SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
VISITAS ESCOLARES AO  COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA (A CORUÑA)  Servizo prestado por   U.T.E. APPLUS NORCONTROL & GALICIA COMUNICACIÓN
[object Object],[object Object],PRESENTACIÓN
Por que hai residuos urbanos Na actividade diaria xeramos unha ampla variedade de residuos urbanos. Solución:  Compra responsable e Redución
Que facer cos residuos urbanos REUTILIZACIÓN RECICLAXE
Como separamos estes residuos Bolsa amarela – Colector amarelo Bolsa negra – Colector xenérico
A onde van estes residuos A estas instalacións ven a bolsa amarela de 278 concellos galegos e a bolsa negra de 294. Bolsa amarela Bolsa negra Rede eléctrica Planta termoeléctrica Planta de elaboración de combustible Centros recicladores Planta de clasificación
Fosos Almacén CDR Planta Termoeléctrica Que se fai aquí coa bolsa negra Os restos orgánicos e outros residuos non reciclables (bolsa negra) son aproveitados para xerar enerxía eléctrica.
Que se fai coa bolsa amarela Clasificamos os distintos materiais da bolsa amarela para a súa reciclaxe. Planta de Clasificación Paquetes materiais
Repasamos coñecementos
VISITA ÁS INSTALACIÓNS Fosos Bolsa Negra Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros
[object Object],[object Object],Servizo prestado por   U.T.E. APPLUS NORCONTROL & GALICIA COMUNICACIÓN

More Related Content

Similar to Presentación Sogama escolares 9-11 anos

Similar to Presentación Sogama escolares 9-11 anos (8)

Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Visita a SOGAMA
Visita a SOGAMAVisita a SOGAMA
Visita a SOGAMA
 
Os bolechas
Os bolechasOs bolechas
Os bolechas
 
Desar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manuDesar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manu
 
Xestión de residuos Daniel Romano Gude
Xestión de residuos Daniel Romano GudeXestión de residuos Daniel Romano Gude
Xestión de residuos Daniel Romano Gude
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Presentación Sogama escolares 9-11 anos

  • 1. VISITAS ESCOLARES AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA (A CORUÑA) Servizo prestado por U.T.E. APPLUS NORCONTROL & GALICIA COMUNICACIÓN
  • 2.
  • 3. Por que hai residuos urbanos Na actividade diaria xeramos unha ampla variedade de residuos urbanos. Solución: Compra responsable e Redución
  • 4. Que facer cos residuos urbanos REUTILIZACIÓN RECICLAXE
  • 5. Como separamos estes residuos Bolsa amarela – Colector amarelo Bolsa negra – Colector xenérico
  • 6. A onde van estes residuos A estas instalacións ven a bolsa amarela de 278 concellos galegos e a bolsa negra de 294. Bolsa amarela Bolsa negra Rede eléctrica Planta termoeléctrica Planta de elaboración de combustible Centros recicladores Planta de clasificación
  • 7. Fosos Almacén CDR Planta Termoeléctrica Que se fai aquí coa bolsa negra Os restos orgánicos e outros residuos non reciclables (bolsa negra) son aproveitados para xerar enerxía eléctrica.
  • 8. Que se fai coa bolsa amarela Clasificamos os distintos materiais da bolsa amarela para a súa reciclaxe. Planta de Clasificación Paquetes materiais
  • 10. VISITA ÁS INSTALACIÓNS Fosos Bolsa Negra Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros
  • 11.

Editor's Notes

  1. Presentación para escolares de Educación Primaria (9-11 anos). Esta diapositiva móstrase na pantalla mentres non se inicia a exposición.
  2. O monitor preséntase e da a benvida ás instalacións, confirmando cos participantes que coñecen o que significa o acrónimo SOGAMA e indica que é unha empresa pública dedicada á xestión e tratamento dos residuos urbanos producidos no territorio galego. Chequéase que os participantes coñecen o que é un residuo e, en concreto, un residuo urbano, definido como aquel obxecto que temos na nosa vivenda, eque nos desprendemos dél porque xa non ten valor para nós. Aquilo que coloquialmente coñecemos como “lixo”. O monitor explica que cada persoa xera máis dun quilogramo de lixo por día, que o longo dun ano representa 438 quilos, o que equivale ao peso de 10-15 rapaces da súa idade.
  3. Con esta transparencia o monitor comenta, de forma interactiva cos rapaces, de onde sae o lixo que xeramos diariamente e os distintos tipos (orgánicos, plásticos, metálicos...). Con este fin sitúase aos rapaces en dúas historias paralelas, a de dous obxectos que un día mercamos e que comparten espazo no refrixerador de calquera das nosas casas: é a historia dunha botella de refresco e dunha mazá. De onde veñen e a onde van? Todos sabemos de onde veñen as mazás... ¡das tendas!... Si, tamén sabemos que hai maceiras... como se plantan... Coas mondas das mazás e co carozo, que se fai? Se temos espazo podemos facer abono natural... Pero a maioría tira estes restos á “basura”. Pero, sabemos de onde sae unha botella de plástico? Ben, a partires do petróleo elabóranse os plásticos, cos que se fabrican os envases plásticos, que máis adiante se enchen con distintos produtos. Na nosa historia cun refresco de laranxa, que nós consumimos na nosa casa. Cando temos baleira a botella tamén a tiramos ao “lixo”. Antes de seguir é importante recordarvos que temos que ser responsables á hora de consumir e de facer a compra, xa que con iso podemos xerar menos residuos urbanos (comprando a granel ou envases aforro, empregando bolsas reutilizables ou o carriño da compra, comprando e cociñando as cantidades que vamos a consumir... ¿Podemos facer algo máis?
  4. Cando xa temos un obxecto para tirar á “basura”, temos que preguntarnos si ese obxecto se pode aproveitar ou reutilizar. O monitor lémbralle aos rapaces que reutilizar é empregar algo, ben coa función que desempeñaba anteriormente ou con outros fins; e pregúntalles por distintos tipos de reutilizacións (un tarro de vidro, unha caixa de cartón, unha lata de conservas...) e lémbralles a posibilidade de aproveitar obxectos doutras persoas ou que outras persoas poidan aproveitar os propios (libros, roupa, xoguetes...). Se non encontramos unha forma de re-empregar ese obxecto, temos que pensar si se pode reciclar. Lémbrase aos rapaces que reciclar é someter un material usado a un proceso para que se poida volver a utilizar como materia prima. Nas vivendas só podemos reciclar papel e cartón (pregúntaselle aos rapaces si algunha vez fixeron papel reciclado) , pero o resto de materiais requiren de procesos máis complexos que comezan coa recollida selectiva. Pregúntaselle aos rapaces polos colectores que teñen no seu Concello para a recollida selectiva dos residuos urbanos. Si veñen de Concellos non adheridos á SOGAMA explícaselle a que instalación de tratamento van (Planta de Nostián, Planta do Lousame).
  5. Retomamos a historia da mazá e da botella de refresco... Un bo día alguén colleu a mazá e comeuna… -Que será de min agora?”-, preguntábase o resto de mazá. O que non sabía a mazá era que remataría no colector verde, primeira etapa dun intenso viaxe A botella de refresco non tardou moito en deixar a neveira. En poucos días alguén bebeu dela... -“Seguirei o camiño da miña amiga mazá?”-, preguntábase a botella A botella estaba trabucada, depositárona xunto con outros envases baleiros como briks, latas de tomate, latas de refrescos no colector amarelo. Que pasa coas cousas que van aos colectores verdes e aos colectores amarelos?
  6. A botella e o resto de mazá non sabían que ambas rematarían en SOGAMA, pero non mesturadas. Un camión recolle os colectores amarelos (coa bolsa amarela, incluída a botella da nosa historia), leva o seu contido a unha planta de transferencia (o monitor sinala a de referencia para a visita) desde onde a bolsa amarela de varios concellos viaxa a estas instalacións en tráiler ou en tren; en concreto, a unha nave que é a planta de clasificación. Outro camión diferente recolle os colectores “xenéricos” (xeralmente verdes ou con tapa verde), coa bolsa negra, incluídos os restos da mazá... Xúntaos na planta de transferencia coa bolsa negra doutros concellos e toda xunta viaxa a estas instalacións; en concreto, a unha nave onde hai dous grandes fosos para recibir a bolsa negra. Trataremos de visitar estas dúas naves ao finalizar esta exposición.
  7. Que pasa, por exemplo, con restos orgánicos como os de mazá? A mazá, que chegou na bolsa negra, foi depositada no foso. Despois de varios procesos convertese nun combustible derivado de residuo (CDR), que se emprega na Planta Termoeléctrica para xerar enerxía eléctrica, utilizando procedementos respectuosos co medio ambiente. Nestas instalacións xérase enerxía eléctrica suficiente para abastecer os fogares dunha cidade media (100.000 habitantes). Podemos sinalar que da bolsa negra se recuperan materiais de aceiro e de aluminio que, se ben non foron recollidos selectivamente, se envían a recicladores.
  8. Que pasa coa botella de refresco? A botella chegou á planta de clasificación de envases na bolsa amarela, alí sepárase con outras botellas similares (feitas co mesmo tipo de plástico), empaquétase e envíase a empresas que se dedican a súa reciclaxe. En que se pode converter unha botella? Nunha alfombra, nun saco de durmir, nun anorak, nun forro polar, nun tubo, en sacos industriais... Na bolsa amarela van outros obxectos como latas de bebidas, latas de refrescos, envoltorios de plástico, briks... , que tamén se separan, empaquetan e envían para a súa reciclaxe.
  9. Materiais a depositar no colector amarelo: Botellas e botes de plástico. Latas de conservas e de refrescos. Briks de leite, viño, zumes... Papel de aluminio e filme plástico. Bandexas de porexpan ou cortiza branca. Bolsas de plástico. Redes de envoltorio de froitas ou verduras. Materiais a depositar no colector xenérico: Restos orgánicos. Cueiros, compresas. Papel e cartón manchado de graxas. Lámpadas, espellos e louza rota. Cintas, disquetes e CD. Bolígrafos. Xoguetes de plástico.
  10. Con esta transparencia anúnciase o inicio da visita ás instalacións. Lémbraselle ao grupo que é preciso: Ter calzado pechado. Ter colocado o casco, a mascarilla e o chaleco. Non tocar ningún elemento das instalacións. Seguir as instrucións dos monitores.