Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Colexio de Esparís-Viceso
1. I.E.S. ESPARÍS-VICESO Un colectivo de veciñas/os e ex-alumnas/os do antigo IES Esparís-Viceso, no concello de Brión, quere expresar ante a opinión pública a preocupante situación na que se atopa o citado centro, branco de continuos roubos, saqueos e actos vandálicos, tanto no interior como no exterior do edificio, así como na vivenda do conserxe e o ximnasio, ámbolos dous ubicados en edificios anexos. Roubáronse ventanas, sillas, mesas, encerados… ata unha caldeira da calefacción e cadros de luces; rompéronse cristais, persianas e practicamente a totalidade do material que aínda persiste no centro, reducindo todo a escombros. Calquera que se acerque ó complexo poderá ver todos os desperfectos (xa que os edificios carecen de portas).
2. O centro comezou a súa andaina como Colexio Público alá polo ano 1989, converténdose integramente en instituto no ano 1999. Ata o ano 2008, no que se produzo o traslado do alumnado ó novo IES Brión, en Pedrouzos, veu pasar moitas xeracións de xoves polas súas aulas, as mesmas que estamos agora preocupadas e cansadas pola ausencia de mantemento por parte da Consellería de Educación, entidade á que pertence o complexo.
11. Os veciños e veciñas non podemos ditar a política dos partidos, nin do concello, e non podemos por nós mesmos solucionar determinados problemas. Pensamos que é un acto de responsabilidade pola nosa parte denunciar a situación ante a opinión pública, o mesmo que para os organismos competentes solucionar esta situación, en vez de botar as culpas ao bando contrario. Por iso mesmo reclamamos a posta en marcha inmediata de medidas para, entre todos, veciñanza, Concello de Brión, Xunta de Galicia e as respectivas oposicións ó goberno, atopar unha solución ante esta inxustiza. QUE NINGUÉN PECHE OS OLLOS ANTE O QUE ACABA DE VER PÁSAO A AQUELA PERSOA QUE COÑEZA O IES ESPARÍS-VICESO. ENTRE TODAS E TODOS CONSEGUIREMOS ADICAR O CENTRO A ALGO ÚTIL. . . . GRACIAS