SlideShare a Scribd company logo
1 of 49
Download to read offline
MELLORA DA
COMPETENCIA
MATEMÁTICA
CEP CARLOS CASARES
CREACIÓN DUN
SUPERMERCADO
O pasado curso, O CEP
Carlos Casares inaugurou
un supermercado na planta
alta do mesmo. Para a
posta en marcha do mesmo
colaboramos mestres,
alumnos e familias.
O obxectivo da creación
deste recuncho tan peculiar
foi a de achegar a vida en
xeral e as matemáticas en
particular ao quefacer diario
da nosa escola.
A primeira parte do
proceso foi a máis
laboriosa e quizais
menos motivadora…
•Selección de espazos e
materiais
•Preparación dos
obxectos
•Colocación dos
obxectos por seccións
•Etiquetado e carteleiras
•Decoración e promoción
…pero o resultado diste traballo fainos sentir moi orgullosos,
principalmente pola predisposición, colaboración e emoción
que suscitou en toda a comunidade educativa.
O obxectivo principal desta actividade é a
de achegar a realidade á escola e darlle ao
currículo un enfoque máis “próximo” e
significativo.
E por suposto, traballar todo o
posible a carón del...
TRABALLO PREVIO NA AULA:
Antes de ir ao súper fíxose un traballo
previo na aula de coñecemento
daqueles conceptos básicos
relacionados con produtos,
facturación, termos a diferenciar...
Os aspectos nos que nos centramos
foron os seguintes:
•Lectura de información das etiquetas
•Os tíckets da compra
•Comparación de prezos
•As ofertas e promocións
MISIÓN 1
Levar unha lista da
compra, atopar todos os
produtos nas súas
correspondentes
seccións, clasificalos
segundo o tipo de envase,
localizar o artigo máis
caro e o máis barato,
calcular o prezo total da
compra e cubrir un tícket
de compra.
MISIÓN 2
• Vaise celebrar unha festa na aula, os
alumnos encargaranse de preparala
facendo un listado de artigos que teñen
que comprar, terán que estimar o número
de unidades que traen de cada tendo en
conta que asistirán 20 persoas á festa e
non poderán pasarse dun orzamento
dado.
MISIÓN 3
• Dada unha receita para catro persoas
terán que ir ao supermercado e comprar
os ingredientes necesarios para un
determinado número de comensais
OS OBRADOIROS
No CEP Carlos Casares hai moitos anos
que se fai un enfoque persoal da materia
de Educación Artística. Os proxectos, a
transversalidade ou a globalización teñen
un gran peso específico. Algo que comezou
como unha “proba” converteuse nunha
sinal de identidade.
No noso cole temos unha maneira
diferente de enfocar esta parte do noso
currículo.
OBRADOIROS DE COCIÑA
Como por estes lares somos de bo
dente, este ano fixemos uvas pasas,
macedonia, pizzas, batidos de mango e
aguacate, bolos preñados ou biscoitos.
A nós non se nos ocorre mellor
maneira de traballar cálculo,
estimacións, proporcionalidade, as
decenas, as ducias, as unidades de
medida ou as fraccións e os
decimais…
OBRADOIRO DE PUNTO DE
CRUZ
Non fai falla ter netos
para facer punto de
cruz.
Os nosos nenos
traballan motricidade
fina, conteo, estimación
e por suposto,
xeometría a través do
punto de cruz.
Sorprenderíavos o moito
que lle gusta!!
OBRADOIRO DE XADREZ
Outro dos obradoiros
habituais nestes últimos anos
é o de xadrez.
Esta actividade permítenos
traballar, non soamente
elementos matemáticos dun
xeito directo, senón que
favorece dun xeito bárbaro ao
desenvolvemento da lóxica e
razoamentos matemáticos,
memoria a curto prazo, etc.
Podemos enumerar
infinidade de vantaxes con
este xogo de mesa:
•Mellora a capacidade de
análise e de síntese
•Mellora a empatía
•Resolución de problemas e
toma de decisións
•Capacidade organizativa e
racional
•Creatividade e imaxinación
•Aceptación de regras
•...
OBRADOIRO DE XOGUETES
• Importancia do manipulativo para chegar
ao abstracto.
• Conciencia medioambiental (uso de
material de refugallo)
• Produtos finais para expoñer e xogar
(significativos)
SUDOKUS E DESAFÍOS
MATEMÁTICOS
SUPERTMATIK
Xogo de cartas cuxo obxectivo é
traballar o cálculo matemático.
Está pensado para 2-4
xogadores por baralla, aínda que
pódese adaptar en función das
necesidades ou da inventiva de
cadaquén.
É un gran compensador da
diversidade.
5 niveis de dificultade
XEOMETRÍA
Ademais do traballo
curricular (máis tradicional)
que se fai en base á
xeometría, intentamos, na
medida das nosas
posibilidades, darlle un
enfoque máis motivador,
creativo, útil e real aos
coñecementos que imos
traballando.
CREACIÓN DE MAQUETAS
ORIGAMI E KIRIGAMI
O origami consiste en facer
formas ou debuxo a través do
pregado de papel, pero sen
usar tesoiras nin pegamento
Pola contra, o
kirigami elabórase
mediante “debuxos
coa tesoira”.
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
MATEMÁTICA
http://www.edu.xunta.es/centros/iessalvaterramino/node/1125
OLIMPIADAS MATEMÁTICAS..
• Todos os anos, no noso centro realízanse
concursos de diferente índole. Un dos
clásicos é o concurso matemático, unha
batería de preguntas, xogos de lóxica e
aplicacións prácticas de contidos
traballados.
• Estes concursos teñen unha dobre
finalidade: avaliación (e autoavaliación) e
motivación do alumnado a través de
publicación de gañadores e premios.
Outro dos habituais no noso
centro é o proxecto sobre o
Concello, a Comarca ou A
parroquia.
No terceiro e cuarto curso,
habitualmente trabállase o
Concello dende diferentes
aspectos: xeográfico, físico,
humano, político...
En canto aos contidos
matemáticos, atopámonos con
innumerable cantidade de
información que debemos
analizar e manipular para poder
comprender: escalas de mapas,
unidades de medida, número de
habitantes, gráficas de diferente
tipo, etc.
Elaboración de uvas pasas…
Proceso de elaboración
das uvas pasas…
trabállanse conceptos
matemáticos como
tempo, masa (unidades
de medida do SMD e
unidades do mundo do
viño) ou volume, así
como diferentes
fenómenos químicos e
físicos.
Facemos mosto…
…elaboramos viño na aula...
O proceso de elaboración do
viño non supón ningunha
novidade para os alumnos do
noso centro, pero en gran
medida descoñecen procesos
e fenómenos relacionados.
Do mesmo xeito, utilizaremos
este proceso para facer
cálculos numéricos en
relación a produtividade,
relación kg de uvas – litros de
viño, etc.
…e finalmente fixemos vinagre
• Rematamos o proceso facendo vinagre a
partir do viño que fixemos na clase.
Buscamos información ao respecto,
adaptamos a gradación do viño e
engadimos un detonante.

More Related Content

Similar to Súper Casares Manu

Similar to Súper Casares Manu (10)

Facendo tamén se aprende
Facendo tamén se aprendeFacendo tamén se aprende
Facendo tamén se aprende
 
Aprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeAprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profe
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Innovación
InnovaciónInnovación
Innovación
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressed
 
Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015
 
Reunión fin de curso
Reunión fin de cursoReunión fin de curso
Reunión fin de curso
 

More from alxen

Vocabulario o viño
Vocabulario o viñoVocabulario o viño
Vocabulario o viñoalxen
 
Súper 5º nivel
Súper  5º nivelSúper  5º nivel
Súper 5º nivelalxen
 
Sendeirismo, medimos e súper de 6º
Sendeirismo, medimos e súper de 6ºSendeirismo, medimos e súper de 6º
Sendeirismo, medimos e súper de 6ºalxen
 
Salvaterra de viño
Salvaterra de viñoSalvaterra de viño
Salvaterra de viñoalxen
 
Etiquetas 1º cilo
Etiquetas 1º ciloEtiquetas 1º cilo
Etiquetas 1º ciloalxen
 
Reunion familias CEP Carlos Casares. Setembro 2008
Reunion familias CEP Carlos Casares. Setembro 2008Reunion familias CEP Carlos Casares. Setembro 2008
Reunion familias CEP Carlos Casares. Setembro 2008alxen
 

More from alxen (6)

Vocabulario o viño
Vocabulario o viñoVocabulario o viño
Vocabulario o viño
 
Súper 5º nivel
Súper  5º nivelSúper  5º nivel
Súper 5º nivel
 
Sendeirismo, medimos e súper de 6º
Sendeirismo, medimos e súper de 6ºSendeirismo, medimos e súper de 6º
Sendeirismo, medimos e súper de 6º
 
Salvaterra de viño
Salvaterra de viñoSalvaterra de viño
Salvaterra de viño
 
Etiquetas 1º cilo
Etiquetas 1º ciloEtiquetas 1º cilo
Etiquetas 1º cilo
 
Reunion familias CEP Carlos Casares. Setembro 2008
Reunion familias CEP Carlos Casares. Setembro 2008Reunion familias CEP Carlos Casares. Setembro 2008
Reunion familias CEP Carlos Casares. Setembro 2008
 

Súper Casares Manu

  • 2. CREACIÓN DUN SUPERMERCADO O pasado curso, O CEP Carlos Casares inaugurou un supermercado na planta alta do mesmo. Para a posta en marcha do mesmo colaboramos mestres, alumnos e familias. O obxectivo da creación deste recuncho tan peculiar foi a de achegar a vida en xeral e as matemáticas en particular ao quefacer diario da nosa escola.
  • 3. A primeira parte do proceso foi a máis laboriosa e quizais menos motivadora… •Selección de espazos e materiais •Preparación dos obxectos •Colocación dos obxectos por seccións •Etiquetado e carteleiras •Decoración e promoción
  • 4. …pero o resultado diste traballo fainos sentir moi orgullosos, principalmente pola predisposición, colaboración e emoción que suscitou en toda a comunidade educativa.
  • 5. O obxectivo principal desta actividade é a de achegar a realidade á escola e darlle ao currículo un enfoque máis “próximo” e significativo.
  • 6. E por suposto, traballar todo o posible a carón del...
  • 7.
  • 8. TRABALLO PREVIO NA AULA: Antes de ir ao súper fíxose un traballo previo na aula de coñecemento daqueles conceptos básicos relacionados con produtos, facturación, termos a diferenciar... Os aspectos nos que nos centramos foron os seguintes: •Lectura de información das etiquetas •Os tíckets da compra •Comparación de prezos •As ofertas e promocións
  • 9. MISIÓN 1 Levar unha lista da compra, atopar todos os produtos nas súas correspondentes seccións, clasificalos segundo o tipo de envase, localizar o artigo máis caro e o máis barato, calcular o prezo total da compra e cubrir un tícket de compra.
  • 10.
  • 11. MISIÓN 2 • Vaise celebrar unha festa na aula, os alumnos encargaranse de preparala facendo un listado de artigos que teñen que comprar, terán que estimar o número de unidades que traen de cada tendo en conta que asistirán 20 persoas á festa e non poderán pasarse dun orzamento dado.
  • 12.
  • 13. MISIÓN 3 • Dada unha receita para catro persoas terán que ir ao supermercado e comprar os ingredientes necesarios para un determinado número de comensais
  • 14.
  • 16. No CEP Carlos Casares hai moitos anos que se fai un enfoque persoal da materia de Educación Artística. Os proxectos, a transversalidade ou a globalización teñen un gran peso específico. Algo que comezou como unha “proba” converteuse nunha sinal de identidade. No noso cole temos unha maneira diferente de enfocar esta parte do noso currículo.
  • 17. OBRADOIROS DE COCIÑA Como por estes lares somos de bo dente, este ano fixemos uvas pasas, macedonia, pizzas, batidos de mango e aguacate, bolos preñados ou biscoitos.
  • 18. A nós non se nos ocorre mellor maneira de traballar cálculo, estimacións, proporcionalidade, as decenas, as ducias, as unidades de medida ou as fraccións e os decimais…
  • 19. OBRADOIRO DE PUNTO DE CRUZ Non fai falla ter netos para facer punto de cruz. Os nosos nenos traballan motricidade fina, conteo, estimación e por suposto, xeometría a través do punto de cruz. Sorprenderíavos o moito que lle gusta!!
  • 20. OBRADOIRO DE XADREZ Outro dos obradoiros habituais nestes últimos anos é o de xadrez. Esta actividade permítenos traballar, non soamente elementos matemáticos dun xeito directo, senón que favorece dun xeito bárbaro ao desenvolvemento da lóxica e razoamentos matemáticos, memoria a curto prazo, etc.
  • 21. Podemos enumerar infinidade de vantaxes con este xogo de mesa: •Mellora a capacidade de análise e de síntese •Mellora a empatía •Resolución de problemas e toma de decisións •Capacidade organizativa e racional •Creatividade e imaxinación •Aceptación de regras •...
  • 23. • Importancia do manipulativo para chegar ao abstracto. • Conciencia medioambiental (uso de material de refugallo) • Produtos finais para expoñer e xogar (significativos)
  • 24.
  • 26. SUPERTMATIK Xogo de cartas cuxo obxectivo é traballar o cálculo matemático. Está pensado para 2-4 xogadores por baralla, aínda que pódese adaptar en función das necesidades ou da inventiva de cadaquén. É un gran compensador da diversidade. 5 niveis de dificultade
  • 27. XEOMETRÍA Ademais do traballo curricular (máis tradicional) que se fai en base á xeometría, intentamos, na medida das nosas posibilidades, darlle un enfoque máis motivador, creativo, útil e real aos coñecementos que imos traballando.
  • 29. ORIGAMI E KIRIGAMI O origami consiste en facer formas ou debuxo a través do pregado de papel, pero sen usar tesoiras nin pegamento Pola contra, o kirigami elabórase mediante “debuxos coa tesoira”.
  • 30.
  • 31.
  • 32.
  • 33.
  • 36. • Todos os anos, no noso centro realízanse concursos de diferente índole. Un dos clásicos é o concurso matemático, unha batería de preguntas, xogos de lóxica e aplicacións prácticas de contidos traballados. • Estes concursos teñen unha dobre finalidade: avaliación (e autoavaliación) e motivación do alumnado a través de publicación de gañadores e premios.
  • 37.
  • 38.
  • 39.
  • 40. Outro dos habituais no noso centro é o proxecto sobre o Concello, a Comarca ou A parroquia. No terceiro e cuarto curso, habitualmente trabállase o Concello dende diferentes aspectos: xeográfico, físico, humano, político... En canto aos contidos matemáticos, atopámonos con innumerable cantidade de información que debemos analizar e manipular para poder comprender: escalas de mapas, unidades de medida, número de habitantes, gráficas de diferente tipo, etc.
  • 41.
  • 42.
  • 43.
  • 44.
  • 45.
  • 46. Elaboración de uvas pasas… Proceso de elaboración das uvas pasas… trabállanse conceptos matemáticos como tempo, masa (unidades de medida do SMD e unidades do mundo do viño) ou volume, así como diferentes fenómenos químicos e físicos.
  • 48. …elaboramos viño na aula... O proceso de elaboración do viño non supón ningunha novidade para os alumnos do noso centro, pero en gran medida descoñecen procesos e fenómenos relacionados. Do mesmo xeito, utilizaremos este proceso para facer cálculos numéricos en relación a produtividade, relación kg de uvas – litros de viño, etc.
  • 49. …e finalmente fixemos vinagre • Rematamos o proceso facendo vinagre a partir do viño que fixemos na clase. Buscamos información ao respecto, adaptamos a gradación do viño e engadimos un detonante.