SlideShare a Scribd company logo
1 of 34
SE PODES VER , OLLA;
SE PODES OLLAR, REPARA
Paso a paso pola Compostela dos Camiños,
reparamos nos nomes das rúas e dos barrios. E
decidimos pescudar na orixe deses nomes,
algúns ben curiosos.
CAMIÑO FRANCÉS
RÚA DOS CONCHEIROS
Chegamos á RÚA DOS CONCHEIROS, que dá entrada ao núcleo urbano
de Santiago. O nome lembra a actividade artesanal á que dá orixe a
peregrinación. Nesta rúa estaban as tendas dos concheiros, artesáns
que se dedicaban á fabricación de cunchas que servían de insignias
aos que acadan a meta da súa peregrinación.
RÚA DE SAN PEDRO
Continuando camiño, entramos na RÚA DE SAN PEDRO,
que se formou en torno á igrexa do mesmo nome
levantada no século XI e denominada de fóra por estar
extramuros.
PORTA DO CAMIÑO
A rúa de San Pedro remata na PORTA DO CAMIÑO, nome
que evoca a existencia dunha muralla na cidade. Por esta
porta, entraban os maiores continxentes de peregrinos
chegados de diversos puntos de Europa: de aí o seu nome.
RÚA DAS CASAS REAIS
Xa estamos intramuros, na RÚA CASAS
REAIS. Na Idade Media, en tempos dos
RRCC, había neste lugar unhas "Casas
Reais", que acollían a institución do
gobernador e os xustizas reais e acabaron
dando nome a esta zona da cidade. Antes,
chamouse rúa do Camiño ou Francíxena.
PRAZA DE CERVANTES
Xiramos un pouco á esquerda e chegamos á actual PRAZA DE
CERVANTES, en cuxo centro se levanta unha fonte coroada por un
busto do escritor. Mais non é este o nome orixinal do lugar, senón o
de PRAZA DO CAMPO, lugar de mercado e un dos núcleos principais
da cidade.
Na recta final da peregrinación baixamos pola Acibechería, onde coincidimos
cos/as que veñen facendo o camiño dos ingleses. Agora continuaremos xuntos.
Aquí se establecían os artesáns do acibeche para atraer a atención dos
peregrinos que percorrían este camiño.
´RÚA DA ACIBECHERÍA
PRAZA DO OBRADOIRO
Por fin, a PRAZA DO OBRADOIRO, fin do Camiño!
Un obradoiro de canteiros que traballaban na
construción da fachada barroca da Catedral, que
domina a praza, parece ser a orixe do nome.
Aquí, á praza do Obradoiro, chegamos canda os compañeiros e compañeiras
que viñan polo CAMIÑO INGLÉS, e a eles/as cedemos a palabra.
PRAZA DO OBRADOIRO
CAMIÑO INGLÉS
O noso roteiro por Compostela comeza en San Caetano, rúa
e barrio que leva este nome pola ermida que, en
advocación a este santo, foi alí construída.
RÚA DE SAN CAETANO
RÚA DA PASTORIZA
Ao pouco da nosa entrada no núcleo urbano de Santiago,
pasamos por diante, dunha capela, a Nosa Señora da
Pastoriza, de onde procede a designación desta Rúa da
Pastoriza.
RÚA DOS BASQUIÑOS
Proseguimos o noso camiño sen deixar de nos fixar nos carteis que nos
din como se chama a rúa na que estamos. Aquí pon TRAVESA DOS
BASQUIÑOS, un nome ben curioso, por certo, polo que nos sentimos
inclinados a pescudar a súa orixe. E soubemos que se chama así por ser
o lugar onde fixaron a súa residencia os inmigrantes bascos que se
estableceron en Compostela.
RÚA DE SANTA CLARA
Sen desviármonos aínda do camiño, pasamos por diante dun
convento, o das clarisas, fundado e impulsado por dona Violante,
muller de Afonso X e o primeiro que esta orde tivo en Galicia. SANTA
CLARA é o nome da rúa.
RÚA DOS LOUREIROS
Tomamos agora polo máis baixo dos dous
camiños da bifurcación e deixamos á nosa
dereita o Convento do Carme, sito no
CAMPO DO CARME. Proseguimos pola
RÚA DOS LOUREIROS, onde aínda se
poden achar algunhas das árbores que lle
deron nome á rúa.
RÚA DA PORTA DA PENA
Xa estamos intramuros, e acabamos de cruzar a PORTA DA PENA,
único resto no lugar da porta da muralla, hoxe desaparecida, que rodeaba
Santiago e que daba acceso aos peregrinos de Inglaterra e Flandes.
RÚA DA FONTE DE SAN MIGUEL
Pouco falta para chegar á fin do noso camiñar, pois xa nos atopamos na
RÚA DA FONTE DE SAN MIGUEL, que toma o seu nome dunha
das boas fontes de auga doce das que dispoñía Compostela.
RÚA DE ABRIL ARES
Rapidamente estamos na RÚA DO DOUTOR ABRIL ARES, da que sabemos,
grazas a persoas orixinarias de Compostela, que antes se chamou
RÚA DOS BRILLARES. Non chegamos a saber a razón deste cambio de denominación.
RÚA DA TROIA
A nosa ruta estréitase e accedemos á
RÚA DA TROIA, onde, por certo,
aínda se conserva a que é,
probablemente, a casa máis antiga
da cidade, e en cuxos muros pode
lerse unha inscrición que fala dos
seus posuidores. Troia parece
proceder de TUROBRIGA, topónimo
celta que significa “cidade forte”.
RÚA DA ACIBECHERÍA
Continuamos e é realmente estreita a rúa cando desemboca na
ACIBECHERÍA, onde o noso camiño deixa de ser o noso. Aquí
andaremos xuntos con quen vén facendo o Camiño Francés. E, ao
chegar á Praza do Obradoiro, vemos como tamén o fan os e as que
percorreron o Camiño Inglés
CAMIÑO PORTUGUÉS
CONXO
O camiño portugués pasa por
este barrio de estraño nome que
xurdiu arredor do convento, e
cuxa orixe hai que buscala nunha
lenda que conta que un
peregrino, apelidado Canogio, foi
asasinado neste lugar, xa case ás
portas da cidade. A súa
prometida, Rosuida, ao ter
coñecemento do lugar exacto no
que falecera o seu amor,
mandou levantar o convento de
Santa María de Canogio, que, co
tempo, acabaría sendo Santa
María de Conxo; e de aí a
denominación da zona.
A denominación ROCHA FORTE para esta zona fai referencia a unha rocha
sobre a que houbo unha torre defensiva e ten o valor semántico de fortaleza.
Neste topónimo, hai un cambio de significado do termo rocha, que adquire o
valor de fortaleza ou castelo; e aquí levantouse o castelo da Rocha Forte,
hoxe en ruínas. Por esta zona, pasa o CAMIÑO PORTUGUÉS.
ROCHA FORTE
. Estamos na POZA REAL, nome que pode conducir a equívocos, pois REAL, probablemente,
no ten un significado relacionable coa palabra rei, senón que procede da voz latina RIGALE,
derivada de RIGUUS, “rego”, en referencia a unha pequena corrente de auga. Esta rúa
pertence á Rocha Vella pola que pasa o CAMIÑO PORTUGUÉS
RÚA DA POZA REAL
PONTE VELLA
Cruzamos a PONTE VELLA, construción situada sobre o río Sar
en Laraño. Está realizada en cantaría e cachota e presenta un
único van, formado por un arco de medio punto con rasante
horizontal. E falando do RÍO SAR, e tamén do Sarela, entre os
que está Compostela, temos que remontarnos á época
prerromana para atopar a orixe destes topónimos: o
precéltico SAR, “corrente de auga”.
RÚA DA PORTA FAXEIRA
Tras percorrer un bo treito por rúas cheas de coches chegamos á PORTA
FAXEIRA, e penetramos na cidade medieval. Xa queda pouco para
rematarmos o noso camiño. Aquí estaba ubicada unha das portas da
desaparecida muralla medieval e o seu nome parece ser debido á
existencia de faias, FAGUS en latín, na zona.
RÚA DO FRANCO
Recta final pola RÚA DO FRANCO. Cando percorramos esta rúa,
entraremos no final da nosa peregrinaxe; atoparemos alí os compañeiros e
compañeiras que están facendo outros camiños? Para buscar a orixe do
nome desta rúa hai que retrotraerse á época medieval, cando nela se
asentan taberneiros e pousadeiros de procedencia francesa para atender a
peregrinos e visitantes da cidade.
CAMIÑO DA FIN DA TERRA
Xa no Obradoiro, decidimos continuar até o FINIS TERRAE, agora xa xuntos. E
para iso baixamos pola RÚA DAS HORTAS, que, na Idade Media era unha zona
sementada de hortas propiedade dos veciños e do Cabido compostelán.
RÚA DO CAMPO DAS HORTAS
Continuamos pola RÚA DO CRUCEIRO DO GAIO, que debe o seu nome á
existencia nela dun cruceiro, hoxe ubicado máis arriba, na entrada da
Alameda desde a rúa do Campo do Cruceiro. É unha ofrenda feita en 1679 por
un matrimonio devoto.
RÚA DO CRUCEIRO DO GAIO
RÚA DA POZA DE BAR
Nos arrabaldes de Santiago, percorremos a RÚA DA POZA DE BAR,
situada na depresión do río Sarela. A denominación desta zona
subministraría unha tautoloxía co significado dobre de poza ou depresión ,
o que se corresponde coa realidade do lugar, pois bar ten o sentido de “
depresión, costa, desnivel”.
AUTORAS/ES:
3º ESO A
María Alcaraz Pérez.
Lúa Barba Iglesias.
Uxía Castro Fondo.
Carla Somoza Pallas.
3º ESO B
Rayanne Mabilly Alves-Almeida Chavier.
Paula Nagore Carrillo Costa.
Ariadna Gil Rial.
Mencía Hermida García.
Zulema María Losada Ares.
Alba Marzoa Viqueira.
Victoría María Parga Iglesias.
Tamara Rodríguez Márquez.
Marta Sanabria Gago.
Martín Veiga Pena.
BIBLIOGRAFÍA
-Concello de Santiago de Compostela (ed.), Callejero de la ciudad de Santiago de
Compostela, Santiago, 1979.
-Portela Silva, Ermelindo (coo.), Historia de la ciudad de Santiago de Compostela,
Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, Santiago, 2003.
-Rodríguez González, A. e Varela Jácome, B., Santiago de Compostela, Editorial Everest, S.A.,
León, 1991.
-VVAA, Guías fotográficas. Santiago de Compostela, Susaeta Ediciones, S.A., Madrid, 2009.
-VVAA, Santiago de Compostela en el bolsillo, Santillana Ediciones Generales, S.L., Madrid,
2007.
-http://www.santiagoturismo.com/
-www.compostelavirtual.com
-www.xunta.es/dog/publicados/
-www.compostelaintegra.org
-sanpedro.wordpress.com
-caminodesantiago.consumer.es
-www.ruc.udc.es

More Related Content

Similar to Se podes ver, olla; se podes ollar, repara

Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portasOurense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portasvictorefisica1
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
Camiño de santiago adaptación
Camiño de santiago adaptaciónCamiño de santiago adaptación
Camiño de santiago adaptaciónserpenvirens
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 
Prazas Xadrez
Prazas XadrezPrazas Xadrez
Prazas Xadrezgalefas
 
Carballo e a súa comarca
Carballo e a súa comarcaCarballo e a súa comarca
Carballo e a súa comarcaCCP CP
 
Concello de Arzúa
Concello de ArzúaConcello de Arzúa
Concello de Arzúasiil_
 
Datos ourense medieval
Datos ourense medievalDatos ourense medieval
Datos ourense medievalvictorefisica1
 
Traballo san andres
Traballo san andresTraballo san andres
Traballo san andresraul_tova
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastoraiesasorey
 
A catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de CompostelaA catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostelabcode
 

Similar to Se podes ver, olla; se podes ollar, repara (20)

Traballo De Sociales
Traballo De SocialesTraballo De Sociales
Traballo De Sociales
 
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portasOurense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
Ourense Medieval. Prazas, rúas, murallas e portas
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Camiño de santiago adaptación
Camiño de santiago adaptaciónCamiño de santiago adaptación
Camiño de santiago adaptación
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 
Prazas Xadrez
Prazas XadrezPrazas Xadrez
Prazas Xadrez
 
Carballo e a súa comarca
Carballo e a súa comarcaCarballo e a súa comarca
Carballo e a súa comarca
 
Concello de Arzúa
Concello de ArzúaConcello de Arzúa
Concello de Arzúa
 
Datos ourense medieval
Datos ourense medievalDatos ourense medieval
Datos ourense medieval
 
Traballo san andres
Traballo san andresTraballo san andres
Traballo san andres
 
Camiño de Santiago
 Camiño de Santiago Camiño de Santiago
Camiño de Santiago
 
Xabier parga
Xabier pargaXabier parga
Xabier parga
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
A catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de CompostelaA catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 

Se podes ver, olla; se podes ollar, repara

  • 1. SE PODES VER , OLLA; SE PODES OLLAR, REPARA Paso a paso pola Compostela dos Camiños, reparamos nos nomes das rúas e dos barrios. E decidimos pescudar na orixe deses nomes, algúns ben curiosos.
  • 3. RÚA DOS CONCHEIROS Chegamos á RÚA DOS CONCHEIROS, que dá entrada ao núcleo urbano de Santiago. O nome lembra a actividade artesanal á que dá orixe a peregrinación. Nesta rúa estaban as tendas dos concheiros, artesáns que se dedicaban á fabricación de cunchas que servían de insignias aos que acadan a meta da súa peregrinación.
  • 4. RÚA DE SAN PEDRO Continuando camiño, entramos na RÚA DE SAN PEDRO, que se formou en torno á igrexa do mesmo nome levantada no século XI e denominada de fóra por estar extramuros.
  • 5. PORTA DO CAMIÑO A rúa de San Pedro remata na PORTA DO CAMIÑO, nome que evoca a existencia dunha muralla na cidade. Por esta porta, entraban os maiores continxentes de peregrinos chegados de diversos puntos de Europa: de aí o seu nome.
  • 6. RÚA DAS CASAS REAIS Xa estamos intramuros, na RÚA CASAS REAIS. Na Idade Media, en tempos dos RRCC, había neste lugar unhas "Casas Reais", que acollían a institución do gobernador e os xustizas reais e acabaron dando nome a esta zona da cidade. Antes, chamouse rúa do Camiño ou Francíxena.
  • 7. PRAZA DE CERVANTES Xiramos un pouco á esquerda e chegamos á actual PRAZA DE CERVANTES, en cuxo centro se levanta unha fonte coroada por un busto do escritor. Mais non é este o nome orixinal do lugar, senón o de PRAZA DO CAMPO, lugar de mercado e un dos núcleos principais da cidade.
  • 8. Na recta final da peregrinación baixamos pola Acibechería, onde coincidimos cos/as que veñen facendo o camiño dos ingleses. Agora continuaremos xuntos. Aquí se establecían os artesáns do acibeche para atraer a atención dos peregrinos que percorrían este camiño. ´RÚA DA ACIBECHERÍA
  • 9. PRAZA DO OBRADOIRO Por fin, a PRAZA DO OBRADOIRO, fin do Camiño! Un obradoiro de canteiros que traballaban na construción da fachada barroca da Catedral, que domina a praza, parece ser a orixe do nome.
  • 10. Aquí, á praza do Obradoiro, chegamos canda os compañeiros e compañeiras que viñan polo CAMIÑO INGLÉS, e a eles/as cedemos a palabra. PRAZA DO OBRADOIRO
  • 12. O noso roteiro por Compostela comeza en San Caetano, rúa e barrio que leva este nome pola ermida que, en advocación a este santo, foi alí construída. RÚA DE SAN CAETANO
  • 13. RÚA DA PASTORIZA Ao pouco da nosa entrada no núcleo urbano de Santiago, pasamos por diante, dunha capela, a Nosa Señora da Pastoriza, de onde procede a designación desta Rúa da Pastoriza.
  • 14. RÚA DOS BASQUIÑOS Proseguimos o noso camiño sen deixar de nos fixar nos carteis que nos din como se chama a rúa na que estamos. Aquí pon TRAVESA DOS BASQUIÑOS, un nome ben curioso, por certo, polo que nos sentimos inclinados a pescudar a súa orixe. E soubemos que se chama así por ser o lugar onde fixaron a súa residencia os inmigrantes bascos que se estableceron en Compostela.
  • 15. RÚA DE SANTA CLARA Sen desviármonos aínda do camiño, pasamos por diante dun convento, o das clarisas, fundado e impulsado por dona Violante, muller de Afonso X e o primeiro que esta orde tivo en Galicia. SANTA CLARA é o nome da rúa.
  • 16. RÚA DOS LOUREIROS Tomamos agora polo máis baixo dos dous camiños da bifurcación e deixamos á nosa dereita o Convento do Carme, sito no CAMPO DO CARME. Proseguimos pola RÚA DOS LOUREIROS, onde aínda se poden achar algunhas das árbores que lle deron nome á rúa.
  • 17. RÚA DA PORTA DA PENA Xa estamos intramuros, e acabamos de cruzar a PORTA DA PENA, único resto no lugar da porta da muralla, hoxe desaparecida, que rodeaba Santiago e que daba acceso aos peregrinos de Inglaterra e Flandes.
  • 18. RÚA DA FONTE DE SAN MIGUEL Pouco falta para chegar á fin do noso camiñar, pois xa nos atopamos na RÚA DA FONTE DE SAN MIGUEL, que toma o seu nome dunha das boas fontes de auga doce das que dispoñía Compostela.
  • 19. RÚA DE ABRIL ARES Rapidamente estamos na RÚA DO DOUTOR ABRIL ARES, da que sabemos, grazas a persoas orixinarias de Compostela, que antes se chamou RÚA DOS BRILLARES. Non chegamos a saber a razón deste cambio de denominación.
  • 20. RÚA DA TROIA A nosa ruta estréitase e accedemos á RÚA DA TROIA, onde, por certo, aínda se conserva a que é, probablemente, a casa máis antiga da cidade, e en cuxos muros pode lerse unha inscrición que fala dos seus posuidores. Troia parece proceder de TUROBRIGA, topónimo celta que significa “cidade forte”.
  • 21. RÚA DA ACIBECHERÍA Continuamos e é realmente estreita a rúa cando desemboca na ACIBECHERÍA, onde o noso camiño deixa de ser o noso. Aquí andaremos xuntos con quen vén facendo o Camiño Francés. E, ao chegar á Praza do Obradoiro, vemos como tamén o fan os e as que percorreron o Camiño Inglés
  • 23. CONXO O camiño portugués pasa por este barrio de estraño nome que xurdiu arredor do convento, e cuxa orixe hai que buscala nunha lenda que conta que un peregrino, apelidado Canogio, foi asasinado neste lugar, xa case ás portas da cidade. A súa prometida, Rosuida, ao ter coñecemento do lugar exacto no que falecera o seu amor, mandou levantar o convento de Santa María de Canogio, que, co tempo, acabaría sendo Santa María de Conxo; e de aí a denominación da zona.
  • 24. A denominación ROCHA FORTE para esta zona fai referencia a unha rocha sobre a que houbo unha torre defensiva e ten o valor semántico de fortaleza. Neste topónimo, hai un cambio de significado do termo rocha, que adquire o valor de fortaleza ou castelo; e aquí levantouse o castelo da Rocha Forte, hoxe en ruínas. Por esta zona, pasa o CAMIÑO PORTUGUÉS. ROCHA FORTE
  • 25. . Estamos na POZA REAL, nome que pode conducir a equívocos, pois REAL, probablemente, no ten un significado relacionable coa palabra rei, senón que procede da voz latina RIGALE, derivada de RIGUUS, “rego”, en referencia a unha pequena corrente de auga. Esta rúa pertence á Rocha Vella pola que pasa o CAMIÑO PORTUGUÉS RÚA DA POZA REAL
  • 26. PONTE VELLA Cruzamos a PONTE VELLA, construción situada sobre o río Sar en Laraño. Está realizada en cantaría e cachota e presenta un único van, formado por un arco de medio punto con rasante horizontal. E falando do RÍO SAR, e tamén do Sarela, entre os que está Compostela, temos que remontarnos á época prerromana para atopar a orixe destes topónimos: o precéltico SAR, “corrente de auga”.
  • 27. RÚA DA PORTA FAXEIRA Tras percorrer un bo treito por rúas cheas de coches chegamos á PORTA FAXEIRA, e penetramos na cidade medieval. Xa queda pouco para rematarmos o noso camiño. Aquí estaba ubicada unha das portas da desaparecida muralla medieval e o seu nome parece ser debido á existencia de faias, FAGUS en latín, na zona.
  • 28. RÚA DO FRANCO Recta final pola RÚA DO FRANCO. Cando percorramos esta rúa, entraremos no final da nosa peregrinaxe; atoparemos alí os compañeiros e compañeiras que están facendo outros camiños? Para buscar a orixe do nome desta rúa hai que retrotraerse á época medieval, cando nela se asentan taberneiros e pousadeiros de procedencia francesa para atender a peregrinos e visitantes da cidade.
  • 29. CAMIÑO DA FIN DA TERRA
  • 30. Xa no Obradoiro, decidimos continuar até o FINIS TERRAE, agora xa xuntos. E para iso baixamos pola RÚA DAS HORTAS, que, na Idade Media era unha zona sementada de hortas propiedade dos veciños e do Cabido compostelán. RÚA DO CAMPO DAS HORTAS
  • 31. Continuamos pola RÚA DO CRUCEIRO DO GAIO, que debe o seu nome á existencia nela dun cruceiro, hoxe ubicado máis arriba, na entrada da Alameda desde a rúa do Campo do Cruceiro. É unha ofrenda feita en 1679 por un matrimonio devoto. RÚA DO CRUCEIRO DO GAIO
  • 32. RÚA DA POZA DE BAR Nos arrabaldes de Santiago, percorremos a RÚA DA POZA DE BAR, situada na depresión do río Sarela. A denominación desta zona subministraría unha tautoloxía co significado dobre de poza ou depresión , o que se corresponde coa realidade do lugar, pois bar ten o sentido de “ depresión, costa, desnivel”.
  • 33. AUTORAS/ES: 3º ESO A María Alcaraz Pérez. Lúa Barba Iglesias. Uxía Castro Fondo. Carla Somoza Pallas. 3º ESO B Rayanne Mabilly Alves-Almeida Chavier. Paula Nagore Carrillo Costa. Ariadna Gil Rial. Mencía Hermida García. Zulema María Losada Ares. Alba Marzoa Viqueira. Victoría María Parga Iglesias. Tamara Rodríguez Márquez. Marta Sanabria Gago. Martín Veiga Pena.
  • 34. BIBLIOGRAFÍA -Concello de Santiago de Compostela (ed.), Callejero de la ciudad de Santiago de Compostela, Santiago, 1979. -Portela Silva, Ermelindo (coo.), Historia de la ciudad de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, Santiago, 2003. -Rodríguez González, A. e Varela Jácome, B., Santiago de Compostela, Editorial Everest, S.A., León, 1991. -VVAA, Guías fotográficas. Santiago de Compostela, Susaeta Ediciones, S.A., Madrid, 2009. -VVAA, Santiago de Compostela en el bolsillo, Santillana Ediciones Generales, S.L., Madrid, 2007. -http://www.santiagoturismo.com/ -www.compostelavirtual.com -www.xunta.es/dog/publicados/ -www.compostelaintegra.org -sanpedro.wordpress.com -caminodesantiago.consumer.es -www.ruc.udc.es