SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
QUERIDO DAVID:
Acaban de dar as doce, xa é a hora na que as meigas collen as súas escobas para percorrer as aldeas de Galicia botando feitizos sobre elas; hoxe é lúa chea, así que supoño que tamén sairán os homes lobo para atacar a todo aquel que se extravíe do seu camiño. Pero iso non me importa, o que realmente me importa é o día no que me atopo, estamos a 14 de febreiro, día de San Valentín.
Preguntaraste que por que me deu por comezar a escribir unha carta a estas horas, bueno, a resposta é sinxela e á vez complicada, estou namorada de ti, si, xa ves, seguro que te quedaches de pedra, e non me estraña nada, toda a vida xuntos e agora xusto cando me vou e cando me dou conta do que realmente te necesito e te estraño, que cousas non? Aínda recordo cando me dicías se quería saír contigo e votaba a correr polos fermosos camiños empedrados na aldea na que nos criamos, en Quimos, nesa aldea que agora boto tanto en falta. Recordas cando me bicaches por vez primeira? A verdade é que me puxen vermella coma un tomate, que atrevido fuches sempre, cariño. Aquí, en Alemaña, atópome moi soa, xa non me concentro á hora de facer as miñas esculturas e xa mingúen me da apoio como ti o facías.
Creo que cando estabamos xuntos non valoraba o que me dabas, e mírame agora, un ano despois case suplicándoche o teu amor.  En verdade, sempre fun moi tímida e xamais  puiden expresar o que sentía, pero penso que xa non somos mociños e que é demasiado tempo o que levo ocultando isto. Agora, teño nas mans o álbum de fotografías que trouxen de Galicia, estou vendo aquelas nas que saímos os dous xuntos, é curioso ver o estaticismo do tempo nas fotos. Nesta que agora saquei e teño entre as mans,  apareces cunha gabardina de ante e uns pantalóns folgados, que guapín estabas, agarrándome da cintura e mirándome fixamente aos ollos; recordo aquel momento, ese día foi inesquecible, cando me levaches ao porto na túa moto, co vento en contra e chovendo como estaba, entón arrimámonos ao carón dun pequeno refuxio e dixéchesme, mirándome aos ollos, que eu che cambiara a vida, que eras outra persoa dende que caeras namorado de min e  que nin o tempo, nin a peor enfermidade do mundo ían cambiar iso, e que si  nalgún momento pasaba, que sería porque o teu corazón deixara de latexar;  entregárasme un pano, un pano fermosísimo, branco co meu nome bordado entre rosas, aínda o teño, gardado coma un tesouro,  non sei de onde o  sacaches pero cando te poñías sentimental, nin o mesmo Leonardo DiCaprio te superaba, e logo, acórdaste cando colliches as miñas mans entre as túas? Susurráchesme que o único propósito que tiñas era o de facerme feliz. Que burriña de min, ninguén coma ti para sacarme un sorriso en calquera momento, pero o único que se me ocorreu responder aquel día foi que non me gustabas.
Como se tornan as cousas ás veces. Parecemos estúpidos  ao vendar os ollos para impedir ver todo o bo que temos ao noso redor como  se esperásemos atopar un príncipe azul que nos cambie a vida cando en realidade a nosa vida xa está cambiando. Quérote David e seguireite querendo o resto da miña existencia, soamente che pido que si de verdade estás disposto a volver a amarme como antes, reenvíes unha carta, se non o fas, saberei que a túa resposta é un no para sempre e xa nunca volverei a falarche disto, ata que o meu corazón deixe de latexar.
Por: Marta Arias Fernández Nº4 3ºAESO

Carta de amor

More Related Content

More from xanela

Festa da lingua 2012
Festa da lingua 2012Festa da lingua 2012
Festa da lingua 2012xanela

O amor
O amorO amor
O amorxanela

Sempre amor
Sempre amorSempre amor
Sempre amorxanela

Belén lozano
Belén lozanoBelén lozano
Belén lozanoxanela

Carta de amor ao meu irmán Diego
Carta de amor ao meu irmán DiegoCarta de amor ao meu irmán Diego
Carta de amor ao meu irmán Diegoxanela

Códice galego
Códice galegoCódice galego
Códice galegoxanela

O papón
O papónO papón
O papónxanela

Por que as ovellas non falan?
Por que as ovellas non falan?Por que as ovellas non falan?
Por que as ovellas non falan?xanela

A meiga dos dentes verdes
A meiga dos dentes verdesA meiga dos dentes verdes
A meiga dos dentes verdesxanela

O galego medieval
O galego medievalO galego medieval
O galego medievalxanela

O Galego-Portugués
O Galego-PortuguésO Galego-Portugués
O Galego-Portuguésxanela

Castelao 4º B
Castelao 4º BCastelao 4º B
Castelao 4º Bxanela

Castelao
CastelaoCastelao
Castelaoxanela

Festa da lingua
Festa da linguaFesta da lingua
Festa da linguaxanela

O amor
O amorO amor
O amorxanela

Manuel curros enríquez
Manuel curros enríquezManuel curros enríquez
Manuel curros enríquezxanela

Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela

More from xanela (17)

Festa da lingua 2012
Festa da lingua 2012Festa da lingua 2012
Festa da lingua 2012

O amor
O amorO amor
O amor

Sempre amor
Sempre amorSempre amor
Sempre amor

Belén lozano
Belén lozanoBelén lozano
Belén lozano

Carta de amor ao meu irmán Diego
Carta de amor ao meu irmán DiegoCarta de amor ao meu irmán Diego
Carta de amor ao meu irmán Diego

Códice galego
Códice galegoCódice galego
Códice galego

O papón
O papónO papón
O papón

Por que as ovellas non falan?
Por que as ovellas non falan?Por que as ovellas non falan?
Por que as ovellas non falan?

A meiga dos dentes verdes
A meiga dos dentes verdesA meiga dos dentes verdes
A meiga dos dentes verdes

O galego medieval
O galego medievalO galego medieval
O galego medieval

O Galego-Portugués
O Galego-PortuguésO Galego-Portugués
O Galego-Portugués

Castelao 4º B
Castelao 4º BCastelao 4º B
Castelao 4º B

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao

Festa da lingua
Festa da linguaFesta da lingua
Festa da lingua

O amor
O amorO amor
O amor

Manuel curros enríquez
Manuel curros enríquezManuel curros enríquez
Manuel curros enríquez

Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez

Carta de amor

• 1. QUERIDO DAVID: