SlideShare a Scribd company logo
1 of 19
Download to read offline
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
PROXECTO DESENVOLTO POR
ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS E
DEPARTAMENTO DE CULTURA DO CONCELLO DE BOIRO
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
A INNOVACIÓN EMPRESARIAL ASOCIADA Á CREATIVIDADE
A ABE ven apostando nos últimos anos pola idea de que a conxunción entre cultura e empresa
pode ser un aliado á hora de favorecer a creación de iniciativas empresariais sostibles e
rentables.
A nosa entidade ven colaborando dende hai anos nesta idea organizando foros e xornadas na
que se exploraba como a creatividade pode ser un factor de innovación e crecemento
empresarial.
Coa organización deste evento titulado A INNOVACIÓN EMPRESARIAL ASOCIADA Á
CREATIVIDADE pretendemos:
 Por unha banda, amosar que a creatividade potencia a economía e o desenvolvemento
local.
 E por outra dar a coñecer ao tecido empresarial e cultural do Barbanza iniciativas
emprendedoras que souberon conxugar INNOVACIÓN + CREATIVIDADE +CULTURA +
EMPRESA.
O obxectivo é que sirvan de referencia e aliciente para outras empresas e emprendedores a
hora de iniciar unha aventura empresarial.
¿Qué é Pecha Kucha?
Pecha Kucha é un espazo onde oradores de diversas disciplinas expoñen súas ideas e
proxectos. Un evento que dende 2003 celebrouse en máis de 400 cidades de todo e que
celebramos en Boiro a súa primeira edición en febreiro de 2012.
Pecha Kucha diferenciase doutros eventos polo seu formato rápido de presentación baseado
nunha simple idea: 20 imaxes x 20 segundos = 6 min 40 segundos para cada orador, cada
participante propón 20 imaxes, que se proxectan durante 20 segundos cada unha, e sobre elas
fai a súa presentación.
Info xeral do formato Pecha Kucha:
http://es.wikipedia.org/wiki/Pecha_Kucha
http://www.pecha-kucha.org/
http://www.pecha-kucha.org/night/a-coruna/
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
1º PECHA KUCHA BOIRO
Temática: “ A innovación empresarial asociada á creatividade”
O 9 de febreiro de 2012 a ABE en colaboración co departamento de cultura do concello de
Boiro organiza a 1ª edición na que participaron 6 empresas.
O acto celebrouse no salón de actos da asociación e asistiron 80 persoas (empresarios,
emprendedores, técnicos de concellos, representantes dos ámbitos político, cultural e social da
comarca e amigos en xeral)
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Os poñentes do 1º Pecha Kucha
Tódalas intervención graváronse en vídeo e montáronse xunto coas imaxes que se
proxectaban durante a charla para que estiveran accesibles na rede para todo o mundo.
Nos enlaces seguintes podes velos.
Pecha kucha boiro; Espacio invisible
Empresa Boirense que realiza proxectos de amoblamento en plano, analizando as posibilidades e
necesidades de cada estancia en fogares e locais comerciais. O propietario, Juancho Ares, estudou
na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Comezou cun
pequeno estudio que pronto converteuse no que hoxe é Espacio Invisible. Aínda que deseña todo
tipo de vivendas e establecementos comerciais, o que máis lle gusta é deseñar obxectos, por iso
está preparando unha colección de 12 pezas orixinais que expoñerá a nivel nacional e presentará
a concurso en feiras internacionais. Entende o deseño como a análise funcional de cada espazo
adaptado a cada persoa, a través dun traballo de investigación dende unha perspectiva orixinal e
única.
Pecha kucha Boiro: Conservas Lou
A fábrica está situada fronte á praia de Castiñeiras no municipio de Riveira.Tras máis de 100
anos de actividade en 1.993 realiza as melloras necesarias para á fabricación de conservas de
peixes e mariscos e pratos preparados de alta calidade e grande innovación. Iníciase entón a
fabricación de algas mariñas en conserva, realizando campañas de divulgación dada a
inexistencia dunha cultura gastronómica deste produto, hoxe xa afianzada en certos sectores da
alta hostalaría. Na mesma época iniciase tamén a fabricación de Caviar de ourizo e afumados en
conserva . Outra liña de produción foi a fabricación de produtos vexetais tales como as Castañas
asadas en xarope e as Estrugas ao natural, ambos produtos de grande innovación. A política a
seguir nun futuro, pasa pola fabricación destes produtos de maior valor engadido que a conserva
clásica, baseada nas materias primas e auxiliares autóctonas de alta calidade e a transformación
destas, e así posicionar no mercado produtos de grande innovación.
Pecha Kucha Boiro: Sargadelos
“Terras galegas elaboradas con ideas do noso tempo". Baixo este lema resúmese a identidade de
Sargadelos, dende que Antonio Raimundo Ibáñez puxera en marcha a principios do século XIX a
iniciativa de converter as ricas arxilas galegas en innovadoras louzas decoradas. Sería xa entrado
o século pasado cando Sargadelos culminara seu proxecto, engadindo ao caolín outra materia
prima propia: a cultura galega, renovando os motivos, as formas e os colores xenuínos. Con esas
mesmas terras, cultura e tradición de sempre, a empresa continúa puxando no mundo actual, con
novas ideas que conxugan un dos proxectos más vitais do noso tempo. A tenda situada en Boiro
inaugurouse o 20 de decembro do 2008 cunha exposición do artista galego Manuel Vázquez, que
iniciou súa traxectoria con Sargadelos. Con este novo espazo pretenden ser un referente cultural
para a difusión e dinamización da cultura na comarca do Barbanza
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Pecha Kucha Boiro: Rotogal
Empresa de capital galego, con sede en Boiro e con vocación internacional. Fundada no 2005,
están orgullosos de suministrar a nivel internacional produtos plásticos e solucións integrais de
concepción, deseño e fabricación en Rotomoldeo cos máis altos estándares de calidade. Entenden
o seu negocio dunha soa forma: ser os primeiros. Os primeiros en dar un paso cara a diante, os
primeiros en deseñar produtos e servizos de calidade, os primeiros en adoptar as mellores
prácticas e tecnoloxías produtivas, os primeiros en dar un servizo de confianza e facer as ideas
realidade.
Pecha Kucha Boiro: Sonaxe
É unha cooperativa de traballo asociado formada por catro persoas procedentes do mundo da
música. Os socios tiñan os seus propios grupos e eran profesores na Escola Municipal de Música. A
cooperativa xurdiu da necesidade da escola de música de ter unha xestora e na zona non existía
ningunha empresa que dera estes servizo. Este primeiro paso impulsounos a constituír a empresa
e dedicarse á produción e promoción musical. A cooperativa dáballes ademais a posibilidade de
poder xestionar os seus propios discos, polo que aproveitaron para poder editalos e traballar no
que lles gusta. Cada socio leva diferentes estilos de música, un deles toca música Jazz, outro
música funky, outro folk galego, e o cuarto encargase un pouco dos demais estilos de música e da
parte administrativa e organizativa. Tocan en bandas de música tradicional, de jazz ou dirixen a
Banda Municipal. Cando teñen un proxecto de gravación dun disco organízanse, dividen o
traballo (gravación, deseño, editora, etc.) e coordínanse para levar a cabo o proxecto en
conxunto. Aínda que só están nos comezos, xa sacaron tres discos, Enrique Paisal, Tevra y
Supersanwich, e editan, producen e promocionan os seus traballos musicais ou os de outros
grupos, crean selo discográfico e apoian e asesoran a outras persoas que se estean a iniciar na
música.
Pecha Kucha Boiro: Agalcari
Entidade que defende aos profesionais que se adican á construción de embarcacións de madeira
en Galicia, unha actividade artesanal dun alto valor ecolóxico, impregnada da máis profunda
sabedoría popular e que forma parte do patrimonio marítimo e cultural. Entenden que é
necesario poñer en marcha os mecanismos oportunos para corrixir as eivas que están supoñendo
un freo para un sector que, por outra banda, estase amosando como un elemento dinamizador
para o aproveitamento dos recursos económicos e, consecuentemente, para a creación de riqueza.
Cada vez ponse máis de manifesto que na acuicultura e na pesca artesanal, a construción naval
en madeira é un elemento a ter en conta na modernización e optimización da nosa flota de
baixura.
Pecha Kucha Boiro; Mix dos poñentes, público e presentador
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
DOSIER DE PRENSA
 La voz de Galicia
 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2012/03/25/emprendedores-
plantan-cara-crisis
novedosasiniciativas/0003_201203B25C2999.htm?utm_source=buscavoz&utm_mediu
m=buscavoz
 http://www.arousa-norte.es/blog-arousanorte/?p=5020
 https://arousanortemprego.wordpress.com/2012/02/08/xornada-pecha-kucha-en-
boiro/
 http://moreiras.blogaliza.org/2012/02/11/pecha-kucha-en-boiro/
 http://omixboiro.blogspot.com.es/2012/02/pecha-kucha-en-boiro.html
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
2º PECHA KUCHA BOIRO
Tralo éxito da primeira edición a ABE e o concello de Boiro apostamos por organizar unha
nova edición coa mesma temática que a primeira A INNOVACIÓN EMPRESARIAL ASOCIADA Á
CREATIVIDADE o evento tivo lugar o martes 30 de outubro no salón de actos da ABE e
participaron un grupo de empresas que destacan pola conxunción de innovación e
creatividade.
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
1. La Pelu. (http://www.lapeluamparofernandez.es/)
Fai máis de 20 anos que Amparo Fernández abriu o salón La Pelu, salón de perruquería e beleza
en Cabo de Cruz, Boiro.
Descubriu súa vocación con tan só 15 anos e dende entón non parou de formarse, adaptarse aos
tempos, compaxinando a atención a súa carteira de clientes coa asistencia a feiras, congresos e
cursos do panorama nacional e internacional.
Froito do seu empeño por mellorar foi súa participación nun bo número de certames españois,
logrando varios galardóns. Estes recoñecementos servíronlle como un novo impulso, aportándolle
máis seguridade á hora de crear e innovar, e de alí nacen súas colaboracións en producións
audiovisuais e con deseñadores de moda.
O éxito nestes campos lévana a crear súas propias coleccións, todas elas ocupando importantes
páxinas e incluso portadas nas máis coñecidas revistas profesionais como C&C Magazine, Coiffure,
Tocado, Peluquerías Hair Style, Fanpage Estética Moda Cabello, etc.
2. Paula Tubío. (http://agatamoscovita.blogspot.com.es/)
Psicóloga que desempeña a súa profesión principalmente no ámbito da formación e a inserción
sociolaboral. Compaxina esta dedicación co deseño e creación de complementos de moda dende
hai case un ano. Empezou sendo unha afección e estase a converter na súa actividade económica
principal. Baixo o nome "a gata moscovita" exhibe os seus traballos en feiras e salas de
exposicións e sobre todo a través da rede. Trátase de pezas artesanais elaboradas con materiais
do máis diverso e aposta, aínda que conta con diferentes coleccións, por poñer en valor elementos
propios da cultura tradicional galega a través da inclusión dos mesmos nas súas pezas.
3. Bioeurope. (http://bioeurope.es/)
Biotécnicas Aplicadas, S.L. (BioEurope) é unha empresa privada que desenvolve súa actividade
nos sectores agroalimentario, medioambiental e industrial.
No campo analítico BioEurope conta cun laboratorio acreditado dedicado ao control e mellora da
calidade no ámbito medioambiental e da industria alimentaria.
No campo industrial seu principal obxectivo é dar unha solución personalizada no tratamento de
efluentes industriais e no deseño de aplicacións que garantan as condicións sanitarias na
industria. O valo da empresa radica na conxunción da tecnoloxía e o coñecemento polo que
contan no seu departamento de I+D+i cunha moderna planta piloto capaz de simular todo tipo de
procesos de tratamento de augas que lles permite desenrolar novas aplicacións tecnolóxicas e
sistemas máis eficaces.
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
4. Habelas Hailas (http://www.habelashailaslicores.com/)
Empresa localizada en Noia adicada a fabricación artesanal e tradicional de licores que
posteriormente comercializan en toda España.
Os procesos de elaboración dos licores combinan á perfección a tradición e a modernidade.
Ofrecen un produto de gran calidade elaborado coa máxima dedicación e esmero tal e como o
fixeron os nosos antepasados.
Primeiro obteñen a augardente, base dos licores, froito dun coidadoso procedemento de
destilación. Despois, segundo a bebida a producir, inclúense os complementos de primeira
calidade (herbas, sementes, café, chocolate, limón,…) que lle darán forma aos licores.
5. Benboa. (http://www.benboa.com/)
Benboa é unha iniciativa empresarial que aposta pola implicación co territorio e a
sociedade. A través dunha estratexia ampla e transversal baseada na dinamización social e
cultural, na diversificación de actividades e no establecemento de sinerxias co sector pesqueiro
artesanal busca definir un proxecto respectuoso co medio ambiente e que achegue elementos
para o desenvolvemento de turismo e servizos sustentables, responsables e de calidade. Benboa
aposta polos valores culturais propios do territorio no que se asenta, pola posta en valor dos
oficios tradicionais e por achegar ferramentas de desenvolvemento a escala local que doten dun
valor engadido ao sector pesqueiro tradicional e aos produtos da zona a través da trazabilidade
das materias primas e o seguimento dos preceptos da Dieta Atlántica.
Benboa pon á disposición dos seus clientes:
Produtos gastronómicos: baseados na pesca e o marisqueo tradicional de proximidade, Benboa
elabora cociña tradicional galega que pode degustarse nas súas instalacións ou adquirirse en
tenda, por teléfono ou vía web.
Mercado-Restaurante: unha iniciativa pioneira en Galicia na que se conxuga o concepto de
mercado tradicional co da aposta pola innovación no servizo ao cliente. Diferentes postos os que
se poderán adquirir os produtos e elaboracións propios así como outros produtos galegos de
calidade contrastada que o cliente poderá desfrutar in situ, cunha cociña aberta e á vista dirixida
por un equipo profesional novo e cualificado, ou no seu propio domicilio.
Turismo Mariñeiro: Benboa ofrece diversas actividades relacionadas coa pesca artesanal
abertas a tódolos públicos. Desde saídas de pesca deportiva sustentable ao obradoiro “Cocina lo
que pescas”, pasando por actividades de educación ambiental, avistamento de aves e cetáceos,
roteiros guiados de sendeirismo, visitas ao Parque Natural, etc.
Formación: A Aula de Gastronomía de Benboa, ubicada nas súas instalacións no porto de
Corrubedo, ofrece unha programación permanente de obradoiros, catas, degustacións, charlas,
exposicións e debates que pretende achegar un valor engadido aos sectores gastronómico,
pesqueiro e agroalimentario locais.
Trátase dun espacio aberto, versátil e multifuncional que pretende servir de nexo entre o proxecto
empresarial e o sector gastronómico.
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
DOSIER DE PRENSA
− La Voz I
− La Voz II
− El Correo Gallego
− Cocina de color lila
− Wn.com
− Arousa Norte
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
3º PECHA KUCHA BOIRO
Co evento xa consolidado, o 20 de marzo de 2014 celebramos a terceira edición nesta ocasión no xa
reformado salón de actos da ABE.
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
Vídeo
Martín Codax. http://www.martincodax.com/es/
En 1986 nace Bodegas Martín Códax e toma por nome o do máis célebre trovador galego do
que aínda consérvanse súas cantigas, as más antigas do galaico-portugués, nas que cantase
ao amor e ao mar que baña nosas costas.
Dende entón, Bodegas Martín Códax creceu e evolucionou apoiando sempre á xente da terra e
súa cultura. Unha cultura que promove por máis de 40 países en todo o mundo.
Un proxecto que comezou coa ilusión e o esforzo dun grupo de viticultores e que hoxe en día é
unha realidade que converteu a Bodegas Martín Códax en emblema dos vinos galegos fora e
dentro das nosas fronteiras.
https://www.youtube.com/watch?v=jAm-hGd2Y3E
In9 eventos http://www.in9.es/
In9 Eventos, S.L. naceu como un servizo de catering para eventos e presentacións de diversa
índole.
Baixo o distintivo de DELEITARTE, escóndese a Gastronomía propia das Rías Baixas cun
conxunto de pratos, preparacións e costumes culinarias.
O seu obxectivo é fomentar o intercambio Cultural e Gastronómico de cada zona así como
perseguir a satisfacción dos clientes convertendo o seu traballo nun evento especial e
memorable.
É o deleite da vista, do tacto, do oído, do olfato, do gusto...
É satisfacción do cliente, é compromiso polas cosas ben feitas, é garantía de calidade dende o
principio asta o fin, é profesionalidade, é gastronomía, cultura...
Encargánse de fusionar, con orixinalidade e delicadeza, a cocina e outras formas de expresión
artísticas; un bo grupo de jazz, un monologuista, unha exposición fotográfica, un espectáculo
de danza contemporánea, un certame literario...
Apostan por unha observación constante do que ocorre no sector, por innovar tanto nos
produtos coma nos servizos e por unha infraestrutura moderna e versátil que permite a
flexibilidade necesaria para a realización de calquera tipo de evento.
En Deleitarte nada é imposible.
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
Vídeo
Vídeo
A Pousada das ánimas. http://www.apousadadasanimas.com/
En poucas palabras A Pousada é unha eclosión de arte, poesía, música, teatro, comedia e
entretemento.
O local é un museo etnográfico e un santuario para artistas, onde se programa calquera tipo
de expresión artística e sobre todo vangardista.
Cruzando dous metros encóntraste noutro mundo adicado á música en directo e
comprometido coa súa divulgación poñendo ao alcance de formacións tódolos medios
dispoñibles para elo.
https://www.youtube.com/watch?v=EXcfWAkA44g
Gabinete de arqueoloxía y xestión do patrimonio
http://www.empresas.mundo-r.com/gabinete_de_arqueoloxia/
Empresa de servizos arqueolóxicos e de xestión patrimonial
A empresa oferta unha cobertura total para todas as facetas da práctica arqueolóxica e
patrimonial, desenvolvendo todo tipo de actividades relacionadas co Patrimonio
Arqueolóxico, Etnográfico e Histórico-Artístico no territorio peninsular.
Dende o comezo da súa actividade, Gabinete de Arqueoloxía, ten realizado máis de 400
proxectos de intervención arqueolóxica e patrimonial.
https://www.youtube.com/watch?v=HWyxyYtklVQ
Elena Ferro
http://www.elenaferro.com/
Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da
marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, que traballan baixo a marca
eferro, poden manter vivo un oficio tradicional actualmente en extinción, facendo del un
modo de vida. Para elo, modificou o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha
necesidade básica converténdoa nunha peza adaptada ás tendencias actuais da moda. A
partir de madeira de ameneiro, coiro de potro e vaca curtido vexetal e engraxado e cromo
encerado, cravos, goma reciclada, grapas, chatolas...
Crean unha nova liña de zocos realizada con deseños e cores atrevidos acorde coas tendencias
da moda, inspirados na natureza e no mundo animal como os zocos ”voa mariquiña voa” que
foron galardoados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado
premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos, demostrando que a tradición e
a modernidade son perfectamente compatibles.
Os productos eferro atópanse principalmente en tendas y feiras especializadas, e van dende
calzado a todo tipo de complementos como bolsos, carteiras, moedeiros, cinturóns.... Os seus
zocos contan con diferentes tipos de tacóns e plataformas e libre elección en cor e peles...
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
DOSIER DE PRENSA
− La Voz I
− La Voz II
− La Voz III
− Correo Gallego
− Canal Rías Baixas
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
Moai
http://www.studiomoai.com/moai/
Filosofía, baseada no MOAI, estatuas de pedra monolítica de gran altura que
representan estraños personaxes. A historia destas espectaculares figuras, inspirou a
“Studio Moai” a desenvolver un proceso de traballo en 3 fases:
DESEÑO:
Proceso previo na procura dunha solución. En Studio Moai, deseñamos para crear, para
innovar, para cambiar.
PROXECTOS:
Buscamos respostas ás necesidades e finalizamos o proxecto cando obteñamos o
resultado desexado.
FABRICACIÓN:
Posto que un proxecto consiste en reunir varias ideas para levalas a cabo, fabricamos a
medida todo o que poidas imaxinar. Son os retos os que nos fan crecer.
Triwus
http://triwus.com/
Plataforma de creación web.
Empresa Boirense que ven de desenvolver un xestor de contidos web (CMS) para que
cada persoa poida construír a súa propia web de xeito fácil e intuitivo.
É destacable que unha empresa Boirense, con medios e programadores locais
desenvolva este tipo de tecnoloxía ao nivel de multinacionais como 1and1 ou arsys.
Ademais desta liña de negocio realizan creación web a medida e deseño corporativo
creando incluso paquetes combinados de produtos.
Arousa Norte: empresa, turismo e cultura
Arousa Norte leva traballando a estratexia turística da comarca moitos anos... O
TURISMO CULTURAL, PATRIMONIAL E PAISAXÍSTICO son liñas mestras desta
estratexia na que SEMPRE se tivo moi en conta a COLABORACIÓN CON EMPRESAS
locais. Un exemplo claro é a colaboración coas conserveiras, en concreto para este pk, a
colaboración con Luís Escurís Batalla, na ruta do mexillón, utilizando a fábrica como
lugar visitable ou co último proxecto desenvolvido, onde se tentaba mezclar deseño
gráfico e aportacións de artistas para poñer en valor aínda máis e a través do
packaging, os excelentes produtos derivados do mar que estas conserveiras enlatan e
distribúen por todo o mundo.
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
Biomega Natural Nutrients
http://bnnutrients.com/index.php
Biomega Natural Nutrients S.L. é unha empresa biotecnolóxica específicamente
deseñada para a obtención de aceite con alto contido en Omega 3 natural extraído en
frío. Isto significa que, grazas a sua avanzada tecnoloxía, non utiliza neste proceso
ningún disolvente químico nin altas temperaturas, que tanto comprometen a calidade
do produto final. Por elo o aceite final, que contén un alto contido en Omega 3, mantén
as propiedades naturais e a súa actividade biolóxica.
Ademais da extracción de aceite de Omega 3 de gran calidade e biodisponibilidade,
Biomega Natural Nutrients S.L. está especializada na elaboración de cápsulas de
xelatina branda, contando cun equipo de I+D encargado de desarrollar novas
formulacións de produtos tanto propios como para terceiros.
Gastromania
http://www.gastromaniarestaurante.es/
” A cociña tradicional Galega, as sobremesas e o trato familiar son nosa bandeira
e o impulso que nos anima día tras día a dar o mellor de nos”
Creemos na cociña que evoca recordos, creemos en que o traballo fala por sí mesmo,
estamos convencidos que as receitas tradicionais galegas son a nosa base, que
cociñamos para vos.
Por iso estamos convencidos de que as sobremesas son básicas, o trato familiar
primordial, a sencillez unha bandeira que lucir, que vale infinitamente máis un abrazo
que un me gusta nas redes sociais.
Estes son os valores que nos manteñen vivos.
Nacho Rodríguez é o cociñeiro e xerente desta proposta gastronómica foi nominado ao
mellor cociñeiro galego do ano, premio outorgado polo fórum gastronómico e La Voz
de Galicia.
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
Vermú Nordesía
Somos galegos, de nacemento e por convicción. Somos artesáns, por tradición e por
principios. Recolectamos produtos galegos de primeira calidade, traballamos
incansablemente buscando fórmulas que doten aos nosos brebaxes dunha
personalidade única, de un carácter nobre e sensible, atractivo e elegante.
A empresa Atlantic Galician Spirits acaba de realizar unha das operacións empresariais
mais importantes dos últimos tempos en Galicia vendendo ao grupo Osborne a súa
división de Xenebra, a coñecida NORDES.
Tras acadar o éxito internacional con este produto agora pretenden repetir o éxito co
vermú nordesía.
Reizentolo
http://www.reizentolo.es/es/
A historia comeza en 2003, cando tres xoves galegos recen licenciados crean unha
primeira líña de camisetas con deseños que mesturan a cultura popular de Galicia coa
estética do pop art anglosaxón e a cultura popular global. A idea era facer arte nun
formato asequible que chegara a todo tipo de xente, cun estilo sempre divertido e
cargado de ironía.
Ao principio ninguén vía viable a proposta, polo que comezaron a vender eles mesmos
por feiras, festas e festivais ata chegar a montar a súa primeira tenda en Pontevedra.
Pasada una década, estes produtos véndense en 6 tendas reizentolo en Galicia, nun
centenar de tendas multimarca en toda España e online.
A filosofía zentola pódese resumir en Galeguidade, Creatividade, Universalidade
Galeguidade, por ser Galicia o xermolo e o motor de todo o proxecto zentolo.
Creatividade, por sela creatividade a gasolina que fai arrancar e impregna cada traballo.
Universalidade, por tentar sempre que o traballo de reizentolo chegue ao maior
número de xente posible.
Pecha kucha Boiro
____________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Asociación Boirense de Empresarios
www.boiroaberto.com
www.facebook.com/boiroaberto
asociacion.abe@gmail.com
DOSIER DE PRENSA
 Canal rías Baixas
 Canal 27
 WN.com
 La Voz
 La Voz II
 Radio Voz
 Correo Gallego

More Related Content

Featured

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Pecha cucha dosier15

  • 1. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com PROXECTO DESENVOLTO POR ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS E DEPARTAMENTO DE CULTURA DO CONCELLO DE BOIRO
  • 2. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com A INNOVACIÓN EMPRESARIAL ASOCIADA Á CREATIVIDADE A ABE ven apostando nos últimos anos pola idea de que a conxunción entre cultura e empresa pode ser un aliado á hora de favorecer a creación de iniciativas empresariais sostibles e rentables. A nosa entidade ven colaborando dende hai anos nesta idea organizando foros e xornadas na que se exploraba como a creatividade pode ser un factor de innovación e crecemento empresarial. Coa organización deste evento titulado A INNOVACIÓN EMPRESARIAL ASOCIADA Á CREATIVIDADE pretendemos:  Por unha banda, amosar que a creatividade potencia a economía e o desenvolvemento local.  E por outra dar a coñecer ao tecido empresarial e cultural do Barbanza iniciativas emprendedoras que souberon conxugar INNOVACIÓN + CREATIVIDADE +CULTURA + EMPRESA. O obxectivo é que sirvan de referencia e aliciente para outras empresas e emprendedores a hora de iniciar unha aventura empresarial. ¿Qué é Pecha Kucha? Pecha Kucha é un espazo onde oradores de diversas disciplinas expoñen súas ideas e proxectos. Un evento que dende 2003 celebrouse en máis de 400 cidades de todo e que celebramos en Boiro a súa primeira edición en febreiro de 2012. Pecha Kucha diferenciase doutros eventos polo seu formato rápido de presentación baseado nunha simple idea: 20 imaxes x 20 segundos = 6 min 40 segundos para cada orador, cada participante propón 20 imaxes, que se proxectan durante 20 segundos cada unha, e sobre elas fai a súa presentación. Info xeral do formato Pecha Kucha: http://es.wikipedia.org/wiki/Pecha_Kucha http://www.pecha-kucha.org/ http://www.pecha-kucha.org/night/a-coruna/
  • 3. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com 1º PECHA KUCHA BOIRO Temática: “ A innovación empresarial asociada á creatividade” O 9 de febreiro de 2012 a ABE en colaboración co departamento de cultura do concello de Boiro organiza a 1ª edición na que participaron 6 empresas. O acto celebrouse no salón de actos da asociación e asistiron 80 persoas (empresarios, emprendedores, técnicos de concellos, representantes dos ámbitos político, cultural e social da comarca e amigos en xeral)
  • 4. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com Vídeo Vídeo Vídeo Os poñentes do 1º Pecha Kucha Tódalas intervención graváronse en vídeo e montáronse xunto coas imaxes que se proxectaban durante a charla para que estiveran accesibles na rede para todo o mundo. Nos enlaces seguintes podes velos. Pecha kucha boiro; Espacio invisible Empresa Boirense que realiza proxectos de amoblamento en plano, analizando as posibilidades e necesidades de cada estancia en fogares e locais comerciais. O propietario, Juancho Ares, estudou na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Comezou cun pequeno estudio que pronto converteuse no que hoxe é Espacio Invisible. Aínda que deseña todo tipo de vivendas e establecementos comerciais, o que máis lle gusta é deseñar obxectos, por iso está preparando unha colección de 12 pezas orixinais que expoñerá a nivel nacional e presentará a concurso en feiras internacionais. Entende o deseño como a análise funcional de cada espazo adaptado a cada persoa, a través dun traballo de investigación dende unha perspectiva orixinal e única. Pecha kucha Boiro: Conservas Lou A fábrica está situada fronte á praia de Castiñeiras no municipio de Riveira.Tras máis de 100 anos de actividade en 1.993 realiza as melloras necesarias para á fabricación de conservas de peixes e mariscos e pratos preparados de alta calidade e grande innovación. Iníciase entón a fabricación de algas mariñas en conserva, realizando campañas de divulgación dada a inexistencia dunha cultura gastronómica deste produto, hoxe xa afianzada en certos sectores da alta hostalaría. Na mesma época iniciase tamén a fabricación de Caviar de ourizo e afumados en conserva . Outra liña de produción foi a fabricación de produtos vexetais tales como as Castañas asadas en xarope e as Estrugas ao natural, ambos produtos de grande innovación. A política a seguir nun futuro, pasa pola fabricación destes produtos de maior valor engadido que a conserva clásica, baseada nas materias primas e auxiliares autóctonas de alta calidade e a transformación destas, e así posicionar no mercado produtos de grande innovación. Pecha Kucha Boiro: Sargadelos “Terras galegas elaboradas con ideas do noso tempo". Baixo este lema resúmese a identidade de Sargadelos, dende que Antonio Raimundo Ibáñez puxera en marcha a principios do século XIX a iniciativa de converter as ricas arxilas galegas en innovadoras louzas decoradas. Sería xa entrado o século pasado cando Sargadelos culminara seu proxecto, engadindo ao caolín outra materia prima propia: a cultura galega, renovando os motivos, as formas e os colores xenuínos. Con esas mesmas terras, cultura e tradición de sempre, a empresa continúa puxando no mundo actual, con novas ideas que conxugan un dos proxectos más vitais do noso tempo. A tenda situada en Boiro inaugurouse o 20 de decembro do 2008 cunha exposición do artista galego Manuel Vázquez, que iniciou súa traxectoria con Sargadelos. Con este novo espazo pretenden ser un referente cultural para a difusión e dinamización da cultura na comarca do Barbanza
  • 5. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com Vídeo Vídeo Vídeo Vídeo Pecha Kucha Boiro: Rotogal Empresa de capital galego, con sede en Boiro e con vocación internacional. Fundada no 2005, están orgullosos de suministrar a nivel internacional produtos plásticos e solucións integrais de concepción, deseño e fabricación en Rotomoldeo cos máis altos estándares de calidade. Entenden o seu negocio dunha soa forma: ser os primeiros. Os primeiros en dar un paso cara a diante, os primeiros en deseñar produtos e servizos de calidade, os primeiros en adoptar as mellores prácticas e tecnoloxías produtivas, os primeiros en dar un servizo de confianza e facer as ideas realidade. Pecha Kucha Boiro: Sonaxe É unha cooperativa de traballo asociado formada por catro persoas procedentes do mundo da música. Os socios tiñan os seus propios grupos e eran profesores na Escola Municipal de Música. A cooperativa xurdiu da necesidade da escola de música de ter unha xestora e na zona non existía ningunha empresa que dera estes servizo. Este primeiro paso impulsounos a constituír a empresa e dedicarse á produción e promoción musical. A cooperativa dáballes ademais a posibilidade de poder xestionar os seus propios discos, polo que aproveitaron para poder editalos e traballar no que lles gusta. Cada socio leva diferentes estilos de música, un deles toca música Jazz, outro música funky, outro folk galego, e o cuarto encargase un pouco dos demais estilos de música e da parte administrativa e organizativa. Tocan en bandas de música tradicional, de jazz ou dirixen a Banda Municipal. Cando teñen un proxecto de gravación dun disco organízanse, dividen o traballo (gravación, deseño, editora, etc.) e coordínanse para levar a cabo o proxecto en conxunto. Aínda que só están nos comezos, xa sacaron tres discos, Enrique Paisal, Tevra y Supersanwich, e editan, producen e promocionan os seus traballos musicais ou os de outros grupos, crean selo discográfico e apoian e asesoran a outras persoas que se estean a iniciar na música. Pecha Kucha Boiro: Agalcari Entidade que defende aos profesionais que se adican á construción de embarcacións de madeira en Galicia, unha actividade artesanal dun alto valor ecolóxico, impregnada da máis profunda sabedoría popular e que forma parte do patrimonio marítimo e cultural. Entenden que é necesario poñer en marcha os mecanismos oportunos para corrixir as eivas que están supoñendo un freo para un sector que, por outra banda, estase amosando como un elemento dinamizador para o aproveitamento dos recursos económicos e, consecuentemente, para a creación de riqueza. Cada vez ponse máis de manifesto que na acuicultura e na pesca artesanal, a construción naval en madeira é un elemento a ter en conta na modernización e optimización da nosa flota de baixura. Pecha Kucha Boiro; Mix dos poñentes, público e presentador
  • 6. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com DOSIER DE PRENSA  La voz de Galicia  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2012/03/25/emprendedores- plantan-cara-crisis novedosasiniciativas/0003_201203B25C2999.htm?utm_source=buscavoz&utm_mediu m=buscavoz  http://www.arousa-norte.es/blog-arousanorte/?p=5020  https://arousanortemprego.wordpress.com/2012/02/08/xornada-pecha-kucha-en- boiro/  http://moreiras.blogaliza.org/2012/02/11/pecha-kucha-en-boiro/  http://omixboiro.blogspot.com.es/2012/02/pecha-kucha-en-boiro.html
  • 7. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com 2º PECHA KUCHA BOIRO Tralo éxito da primeira edición a ABE e o concello de Boiro apostamos por organizar unha nova edición coa mesma temática que a primeira A INNOVACIÓN EMPRESARIAL ASOCIADA Á CREATIVIDADE o evento tivo lugar o martes 30 de outubro no salón de actos da ABE e participaron un grupo de empresas que destacan pola conxunción de innovación e creatividade.
  • 8. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com 1. La Pelu. (http://www.lapeluamparofernandez.es/) Fai máis de 20 anos que Amparo Fernández abriu o salón La Pelu, salón de perruquería e beleza en Cabo de Cruz, Boiro. Descubriu súa vocación con tan só 15 anos e dende entón non parou de formarse, adaptarse aos tempos, compaxinando a atención a súa carteira de clientes coa asistencia a feiras, congresos e cursos do panorama nacional e internacional. Froito do seu empeño por mellorar foi súa participación nun bo número de certames españois, logrando varios galardóns. Estes recoñecementos servíronlle como un novo impulso, aportándolle máis seguridade á hora de crear e innovar, e de alí nacen súas colaboracións en producións audiovisuais e con deseñadores de moda. O éxito nestes campos lévana a crear súas propias coleccións, todas elas ocupando importantes páxinas e incluso portadas nas máis coñecidas revistas profesionais como C&C Magazine, Coiffure, Tocado, Peluquerías Hair Style, Fanpage Estética Moda Cabello, etc. 2. Paula Tubío. (http://agatamoscovita.blogspot.com.es/) Psicóloga que desempeña a súa profesión principalmente no ámbito da formación e a inserción sociolaboral. Compaxina esta dedicación co deseño e creación de complementos de moda dende hai case un ano. Empezou sendo unha afección e estase a converter na súa actividade económica principal. Baixo o nome "a gata moscovita" exhibe os seus traballos en feiras e salas de exposicións e sobre todo a través da rede. Trátase de pezas artesanais elaboradas con materiais do máis diverso e aposta, aínda que conta con diferentes coleccións, por poñer en valor elementos propios da cultura tradicional galega a través da inclusión dos mesmos nas súas pezas. 3. Bioeurope. (http://bioeurope.es/) Biotécnicas Aplicadas, S.L. (BioEurope) é unha empresa privada que desenvolve súa actividade nos sectores agroalimentario, medioambiental e industrial. No campo analítico BioEurope conta cun laboratorio acreditado dedicado ao control e mellora da calidade no ámbito medioambiental e da industria alimentaria. No campo industrial seu principal obxectivo é dar unha solución personalizada no tratamento de efluentes industriais e no deseño de aplicacións que garantan as condicións sanitarias na industria. O valo da empresa radica na conxunción da tecnoloxía e o coñecemento polo que contan no seu departamento de I+D+i cunha moderna planta piloto capaz de simular todo tipo de procesos de tratamento de augas que lles permite desenrolar novas aplicacións tecnolóxicas e sistemas máis eficaces.
  • 9. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com 4. Habelas Hailas (http://www.habelashailaslicores.com/) Empresa localizada en Noia adicada a fabricación artesanal e tradicional de licores que posteriormente comercializan en toda España. Os procesos de elaboración dos licores combinan á perfección a tradición e a modernidade. Ofrecen un produto de gran calidade elaborado coa máxima dedicación e esmero tal e como o fixeron os nosos antepasados. Primeiro obteñen a augardente, base dos licores, froito dun coidadoso procedemento de destilación. Despois, segundo a bebida a producir, inclúense os complementos de primeira calidade (herbas, sementes, café, chocolate, limón,…) que lle darán forma aos licores. 5. Benboa. (http://www.benboa.com/) Benboa é unha iniciativa empresarial que aposta pola implicación co territorio e a sociedade. A través dunha estratexia ampla e transversal baseada na dinamización social e cultural, na diversificación de actividades e no establecemento de sinerxias co sector pesqueiro artesanal busca definir un proxecto respectuoso co medio ambiente e que achegue elementos para o desenvolvemento de turismo e servizos sustentables, responsables e de calidade. Benboa aposta polos valores culturais propios do territorio no que se asenta, pola posta en valor dos oficios tradicionais e por achegar ferramentas de desenvolvemento a escala local que doten dun valor engadido ao sector pesqueiro tradicional e aos produtos da zona a través da trazabilidade das materias primas e o seguimento dos preceptos da Dieta Atlántica. Benboa pon á disposición dos seus clientes: Produtos gastronómicos: baseados na pesca e o marisqueo tradicional de proximidade, Benboa elabora cociña tradicional galega que pode degustarse nas súas instalacións ou adquirirse en tenda, por teléfono ou vía web. Mercado-Restaurante: unha iniciativa pioneira en Galicia na que se conxuga o concepto de mercado tradicional co da aposta pola innovación no servizo ao cliente. Diferentes postos os que se poderán adquirir os produtos e elaboracións propios así como outros produtos galegos de calidade contrastada que o cliente poderá desfrutar in situ, cunha cociña aberta e á vista dirixida por un equipo profesional novo e cualificado, ou no seu propio domicilio. Turismo Mariñeiro: Benboa ofrece diversas actividades relacionadas coa pesca artesanal abertas a tódolos públicos. Desde saídas de pesca deportiva sustentable ao obradoiro “Cocina lo que pescas”, pasando por actividades de educación ambiental, avistamento de aves e cetáceos, roteiros guiados de sendeirismo, visitas ao Parque Natural, etc. Formación: A Aula de Gastronomía de Benboa, ubicada nas súas instalacións no porto de Corrubedo, ofrece unha programación permanente de obradoiros, catas, degustacións, charlas, exposicións e debates que pretende achegar un valor engadido aos sectores gastronómico, pesqueiro e agroalimentario locais. Trátase dun espacio aberto, versátil e multifuncional que pretende servir de nexo entre o proxecto empresarial e o sector gastronómico.
  • 10. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com DOSIER DE PRENSA − La Voz I − La Voz II − El Correo Gallego − Cocina de color lila − Wn.com − Arousa Norte
  • 11. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com 3º PECHA KUCHA BOIRO Co evento xa consolidado, o 20 de marzo de 2014 celebramos a terceira edición nesta ocasión no xa reformado salón de actos da ABE.
  • 12. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com Vídeo Martín Codax. http://www.martincodax.com/es/ En 1986 nace Bodegas Martín Códax e toma por nome o do máis célebre trovador galego do que aínda consérvanse súas cantigas, as más antigas do galaico-portugués, nas que cantase ao amor e ao mar que baña nosas costas. Dende entón, Bodegas Martín Códax creceu e evolucionou apoiando sempre á xente da terra e súa cultura. Unha cultura que promove por máis de 40 países en todo o mundo. Un proxecto que comezou coa ilusión e o esforzo dun grupo de viticultores e que hoxe en día é unha realidade que converteu a Bodegas Martín Códax en emblema dos vinos galegos fora e dentro das nosas fronteiras. https://www.youtube.com/watch?v=jAm-hGd2Y3E In9 eventos http://www.in9.es/ In9 Eventos, S.L. naceu como un servizo de catering para eventos e presentacións de diversa índole. Baixo o distintivo de DELEITARTE, escóndese a Gastronomía propia das Rías Baixas cun conxunto de pratos, preparacións e costumes culinarias. O seu obxectivo é fomentar o intercambio Cultural e Gastronómico de cada zona así como perseguir a satisfacción dos clientes convertendo o seu traballo nun evento especial e memorable. É o deleite da vista, do tacto, do oído, do olfato, do gusto... É satisfacción do cliente, é compromiso polas cosas ben feitas, é garantía de calidade dende o principio asta o fin, é profesionalidade, é gastronomía, cultura... Encargánse de fusionar, con orixinalidade e delicadeza, a cocina e outras formas de expresión artísticas; un bo grupo de jazz, un monologuista, unha exposición fotográfica, un espectáculo de danza contemporánea, un certame literario... Apostan por unha observación constante do que ocorre no sector, por innovar tanto nos produtos coma nos servizos e por unha infraestrutura moderna e versátil que permite a flexibilidade necesaria para a realización de calquera tipo de evento. En Deleitarte nada é imposible.
  • 13. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com Vídeo Vídeo A Pousada das ánimas. http://www.apousadadasanimas.com/ En poucas palabras A Pousada é unha eclosión de arte, poesía, música, teatro, comedia e entretemento. O local é un museo etnográfico e un santuario para artistas, onde se programa calquera tipo de expresión artística e sobre todo vangardista. Cruzando dous metros encóntraste noutro mundo adicado á música en directo e comprometido coa súa divulgación poñendo ao alcance de formacións tódolos medios dispoñibles para elo. https://www.youtube.com/watch?v=EXcfWAkA44g Gabinete de arqueoloxía y xestión do patrimonio http://www.empresas.mundo-r.com/gabinete_de_arqueoloxia/ Empresa de servizos arqueolóxicos e de xestión patrimonial A empresa oferta unha cobertura total para todas as facetas da práctica arqueolóxica e patrimonial, desenvolvendo todo tipo de actividades relacionadas co Patrimonio Arqueolóxico, Etnográfico e Histórico-Artístico no territorio peninsular. Dende o comezo da súa actividade, Gabinete de Arqueoloxía, ten realizado máis de 400 proxectos de intervención arqueolóxica e patrimonial. https://www.youtube.com/watch?v=HWyxyYtklVQ Elena Ferro http://www.elenaferro.com/ Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, que traballan baixo a marca eferro, poden manter vivo un oficio tradicional actualmente en extinción, facendo del un modo de vida. Para elo, modificou o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica converténdoa nunha peza adaptada ás tendencias actuais da moda. A partir de madeira de ameneiro, coiro de potro e vaca curtido vexetal e engraxado e cromo encerado, cravos, goma reciclada, grapas, chatolas... Crean unha nova liña de zocos realizada con deseños e cores atrevidos acorde coas tendencias da moda, inspirados na natureza e no mundo animal como os zocos ”voa mariquiña voa” que foron galardoados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos, demostrando que a tradición e a modernidade son perfectamente compatibles. Os productos eferro atópanse principalmente en tendas y feiras especializadas, e van dende calzado a todo tipo de complementos como bolsos, carteiras, moedeiros, cinturóns.... Os seus zocos contan con diferentes tipos de tacóns e plataformas e libre elección en cor e peles...
  • 14. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com DOSIER DE PRENSA − La Voz I − La Voz II − La Voz III − Correo Gallego − Canal Rías Baixas
  • 16. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com Moai http://www.studiomoai.com/moai/ Filosofía, baseada no MOAI, estatuas de pedra monolítica de gran altura que representan estraños personaxes. A historia destas espectaculares figuras, inspirou a “Studio Moai” a desenvolver un proceso de traballo en 3 fases: DESEÑO: Proceso previo na procura dunha solución. En Studio Moai, deseñamos para crear, para innovar, para cambiar. PROXECTOS: Buscamos respostas ás necesidades e finalizamos o proxecto cando obteñamos o resultado desexado. FABRICACIÓN: Posto que un proxecto consiste en reunir varias ideas para levalas a cabo, fabricamos a medida todo o que poidas imaxinar. Son os retos os que nos fan crecer. Triwus http://triwus.com/ Plataforma de creación web. Empresa Boirense que ven de desenvolver un xestor de contidos web (CMS) para que cada persoa poida construír a súa propia web de xeito fácil e intuitivo. É destacable que unha empresa Boirense, con medios e programadores locais desenvolva este tipo de tecnoloxía ao nivel de multinacionais como 1and1 ou arsys. Ademais desta liña de negocio realizan creación web a medida e deseño corporativo creando incluso paquetes combinados de produtos. Arousa Norte: empresa, turismo e cultura Arousa Norte leva traballando a estratexia turística da comarca moitos anos... O TURISMO CULTURAL, PATRIMONIAL E PAISAXÍSTICO son liñas mestras desta estratexia na que SEMPRE se tivo moi en conta a COLABORACIÓN CON EMPRESAS locais. Un exemplo claro é a colaboración coas conserveiras, en concreto para este pk, a colaboración con Luís Escurís Batalla, na ruta do mexillón, utilizando a fábrica como lugar visitable ou co último proxecto desenvolvido, onde se tentaba mezclar deseño gráfico e aportacións de artistas para poñer en valor aínda máis e a través do packaging, os excelentes produtos derivados do mar que estas conserveiras enlatan e distribúen por todo o mundo.
  • 17. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com Biomega Natural Nutrients http://bnnutrients.com/index.php Biomega Natural Nutrients S.L. é unha empresa biotecnolóxica específicamente deseñada para a obtención de aceite con alto contido en Omega 3 natural extraído en frío. Isto significa que, grazas a sua avanzada tecnoloxía, non utiliza neste proceso ningún disolvente químico nin altas temperaturas, que tanto comprometen a calidade do produto final. Por elo o aceite final, que contén un alto contido en Omega 3, mantén as propiedades naturais e a súa actividade biolóxica. Ademais da extracción de aceite de Omega 3 de gran calidade e biodisponibilidade, Biomega Natural Nutrients S.L. está especializada na elaboración de cápsulas de xelatina branda, contando cun equipo de I+D encargado de desarrollar novas formulacións de produtos tanto propios como para terceiros. Gastromania http://www.gastromaniarestaurante.es/ ” A cociña tradicional Galega, as sobremesas e o trato familiar son nosa bandeira e o impulso que nos anima día tras día a dar o mellor de nos” Creemos na cociña que evoca recordos, creemos en que o traballo fala por sí mesmo, estamos convencidos que as receitas tradicionais galegas son a nosa base, que cociñamos para vos. Por iso estamos convencidos de que as sobremesas son básicas, o trato familiar primordial, a sencillez unha bandeira que lucir, que vale infinitamente máis un abrazo que un me gusta nas redes sociais. Estes son os valores que nos manteñen vivos. Nacho Rodríguez é o cociñeiro e xerente desta proposta gastronómica foi nominado ao mellor cociñeiro galego do ano, premio outorgado polo fórum gastronómico e La Voz de Galicia.
  • 18. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com Vermú Nordesía Somos galegos, de nacemento e por convicción. Somos artesáns, por tradición e por principios. Recolectamos produtos galegos de primeira calidade, traballamos incansablemente buscando fórmulas que doten aos nosos brebaxes dunha personalidade única, de un carácter nobre e sensible, atractivo e elegante. A empresa Atlantic Galician Spirits acaba de realizar unha das operacións empresariais mais importantes dos últimos tempos en Galicia vendendo ao grupo Osborne a súa división de Xenebra, a coñecida NORDES. Tras acadar o éxito internacional con este produto agora pretenden repetir o éxito co vermú nordesía. Reizentolo http://www.reizentolo.es/es/ A historia comeza en 2003, cando tres xoves galegos recen licenciados crean unha primeira líña de camisetas con deseños que mesturan a cultura popular de Galicia coa estética do pop art anglosaxón e a cultura popular global. A idea era facer arte nun formato asequible que chegara a todo tipo de xente, cun estilo sempre divertido e cargado de ironía. Ao principio ninguén vía viable a proposta, polo que comezaron a vender eles mesmos por feiras, festas e festivais ata chegar a montar a súa primeira tenda en Pontevedra. Pasada una década, estes produtos véndense en 6 tendas reizentolo en Galicia, nun centenar de tendas multimarca en toda España e online. A filosofía zentola pódese resumir en Galeguidade, Creatividade, Universalidade Galeguidade, por ser Galicia o xermolo e o motor de todo o proxecto zentolo. Creatividade, por sela creatividade a gasolina que fai arrancar e impregna cada traballo. Universalidade, por tentar sempre que o traballo de reizentolo chegue ao maior número de xente posible.
  • 19. Pecha kucha Boiro ____________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________________ Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com www.facebook.com/boiroaberto asociacion.abe@gmail.com DOSIER DE PRENSA  Canal rías Baixas  Canal 27  WN.com  La Voz  La Voz II  Radio Voz  Correo Gallego