SlideShare a Scribd company logo
1 of 19
5. O Cómic
O nacemento do cómic tal e como o coñecemos hoxe
situámolo a finais do século XIX, nos periódicos dos EE.UU
cando as viñetas substitúen as fotos.
O cómic comparado con outros medios como a
ilustración ou a publicidade, ten un predominio narrativo, na
maioría dos casos a imaxe apoiase no texto.
O transcorrer do tempo represéntase a través dunha
sucesión de imaxes formando unha secuencia con
significado.
A acción secuencial representase por medio de viñetas
que se len de esquerda a dereita e de arriba a baixo.
No interior das viñetas atópanse os elementos
característicos do cómic: personaxes, texto, decorados,
bocadillos, eta.
En xeral as viñetas cambian de forma para conseguir
dinamismo, movemento, tensión, máis acción,eta.
Ligazón á Wikipedia en galego.
Cartel do entroido de Pontevedra. Kiko da Silva.
Blog de Kiko da Silva.
5.1 Elementos básicos do cómic
A plana é a páxina onde se
debuxa o cómic e podemos ter
unha, dúas ou máis planas.
A viñeta é o espazo onde vai o
debuxo ou unha acción no tempo.
As viñetas teñen un encadre ou
plano que nos mostra aos
personaxes máis cerca ou máis
lonxe. Plana
Viñetas
Viñetas. M. Busto. CC BY-SA
5.2 Elementos básico do cómic: Planos 1
Tipos de planos ou encadres:
Gran plano xeral. GPX. Plano
aberto onde case non se distinguen
os personaxes, apreciándose o
contorno que rodea os mesmos.
Plano xeral. PX. Aparecen os
personaxes máis detallados, de
corpo enteiro.
Plano tres cuartos. PA. Tamén
chamado plano americano. Corta
os personaxes polos xeonllos.
Planos 1. M. Busto. CC BY-SA
5.3 Elementos básico do cómic: Planos 2
Plano medio. PM. Corta ó personaxe
pola cintura. Distínguense as expresións
das caras.
Primeiro plano. PP. Atopamos no
encadre toda a cara do personaxe ou
algún detalle concreto como mans ou
outras cousas.
Plano de detalle. PD. Plano moi preto
que mostra algún detalle esencial para a
narración.
Planos 2. M. Busto. CC BY-SA
Planos. M. Busto. CC BY-SA
Todos os tipos de planos ou encadres para as nosas viñetas
5.4 Elementos básico do cómic: Puntos de vista
O noso punto de vista cando debuxamos unha escena pode ser moi
variado, pero os tres máis empregados son os seguintes:
Punto de vista natural. Os personaxes están debuxados de fronte. O
espectador mira de fronte a escena.
Punto de vista en picado. O contido da viñeta está debuxada desde
arriba, polo que o espectador ve a escena nun ángulo descendente.
Punto de vista contrapicado. Este ángulo é contrario ó anterior. O ángulo
visual do espectador é ascendente.
Blacksad. J. Díaz.. J. Garnido. Blacksad Gallery.
Selección de Viñetas adaptado por Manuel Busto.
CC BY-NC-SAFotos de Luís Serrano. Banco de imaxes do INTEF
Modificado por M. Busto. CC BY-NC-SA
5.5 Elementos básico do cómic: Globos, metáforas...
O Globo ou bocadillo é o corpo ou
espazo onde se escriben os diálogos ou
pensamentos dos personaxes.
A forma do bocadillo, incrementa o
significado do personaxe.
A carteleira e o cartucho, é a voz do
narrador e o cartucho enlaza dúas viñetas
consecutivas.
As metáforas visuais, serven para
expresar situacións a través dunha imaxe.
Exemplo: o signo de interrogación indica
sorpresa, unha lámpada indica ter unha
idea brillante, un corazón indica estar
namorado ou namorada, eta.
Bocadillos e metáforas. M. Busto. CC BY-SA
5.6 Elementos básico do cómic: Onomatopea, cinética...
A onomatopea, é a palabra que imita o son da cousa ou acción. Exemplo:
zzz, paf, runrún, poing, clap, eta. Moitas proveñen de verbos do inglés.
Movemento cinético, son signos gráficos en forma de rectas curvas ou
comiñas que indican traxectoria ou movemento dos personaxes ou obxectos
aportando dinamismo e acción na viñeta.
Linguaxe de xestos, expresan sentimentos ou estados de ánimo,
principalmente polas caras pero tamén polo corpo.
Cine Expresión Onomatopea. M. Busto.CC BY-SA
5.7 Estilos do cómic: Europeo e americano
No mundo da banda deseñada ou cómic temos dous estilos ou xeitos diferentes de
presentar e debuxar, sen contar cos estilos de cada autor.
O cómic europeo e americano ten un debuxo elaborado que se pode ler de esquerda a
dereita. Editase a cores e en papeis de calidades diversas. Participan o debuxante ou
artista e este pode contar con colaboradores para o tinguido, guión, etc.
Salgado. Marvel Adventures Hulk Page One INKS. CC BY-NC-SA
Men In Black' MIB Official Marvel Comics Movie
Adaptation Edgar. Flickr. CC BY-NC-SA
5.8 Estilos do cómic: Xaponés ou manga
O cómic manga ou xaponés. Manga quere dicir "cómic" e lense de dereita a esquerda. Son, nun principio,
en branco e negro e imprímese en papel normal. Publícase en pequenos libros e por capítulos. Está feito
por un Mangaka, (artista) e ten colaboradores que lle axudan co tinguido, paisaxes, efectos especiais, eta.
Non debemos confundir manga co anime que son debuxos animados.
Drawing por umbamabumba9087.
Flickr. CC BY-NC-SA
Funny Mizore Manga Pics pt two by charlietinks. CC BY-NC-SA
Introdución:
O cómic, historieta, banda deseñada ou tebeo, que de todas
estas formas se chama, é unha linguaxe artística que narra unha
historia empregando o texto e debuxos como ferramenta para contar
esa historia. O cómic conta as historias dun xeito peculiar e propio,
empregando unha linguaxe e uns códigos específicos, baseados
nunha síntese das linguaxes verbal e icónica(Imaxes). Son moitos os
debuxantes de cómic no mundo que crearon personaxes que
lembramos, Spiderman, Batman, Charlie Brown, Tin Tin, Mortadelo e
Filemón, eta.
A historieta feita por galegos existe desde fai tempo, feita en
Galicia e en galego fai trinta anos máis ou menos. Un dos que
comezaron a andaina do cómic galego foi Xaquín Marín, outro que se
converteu nun mestre recoñecido polo mundo a diante é Miguel Anxo
Prado e para rematar aprenderemos e riremos un pouco con Kiko da
Silva un traballador do humor gráfico e da historieta.
5.9 Actividade: Combinada. Miniwebquest
Material necesario: Lapis (normal), goma de borrar, rotulador fino, lapis de cores, rotuladores, témperas,
ceras, papel e cartolina.
Xaquín Marín. HG 14. Culturagalega.org/Banda deseñada. 2005. Fragmento.
Miguelares Prado. Trazo de Xiz. Norma Editorial. Barcelona, 2007. Portada. Fragmento.
Kiko da Silva. O voto. Blog de Kiko da Silva. Fragmento
Imos a realizar esta actividade na procura de información sobre estes tres
narradores de banda deseñada recoñecidos internacionalmente e
analizaremos a obra descubrindo as características máis importantes de
cada un.
Kiko da Silva. Emilioeurista. La Voz de Galicia. Blog de Kiko da Silva.
Tarefa
1º Agruparse:
Forma un grupo de traballo con 3 ou 4
compañeiros/as.
2º Repartir tarefas:
Fala cos compañeiros/as membros do grupo de como
ides desenvolver o traballo.
Como suxestión, podedes considerar unha batería de ideas tendo en
conta cinco aspectos básicos na recollida de información:
a) Datos do artista: Nacemento, onde vive, percorrido vital, eta.
b) Traballos publicados, editoriais, eta.
c) Características principais do xeito de traballar ou estilo.
d) Selección dunha obra , a que máis che guste, con foto ou
interpretación dunhas viñetas. Comentario.
e) Resultados da enquisa de cal é a obra máis coñecida ou lida de
cada un dos autores. Mira o modelo de informe no punto 4 -Modelo
de informe- Miguelanxo Prado. Trazo de Xiz. Norma Editorial.
Barcelona 2007. Portada Fragmento
Tarefa: Continuación
3º Investigación:
Decidido como ides a enfocar a
actividade, cada un comezará a
investigación na que se pode contar coa
axuda de compañeiros, familiares, libros
e como non de internet. Nas ligazóns
web tes información sobre os autores.
Podemos descargar fotos, sempre que
estea permitido, sacalas nos mesmos, si
temos esa posibilidade e tamén facer
debuxos de viñetas para incluír no noso
informe...
Tarefa: Continuación
Xaquín Marín. Tonecho. Publicada na revista Golfiño.
Edicións Xerais. 2000. Culturagalega.org/Banda deseñada .
Tarefa: Continuación
4º Elaboración dun informe:
Cada un elabora unha parte do informe
para logo incluír no total do tema
tratado. Todo o traballo non debe ser
máis longo de dous (A4) por unha cara.
Tamén vale un A3 por unha cara. Isto é
con vistas a incluír na publicación da
revista do Centro ou a unha exposición
no Instituto da obra destes autores.
Xuntaranse todas as partes
montadas no soporte que pode ser
unha cartolina ( dous A4 ou un A3 ) e
entregarase ó profesor.
Modelo de informe cos apartados
que se teñen que incluír.
a) Datos do artista: Data do nacemento,
onde vive, percorrido vital, eta
b) Traballos publicados, editoriais, eta.
c) Características principais do xeito de
traballar ou estilo.
d) Selección dunha obra , a que máis che
guste, con foto ou interpretación dunhas
viñetas. Comentario.
e) Resultados da enquisa de cal é a obra
máis coñecida ou lida de cada un dos
autores por parte da xente. Comentario
sobre os resultados.
5º Ligazóns de interese:
Estas ligazons falan destes autores pero hai moitas máis de onde podedes
recoller información.
Xaquín Marín
http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=28&busca=%20Xaq
Miguelanxo Prado
http://www.miguelanxoprado.com/
http://www.guiadelcomic.es/p/miguelanxo-prado.htm
Kiko da Silva.
http://kikodasilva.blogspot.com
http://gl.wikipedia.org/wiki/Kiko_da_Silva
Tarefa: Continuación
Despois deste pequeno percorrido pola historieta galega, saberemos que a nosa
creatividade e as ansias de gozar coas historias ilustradas estarán en moitos
momentos inspiradas e contadas por estes tres e outros grandes artistas da banda
deseñada. Co material recollido faremos unha publicación ou mostra no Centro,
tendo especial coidado na boa presentación.
Non esquezas avaliarte e avaliar ao grupo e grupos partindo da táboa de
valoración que tes na seguinte páxina.
Abaixo: Mural na Biblioteca de Pontevedra de Kiko da Silva. Ligazón ao blog onde está a imaxe.
Kiko da Silva. Mural da biblioteca de Pontevedra. Blog de Kiko da Silva.
Conclusión
5.10 Táboa de valoración da tarefa
Para avaliarte teremos en conta todas as actividades que se piden, repasa e comproba que están todas realizadas correctamente de xeito
claro e completo. Ten en conta que tes que conseguir unha nota mínima de 8 no apartado individual. Se participas nun grupo, terás que
engadirlle un 6 ao 8 (6+8=14) conseguindo unha puntuación de 14 para obter a cualificación de aprobado.
INDIVIDUAL /GRUPO Insuficiente (1) Aceptable (2) Ben (3) Excelente (4) Ponderación Nota
Contido Contén pouca
información
Suficiente
Información
Entendeu a proposta e
aproveitou os recursos
para procesar e obter a
información adecuada
Soubo atopar e
procesar os apartados
máis relevantes.
x1
Organización do
material
Pouco elaborado
e organización
dubidosa.
Organización
correcta, pero
descoidada a
presentación.
Organización correcta e
formato claro e
aceptable.
Organización moi clara,
formato creativo e
atractivo.
x1
Presentación (Física e
oral)
Incompleta, e
aburrida.
Clara aínda que
incompleta.
Ben organizado e
completa.
Moi ben organizada,
creativa, ben
expresada.
x1
GRUPO
Distribución de
tarefas
Mala distribución
das tarefas.
Inadecuada
distribución das
tarefas, pero
aceptable.
Distribución e
realización de tarefas
acorde coas
capacidades de cada un.
Cada un realizou de
xeito excelente as
tarefas que lle forón
asignadas.
x1
Colaboración de cara
ao resultado
Non houbo
colaboración polo
que o resultado
non foi bo
Colaboración
aceptable pero
resultado
aceptable
Boa colaboración e
entendemento. Bo
resultado
Excelente resultado por
boa colaboración e
entendemento.
x1
O Cómic. Manuel Busto Magdalena, dentro do curso con licenza:
Curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto, está baixo licenza
Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Créditos e autoría:
Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC BY-SA ou CC BY-NC-SA, outras de dominio
público, con licenza Creative Commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se
poden empregar,acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas web
e se enlaza -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos.
Outras licenzas:
Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.
4.3 Dereitos de autor
Bibliografía de consulta
Fernández Paz, A.“Materiais. Farcermos Cómics“ Edicións Xerais. Vigo 1991.
Eisner, W. “El cómic y el arte de secuenciar”. Norma Editorial. Barcelona, 2007.
Bueno, F. Torreiro, E. Montes, J. “10 anos de banda deseñada galega”. Xunta de Galicia. 2007
Sesar, G. Isorna, F. “Historieta galega. 1973-2008”. Xunta de Galicia. Concello de Santiago. 2008

More Related Content

Viewers also liked

A descrición dun lugar
A descrición  dun lugarA descrición  dun lugar
A descrición dun lugarmttq
 
La descripción de un lugar copia
La descripción  de un lugar   copiaLa descripción  de un lugar   copia
La descripción de un lugar copiamttq
 
Ledicia Costas no Colmeiro
Ledicia Costas no ColmeiroLedicia Costas no Colmeiro
Ledicia Costas no Colmeiromaxoledo
 
Copia de la entrevista presentación
Copia de la entrevista presentaciónCopia de la entrevista presentación
Copia de la entrevista presentaciónmttq
 
As formas nominais do verbo
As formas nominais do verboAs formas nominais do verbo
As formas nominais do verboLoli Cid Cid
 
Banda Deseñada - Cómic
Banda Deseñada - CómicBanda Deseñada - Cómic
Banda Deseñada - Cómicaxeitos
 
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Celia Díaz
 

Viewers also liked (8)

A descrición dun lugar
A descrición  dun lugarA descrición  dun lugar
A descrición dun lugar
 
O cómic(1)
O cómic(1)O cómic(1)
O cómic(1)
 
La descripción de un lugar copia
La descripción  de un lugar   copiaLa descripción  de un lugar   copia
La descripción de un lugar copia
 
Ledicia Costas no Colmeiro
Ledicia Costas no ColmeiroLedicia Costas no Colmeiro
Ledicia Costas no Colmeiro
 
Copia de la entrevista presentación
Copia de la entrevista presentaciónCopia de la entrevista presentación
Copia de la entrevista presentación
 
As formas nominais do verbo
As formas nominais do verboAs formas nominais do verbo
As formas nominais do verbo
 
Banda Deseñada - Cómic
Banda Deseñada - CómicBanda Deseñada - Cómic
Banda Deseñada - Cómic
 
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
 

More from Manuel Busto

Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
O guión dun cómic
O guión dun cómicO guión dun cómic
O guión dun cómicManuel Busto
 
Aprender a debuxar
Aprender a debuxarAprender a debuxar
Aprender a debuxarManuel Busto
 
Elementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxoElementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxoManuel Busto
 
Percepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualPercepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualManuel Busto
 
Xeometria espacial1 a
Xeometria espacial1 aXeometria espacial1 a
Xeometria espacial1 aManuel Busto
 
Xeometria espacial1
Xeometria espacial1Xeometria espacial1
Xeometria espacial1Manuel Busto
 
Xeometria espacial0
Xeometria espacial0Xeometria espacial0
Xeometria espacial0Manuel Busto
 
3 tanxencias enlaces-f
3 tanxencias enlaces-f3 tanxencias enlaces-f
3 tanxencias enlaces-fManuel Busto
 
2 transform-eixe-rad2
2 transform-eixe-rad22 transform-eixe-rad2
2 transform-eixe-rad2Manuel Busto
 
1 proporcionalidade escalas
1 proporcionalidade escalas1 proporcionalidade escalas
1 proporcionalidade escalasManuel Busto
 
Tutorial de Edmodo
Tutorial de EdmodoTutorial de Edmodo
Tutorial de EdmodoManuel Busto
 
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion TécnicoProyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion TécnicoManuel Busto
 
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.Manuel Busto
 
Presentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
Presentación das asignaturas de D.Artístico e TécnicoPresentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
Presentación das asignaturas de D.Artístico e TécnicoManuel Busto
 

More from Manuel Busto (20)

Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
O debuxo lineal
O debuxo linealO debuxo lineal
O debuxo lineal
 
O guión dun cómic
O guión dun cómicO guión dun cómic
O guión dun cómic
 
Aprender a debuxar
Aprender a debuxarAprender a debuxar
Aprender a debuxar
 
Luz e cor
Luz e corLuz e cor
Luz e cor
 
A composición
A composiciónA composición
A composición
 
Elementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxoElementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxo
 
Percepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualPercepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visual
 
O debuxo
O debuxoO debuxo
O debuxo
 
Xeometria espacial1 a
Xeometria espacial1 aXeometria espacial1 a
Xeometria espacial1 a
 
Xeometria espacial1
Xeometria espacial1Xeometria espacial1
Xeometria espacial1
 
Xeometria espacial0
Xeometria espacial0Xeometria espacial0
Xeometria espacial0
 
4 conicas
4 conicas4 conicas
4 conicas
 
3 tanxencias enlaces-f
3 tanxencias enlaces-f3 tanxencias enlaces-f
3 tanxencias enlaces-f
 
2 transform-eixe-rad2
2 transform-eixe-rad22 transform-eixe-rad2
2 transform-eixe-rad2
 
1 proporcionalidade escalas
1 proporcionalidade escalas1 proporcionalidade escalas
1 proporcionalidade escalas
 
Tutorial de Edmodo
Tutorial de EdmodoTutorial de Edmodo
Tutorial de Edmodo
 
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion TécnicoProyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
 
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
 
Presentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
Presentación das asignaturas de D.Artístico e TécnicoPresentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
Presentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
 

Recently uploaded

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

O Cómic

  • 1. 5. O Cómic O nacemento do cómic tal e como o coñecemos hoxe situámolo a finais do século XIX, nos periódicos dos EE.UU cando as viñetas substitúen as fotos. O cómic comparado con outros medios como a ilustración ou a publicidade, ten un predominio narrativo, na maioría dos casos a imaxe apoiase no texto. O transcorrer do tempo represéntase a través dunha sucesión de imaxes formando unha secuencia con significado. A acción secuencial representase por medio de viñetas que se len de esquerda a dereita e de arriba a baixo. No interior das viñetas atópanse os elementos característicos do cómic: personaxes, texto, decorados, bocadillos, eta. En xeral as viñetas cambian de forma para conseguir dinamismo, movemento, tensión, máis acción,eta. Ligazón á Wikipedia en galego. Cartel do entroido de Pontevedra. Kiko da Silva. Blog de Kiko da Silva.
  • 2. 5.1 Elementos básicos do cómic A plana é a páxina onde se debuxa o cómic e podemos ter unha, dúas ou máis planas. A viñeta é o espazo onde vai o debuxo ou unha acción no tempo. As viñetas teñen un encadre ou plano que nos mostra aos personaxes máis cerca ou máis lonxe. Plana Viñetas Viñetas. M. Busto. CC BY-SA
  • 3. 5.2 Elementos básico do cómic: Planos 1 Tipos de planos ou encadres: Gran plano xeral. GPX. Plano aberto onde case non se distinguen os personaxes, apreciándose o contorno que rodea os mesmos. Plano xeral. PX. Aparecen os personaxes máis detallados, de corpo enteiro. Plano tres cuartos. PA. Tamén chamado plano americano. Corta os personaxes polos xeonllos. Planos 1. M. Busto. CC BY-SA
  • 4. 5.3 Elementos básico do cómic: Planos 2 Plano medio. PM. Corta ó personaxe pola cintura. Distínguense as expresións das caras. Primeiro plano. PP. Atopamos no encadre toda a cara do personaxe ou algún detalle concreto como mans ou outras cousas. Plano de detalle. PD. Plano moi preto que mostra algún detalle esencial para a narración. Planos 2. M. Busto. CC BY-SA
  • 5. Planos. M. Busto. CC BY-SA Todos os tipos de planos ou encadres para as nosas viñetas
  • 6. 5.4 Elementos básico do cómic: Puntos de vista O noso punto de vista cando debuxamos unha escena pode ser moi variado, pero os tres máis empregados son os seguintes: Punto de vista natural. Os personaxes están debuxados de fronte. O espectador mira de fronte a escena. Punto de vista en picado. O contido da viñeta está debuxada desde arriba, polo que o espectador ve a escena nun ángulo descendente. Punto de vista contrapicado. Este ángulo é contrario ó anterior. O ángulo visual do espectador é ascendente. Blacksad. J. Díaz.. J. Garnido. Blacksad Gallery. Selección de Viñetas adaptado por Manuel Busto. CC BY-NC-SAFotos de Luís Serrano. Banco de imaxes do INTEF Modificado por M. Busto. CC BY-NC-SA
  • 7. 5.5 Elementos básico do cómic: Globos, metáforas... O Globo ou bocadillo é o corpo ou espazo onde se escriben os diálogos ou pensamentos dos personaxes. A forma do bocadillo, incrementa o significado do personaxe. A carteleira e o cartucho, é a voz do narrador e o cartucho enlaza dúas viñetas consecutivas. As metáforas visuais, serven para expresar situacións a través dunha imaxe. Exemplo: o signo de interrogación indica sorpresa, unha lámpada indica ter unha idea brillante, un corazón indica estar namorado ou namorada, eta. Bocadillos e metáforas. M. Busto. CC BY-SA
  • 8. 5.6 Elementos básico do cómic: Onomatopea, cinética... A onomatopea, é a palabra que imita o son da cousa ou acción. Exemplo: zzz, paf, runrún, poing, clap, eta. Moitas proveñen de verbos do inglés. Movemento cinético, son signos gráficos en forma de rectas curvas ou comiñas que indican traxectoria ou movemento dos personaxes ou obxectos aportando dinamismo e acción na viñeta. Linguaxe de xestos, expresan sentimentos ou estados de ánimo, principalmente polas caras pero tamén polo corpo. Cine Expresión Onomatopea. M. Busto.CC BY-SA
  • 9. 5.7 Estilos do cómic: Europeo e americano No mundo da banda deseñada ou cómic temos dous estilos ou xeitos diferentes de presentar e debuxar, sen contar cos estilos de cada autor. O cómic europeo e americano ten un debuxo elaborado que se pode ler de esquerda a dereita. Editase a cores e en papeis de calidades diversas. Participan o debuxante ou artista e este pode contar con colaboradores para o tinguido, guión, etc. Salgado. Marvel Adventures Hulk Page One INKS. CC BY-NC-SA Men In Black' MIB Official Marvel Comics Movie Adaptation Edgar. Flickr. CC BY-NC-SA
  • 10. 5.8 Estilos do cómic: Xaponés ou manga O cómic manga ou xaponés. Manga quere dicir "cómic" e lense de dereita a esquerda. Son, nun principio, en branco e negro e imprímese en papel normal. Publícase en pequenos libros e por capítulos. Está feito por un Mangaka, (artista) e ten colaboradores que lle axudan co tinguido, paisaxes, efectos especiais, eta. Non debemos confundir manga co anime que son debuxos animados. Drawing por umbamabumba9087. Flickr. CC BY-NC-SA Funny Mizore Manga Pics pt two by charlietinks. CC BY-NC-SA
  • 11. Introdución: O cómic, historieta, banda deseñada ou tebeo, que de todas estas formas se chama, é unha linguaxe artística que narra unha historia empregando o texto e debuxos como ferramenta para contar esa historia. O cómic conta as historias dun xeito peculiar e propio, empregando unha linguaxe e uns códigos específicos, baseados nunha síntese das linguaxes verbal e icónica(Imaxes). Son moitos os debuxantes de cómic no mundo que crearon personaxes que lembramos, Spiderman, Batman, Charlie Brown, Tin Tin, Mortadelo e Filemón, eta. A historieta feita por galegos existe desde fai tempo, feita en Galicia e en galego fai trinta anos máis ou menos. Un dos que comezaron a andaina do cómic galego foi Xaquín Marín, outro que se converteu nun mestre recoñecido polo mundo a diante é Miguel Anxo Prado e para rematar aprenderemos e riremos un pouco con Kiko da Silva un traballador do humor gráfico e da historieta. 5.9 Actividade: Combinada. Miniwebquest Material necesario: Lapis (normal), goma de borrar, rotulador fino, lapis de cores, rotuladores, témperas, ceras, papel e cartolina. Xaquín Marín. HG 14. Culturagalega.org/Banda deseñada. 2005. Fragmento. Miguelares Prado. Trazo de Xiz. Norma Editorial. Barcelona, 2007. Portada. Fragmento. Kiko da Silva. O voto. Blog de Kiko da Silva. Fragmento
  • 12. Imos a realizar esta actividade na procura de información sobre estes tres narradores de banda deseñada recoñecidos internacionalmente e analizaremos a obra descubrindo as características máis importantes de cada un. Kiko da Silva. Emilioeurista. La Voz de Galicia. Blog de Kiko da Silva. Tarefa
  • 13. 1º Agruparse: Forma un grupo de traballo con 3 ou 4 compañeiros/as. 2º Repartir tarefas: Fala cos compañeiros/as membros do grupo de como ides desenvolver o traballo. Como suxestión, podedes considerar unha batería de ideas tendo en conta cinco aspectos básicos na recollida de información: a) Datos do artista: Nacemento, onde vive, percorrido vital, eta. b) Traballos publicados, editoriais, eta. c) Características principais do xeito de traballar ou estilo. d) Selección dunha obra , a que máis che guste, con foto ou interpretación dunhas viñetas. Comentario. e) Resultados da enquisa de cal é a obra máis coñecida ou lida de cada un dos autores. Mira o modelo de informe no punto 4 -Modelo de informe- Miguelanxo Prado. Trazo de Xiz. Norma Editorial. Barcelona 2007. Portada Fragmento Tarefa: Continuación
  • 14. 3º Investigación: Decidido como ides a enfocar a actividade, cada un comezará a investigación na que se pode contar coa axuda de compañeiros, familiares, libros e como non de internet. Nas ligazóns web tes información sobre os autores. Podemos descargar fotos, sempre que estea permitido, sacalas nos mesmos, si temos esa posibilidade e tamén facer debuxos de viñetas para incluír no noso informe... Tarefa: Continuación Xaquín Marín. Tonecho. Publicada na revista Golfiño. Edicións Xerais. 2000. Culturagalega.org/Banda deseñada .
  • 15. Tarefa: Continuación 4º Elaboración dun informe: Cada un elabora unha parte do informe para logo incluír no total do tema tratado. Todo o traballo non debe ser máis longo de dous (A4) por unha cara. Tamén vale un A3 por unha cara. Isto é con vistas a incluír na publicación da revista do Centro ou a unha exposición no Instituto da obra destes autores. Xuntaranse todas as partes montadas no soporte que pode ser unha cartolina ( dous A4 ou un A3 ) e entregarase ó profesor. Modelo de informe cos apartados que se teñen que incluír. a) Datos do artista: Data do nacemento, onde vive, percorrido vital, eta b) Traballos publicados, editoriais, eta. c) Características principais do xeito de traballar ou estilo. d) Selección dunha obra , a que máis che guste, con foto ou interpretación dunhas viñetas. Comentario. e) Resultados da enquisa de cal é a obra máis coñecida ou lida de cada un dos autores por parte da xente. Comentario sobre os resultados.
  • 16. 5º Ligazóns de interese: Estas ligazons falan destes autores pero hai moitas máis de onde podedes recoller información. Xaquín Marín http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=28&busca=%20Xaq Miguelanxo Prado http://www.miguelanxoprado.com/ http://www.guiadelcomic.es/p/miguelanxo-prado.htm Kiko da Silva. http://kikodasilva.blogspot.com http://gl.wikipedia.org/wiki/Kiko_da_Silva Tarefa: Continuación
  • 17. Despois deste pequeno percorrido pola historieta galega, saberemos que a nosa creatividade e as ansias de gozar coas historias ilustradas estarán en moitos momentos inspiradas e contadas por estes tres e outros grandes artistas da banda deseñada. Co material recollido faremos unha publicación ou mostra no Centro, tendo especial coidado na boa presentación. Non esquezas avaliarte e avaliar ao grupo e grupos partindo da táboa de valoración que tes na seguinte páxina. Abaixo: Mural na Biblioteca de Pontevedra de Kiko da Silva. Ligazón ao blog onde está a imaxe. Kiko da Silva. Mural da biblioteca de Pontevedra. Blog de Kiko da Silva. Conclusión
  • 18. 5.10 Táboa de valoración da tarefa Para avaliarte teremos en conta todas as actividades que se piden, repasa e comproba que están todas realizadas correctamente de xeito claro e completo. Ten en conta que tes que conseguir unha nota mínima de 8 no apartado individual. Se participas nun grupo, terás que engadirlle un 6 ao 8 (6+8=14) conseguindo unha puntuación de 14 para obter a cualificación de aprobado. INDIVIDUAL /GRUPO Insuficiente (1) Aceptable (2) Ben (3) Excelente (4) Ponderación Nota Contido Contén pouca información Suficiente Información Entendeu a proposta e aproveitou os recursos para procesar e obter a información adecuada Soubo atopar e procesar os apartados máis relevantes. x1 Organización do material Pouco elaborado e organización dubidosa. Organización correcta, pero descoidada a presentación. Organización correcta e formato claro e aceptable. Organización moi clara, formato creativo e atractivo. x1 Presentación (Física e oral) Incompleta, e aburrida. Clara aínda que incompleta. Ben organizado e completa. Moi ben organizada, creativa, ben expresada. x1 GRUPO Distribución de tarefas Mala distribución das tarefas. Inadecuada distribución das tarefas, pero aceptable. Distribución e realización de tarefas acorde coas capacidades de cada un. Cada un realizou de xeito excelente as tarefas que lle forón asignadas. x1 Colaboración de cara ao resultado Non houbo colaboración polo que o resultado non foi bo Colaboración aceptable pero resultado aceptable Boa colaboración e entendemento. Bo resultado Excelente resultado por boa colaboración e entendemento. x1
  • 19. O Cómic. Manuel Busto Magdalena, dentro do curso con licenza: Curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto, está baixo licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License. Créditos e autoría: Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC BY-SA ou CC BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza Creative Commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se poden empregar,acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas web e se enlaza -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos. Outras licenzas: Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso. 4.3 Dereitos de autor Bibliografía de consulta Fernández Paz, A.“Materiais. Farcermos Cómics“ Edicións Xerais. Vigo 1991. Eisner, W. “El cómic y el arte de secuenciar”. Norma Editorial. Barcelona, 2007. Bueno, F. Torreiro, E. Montes, J. “10 anos de banda deseñada galega”. Xunta de Galicia. 2007 Sesar, G. Isorna, F. “Historieta galega. 1973-2008”. Xunta de Galicia. Concello de Santiago. 2008