnitedHealth Saúde EEUU 0,469
Johnson & Johnson Química EEUU 0,448
Louis Vuitton Moda/Deseño (Luxo) Francia 0,442
JPMorgan Chase Finanzas EEUU 0,436
Exxon Mobil Petróleo EEUU 0,43
Walmart Comercio EEUU 0,429
Novo Nordisk Farmacia Dinamarca 0,418
Tencent Informática China 0,389
PIB 2022 (billóns de €)
Arxentina 0,602
Austria 0,447
Bélxica 0,549
Colombia 0,326
España 1,34
Marrocos 0,127
Portugal 0,24
3. Compara a capitalización das 20 empresas máis importantes do mundo
co Produto Interior Bruto de varios países. Cres que os estados poden
perder soberanía económica en favor das empresas multinacionais?
3. Comparación da capitalización das empresas
multinacionais co PIB dos estados
• Nos datos das táboas anteriores
observamos que moitas empresas
multinacionais teñen un grao de
capitalización maior que a riqueza
económica (PIB) xerada en moitos países do
mundo.
• Isto é un dato significativo da perda de
soberanía económica de moitos estados
como efecto da globalización.
4. A Globalización responsable da desigualdade
• A globalización no acabou coa desigualdade no
mundo porque os países ricos acumulan a maior
parte do capital e a tecnoloxía e controlan os
circuitos comerciais e financeiros ao contrario dos
países pobres, que sofren atraso tecnolóxico,
ausencia de capitais e dependencia económica. E
dentro dos países ricos a desigualdade entre ricos
e pobres tamén aumentou, polo aumento do paro
debido ás deslocalizacións, ás rebaixas de salarios
para competir con outros países e a unhas
finanzas públicas máis débiles, que impiden
manter as axudas sociais.
Efectos da
Globalización
Distribución da
riqueza
As tres revolucións
tecnolóxicas
Gasto en I+D
por países
Custo dunha
chamada
telefónica
Almacéns
robotizados
5. Globalización e riscos medioambientais
• O modelo de crecemento económico que abusa dos
recursos naturais e contamina sen control pode
resultar nocivo ao medioambiente e a humanidade.
• A toma de conciencia sobre a preservación do medio
ambiente iníciase nos anos 70, grazas ás
organizacións ecoloxistas e á comunidade científica.
• Os principais cumios e acordos foron os seguintes:
Conferencia da ONU sobre medioambiente (1972);
Protocolo de Quioto (1997); conferencias sobre o
cambio climático (2007) e cumio de París (2015) que
le deu máis marxe a países como China e India.
Rexións emisoras de CO2
Emisóns globais por sectores
Emisións de CO2
6. O efecto invernadoiro
• O quecemento global do planeta
provocou un aumento das temperaturas
constante dende os anos 60 e con
altibaixos dende inicios do século XX.
• Sobre o clima o quentamento provocou
efectos como o aumento de fenómenos
atmosféricos como furacáns e tifóns, de
inundacións e unhas secas máis
frecuentes.
Incremento da temperatura
Os efectos do
quecemento
O desxeo do ártico e as
desputas territoriais
Un novo continente de
plástico no Pacífico
As correntes difusoras
da contaminación do plástico
7. Que é a intelixencia artificial (IA)?
Beneficios e riscos
• A intelixencia artificial é a facultade da máquina
para entender, razoar, aprender e tomar
decisións.
• Trátase de habilidades propias da mente humana
que agora tamén teñen algunhas máquinas.
• Son computadoras con neuronas artificiais
conectadas entre si para aprender de si mesmas
e dar unha resposta.
• No caso de que non só pensen como un humano
senón que tamén actúen como el, realizando
tarefas humanas, estariamos a falar de robots.
Os países máis
robotizados do mundo
(robots por cada 10.000
habitantes no 2020)
Corea do Sur 932
Singapur 605
Xapón 390
Alemaña 371
Suecia 289
Hong Kong 275
EUA 255
China 246
Dinamarca 246
Italia 224
Bélxica 221
Luxemburgo 221
Países Baixos 209
Austria 205
España 203
Francia 194
8. A robotización: beneficios e riscos
• A posibilidade de que os robots cheguen a superar aos
seres humanos parece máis ciencia ficción ca realidade,
pero algúns pensan que sería posible aplicarlles a
intelixencia artificial aos robots dixitais.
• Con este avance os robots poden aprender dos seus erros
e tomar decisións máis complexas sen intervención
humana.
• A xeneralización do uso de robots é xa unha realidade en
moitos ámbitos que esixe dunha normativa responsable
para lograr un mundo máis xusto e máis seguro.
• Por tanto, a industria da robótica ha de guiarse por novas
leis para o deseño e uso dos robots e así evitar que causen
danos a terceiros.
9. Que son os algoritmos? Valoración
• Os algoritmos son os pasos ou instrucións que recibe unha
máquina para responder unha cuestión ou resolver un problema
para partir da análise dos datos que recibe.
• Ademais de gobernar os motores de busca por Internet ou os
nosos coches, poden determinar se se nos concede un préstamo
ou somos bos candidatos a un posto de traballo.
• As decisións baseadas en algoritmos presentan a gran vantaxe
de eliminar o rumbo ou a parcialidade humana, pero tamén
entrañan riscos que poden provocar actos discriminatorios e
inxustos.
• Un exemplo é o algoritmo empregado por Amazon en 2014 para
a contratación de persoal. Ao estar alimentado con datos de
empregados dos últimos dez anos, que na súa maioría eran
homes, o algoritmo daba prioridade na contratación aos
candidatos masculinos e discriminaba ás mulleres.
10. Cal das nosas esferas da vida cotiá
sufriu máis avance tecnolóxico no s. XXI?
• A telefonía móbil tivo un enorme
avance nas últimas décadas.
11. Paréceche ben que as empresas fixen
prezos segundo os datos que teñen?
• As empresas fixan os seus prezos pola lei da oferta e
demanda, pero nos últimos anos súmase un factor novo, os
algoritmos aplicados a estas dúas variables e o que é máis
impactante, aos datos do consumidor.
• Dependendo de quen sexa o comprador dun ben ou un
servizo, o prezo varía, segundo unha enorme cantidade de
datos almacenados sobre el, grazas ao uso da IA que fan
as empresas.
• Ao navegar por internet e aceptar as cookies dun sitio web,
damos acceso ás empresas a multitude de datos persoais
que se converten nun factor para fixar un prezo dinámico,
determinado por un algoritmo ou sistema informático.
• As compañías aéreas e as cadeas de hoteis foron
empresas pioneiras na implementación de prezos
algorítimicos.
12. Que son as «Fake news»
• As loiadas ou noticias falsas (fake news) difúndense e
multiplícanse polas redes sociais dando como resultado
moita desinformación e desconfianza.
• A desinformación medra porque calquera pode xerar e
difundir noticias falsas.
• Malia iso non debemos pensar que todo o que se publica é
mentira, debemos acudir aos medios oficiais e confiar
neles.
• Se temos dúbidas existen plataformas dixitais que loitan
contra a desinformación a través da investigación e
verificación das noticias sospeitosas e os datos que nos
proporcionan.
13. É a nosa sociedade máis democrática e
diversa?
• Segundo o Índice de Democracia do ano 2021, un 45% dos 167 países
analizados contan con democracia plena 13,8% ou deficiente 31,2%,
mentres que o 55% restante teñen réximes híbridos (21%) ou
autoritarios 34%. A nivel mundial, o retroceso do Índice de Democracia
varia:
• América: Canadá (con maior puntuación), Uruguai, Chile e Costa Rica
son democracias plenas. EUA é cualificado como democracia
imperfecta. En oposición Venezuela, Cuba e Nicaragua teñen réximes
autoritarios.
• Europa, todos os países gozan duns sistema democrático encabezado
por Noruega. As puntuacións de Europa occidental son polo xeral máis
elevadas que as de Europa oriental.
• África: ningún país ten democracia plena. Só Botswana, Suráfrica e
Ghana son democracias imperfectas. O resto son réximes autoritarios
ou híbridos.
• Asia: o índice avanzou levemente a súa puntuación. Moitos países
continúan con réximes autoritarios, como China e Corea do Norte, país
coa última posición mundial.
A liberdade
no mundo
14. Que modelo seguimos: asimilación ou
multiculturalismo?
• Francia aplica a política de asimilación, que consiste en
converter o inmigrante nun cidadán francés, que fale
francés, abandone a súa cultura orixinal, adopte a francesa
e respecte a laicidade.
• O obxectivo é crear unha sociedade homoxénea na que os
estranxeiros adopten os valores identitarios da sociedade
francesa e se sintan orgullosos de ser franceses.
• Reino Unido opta polo multiculturalismo. O goberno trata
de poñer os medios para manter a cultura e a relixión de
orixe dos inmigrantes, establece un marco para súa
participación na vida británica e media se xorden conflitos.
• Agora ben, na práctica ambos os modelos non impediron a
creación de guetos, o resentimento dos inmigrantes, os
disturbios e as condutas xenófobas.
• Opinión de Á. Retortillo e outros no estudo: «Entre a asimilación e o multiculturalismo». Univeridade de Valladolid
15. Conseguirán as mulleres romper o teito
de cristal?
• O teito de cristal é a barreira invisible e non escrita que teñen as
mulleres para a súa participación e ascenso na vida pública, que
nace dos estereotipos culturais da nosa sociedade.
• Retos pendentes para o novo século:
• Premios Nobel: dos 900 premios outorgados dende a súa
creación en 1901 a persoas ilustres da ciencia, só 53 foron
mulleres.
• Só o 23% das películas máis famosas do cine teñen como
protagonistas a mulleres. Nos 92 anos da historia dos Óscar só 5
mulleres foron nomeadas na categoría mellor director/a.
• Só o 7%, no 2019, das 500 empresas máis importante do mundo
eran directoras.
• Aínda que a presenza da muller en cargos políticos duplicouse
nos últimos 25 anos. 3 de cada 4 escanos son ocupados por
homes.
16. Como son os movementos globais?
• A reivindicación cidadá na rúa tivo un gran protagonismo durante
o período 2006-2020, sobre todo a partir da crise ninanceira do
2010, alcanzou dimensións globais.
• A diferenza doutros movementos sociais, estas protestas non
tiveron un foco xeográfico concreto e apareceron en zonas e
países do mundo moi diferentes.
• Ademais, nalgunhas ocasións, compartindo tamén as mesmas
demanda, manifestáronse de forma coordinada a nivel global ou
mesmo baixo os mesmos slogans como Democracia real xa!,
Somos o 99% ou Que se vaian todos.
• Todos estes movementos estaban protagonizados por millóns de
cidadáns que se organizaron a través de redes sociais. Estas, á
súa vez, servíronlles para dar visibilidade ás súas mobilizacións
pacíficas impulsadas por enormes expectativas de cambio
político, social e económico.
17. A cidadanía perde a confianza na
democracia?
• Os países de tradición democrática como os de América do Norte ou Europa, e
tamén noutros países do mundo, está a producirse a perda da confianza da
cidadanía na democracia e nas súas institucións. Este desencanto pode
relacionarse con algunhas dinámicas que debilitan a democracia:
• Aumento da corrupción política e económica.
• Perda de confianza nos partidos políticos.
• Difusión dos medios de comunicación.
• O papel das redes sociais como difusoras dos «fake news»
• Ademais, ante a complexidade do mundo actual, moitas persoas séntense
atraídas por explicación sinxelas sobre o mundo que nos rodea e por solucións
fáciles que poidan apoiar con entusiamos. Iso explica o aumento do número de
seguidores de propostas radicais e en particular dos movementos de extrema
dereita, que está a mellorar os resultados electorais e a súa presenza nas
institucións.
• Esta perda de confianza na democracia e nas institucións impulsou a moitos
sectores sociais a ver a protesta como un mecanismo de participación política
máis eficiente ca o voto e xerou a nivel global un impulso nos movementos
sociais.
Asalto ao
Capitolio dos
EEUU
Asalto en
Brasilia (2022)

More Related Content

Similar to OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGaabiverin7
 
Tema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiaTema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiapablokatt
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMartaalonsop
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMartaalonsop
 
Esteban tics final
Esteban tics finalEsteban tics final
Esteban tics finalesteban23598
 
Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C esteban23598
 
Tecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e ComunicaciónTecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e Comunicaciónxbungle
 
España no mundo. Relacións internacionais. Globalización
España no mundo. Relacións internacionais. GlobalizaciónEspaña no mundo. Relacións internacionais. Globalización
España no mundo. Relacións internacionais. GlobalizaciónAgrela Elvixeo
 
traballo tics word
traballo tics wordtraballo tics word
traballo tics wordpepeela
 
As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e  da comunicaciónAs tecnoloxías da información e  da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicaciónandre_verin
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónbenitomou
 
tecnoloxia da información e a comunicacion
tecnoloxia da información e a comunicaciontecnoloxia da información e a comunicacion
tecnoloxia da información e a comunicacionpepeverin
 
AS TICS- PRESENTACION
AS TICS- PRESENTACIONAS TICS- PRESENTACION
AS TICS- PRESENTACIONalbitafh
 
INTERNET COMO FUENTE DE INFORMACIÓN
INTERNET COMO FUENTE DE INFORMACIÓNINTERNET COMO FUENTE DE INFORMACIÓN
INTERNET COMO FUENTE DE INFORMACIÓNtic38bach38
 
Andrea Álvarez TICs
Andrea Álvarez TICsAndrea Álvarez TICs
Andrea Álvarez TICsaalvarezs
 
Sensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESFSensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESFXose Ramil
 

Similar to OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI (20)

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
 
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
 
Tema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiaTema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografia
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch C
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch C
 
Presentación tema 14
Presentación tema 14Presentación tema 14
Presentación tema 14
 
Esteban tics final
Esteban tics finalEsteban tics final
Esteban tics final
 
Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C
 
Tecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e ComunicaciónTecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e Comunicación
 
España no mundo. Relacións internacionais. Globalización
España no mundo. Relacións internacionais. GlobalizaciónEspaña no mundo. Relacións internacionais. Globalización
España no mundo. Relacións internacionais. Globalización
 
traballo tics word
traballo tics wordtraballo tics word
traballo tics word
 
As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e  da comunicaciónAs tecnoloxías da información e  da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicación
 
2º rev ind
2º rev ind2º rev ind
2º rev ind
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
tecnoloxia da información e a comunicacion
tecnoloxia da información e a comunicaciontecnoloxia da información e a comunicacion
tecnoloxia da información e a comunicacion
 
AS TICS- PRESENTACION
AS TICS- PRESENTACIONAS TICS- PRESENTACION
AS TICS- PRESENTACION
 
Power Point Tics
Power Point TicsPower Point Tics
Power Point Tics
 
INTERNET COMO FUENTE DE INFORMACIÓN
INTERNET COMO FUENTE DE INFORMACIÓNINTERNET COMO FUENTE DE INFORMACIÓN
INTERNET COMO FUENTE DE INFORMACIÓN
 
Andrea Álvarez TICs
Andrea Álvarez TICsAndrea Álvarez TICs
Andrea Álvarez TICs
 
Sensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESFSensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESF
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI

  • 1. Os grandes retos do século XXI
  • 2. Introdución • Habitamos nun mundo globalizado e multicultural que está en constante transformación. • Nunca sucederan tantos cambios en tan pouco tempo: intelixencia artificial, dixitalización, redes sociais, medio ambiente... • Os retos aos que nos enfrontamos tampouco teñen precedentes na historia da humanidade. • Non cabe dúbida de que o noso futuro é incerto, con todo, aínda estamos a tempo de actuar.
  • 3. 1. A imposición do único sistema económico • A partir de 1990, despois da desaparición do bloque comunista, impúxose un único sistema económico no mundo, que está baseado no capitalismo, onde se dá unha libre competencia e liberdade de mercado, con menos control estatal ás empresas privadas, aos prezos e á libre circulación mundial de bens, capitais e servizos.
  • 5. 2. Factores da deslocalización industrial • A deslocalización industrial realízase porque se poden producir os bens en calquera parte do mundo, co obxectivo de aumentar a rendabilidade do produto (grazas a impostos e soldos inferiores). • As empresas multinacionais teñen un papel moi importante nesta cuestión, xa que son capaces de instalar as súas fábricas e producir en calquera país, e teñen poder e influencia sobre os gobernos e os organismos económicos.
  • 7. Empresa Sector País Capitalización bursátil (billóns de dólares) (2021) Apple Informática EEUU 2,77 Microsoft Informática EEUU 2,38 Saudi Aramco Petróleo Arabia Saudí 2,22 Alphabet (Google) Informática EEUU 1,63 Amazon Comercio electrónico EEUU 1,38 NVIDIA Tecnoloxía EEUU 1,07 Berkshire Hathaway Holding financeiro EEUU 0,774 Meta Platforms (Facebook) Redes sociais EEUU 0,754 Tesla Automoción EEUU 0,715 Eli Lilly Farmacia EEUU 0,519 Visa Finanzas EEUU 0,501 TSMC Tecnoloxía Taiwan 0,476 UnitedHealth Saúde EEUU 0,469 Johnson & Johnson Química EEUU 0,448 Louis Vuitton Moda/Deseño (Luxo) Francia 0,442 JPMorgan Chase Finanzas EEUU 0,436 Exxon Mobil Petróleo EEUU 0,43 Walmart Comercio EEUU 0,429 Novo Nordisk Farmacia Dinamarca 0,418 Tencent Informática China 0,389 PIB 2022 (billóns de €) Arxentina 0,602 Austria 0,447 Bélxica 0,549 Colombia 0,326 España 1,34 Marrocos 0,127 Portugal 0,24 3. Compara a capitalización das 20 empresas máis importantes do mundo co Produto Interior Bruto de varios países. Cres que os estados poden perder soberanía económica en favor das empresas multinacionais?
  • 8. 3. Comparación da capitalización das empresas multinacionais co PIB dos estados • Nos datos das táboas anteriores observamos que moitas empresas multinacionais teñen un grao de capitalización maior que a riqueza económica (PIB) xerada en moitos países do mundo. • Isto é un dato significativo da perda de soberanía económica de moitos estados como efecto da globalización.
  • 9. 4. A Globalización responsable da desigualdade • A globalización no acabou coa desigualdade no mundo porque os países ricos acumulan a maior parte do capital e a tecnoloxía e controlan os circuitos comerciais e financeiros ao contrario dos países pobres, que sofren atraso tecnolóxico, ausencia de capitais e dependencia económica. E dentro dos países ricos a desigualdade entre ricos e pobres tamén aumentou, polo aumento do paro debido ás deslocalizacións, ás rebaixas de salarios para competir con outros países e a unhas finanzas públicas máis débiles, que impiden manter as axudas sociais.
  • 13. Gasto en I+D por países
  • 16. 5. Globalización e riscos medioambientais • O modelo de crecemento económico que abusa dos recursos naturais e contamina sen control pode resultar nocivo ao medioambiente e a humanidade. • A toma de conciencia sobre a preservación do medio ambiente iníciase nos anos 70, grazas ás organizacións ecoloxistas e á comunidade científica. • Os principais cumios e acordos foron os seguintes: Conferencia da ONU sobre medioambiente (1972); Protocolo de Quioto (1997); conferencias sobre o cambio climático (2007) e cumio de París (2015) que le deu máis marxe a países como China e India.
  • 20. 6. O efecto invernadoiro • O quecemento global do planeta provocou un aumento das temperaturas constante dende os anos 60 e con altibaixos dende inicios do século XX. • Sobre o clima o quentamento provocou efectos como o aumento de fenómenos atmosféricos como furacáns e tifóns, de inundacións e unhas secas máis frecuentes.
  • 23. O desxeo do ártico e as desputas territoriais
  • 24. Un novo continente de plástico no Pacífico
  • 25. As correntes difusoras da contaminación do plástico
  • 26. 7. Que é a intelixencia artificial (IA)? Beneficios e riscos • A intelixencia artificial é a facultade da máquina para entender, razoar, aprender e tomar decisións. • Trátase de habilidades propias da mente humana que agora tamén teñen algunhas máquinas. • Son computadoras con neuronas artificiais conectadas entre si para aprender de si mesmas e dar unha resposta. • No caso de que non só pensen como un humano senón que tamén actúen como el, realizando tarefas humanas, estariamos a falar de robots.
  • 27.
  • 28.
  • 29.
  • 30. Os países máis robotizados do mundo (robots por cada 10.000 habitantes no 2020) Corea do Sur 932 Singapur 605 Xapón 390 Alemaña 371 Suecia 289 Hong Kong 275 EUA 255 China 246 Dinamarca 246 Italia 224 Bélxica 221 Luxemburgo 221 Países Baixos 209 Austria 205 España 203 Francia 194
  • 31. 8. A robotización: beneficios e riscos • A posibilidade de que os robots cheguen a superar aos seres humanos parece máis ciencia ficción ca realidade, pero algúns pensan que sería posible aplicarlles a intelixencia artificial aos robots dixitais. • Con este avance os robots poden aprender dos seus erros e tomar decisións máis complexas sen intervención humana. • A xeneralización do uso de robots é xa unha realidade en moitos ámbitos que esixe dunha normativa responsable para lograr un mundo máis xusto e máis seguro. • Por tanto, a industria da robótica ha de guiarse por novas leis para o deseño e uso dos robots e así evitar que causen danos a terceiros.
  • 32.
  • 33. 9. Que son os algoritmos? Valoración • Os algoritmos son os pasos ou instrucións que recibe unha máquina para responder unha cuestión ou resolver un problema para partir da análise dos datos que recibe. • Ademais de gobernar os motores de busca por Internet ou os nosos coches, poden determinar se se nos concede un préstamo ou somos bos candidatos a un posto de traballo. • As decisións baseadas en algoritmos presentan a gran vantaxe de eliminar o rumbo ou a parcialidade humana, pero tamén entrañan riscos que poden provocar actos discriminatorios e inxustos. • Un exemplo é o algoritmo empregado por Amazon en 2014 para a contratación de persoal. Ao estar alimentado con datos de empregados dos últimos dez anos, que na súa maioría eran homes, o algoritmo daba prioridade na contratación aos candidatos masculinos e discriminaba ás mulleres.
  • 34. 10. Cal das nosas esferas da vida cotiá sufriu máis avance tecnolóxico no s. XXI? • A telefonía móbil tivo un enorme avance nas últimas décadas.
  • 35. 11. Paréceche ben que as empresas fixen prezos segundo os datos que teñen? • As empresas fixan os seus prezos pola lei da oferta e demanda, pero nos últimos anos súmase un factor novo, os algoritmos aplicados a estas dúas variables e o que é máis impactante, aos datos do consumidor. • Dependendo de quen sexa o comprador dun ben ou un servizo, o prezo varía, segundo unha enorme cantidade de datos almacenados sobre el, grazas ao uso da IA que fan as empresas. • Ao navegar por internet e aceptar as cookies dun sitio web, damos acceso ás empresas a multitude de datos persoais que se converten nun factor para fixar un prezo dinámico, determinado por un algoritmo ou sistema informático. • As compañías aéreas e as cadeas de hoteis foron empresas pioneiras na implementación de prezos algorítimicos.
  • 36.
  • 37.
  • 38.
  • 39. 12. Que son as «Fake news» • As loiadas ou noticias falsas (fake news) difúndense e multiplícanse polas redes sociais dando como resultado moita desinformación e desconfianza. • A desinformación medra porque calquera pode xerar e difundir noticias falsas. • Malia iso non debemos pensar que todo o que se publica é mentira, debemos acudir aos medios oficiais e confiar neles. • Se temos dúbidas existen plataformas dixitais que loitan contra a desinformación a través da investigación e verificación das noticias sospeitosas e os datos que nos proporcionan.
  • 40.
  • 41. 13. É a nosa sociedade máis democrática e diversa? • Segundo o Índice de Democracia do ano 2021, un 45% dos 167 países analizados contan con democracia plena 13,8% ou deficiente 31,2%, mentres que o 55% restante teñen réximes híbridos (21%) ou autoritarios 34%. A nivel mundial, o retroceso do Índice de Democracia varia: • América: Canadá (con maior puntuación), Uruguai, Chile e Costa Rica son democracias plenas. EUA é cualificado como democracia imperfecta. En oposición Venezuela, Cuba e Nicaragua teñen réximes autoritarios. • Europa, todos os países gozan duns sistema democrático encabezado por Noruega. As puntuacións de Europa occidental son polo xeral máis elevadas que as de Europa oriental. • África: ningún país ten democracia plena. Só Botswana, Suráfrica e Ghana son democracias imperfectas. O resto son réximes autoritarios ou híbridos. • Asia: o índice avanzou levemente a súa puntuación. Moitos países continúan con réximes autoritarios, como China e Corea do Norte, país coa última posición mundial.
  • 43. 14. Que modelo seguimos: asimilación ou multiculturalismo? • Francia aplica a política de asimilación, que consiste en converter o inmigrante nun cidadán francés, que fale francés, abandone a súa cultura orixinal, adopte a francesa e respecte a laicidade. • O obxectivo é crear unha sociedade homoxénea na que os estranxeiros adopten os valores identitarios da sociedade francesa e se sintan orgullosos de ser franceses. • Reino Unido opta polo multiculturalismo. O goberno trata de poñer os medios para manter a cultura e a relixión de orixe dos inmigrantes, establece un marco para súa participación na vida británica e media se xorden conflitos. • Agora ben, na práctica ambos os modelos non impediron a creación de guetos, o resentimento dos inmigrantes, os disturbios e as condutas xenófobas. • Opinión de Á. Retortillo e outros no estudo: «Entre a asimilación e o multiculturalismo». Univeridade de Valladolid
  • 44. 15. Conseguirán as mulleres romper o teito de cristal? • O teito de cristal é a barreira invisible e non escrita que teñen as mulleres para a súa participación e ascenso na vida pública, que nace dos estereotipos culturais da nosa sociedade. • Retos pendentes para o novo século: • Premios Nobel: dos 900 premios outorgados dende a súa creación en 1901 a persoas ilustres da ciencia, só 53 foron mulleres. • Só o 23% das películas máis famosas do cine teñen como protagonistas a mulleres. Nos 92 anos da historia dos Óscar só 5 mulleres foron nomeadas na categoría mellor director/a. • Só o 7%, no 2019, das 500 empresas máis importante do mundo eran directoras. • Aínda que a presenza da muller en cargos políticos duplicouse nos últimos 25 anos. 3 de cada 4 escanos son ocupados por homes.
  • 45.
  • 46. 16. Como son os movementos globais? • A reivindicación cidadá na rúa tivo un gran protagonismo durante o período 2006-2020, sobre todo a partir da crise ninanceira do 2010, alcanzou dimensións globais. • A diferenza doutros movementos sociais, estas protestas non tiveron un foco xeográfico concreto e apareceron en zonas e países do mundo moi diferentes. • Ademais, nalgunhas ocasións, compartindo tamén as mesmas demanda, manifestáronse de forma coordinada a nivel global ou mesmo baixo os mesmos slogans como Democracia real xa!, Somos o 99% ou Que se vaian todos. • Todos estes movementos estaban protagonizados por millóns de cidadáns que se organizaron a través de redes sociais. Estas, á súa vez, servíronlles para dar visibilidade ás súas mobilizacións pacíficas impulsadas por enormes expectativas de cambio político, social e económico.
  • 47.
  • 48.
  • 49. 17. A cidadanía perde a confianza na democracia? • Os países de tradición democrática como os de América do Norte ou Europa, e tamén noutros países do mundo, está a producirse a perda da confianza da cidadanía na democracia e nas súas institucións. Este desencanto pode relacionarse con algunhas dinámicas que debilitan a democracia: • Aumento da corrupción política e económica. • Perda de confianza nos partidos políticos. • Difusión dos medios de comunicación. • O papel das redes sociais como difusoras dos «fake news» • Ademais, ante a complexidade do mundo actual, moitas persoas séntense atraídas por explicación sinxelas sobre o mundo que nos rodea e por solucións fáciles que poidan apoiar con entusiamos. Iso explica o aumento do número de seguidores de propostas radicais e en particular dos movementos de extrema dereita, que está a mellorar os resultados electorais e a súa presenza nas institucións. • Esta perda de confianza na democracia e nas institucións impulsou a moitos sectores sociais a ver a protesta como un mecanismo de participación política máis eficiente ca o voto e xerou a nivel global un impulso nos movementos sociais.