SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Download to read offline
O noso Nadal,
galego e verde
Contido
- Consellos para un Nadal galego e verde                                               3   - Artigos verdes:
                                                                                               “Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir
- Agasallos en galego                                                                  4       de forma crítica e responsábel no Nadal”, María Carmen
                                                                                               Fidalgo, ONDG Amarante                                 18
- Roteiros literarios                                                                  6       “Receitas para un Nadal sustentable?”, Juan Marcos Pérez
                                                                                               Gulín                                                  20
- Artigos galego:                                                                              “Consumir ou devorar, velaí a cuestión”, Xosé María García
    “Falas menos galego que un teletubbi”, Séchu Sende 7                                       Villaverde, asociación Verdegaia                       22
    “A tecnoloxía, tamén en galego”, Marcus Fernández                                          “Un máis un son tres”, Adrián Serantes Tobío, proxecto
    Otero                                               8                                      Xanela aberta                                          23
    “As palabras”, Paula Carballeira                   10                                      “A importancia de conservar as nosas raíces”, Rebeca
    “Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de                                         Carreiro, asociación Amigos da Terra                   25
    sempre”, Kiko Fernández Mújico, Carlos Yus
    Respaldiza, María Campos Cabaleiro                 11                                  - As termas de Bande, un lugar de interese                 27

- Receitas:
   -menús tradicionais                                                                13
   -menú vexetariano                                                                  16


O noso Nadal, galego e verde
Consello da Xuventude de Galicia
www.cxg.org

Deseño e Maquetación: Ofireyco, S.L. Diseñador: Luis Rodríguez www.luisenrique.info
Depósito Legal: C 3980-2009
Algúns consellos para un Nadal                                               ademais de axudar a impulsar a economía local, estarás axudando a frear
                                                                             a xeración dos gases invernadoiro que se xeran co traslado de materiais.
galego e verde                                                               - Elixe consumir aqueles produtos que poidas reciclar.
 
Achéganse as celebracións do Nadal e o consumismo increméntase
considerablemente (en forma de regalos, comida, decoración, etc). Pero        - Cando compres obxectos para o fogar, podes optar por aqueles que
neste remuíño de compras hai que facer unha pausa e preguntarse: que         sexan de segunda man. Regala aquelas prendas que xa non uses ou
impacto ten este consumismo excesivo sobre o medio? Son necesarios           pensa nunha nova utilidade.
e imprescindibles todos os excesos que cometemos nesta época? Este
Nadal consumista do século XXI fainos ser máis felices? Realmente            - Sé orixinal á hora de regalar. Pensa que os mellores agasallos non teñen
queremos abandonar os nosos costumes e tradicións seculares por outras       por que ser os máis caros: os obxectos ou prendas artesanais, feitas a
importadas carentes de significado para nós e que á súa vez son máis         man por ti mesmo/a, son unha boa opción ecolóxica.
prexudiciais para o noso contorno ambiental e cultural?
                                                                             - Regala o teu tempo para compartir coas persoas que aprecias: un paseo
Vivir un Nadal propio, autóctono é gozar das nosas festas, xunto coa xente   tranquilo e relaxante pola natureza ou simplemente un café acompañado
que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha     dunha conversa agradable servirannos para deixar a un lado as présas do
terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que       día a día.
século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural,
respectando as súas orixes e peculiaridades.                                 - Regala libros, música, cinema, entradas para o teatro, para un concerto...
                                                                             son sempre unha alternativa intelixente. Elixe produtos en lingua galega,
Como lograr un consumo máis responsable co noso contorno:                    acertarás!

 - Antes de comprar calquera cousa, pensa o que necesitas, non o que         - A nosa lingua necesita que a coidemos e a divulguemos. Aproveita
queres...                                                                    calquera ocasión para usala. Regala galego.

 - Cando compres analiza o produto, mira o sistema de etiquetaxe e intenta
saber cal é a orixe do produto e de que está composto.

 - Infórmate sobre as repercusións na saúde que trae o consumo de certas
substancias. Prefire aqueles produtos que teñan menos conservantes e
aditivos.

 - Escolle aqueles produtos que sexan elaborados localmente, xa que así
                                                                                                                                                            3
Agasallos en galego                                                          -O planetas das curiosidades. Feitos pioneiros da humanidade. Baía
                                                                                 edicións
    1 Regala literatura:
                                                                                 Algunhas suxestións de literatura xuvenil:
    Algunhas suxestións de literatura infantil:

    -Colección “Así é a vida” da Editorial Galaxia, con títulos como A Max non
    lle gusta ler, Adoptaron a Sara ou Max quere facer amigos
                                                                                               Ás de bolboreta, Rosa Aneiros, Xerais
    -Colección “Os Bolechas queren saber…” de Edicións A Nosa Terra, con
    títulos como Que é o lixo, Educación viaria, Como se cría un xato ou Como
    se fai un libro

                  Colección “Gerónimo Stilton. Humor e aventura” da editorial
                  Destino, con títulos como Benvidos ao castelo da rocha
                                                                                             Faíscas, María Canosa, editorial Galaxia
                  rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus ou Na
                  procura da marabilla perdida

    -Carola, a carteira centola, Mau e Pin, Xerais
                                                                                 -O monstro das palabras, María Reimóndez, Xerais
                    A princesa que bocexaba a todas horas, Carmen Gil e
                                                                                 -O contador de estrelas, Santiago Jaureguizar, Edicións Obradoiro
                    Elena Odriozola, OQO editora
                                                                                 -O Brindo de ouro. II A Táboa de Hospitalidade, Xesús Manuel Marcos,
                                                                                 Xerais
    -Libro das M’ALICIAS, Miquel Obiols e Miguel Calatayud, editorial
                                                                                 -Valados, Agustín Fernández Paz, Xerais
    Kalandraka

                    Mil cousas poden pasar. Libro I, Jacobo Fernández
                    Serrano, Xerais
                                                                                            O diario vermello de Carlota, Gemma Lienas, editorial Galaxia



4
Algunhas suxestións de literatura para adultos:                           -Som do galpón, Em terra de ninguém

-Sete palabras, Suso de Toro, Xerais                                      -Fanny + Alexander, Alfaias
-Xentiario, Carlos G. Reigosa, Editorial Galaxia                          -Esquios, Éche o que hai

-Sol de inverno, Rosa Aneiros, Xerais                                     -Machina, Post-Bravu

-A muller do mediodía, Julia Franck, Sotelo Blanco                        -Kastoma, Almas da noite
-Contos completos I e II, Edgar Allan Poe, Editorial Galaxia              -Guadi Galego, Benzón

-Neve, Orhan Pamuk, Editorial Galaxia                                     -Falcatruada, Descarga ao vivo, Cuba-Galiza

-Areaquente, An Alfaya, Sotelo Blanco                                     Máis información en:
                                                                          A regueifa plataforma: http://aregueifanetlabel.blogspot.com/
-Branco, Manuel Darriba, Editorial Galaxia
                                                                          Ghastas pista: www.ghastaspista.com
-Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, Xerais                                Mega, música en Galicia: www.culturagalega.org/mega

-Diario dunha noiteboa, Manuel Jacobo González Outes, Edicións Baía
                                                                          3 Regala filmes en galego:
-O símbolo perdido, Dan Brown, El Aleph Editores

-Once máis 15, editorial Ir Indo (poesía + música)                        Doraemon e o reino de Kibo (infantil)

-As razóns do galego. Apelo á cidadanía, Henrique Monteagudo, editorial   Shin Chan, tres minutos para salvar o mundo (infantil)
Galaxia
                                                                          Os mortos van á présa, Ángel de la Cruz (comedia)
-A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos, Benigno
Campos, editorial Galaxia                                                 Flores tristes, Teo Abad (película-documental)

2 Regala música:                                                          Os soños do mar, Daniel López (documental)
-Ataque escampe, A grande evasión                                         Historias de Galicia (serie documental)
-Leite de nai, Mirando ao ceo                                             Máis información sobre filmes en galego en:
-The Homens, Cuarta potencia                                              www.xunta.es/linguagalega/cine_en_galego

                                                                                                                                          5
Roteiros literarios                                                                       repousan os seus restos mortais, pasando por barrios como o da Cidade
                                                                                              Vella e o da Pesacadería..
    Estás a organizar unha saída coa familia ou coas amizades para estas                      Rutas en coche:
    vacacións de Nadal? Pensaches en facer algún dos moitos roteiros
    literarios que hai na nosa Galicia? A continuación propoñémosche algún                    Roteiro Rosalía de Castro
    dos roteiros máis interesantes, pero recorda que pescudando pola internet                 http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=4
    poderás atopar moitos máis!                                                               Esta ruta percorre o espazo vital e poético da escritora Rosalía de Castro,
                                                                                              moi ligada ás comarcas de Santiago e Padrón. Con estas terras, Rosalía
    1 Roteiro Castelao e Roteiro Sarmiento na cidade de Pontevedra.                           de Castro mantivo estreitos lazos vitais, que tiveron o seu reflexo nas súas
    O obxectivo principal destes roteiros é recuperar e difundir a memoria                    creacións literarias, en obras como Cantares Gallegos ou En las Orillas
    histórica da cidade de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia                  del Sar.
    de Galicia e da lingua galega.
                                                                                              Roteiro Curros Enríquez en Ourense
    Roteiro Sarmiento                                                                         http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=5
    Percorre a zona vella da cidade amosando a primeira etapa da vida de                      O roteiro transcorre polos concellos de Celanova, Barbadás, Ourense e O
    Sarmiento en Pontevedra, a súa infancia e primeira mocidade.                              Pereiro de Aguiar. Todos eles tiveron relación coa vida e a obra do vate.
                                                                                              Celanova viuno nacer e foi o escenario da súa primeira xuventude e a
                   Roteiro Castelao:                                                          inspiración para algúns dos seus poemas. Barbadás acolle personaxes
                   Percorre a zona vella e as principais rúas da Pontevedra                   e lugares clave nas súas composicións. A capital da provincia marca a
                   de principios do século XX. A ruta inclúe a visita á Sala                  vida de Curros, nela coñece o éxito profesional e artístico, pero tamén as
                   Castelao do Museo de Pontevedra e ao interior do                           adversidades e a censura. O Pereiro é o berce do Padre Feijoo, cuxa vida
                   antigo Café Moderno (actual Fundación Caixa Galicia).                      porá Manuel no teatro.
                   Máis información: http://www.pontevedra.eu/castelao-pontevedra/ruta.html

                                                                                              Roteiro Eduardo Pondal
    2 Roteiros Culturagalega.org.                                                             http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=7
    A páxina web www.culturagalega.org/roteiros ofréceche toda a información                  O roteiro pondaliano pretende ser un pequeno referente da vida e obra de
    que precises para que cada persoa ou grupo de persoas poidan facer os                     Eduardo Pondal, o Bardo de Bergantiños. Un percorrido con evocación
    roteiros pola súa conta.                                                                  poética, que nos achegará sen dúbida a un dos
                                                                                              grandes da nosa literatura. Este abarca sete
    Ruta a pé:                                                                                concellos da Costa da Morte (Terra de Soneira
    Curros Enríquez na cidade da Coruña                                                       e Bergantiños), e finaliza no concello da Coruña,
    http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=6                   lugar onde xacen os seus restos mortais.
    O percorrido, apto para facer nunha xornada a pé, inclúe paradas que van
    desde o porto, que o viu partir cara a emigración, ata o cemiterio, no que
6
Falas menos galego que un teletubbi
Daria Shornikova é rusa. Ten 19 anos e aprendeu a falar galego en Petersburgo. Marga ten 18, vive en Vigo e di que se sente rara falando galego. Blanka
é bosnia, ten 20 anos. Fala o galego que aprendeu na cidade croata de Zadar, na universidade. Marcos vive en Ferrol, ten 18, non fala galego. Mólanlle os
Dios ke te Crew. Tom é escocés. Fala galego. Ten 20. Coñeceu a Blanka nunha viaxe de estudos a Santiago, gustáronse e liáronse falando galego entre eles.
Lucía ten 17, é da Coruña, di que non sabe falar galego. Dili é coreana. Chegou a Galiza para estudar castelán porque lle gustaba La Oreja de Van Gogh e
aprendeu castelán e galego. Cando fala galego ten acento coreano, un sotaque de milleiros de quilómetros de distancia.. Mónica naceu en Pontevedra, ten
20, non fala galego nunca. Alexandra Radu chegou a Vila de Cruces aos 13 anos desde Romanía. En romanés eu tamén se di eu. Axiña comezou a falar en
galego. Ao final do curso xa falaba e escribía moi ben a nosa lingua. Romina ten 19 anos, é italiana, naceu ao pé do vulcano Vesubio, gústalle o submarinismo.
Fala bastante ben para levar aquí só un ano. Rosa ten 19 e traballa de caixeira no súper onde Romina fai a compra. Romina fálalle galego todos os días, Rosa
nunca lle contesta en galego. Eva naceu en Andalucía e chegou a Galiza aos 24, aos 25 aprobou as oposicións de educación física. Hoxe dá as clases no seu
galego con sotaque de Cádiz. Ten alumnos e alumnas que non falan galego porque lles dá corte. Cando Ignacio aos 16 comezou a falar as súas primeiras
palabras en galego recén chegado de Madrid algúns colegas ríronse del. Deixou de intentalo. Aínda que dous anos despois decidiu pasar do que dixera a
xente, e hoxe fala galego sen problemas. Eduardo Estévez chegou aos 20 e poucos de Arxentina. Primeiro aprendeu a escribir en galego e logo a falalo.
Publicou varios libros de poesía na nosa lingua, que agora tamén é a súa lingua. Podes atopalo na Galipedia, a wiki galega. E a Daria Shornikova podes vela
en Youtube, explicando que se lle fai estraño que haxa galeg@s que non falan galego. En Rusia non hai rus@s que non falen ruso. A Blanka e a Tom tamén
podedes velos en Youtube, contando que, como non coñecen aínda moitas palabras do noso idioma, ás veces acaban inventando algunha.
Ás veces parece que podería ser máis doado que o resto do mundo se botase a falar galego antes de que o fagan algúns galeg@s que semellan terlle alerxia
á nosa lingua. Cando escoito falar a Daria, a Blanka, a Tom, a Dili, a Álex, Eva, Romina ou a Eduardo pregúntome por que lle resultará máis fácil falar galego
a un estranxeiro que acaba de baixar do avión que a algúns galegos que levan aquí toda a vida. Hai galegos e galegas para quen a língua máis difícil de falar
no planeta é o galego. Precisamente.
Hai galegos que falan menos galego que un Telettubi. Eu, por exemplo, cando tiña 15 anos. Falan máis galego os catro telettubies xuntos nun capítulo do que
falaba eu nun mes enteiro daquela, cando tiña quince anos. Daquela comecei a facerme preguntas: Por que non podía eu falar galego coma se tal cousa?
Por que tiñamos que pagar a xente nova os prexuízos lingüísticos d@s maiores? Por que se estaba desgaleguizando a miña xeración? E botáballe a culpa á
sociedade, coma se fose algo contra o que non se puidese facer nada. Afortunadamente deime de conta de que iso non era normal nen irreversíbel. Non era
normal que chegase a envexar os debuxos animados xaponeses da tele porque falaban galego con toda a naturalidade que eu non tiña. E fixen o único que
podía facer. Poñerme a falar galego.

Séchu Sende, escritor


                                                                                                                                                                 7
A tecnoloxia, tamén en galego
    Ao falar de normalización lingüística tendemos a pensar en normas relativas á ortografía e á sintaxe dos textos, esquecendo que o auténtico obxectivo é facer
    que a nosa lingua acade un uso ordinario entre os galegos, e ao igual que hai iniciativas para promover o galego no ensino e nos medios de comunicación,
    nos sistemas cos que interactuamos a diario tamén resulta de interese a súa adaptación á nosa lingua, de xeito que o galego non estea limitado a relacións
    interpersoais, senón que tamén chegue á nosa comunicación cos trebellos tecnolóxicos e sistemas automatizados dos que facemos uso a diario.

    O galego na Rede
    Se acudimos á Internet, o número de páxinas web en galego é bastante limitado, aínda que debemos recoñecer
    que tamén pasa o mesmo co español, pero no caso das administracións públicas a lección parece estar aprendida,
    e na súa meirande parte hai opcións multilingüe, onde o galego é o seu idioma por defecto, o que contribúe a dar
    certa visibilidade da nosa lingua na web, ao que tamén contribúen moitas outras persoas a través das súas páxinas
    web persoais (principalmente blogues) e incluso contribuíndo coa tradución colaborativa ao galego da interface
    da plataforma de redes sociais Facebook, polo que podemos acceder a tal servizo na nosa fala, de xeito que ao
    comunicarnos en galego non atopamos unha imaxe castrapa na que os comentarios en galego se mesturarían cunha
    interface en español ou inglés como acontece noutras plataformas coma Twitter.

    Dende Google tamén fixeron a súa achega hai anos, e a súa páxina principal (o buscador) está traducida ao galego,
    pero quedan pendentes de tradución servizos coma Gmail, moi empregado na nosa comunidade, e do que podemos
    agardar unha pronta tradución ao galego, posto que actualmente están dispoñibles versións en catalán e éuscaro.         Un grupo de voluntarios traduciron o Facebook ao
                                                                                                                                                 galego


    Outras eivas que atopamos na web é que a presenza do galego nos medios de comunicación é anecdótica, de xeito que a cabeceira de prensa de referencia
    (La Voz de Galicia) publica textos en galego mediante un tradutor automático (o que dista moito de ser unha solución óptima), medios bilingües coma Xornal
    de Galicia dan prioridade ao español nos seus contidos (pese a ter un nome en galego) e nos outros medios fóra da CRTVG, a presenza do galego en radios
    e televisións en liña é insignificante, polo que importantes creadores de contidos están a marxinar a nosa lingua de xeito que o resto de axentes do sector
    deben esforzarse para que a presenza do galego sexa o suficiente como para atender á demanda dos seus falantes.

    Pero resulta evidente que a normalización do galego na Rede non depende só de Administracións, provedores de servizos e medios de comunicación, senón
    que somos os propios cidadáns os que ao relacionarnos en galego por correo electrónico, na mensaxería instantánea, nos blogs ou nas plataformas de redes
    sociais os que podemos crear un espazo cunha identidade propia, e ao igual que falamos o galego na nosa vida cotiá, podemos facer o mesmo cos nosos
    alter egos virtuais.
8
Poucos trebellos en galego                                                               web con información sobre o
                                                                                            tema (oteumobilengalego.com) e
   Os fabricantes de electrónica de consumo teñen moi marxinadas as linguas                 a operadora de cable R incluíse
   locais nos seus dispositivos, entendendo que o inglés é unha lingua franca,              no seu catálogo de móbiles 4
   polo que a localización das interfaces de uso de televisores, reprodutores               terminais en galego, o que supón
   de DVD, receptores de TDT, terminais de telefonía móbil e outros trebellos               unha pequena achega, que
   habitualmente non vai máis aló do español (en moitos casos, incluso de                   agardemos que inste a boa parte
   xeito lamentable) e incluso os fabricantes galegos esquecen en boa parte                 dos fabricantes a tomar medidas
   do seu catálogo a nosa lingua.                                                           ao respecto.                       R ofrece aos seus clientes 4 terminais de telefonía móbil
                                                                                                                                                      en galego


   Pero distintas campañas de                                                               De todos os xeitos, neste panorama podemos ver un raio de esperanza,
   concienciación conseguiron calar                                                         pois ao igual que no mundo da informática podemos gozar dos sistemas
   nos responsables dos produtos                                                            operativos Windows XP e Vista en galego, e das distintas distribucións
                                        Blusens tamén conta con dispositivos con menús en
   comercializados por compañías galego, coma un dos seus receptores preparados             de Linux debidamente traducidas, esta tendencia podería trasladarse
                                                   para a TDT de pagamento
   galegas, e así podemos gozar dun                                                         aos móbiles grazas a plataformas baseadas en solucións abertas coma
   amplo abano de receptores de TDT                                                         Maemo ou Android, de xeito que entidades e persoas alleas aos propios
   coa súa interface en galego de fabricantes coma Blusens, NPG, Sanyo,                     fabricantes poidan ser os que contribúan coas traducións que permitan
   Ikusi, Engel e moitos outros, de xeito que a interacción co televisor                    que terminais de media/alta gama poidan actualizarse para presentar
                                     (probablemente o dispositivo de                        menús e aplicacións en galego.
                                     electrónica do consumo máis presente
                                     para os usuarios) da nosa lingua é un                  Futuro prometedor
                                     importante paso adiante, aínda que                     Podemos asegurar así que, grazas ao esforzo común, é posible mirar
                                     sería desexable que compañías coma                     con esperanza ao futuro, pois ao igual que moitos voluntarios colaboran
                                     Blusens ou Televés contemplasen tal                    na tradución ao galego de Facebook ou as aplicacións de Linux, podería
                                     opción en todos os seus produtos (o                    pasar o mesmo para moitas outras interfaces que vaian xurdindo, de xeito
                                     que aínda non é así).                                  que mentres o galego viva na nosa sociedade, poderemos trasladar a súa
Moitos receptores de TDT permiten ver en galego os
              seus menús en pantalla                                                        enerxía á Internet e aos trebellos e servizos dos que facemos uso, levando
                                     O teléfono móbil tamén é un                            a nosa fala a todos os ámbitos da nosa vida, tanto real coma virtual.
                                     dispositivo co que interactuamos con
   moita frecuencia, e aínda que existen terminais coa súa interface en                     Marcus Fernández Otero
   galego, atopalos é bastante complicado, de aí que creasen unha páxina                    http://marcus.es/
                                                                                                                                                                                           9
As palabras                                                                 Ao escoitar a voz da súa filla, o home tivo que parar, primeiro pola sorpresa,
                                                                                 despois pola forza que desprendía aquela nena miúda que se lle puxo
     Contan que houbo un home que                                                diante, desafiándoo. Aí foi cando o home lembrou o poder das palabras,
     renunciou ás palabras. Estaba farto                                         que poden deter a furia, que poden mover o mundo, que poden cambialo
     de que o enganasen, de que o ferisen,                                       todo.
     de que lle fixesen burla. Aquel home
     marchou lonxe do resto dos homes, e                                         Contan que aquela nena fíxolle lembrar tamén ao seu pai quen era e de
     levou canda el a súa muller. Vivirían                                       onde viña, como llo aprendera súa nai a ela, e que lle borrou o odio da
     os dous sos, sen palabras, sentindo e                                       fronte, pero non quixo quedar con el no medio das montañas. Cando
     escoitando o ritmo imparable do tempo.                                      medrou abondo, a nena que xa non era unha nena levou a súa nai a
                                                                                 recorrer os camiños do mundo. O único que ofrecía era o que tiña, as
     Din que aquela parella tivo unha nena,                                      palabras, e din que a xente pagaba por escoitar as súas historias, porque
     e que cando o home marchaba, a                                              lles lembraban quen eran, de onde viñan e, sobre todo, porque lles
     muller, que non lles gardaba xenreira ás                                    lembraban a música da voz das nais cando comparten os seus segredos
     palabras, falaba coa súa nena en voz baixa. Tamén din que nas longas        nas longas noites do inverno.
     noites do inverno, en canto o home quedaba durmido, a muller achegábase
     á nena e cantáballe na orella para que non tivese medo ao sentir o asubío   Paula Carballeira, contacontos
                                                                                 	
     do vento.

     Pero unha mañá choveu, choveu tanto que o home volveu á casa antes
     de tempo para mudar a roupa enchoupada. Alí descubriu a súa muller e a
     súa filla falando e cantando coa alegría de quen comparte un segredo. O
     home toleou ao sentirse enganado de novo, por esa muller a quen quería
     máis que a nada no mundo, por esa muller a quen quixera rescatar das
     palabras e botouse a ela ouveando coma un lobo.

     −Quieto! - berrou a nena – Non te achegues á miña nai!. Nin se che
     ocorra facerlle dano!

10
Orella pendella,                        Por moito que cambien os tempos
                                        hai sentimentos como a tenrura
                                                                                 heille de comprar un bombo
                                                                                 e mais unha castañola.
                                                                                                                      Para xogar cos dedos:

para xogar cos                          entre pais e fillos ou a alegría de
                                        xogar cos/as amigos/as que nunca         Heille de dar a meu neno
                                                                                                                      Este foi ó mar e non pescou nada.
                                                                                                                      Este foi ó mar e pescou unha
ditos infantis de                       cambiarán. A tradición oral ofrécenos
                                        a posibilidade de seguir expresando
                                                                                 cocidiño con repolo,
                                                                                 as orellas dunha pulga,
                                                                                                                      pescada.
                                                                                                                      Este quedou en terra e lavouna ben
sempre                                  estes sentimentos e seguir gozando
                                        cos xogos máis sinxelos.
                                                                                 as costelas dun piollo.              lavada.
                                                                                                                      Este quedou en terra e fixo unha
                                                                                 E para acariñar os pequerrechos      caldeirada.
A páxina www.orellapendella.org         Estes días de maior convivencia          nada mellor que os ditos de Mecos    E este lambón, lacazán... ¡papouna,
naceu hai pouco máis dun ano co         familiar son os tales para pasarmos      no colo:                             ben papada!
obxectivo de difundir a literatura      o tempo xogando cos máis
popular infantil de Galicia para        pequenos a xogos que estimulen a         Para aloumiñar a man:                Para abanear:
que siga sendo unha ferramenta          súa intelixencia, a súa memoria e a
educativa e de lecer para os/as         súa fala galega. Todos lembramos         Manxurriña, manxurriña,              Serra comadre,
galegos/as do século XXI.               ditos que nos dixeron cando eramos       come pan e pataquiña                 serra compadre
                                        nenos. Non debemos tronzar esa           e se lle parece pouco,               na madeiriña
Na lingua galega hai infinidade de      tradición e privar os cativos de gozar   un touciño e cacho doutro.           do señor abade.
ditos, recitados, cancións, etc. que    con este marabilloso legado que          Viches o gato no unto?               Señor abade,
acompañaron desde hai séculos as        recibimos.                               Pun, que te apunto!                  vaia con “dios”,
brincadeiras dos/as nenos/as ou as                                                                                    que a madeiriña
relacións entre os membros maiores      Animámosvos a participar neste           a cara:                              serrámoslla nós.
da familia e os máis pequenos.          proxecto achegándonos os ditos,
                                        recitados e cancións que coñezades       Este olliño pimpilín.                Para cabalgar na perna:
Hoxe en día, debido ós cambios          e xogando cos que aquí descubrades.      Este olliño pimpilán.
producidos nas formas de vida e nas     Deseguido ofrecémosvos unha              Este nariz narizán.                  Arre cabaliño
actividades de lecer dos rapaces e      mostra mínima deste tesouro              Esta boca pide pan.                  que vas trotando,
rapazas, corremos o perigo de perder    creado polo noso pobo, desde os          Este queixo non llo dá.              tres por riba
esta riqueza definitivamente. Sen       ditos máis sinxelos para acariñar os     Arríncate, cabalán!                  e tres por baixo,
rexeitar as novas formas de diversión   naipelos ata os trabalinguas máis                                             ata caer do cabalo:
e coñecemento que nos ofrecen as        entrambilicados para poñer a proba       a barriga:                           abaixo!
últimas tecnoloxías, consideramos       o enxeño e a destreza verbal dos
que é posible e, mesmo, moi             máis vellos.                             Trispilistrás, trispilistriñas,
positivo para as relacións humanas                                               o que non come non ten barriguiña.
recuperar, coñecer e practicar os       Para arrolar:                            Trispilistrás, trispilistrolas,
xogos verbais dos nosos avós.           Este neniño pequeño                      o que non come non ten barrigola.
                                        heino de mandar á escola
                                                                                                                                                        11
Para os nenos e nenas ós que lles         - E a caixa?                     Sarabea                                Ou máis fácil:
 gusta preguntar:                          - Que caixa?                     na casa da tía Andrea                  - Ten tinta, Antón?
                                           - A que sobe e baixa.            Pinga, pinga                           - Tinta Antón ten.
 - Tantarantán, para onde vas vella?                                        na casa da tía Dominga                       - Acórdache a corda?
 - Tantarantán, vou para Pontevedra.       Para “rezar”:                    Trona, trona                                 - Acorda a corda!
 - Tantarantán, que vas buscar?            “Por la señal”                   no cu da “patrona”.
 - Tantarantán, unha carga de sal.         do papo real,                                                           En fin para xogar e aprender dunha
 - Tantarantán, para que é o sal?          comín touciño                    Para poñer a proba os pulmóns:         forma ben sinxela:
 - Tantarantán, para facer o caldo.        e fíxome mal.
 - Tantarantán, para que é o caldo?        Pouseino no prato,               Catro bois                             Xan Perillán
 - Tantarantán, para “llo” dar ás vellas   comeuno o gato,                  e catro vacas                          a cabalo dun can;
 - Tantarantán, para que son as            fun atrás del                    soben carro                            o can era coxo,
 vellas?                                   “con un” zapato.                 costa arriba;                          tirouno nun pozo;
 - Tantarantán, para sachar o millo.       “Me cago no gato!”               non hai home                           o pozo era frío,
 - Tantarantán, para que é o millo?        Para falar cos animaliños:       nesta terra                            tirouno nun río;
 - Tantarantán, para “llo” dar ás          Voa, voa, xoaniña,               que catro veces                        o río era branco,
 churras.                                  que teu pai vai no muíño         o diga... (ata dicir catro veces sen   tirouno nun campo;
 - Tantarantán, para que son as            e a túa nai no Porriño,          coller folgos).                        o campo era roxo,
 churras?                                  que che ha de traer                                                     tirouno nun toxo;
 - Tantarantán, para poñer os ovos.        uns zapatiños                    Para exercitar a lingua e os beizos:   o toxo picaba,
 - Tantarantán, para que son os ovos?      de cu de ratiño.                                                        Xan Perillán berraba
 - Tantarantán, para llos dar ó crego.                                      Unha pega merga, reborderga,           e o can escapaba.
 - Tantarantán, para que é o crego?        Caracol, col, col,               gorda, rebirigorda,
 - Tantarantán, para dicir a misa.         bota os cornos ó sol             acotobelada e xorda                    Kiko Fernández Mujico
 - Tantarantán, para que é a misa?         que a túa nai e o teu pai        cría pegos mergos, rebordergos,        Carlos Yus Respaldiza
 - Tantarantán, para subir ó Ceo!          os botaron en Ferrol.            gordos, rebirigordos,                  María Campos Cabaleiro
                                                                            acotobelados e xordos.                 http://www.orellapendella.org/
 Para rir xuntos:                          Para poñerlle ao mal tempo boa   Se non criase pegos mergos,
                                           cara:                            rebordergos,
 - Como te chamas?                                                          gordos, rebirigordos,
 - Come castañas.                          Chove, chove                     acotobelados e xordos
 - E de apelido?                           na casa do pobre.                non sería unha pega merga,
 - Caldo cocido.                           Neva, neva                       reborderga,
                                           na casa da vella.                gorda, rebirigorda,
 - Ola!                                    “Xía, xía”                       acotobelada e xorda
 - Non é pote nin cazola.                  na casa da tía.

12
Receitas tradicionais para o Nadal                                                                    Esta receita irá medida para catro persoas:
                                                                                                      * +/- 1 kg de xarretes de porco
MENÚ 1                                                                                                * 1 cebola grande
                                                                                                      * 2 cenorias grandes
Primeiro prato                                                                                        * 1 vasiño de viño branco
COLIFLOR CON BACALLAU                                                                                 * 1 vaso de caldo de carne, de polo ou auga
                                                                                                      * aceite de oliva virxe extra
                            É unha receita ben sinxela e non moi cara;                                * sal
                            comparando prezos en distintos sitios
                            podemos adecuarnos ao noso orzamento.           Precisaremos para o adobo:
                                                                            * medio vaso de aceite de oliva virxe extra
                            Precisaremos:                                   * media cabeza de allos
                            * unha coliflor                                 * unhas ramiñas de pirixel
                            * bacallau (desalgado de 24 a 48 h)             * 1 folla de loureiro
                            * 300 g de patacas                              * 2 cravos de olor
                            * allos                                         * 3 graíños de pementa negra
                            * aceite                                        * 1 cullerada de pemento doce
                                                                            * unhas areíñas de sal
Limparemos ben a verdura, pelaremos as patacas e cortarémolas en
dados, máis ou menos do tamaño das flores da verdura, para que nos          Comezaremos limpando os allos para o adobo, con eles e o sal faremos
coza todo por un igual. Poñémolas a cocer coa coliflor.                     un puré no morteiro. A esta pasta engadirémoslle o pirixel ben picadiño,
                                                                            a folla de loureiro, os cravos de olor, a pementa negra, a cullerada de
Cando vexamos que están case feitas engadiremos o bacallau en               pemento doce e o aceite. Con todo isto faremos un prebe ben ligado.
anaquiños, apagaremos o lume, taparemos a pota e coa calor que ten
farase o bacallau.                                                          Untaremos con el a carne e deixarémola repousar un mínimo de tres horas,
                                                                            sempre dentro da neveira. Queda moi ben se a deixamos toda a noite.
Á hora de servir escorreremos ben a auga da pota e botarémoslle por
enriba un pouco do aceite no que friximos os allos cortados en láminas, e   Faremos a carne nunha pota grande, ao estilo das nosas avoas, que
a quen lle guste pode engadirlle os allos.                                  usaban este método para asala.

Segundo prato                                                               Botaremos aceite no fondo da pota, cando estea ben quente douraremos a
CARNE ASADA                                                                 carne por todos os lados para que sele e todos os líquidos queden dentro,
                                                                            así non nos sairá seca. Cando a teñamos dourada engadiremos a cebola
200 g de carne por persoa; dependerá do noso orzamento a peza que           e a cenoria cortadas en anacos, darémoslle unhas voltas para que collan
merquemos: tenreira, porco, boi...                                          cor, este é o momento de engadir o viño, o caldo e todo o zume do adobo,
                                                                            non hai que desperdiciar nada. Baixaremos o lume ao mínimo, este é o
                                                                            momento de engadir o sal e de tapar a pota.
                                                                            Irémoslle dando voltas a medida que se vaia facendo, máis ou menos
                                                                            cada 15 minutos, calculade uns 75 minutos de cocción.
                                                                                                                                                        13
Se vedes que seca podedes engadirlle máis caldo ou auga.                    Esta podemos dicir que é a parte máis complicada do proceso, o resto
                                                                                 dependerá da maña que nos deamos na decoración e modelado da
     Co líquido que nos quede faremos o prebe: coámolo das impurezas que         anguía.
     leve e reducímolo a lume alto.
                                                                                 Cando teñamos o caldo de azucre no seu punto engadimos a améndoa e
     Para acompañar esta carne podemos poñer de guarnición unhas patacas         a pataca previamente esfarelada cun garfo. Mesturamos todo ben até que
     fritas cortadas en cadradiños, unha compota de mazá, uns champiñóns         nos quede unha masa lisa e sen grumos; retiramos do lume e deixamos
     ou unhas alcachofas refogadas (poden ser de lata, non teñen por que ser     arrefriar. Logo deixarémola repousar na neveira, tapada 24 horas.
     frescas), uns pementos do piquillo... O que vos apeteza.
                                                                                 Pasado este tempo, xa podemos comezar a traballar o mazapán, deixaremos
     Sobremesa                                                                   unha boliña á parte para adornar a cabeza. Poremos a masa enriba dun
     ANGUÍA DE MAZAPÁN                                                           papel de forno, que previamente salpicaremos de azucre glas. Faremos
                                                                                 un tubo coa masa e coa axuda do azucre glas e dun rolo estiraremos para
     Esta receita merece moito a pena, leva un pouquiño de tempo, non moito,     facer un rectángulo moi estreito e alongado. Agora poremos un pouco de
     e parece máis complicada do que realmente é. Cando probedes a facer         cabelo de anxo por riba do mazapán, coma se preparásemos un brazo
     mazapán e vexades o fácil que é de manexar e o sabor que ten, non           de xitano, e axudándonos co papel xuntaremos os dous lados estreitos,
     volveredes mercar do industrial.                                            co recheo no medio. Agora con coidado iremos enroscando a masa; coa
                                                                                 boliña que apartamos darémoslle forma á cabeza, como a dunha serpe
     Precisaremos para o mazapán:                                                máis ou menos. Ao sacala do forno colocámola enriba da oblea.
     * 375 g de amándoa moída
     * 375 g de azucre normal                                                    Coa xema de ovo batida pintaremos a anguía e levarémola ao forno, só co
     * 150 g de auga                                                             gratinador, para que colla cor.
     * unha pataca cocida pequena
     * azucre glas para traballalo                                               Tócanos o último paso: facer a Glasa Real para decorar.

     Para o recheo e os adornos:                                                 Batemos a clara de ovo lixeiramente e comezamos a engadirlle o azucre
     * un bote de conserva de cabelo de anxo                                     glas aos poucos, batendo o conxunto fortemente, tennos que quedar a
     * froitas confeitadas                                                       textura da pasta de dentes.
     * 1 oblea redonda
     * 1 ovo, clara e xema por separado                                          Se se precisa engadiriamos máis azucre.
     * 200 g de azucre glas, non serve o moído por nós, ten que ser industrial
                                                                                 Cunha manga pasteleira pintaremos os ollos e a boca da anguía, e as
     Comezaremos preparando o mazapán, para iso poremos un cazo ao lume          escamas do corpo. Quédanos por colocar as froitas confeitadas polo
     coa auga e o azucre para facer un caldo de azucre forte, saberemos que      medio dos sucos que forma o corpo, podemos usar a glasa para pegalas.
     está no seu punto facendo a proba da culler: collemos un pouco do caldo
     de azucre nunha culler, esta precaución é para non queimarnos, mollamos     Merece a pena o esforzo, xa que o resultado é espectacular.
     o dedo índice e xuntámolo co polgar, se ao separalos paseniñamente se
     forma un fío xa temos o caldo de azucre no seu punto, se non, que coza
     un pouco máis.

14
MENÚ 2                                                                      Segundo prato
                                                                            OLLOMOL AO FORNO
Primeiro prato
SOPA DE ALLO                                                                Este é un peixe moi saboroso e moi doadiño de facer, podemos mercalo
                                                                            con antelación e conxelalo para que logo o peto non se nos asuste.
                                  Esta é unha receita moi habitual nos
                                  meses de frío, quenta o corpo mellor      Para catro persoas precisaremos:
                                  ca ningunha outra. Pero tamén é unha
                                  receita moi tradicional do día de Nadal                                      * quilo e medio de ollomol ou outro
                                  ou do de comezo de ano, para curar os                                        peixe similar
                                  excesos da noite anterior.                                                   * unha cebola grandiña, do país que
                                  Que mellor que despois de durmir                                             teñen máis sabor
                                  poucas horas e sobre todo comer máis                                         * catro patacas
                                  do normal que meter esta sopiña na                                           * dous tomates maduriños
                                  barriga.                                                                     * catro allos
                                                                                                               * un vasiño de viño branco
Precisaremos:                                                                                                  * pan raiado
* 1 litro de caldo, pode ser de polo, de carne ou vexetal, o que máis nos                                      * aceite de oliva virxe extra
preste.                                                                                                        * sal .
* media cabeza de allos
* 150 g de pan duro, pode ser bolo, barra... o que consumamos.              Limpamos ben o peixe, tanto por dentro coma por fóra, e salgamos.
* pemento doce                                                              Pelamos e cortamos as patacas e as cebolas en toros de non máis de un
* aceite de oliva virxe extra                                               dedo de grosor.
* 1 ovo por persoa, neste caso catro
* sal                                                                       Nunha fonte de forno previamente untada con aceite poñemos unha cama
                                                                            de patacas e cebolas, enriba poñemos o peixe.
O máis tradicional é facela nunha ola de barro, pero serviranos calquera
pota, poñemos a quentar o caldo nunha pota e noutra comezamos a             Ao peixe botámoslle o allo ben picadiño e o pan raiado, para que forme
fritir un pouco o pan, cortado en rebandas ben finiñas. Cando tome cor      unha costra ben gustosa.
retirámolo da pota e engadimos os allos fileteados.
No momento en que estean dourados retiramos a pota do lume e                Por último, só nos queda cortar os tomates polo medio, colocalos na fonte,
engadímoslle unha cullerada de pemento, mesturamos ben, levamos a           co corte cara a arriba, e regar o conxunto co vasiño de viño.
pota outra vez ao lume e engadímoslle o caldo xa quente e o sal. Cando
rompa a ferver botamos o pan e deixamos que coza, só nos restarán os        Ao forno prequentado a 180ºC media hora.
ovos batidos xusto no momento de servir, para que callen un pouco.
                                                                            As patacas, as cebolas e o tomate xa son a gornición, pero tamén podemos
Podemos enriquecela cuns cadradiños de xamón salteados, deberemos           acompañar o prato dunha col lombarda picada moi finiña e salteada en cru
probar o sal antes de engadirllo.                                           cuns allos. Se non nos gusta a col lombarda podemos usar repolo, verza do
                                                                            pais, uns grelos... a verdura que máis nos guste co mesmo procedemento.

                                                                                                                                                         15
Sobremesa
     COMPOTA DE MAZÁ E PERA AO VIÑO TINTO                                           Receitas vexetarianas para o Nadal
     Quen non prepara na súa casa unha compota? E ben rica que está! E
     se a esta compota lle engadimos unhas especias, unhas froitas secas            Primeiro prato
     e un pouco de viño convertemos un prato normal nunha sobremesa de              CEBOLAS ASADAS CON QUEIXO DE CABRA
     categoría.

     Precisaremos:
     * medio litro de viño tinto
     * dúas mazás grandiñas
     * dúas peras grandiñas tamén
     * oito orellóns
     * unha presadiña de pasas
     * auga
     * azucre
     Opcional:

     * catro anises estrelados
     * dúas sementes de pementa negra                                               Ingredientes (4 persoas):
     * dous cravos de olor
     * catro cardamomos                                                             8 cebolas grandes
                                                                                    200 g de queixo de cabra
     Podemos usalas todas ou só algunhas dependendo do noso gusto.                  aceite
                                                                                    sal
     Empezaremos poñendo dúas potas ao lume, nunha delas poremos a cocer            pementa
     o viño para que reduza e perda parte do seu alcol, e na outra faremos un       perexil
     caldo de azucre coa auga, o azucre e as especias.
     Cando vexamos que o viño reduciu á metade do seu tamaño engadímosllo           Preparación:
     ao caldo de azucre, no cal introduciremos as froitas secas e a froita fresca
     pelada e cortada en catro anacos. Deixamos cocer o conxunto até que a          Pela as cebolas e colócaas nunha bandexa para forno. Rega cun fío de
     froita feita estea branda pero non se desfaga.                                 aceite de oliva cada unha das cebolas. Bótalle sal, pementa e perexil ao
                                                                                    gusto.
     Un licorciño vaille moi ben para acompañar esta sobremesa.
     Parabéns para todos e todas nestas datas!!                                     Introduce a fonte no forno quentado previamente a 200 graos durante 25-
                                                                                    30 minutos. Retira a bandexa e coloca o queixo de cabra por encima.
     Marta Xen Santiago                                                             Volve meter a bandexa no forno. Cando o queixo estea dourado e derretido
     http://cocinhapoetica.blogspot.com                                             xa están lista para comer!
16
Segundo prato                                                          Sobremesa
BERENXENAS RECHEAS                                                     TORTA DE MAZÁS E NOCES

Ingredientes (4 persoas):                                              Ingredientes:
                                                                       4 mazás pequenas ou 3 grandes (mellor das
4 berenxenas grandes                                                   verdes ácidas)
2 cabezas de allo                                                      2 cuncas de azucre
100 g de cogomelos                                                     1 cunca de noces en anacos pequenos
100 g de olivas negras                                                 100 g de manteiga ou margarina sen sal
1 pemento                                                              4 ovos
2 tomates                                                              1 cunca de iogur natural (sen azucre)
50 g de queixo roquefort                                               1 culleradiña de vainilla
queixo para fundir                                                     ? culleradiña de canela
sal                                                                    2 cuncas de fariña (levedante, de forza)
azucre                                                                 1 culleradiña de po de enfornar (Royal)
aceite
pementa                                                                Preparación:

Preparación:                                                           Facemos un caramelo cunha cunca de azucre e acaramelamos un molde redondo de
                                                                       torta de aproximadamente 25 cm. de diámetro.
En primeiro lugar pícanse os allos, as olivas, o pemento, o tomate e   Pelamos e cortamos as mazás en anaquiños de media lúa e colocámolos enriba do
os cogomelos en anaquiños. Poñemos a quentar nunha tixola unha         caramelo en forma de flor ou estrela. Para este momento o caramelo xa estará duro.
cullerada de aceite e botamos todo nesta. Cociñamos a lume medio.      Encima das mazás esparexemos as noces e logo a manteiga cortada en anaquiños
Por outra banda, cortamos as berenxenas de forma horizontal e          pequenos.
baleirámolas por dentro cunha culler. Picamos a carne das berenxenas
e botámola na tixola. Engadimos o sal e a pementa ao gusto (e un       Metemos o molde no forno suave uns 10 minutos ou ata que suavicen un pouco as
pouco de azucre para quitar a acidez do tomate). Deixámolo a lume      mazás e derreta a manteiga.
medio durante 7-8 minutos.
                                                                       Mentres o molde está no forno, mesturamos noutro envase os ovos con outra cunca
Nunha bandexa grande apta para o forno, colocamos as berenxenas        de azucre, o iogur, a vainilla, a canela e a fariña mesturada co po Royal.
baleiras e enchémolas co sofrito da tixola. Engadimos uns cachiños
de queixo roquefort e metémolo no forno, quentado previamente a 200    Sacamos as mazás do forno e cubrímolas con esta mestura. Métese no molde de
graos durante 15-20 minutos.                                           novo ao forno e enfornamos como calquera outra torta.
Sacamos a bandexa e colocamos en cada unha das metades
de berenxena un pouco de queixo de fundir. Metemos outra vez a         Esperaremos a que arrefríe un pouco a torta para desmoldar (media hora). Dámoslle
bandexa e deixámola ata que o queixo estea dourado.                    a volta directamente nun prato e cando retiremos o molde descubrirase unha fermosa
                                                                       torta cuberta de noces e mazás acarameladas en forma de flor.
Sacamos a bandexa e servimos.
Nota: un bo acompañamento para esta receita son patacas asadas.
                                                                                                                                                            17
´
 Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir de forma critica e
 responsábel no Nadal
 Maria Carmen Fidalgo.
 Coordinadora da ONGD Amarante en Compostela

 Chegan as festas de Nadal –nas que hai tempo as compoñentes comercial e publicitaria acabaron por desprazar significados vencellados con aspectos
 relixiosos ou sociais– e atopámonos nun escenario que merece cando menos unha reflexión repousada sobre o consumo voraz que levamos a cabo
 durante todo o ano e, principalmente, nestas datas.

 Inmersas nunha crise que se presenta cunha vocación de permanencia maior do que anuncian a clase política e organismos internacionais, estamos
 a asistir como as expectativas de poñer freo á mudanza climática mediante un acordo ambicioso e xusto (non podemos esquecer a débeda ecolóxica
 contraída cos países empobrecidos) no vindeiro Cumio de Copenhagen se desinflan, a xulgar polas declaracións dalgúns dos mandatarios dos países
 máis influentes do planeta como Estados Unidos e China.

 Verdadeiramente son malas noticias para toda a humanidade, máis sobre todo para a mocidade e as xeracións futuras,
 que herdarán un mundo máis devastado en canto a ecosistemas e recursos naturais, no cal a desigualdade entre os
 países e pobos será aínda maior se non mudamos de rumbo.

 Por que chegamos a ese punto? Desde logo a reposta pasa por reflexionar sobre a forma en como estamos a espremer
 os recursos do planeta que habitamos e, por ende, sobre o noso modelo de produción e de consumo.

 Sobre este último aspecto queremos chamar a atención neste artigo, incidindo na necesidade de facerse preguntas sobre
 as causas da desigualdade entre unha beira e outra do planeta, para acto seguido repensar a nosa forma de consumir.

 O primeiro elemento que precisamos ter en conta á hora de consumir xira en torno á necesidade de mercar algo. Esa ten que ser a pregunta fundamental
 que nos fagamos antes de adquirir un produto ou servizo, pois en moitas ocasións o consumo atende a outras motivacións moi distintas da necesidade
 real (sentirnos aceptadas e aceptados e formar parte dun grupo, por exemplo).

 No caso de que a resposta sexa positiva, é importante considerar se non podemos acceder a aquilo que nos fai falta a través doutras vías: pedir
 prestado a unha persoa amiga, trocar, reutilizar ou mercar de segunda man son só algunhas ideas para reducir e minimizar o impacto do noso consumo,
 aproveitando de forma intelixente os recursos dispoñibles.

 Á hora de agasallar paga a pena considerar outras opcións, pensando en detalles que son únicos e exclusivos: facer nós mesmas un agasallo (podemos
 elaborar desde floreiros, portacandeas ou portalapis con envases, broches con refugallo –basta usar a creatividade e poñer algo de tempo e ganas–),
 gravar un CD con músicas que nos gustan ou que nos recordan a persoa a quen queremos agasallar, facerlle unha comida ou sobremesa saborosa, pasar
18
unha tarde no parque… e tantas outras cousas que non se mercan con cartos!

No caso de que realmente precises mercar algo ou lle queiras facer un agasallo especial a alguén, para a pensar como están feitos os produtos que
vemos nos escaparates das grandes superficies e establecementos comerciais. Quen cose esta roupa? Quen cultiva o cacao a partir do que se elaboran
as máis diversas lambetadas de chocolate? Onde e en que condicións o fai?

Nese punto da reflexión o comercio xusto xoga un importante papel ao garantirlles un salario digno aos produtores e traballadoras de países empobrecidos,
igualdade entre homes e mulleres (a igual traballo, igual salario) e respecto ao medioambiente, apostando pola agricultura ecolóxica. Tamén rexeita o
traballo infantil e establece un compromiso comercial a longo prazo, pagando de forma anticipada pola produción, permitindo así que as familias poidan
vivir de forma digna no período previo á entrega das colleitas e que poidan planificarse sen temor ás oscilacións do mercado.

Finalmente, as cooperativas de produtores e produtoras que traballan no marco do comercio xusto invisten parte dos beneficios acadados pola
comercialización en infraestruturas e servizos que benefician a toda a comunidade, como sanidade, educación, capacitación técnica, saneamento, etc.

Ademais da venda de produtos, algunhas organizacións que traballan no eido do Comercio Xusto tamén realizan diversas actividades de sensibilización
(como charlas, obradoiros, ciclos de cinema), difusión e campañas para cambiar as regras do comercio internacional e as condicións e produción nos
países do Sur.

Non obstante, a reflexión non remata aí. A necesidade de apostar por unha economía e un comercio solidario, a servizo das persoas e non das grandes
corporacións e empresas multinacionais, debe darse tanto nos países do sur como do norte.

Se miramos o noso contorno, por exemplo, vemos como os pequenos agricultores e agricultoras galegas, así como as explotacións gandeiras, sofren
unha grave crise, que ameaza o futuro non só dun sector senón tamén dunha forma de vida. Consumir produtos locais e ecolóxicos ou mercar no
comercio de proximidade son apostas polo desenvolvemento e a vida nos nosos barrios e no agro

En definitiva, trátase de que paremos a pensar que o acto de mercar tamén pode ser un acto político se o acompañamos dunha análise profunda sobre o
impacto das nosas compras. Por que modelo de produción estamos apostando cando nos decantamos por un produto? Pola produción local, respectuosa
co contorno e cos dereitos das persoas? Ou pola produción a grande escala, que maximiza os beneficios á custa das condicións laborais e salariais de
milleiros de traballadores e traballadoras, e que é unha das principais fontes da mudanza climática?

Facernos estas preguntas e actuar en consecuencia pode ser unha das chaves para sobrevivir ás festas sen devorar o planeta e incorporando un criterio
ético e social ás nosas mercas. Atréveste?

Fontes:

www.amaranteong.org
Setem Madrid. Cómo vivir sin acabar con el planeta. Manual para jóvenes inquietos (…y adultos preocupados). Madrid, 2006.
Toni Lodeiro. Consumir menos, vivir mejor. Ideas prácticas para un consumo más conciente. Txalaparta. Tafalla, 2008.
                                                                                                                                                            19
Receitas para un Nadal sustentable?
 Juan Marcos Pérez Gulín | perezgulin@perezgulin.org | www.perezgulin.org
 Tempos de sobreexcitación

             A medida que nos achegamos a estas datas da fin do ano, todos os nosos sentidos vense sometidos a unha enorme sobreexcitación. Os doces
 de Nadal axudarán a que sigamos a obviar a fame do mundo. As luces de cores xunto cos piñeiros e os abetos disfrazados apartarán a nosa vista dos
 tempos de crise que estamos a vivir. As músicas melódicas das panxoliñas disimularán os molestos ruídos dos vehículos na rúa. Os agarimos e apertas
 substitúen temporalmente os berros e as discusións. E o arrecendo das perfumerías trasládanos a unha paréntese que non ten nada que ver coa
 realidade que vivimos o resto do ano.
             Aínda que nunha moi pequena proporción, unha parte deste bombardeo ao que serán sometidos os nosos sentidos terá unha marcada
 compoñente ambiental. Sobre todo a través das superproducións publicitarias que farán as máis grandes empresas do país.
             Seguramente comezarán por apelar a un renovado espírito do Nadal relacionado coa natureza para chegar á nosa fibra sensible a través da
 incontestable beleza do Planeta que habitamos. Será entón cando pasen a falar abertamente do seu gran compromiso coa Terra que é o noso lar. Antes
 de rematar presentarannos algún neno ou nena para facer o paralelismo coas necesidade de coidar o planeta e o futuro que lles deixaremos ás nosas
 fillas e aos nosos fillos. Como remate, sen nos dar conta, utilizarán unha pregunta retórica como “vés con nos?”, “apúntaste?”, “quéresnos axudar?”,...
 e case sen nos dar conta, a culpa é nosa e estamos totalmente dispostos a que os nosos compromisos individuais de cara ao 2010 teñan un marcado
 carácter ambiental e de defensa do planeta.
             Defender nós, á Terra?
             Por aquí é por onde comeza o problema básico de comprensión da sustentabilidade. Estamos moi enganados se pensamos que somos quen
 de salvar a natureza ou o Planeta. Resulta que é a Terra quen nos dá a vida a nós, e os sistemas naturais son os que soportan directamente o noso
 desenvolvemento. O ecosistema Terra existe dende antes de que tan sequera nós tivésemos subido ás árbores para despois volver baixar, e seguramente
 existirá despois de nós...
             Cando baixamos das árbores, moi pouco a pouco organizámonos en familias, clans, tribos,... e evolucionamos até a sociedade actual. Para
 favorecer o progreso asociado ao intercambio, ao longo deste camiño de socialización comezouse a fraguar o subsistema económico. Este sufriu un
 crecemento espectacular coa revolución industrial que tivo a nefasta consecuencia de provocar o desligamento teórico e ficticio entre o natural e o
 humano.
             É dende esta perspectiva antropocéntrica que xorden moitos dos problemas globais e mais estratéxicos que temos que afrontar na actualidade.
 Nun momento dado pensamos que podiamos saír do ecosistema global para dominar a natureza e deixamos de asumir que somos a parte máis débil dun
 todo que funciona de forma sistémica para o seu propio regulamento e sustentabilidade.
             Neste contexto é preciso asumir que a sustentabilidade da que tanto se fala nestes tempos é simplemente o desexo social de prolongar a
 existencia da Humanidade na Terra o máximo posible. Polo tanto, non é un favor para a natureza ou para o Planeta senón unha necesidade para a nosa
 supervivencia como especie.
             E todo isto acontece no Nadal
             Precisamente é nestas datas, que son as que máis lonxe están da idea de sustentabilidade, cando teñen un maior calado as mensaxes de
 salvagardar o futuro do Planeta. A forma en que vivimos o Nadal no “occidente desenvolvido” leva incorporada a insustentabilidade na súa mesma
       raíz. Tratarei de exemplificar isto en dous casos moi fáciles de identificar que desvelan os paradoxos que xorden cando se perde a perspectiva dos
20 obxectivos últimos que buscamos coas nosas accións.
É evidente que nestas datas se disparan os consumos enerxéticos. Unha das causas son as pequenas luces con que iluminamos o ceo das vilas
e cidades. A orixe desta iluminación está na representación da estrela de oriente que hoxe non podería guiar os Reis Magos xa que terían dificultades
para atopala no ceo, entre outros motivos, pola contaminación atmosférica da produción enerxética para acender as luces de Nadal que a tentan imitar.
Ou incluso un paradoxo máis tipicamente galego como é o feito de que en certos casos do rural galego (estou a pensar mesmo na miña aldea) o que non
permite ver as estrelas é a contaminación lumínica da propia decoración do Nadal, ou simplemente deses rueiros iluminados constantemente pero por
onde non pasa ninguén en toda a noite.
	        Respecto do ciclo de materiais na nosa sociedade, podemos falar dos grandes resultados que conseguimos entre todos aforrando bolsas de
plástico durante o ano (seguramente tamén haberá un anuncio dalgunha gran superficie comercial dándonos as grazas por colaborar con eles por un
futuro mellor, ou ¿serán grazas por pagarlles as bolsas que até agora eran gratis e tiñan un peso importante nas contas de resultados?). Pois ben,
facemos un grande esforzo durante todo o ano e resulta que agora empaquetamos o que xa vén empaquetado para dar unha sorpresa. Estou totalmente
de acordo coa sorpresa pero, se o pensamos un pouquiño, seguramente poderiamos inventar mil e unha forma de dar sorpresas que sexan menos obvias
que agochar un regalo con papel e poñelo nas mans da agasallada ou do agasallado.
	        E no colmo dos centos de paradoxos que poderían servir como mostra con gran parte dos regalos que estaremos a facer, a República Popular
de China está a facer un enorme negocio aproveitándose da maior das festas cristiás!!!
Facémolo mal a propósito?
	        Pode haber moitas explicacións posibles para estes e outros paradoxos, e igual de válida que outras (namentres non se demostre o contrario) é
considerar que esa sobreexcitación da que falaba ao principio non sexa casual senón que estea ben orientada para converter estes días de final do ano
nunha catarse colectiva de consumo compulsivo na procura dun pracer directamente relacionado coa cantidade, máis sempre é mellor.
	        Non existen receitas máxicas para a sustentabilidade
	        Envío postais de UNICEF ou fágoas eu?, árbore natural ou de PVC?, está ben tomar piña na sobremesa?, se ilumino con LEDs poden quedar
acendidos toda a noite?, é sustentable regalar un coche? Existen moitas situacións en que sería lóxico xustificar calquera resposta pero non se pode
concretar unha receita común.
	        Toca pensar e reflexionar en cada momento e circunstancia para buscar a mellor forma de conseguir o que queremos. O problema é que esta
opción resulta menos cómoda que achegarse ao departamento de regalos estándar organizados por prezos, ou que facer a receita de todos os anos
sen nos preguntar de onde veñen os ingredientes, ou que decorar a casa co “último grito” en luces máis todas aquelas que aínda nos funcionan de anos
anteriores...
	        En termos de planificación estratéxica, diría que deberiamos procurar unha maior coherencia interna entre os obxectivos definidos, as estratexias
deseñadas e as accións desenvolvidas para acadar os resultados previstos do modo máis eficiente posible. En termos que nos serven para afrontar todas
as decisións que temos que tomar de cara ao Nadal, basta con utilizar o sentido común para escollermos o que realmente queremos conseguir e non o
que nos din que queremos conseguir.
	        Dito dunha forma algo máis bonita e igual de eficiente, trátase de que imaxinemos o que desexamos para despois pensar cal é a mellor maneira
de conseguilo e, finalmente, crear as condicións necesarias para que todo aconteza como pensamos e o que imaxinamos sexa unha realidade.
Imaxina, pensa e crea.
	        E como o movemento se demostra andando, fágovos partícipes de que con escribir estas tres palabras xuntas acabo de facer un regalo que
non vai empaquetado, non vén da China, non é moi caro, pero que a quen vai destinado vaille debuxar un sorriso que eu estou a gozar só con imaxinalo.
Para o demais, MasterCard.
						                                                  Por un 2010 que permita un 2011 mellor.
                                                                                                                                                             21
Consumir ou devorar, velai a cuestión
                   Celebración do solsticio de inverno transformada pola Igrexa en conmemoración do nacemento de Xesús Cristo para acabar por virar
                   na quinta-esencia do consumismo por obra e graza do sistema capitalista en que vivimos... O Nadal está aquí de novo, aínda que talvez
                   cunha novidade: a(s) crise(s), cada vez máis presente(s).

                 O noso modo de vida, baseado na sobreprodución e no sobreconsumo, provoca graves impactos ambientais e sociais, locais e globais,
                 inmediatos e demorados no tempo... devora o planeta e o futuro, por iso é insustentábel e, xa que logo, (auto)destrutivo. De aí a crise,
                 a financeira e non só: levamos o planeta a unha crise ecolóxica global (climática, da biodiversidade, da auga, dos solos, enerxética...)
 e de nós depende mudar o rumbo para evitar que se continúe a agravar atinxindo extremos catastróficos.

 O consumo é un dos contextos onde decidirmos se continuar pola autoestrada da destrución ambiental e social ou escoller o camiño da sustentabilidade
 ecolóxica e a xustiza social. Consumimos en exceso, por riba das nosas necesidades e mesmo das nosas posibilidades, de forma irreflexiva, compulsiva
 —e xeramos residuos de modo proporcional, claro—. Facemos isto todo o ano mais en determinadas ocasións decidimos que non é abondo e multiplicamos
 a desfeita. Este é o caso do Nadal, que ademais adornamos con mensaxes de paz e encontro familiar.

 Precisamente polos valores asociados ao Nadal, esta celebración tende a combinar desbaldimento e caridade, opulencia e “boas accións”, xestos que
 tranquilizan consciencias mais non mudan nada: sexa en forma de esmola, telemaratón ou compra ocasional e anecdótica de produtos de comercio
 xusto. Doutra banda, a actual crise económica pode moderar as nosas ansias consumistas —tamén a caridade?— pero apenas como unha reacción
 conxuntural á espera de “mellores tempos” nos que poder volver á total despreocupación.

 O consumo responsábel non é un tranquilizador de (máis) consciencias nin unha nova versión do consumismo “clásico” tinxida de verde e solidario. Tal e
 como na asociación ecopacifista Verdegaia o entendemos, é un elemento fundamental para superarmos a crise ecolóxica global, unha ferramenta para a
 transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Xa que logo, é unha actitude consciente mantida ao longo
 do ano, unha opción de vida froito da reflexión sobre as nosas necesidades e o modo de as cubrir.

 Para alén disto, o consumo responsábel non pode ficar limitado a unha actividade individual e privada, é un exercicio de cidadanía responsábel.
 Se realmente aspiramos a contribuír para unha mudanza de rumbo, se de verdade queremos axudar a transformar, entón o consumo responsábel
 débese organizar colectivamente e transcender publicamente, denunciar e construír para facer posíbel vivir sen devorar o planeta e o futuro. Por este
 motivo, Verdegaia botou a andar a campaña “Consomes ou Devoras?”, na que conflúen análise, sensibilización e presión/mobilización, ademais de
     desenvolvemento de alternativas e apoio ás xa existentes, un lugar de encontro no que xerar sinerxías para transformar.
22
As crises financeira e ecolóxica globais deberían servir como estímulo para a reflexión sobre o noso (auto)destrutivo modo de vida. O Nadal, dadas as
súas características, pode ser unha moi boa ocasión para profundar nesas reflexións e comezar a tomar decisións ao respecto. Celebremos o solsticio de
inverno, o nacemento de Xesús Cristo ou simplemente que temos uns días feirados para descansar e nos xuntar coa xente que queremos, fagámolo de
forma sincera e sinxela, sen desbaldir, sen devorar. Gocemos máis destes días, libres da presión consumista, sen necesidade de aparentar nin de calar
remorsos, poñendo as bases para saírmos da crise, construíndo sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz.

Máis información:
http://www.verdegaia.org
http://www.consomesoudevoras.info


Xosé Maria García Villaverde
Secretario Xeral de Verdegaia



Un máis un son tres
Despois deste título preguntaraste de que vai este artigo, sigue lendo se che parece. Nestas datas de felicidade empaquetada, unha gran parte da
mocidade vivimos con incerteza o noso futuro, es ti un deles? Malia ser un dos primeiriños estudantes en sufrir a ESO, ben sei que un máis un non dá
tres. Aínda así, ese debería ser o resultado axeitado cando che intento falar de cooperación para o desenvolvemento. Que de que vai iso? Agora cho
explico. Acotío, empregamos a cooperación coma un xeito de colaboración entre unha ou varias partes para obter unha mellora de calquera tipo, o froito
desa unión axuda ao desenvolvemento mutuo. En cru, cústame entendelo ata a min. Dous exemplos. No eido laboral, repartindo pizzas nunha moto para
unha cadea de restaurantes, obtés un salario medianamente axeitado a cambio do teu traballo; ambas as partes benefícianse. No persoal, fornicando con
xeito, con condón, por exemplo, obterás pracer sexual de proveito. En resumidas contas, as máis das veces para poder conseguir unha mellora nas nosas
vidas é necesario dar algo a cambio. Ademais disto, e para que a cooperación sexa efectiva, o trato entre as partes ten que producirse en igualdade. Claro
que a teoría dista moito da práctica, non si?

Se che preguntase a que asocias cooperación para o desenvolvemento no eido internacional, que responderías? Non perdas tempo a matinar e sigue
a ler, anda! As grandes potencias, isto é, os principais estados do denominado primeiro mundo, eses si que sabes cales son, deron en crear nos seus
gobernos áreas para a cooperación, para o desenvolvemento, para axudarlles aos denominados estados do terceiro mundo, estes son os estados
pobres, coa finalidade de saír do seu atraso. A principal característica é que este tipo de axuda se distribúe segundo o principio de solidariedade. Que
significa isto? Pois que os estados ricos que lles proporcionan axuda aos pobres fano sen esperar nada a cambio. Segundo o dito no primeiro parágrafo,
                                                                                                                                                             23
paréceche isto certo? Rotundamente non. A denominada cooperación non é tal, non existe unha situación de
 igualdade previa. Os medios de comunicación alertan das graves desigualdades que existen no planeta sobre a
 concentración da riqueza en moi poucas mans e as graves necesidades que disto se deriva en poboacións pobres.
 Ante isto, asegúroche que calquera pretensión dun goberno ou institución privada, tamén hai empresas, de axudar
 ás persoas pobres é menos que unha farsa, sempre hai intereses mediante. Cales poden ser os intereses para
 realizar este tipo de accións? Diversos son, a maioría delas de tipo económico, pero sempre teñen o mesmo
 denominador común, isto é, o control dese territorio para a súa explotación ou enriquecemento. Denomínase
 neocolonialismo, ou novo colonialismo, e desta volta o control non é exercido por estados, senón por multinacionais
 que controlan eses estados e pretenden obter beneficios neses territorios subdesenvolvidos.

 Chegados ata este punto, e se aínda non quedaches a durmir lendo, como mínimo andarás a matinar as razóns
 polas que me dirixo a ti. Vou ao gran do asunto. Intentarei ser claro. O pasado mes de xullo participei xunto con outras cinco persoas nun proxecto
 de formación que desenvolve a ONGD galega Amarante (www.amaranteong.org) en varios países do sur. Varios eran os destinos posibles, eu fun no
 grupo de Marrocos a unha cidade no norte, Tánxer. Durante a nosa estancia convivimos na asociación de mulleres traballadoras na industria téxtil que
 cosen prendas para as industrias que venden nas cidades onde nós vivimos. É necesario mencionar que os marroquís teñen un estado que non coida
 dos seus intereses, poderíase dicir que sucede ao contrario, os marroquís teñen que coidar os intereses do estado pagando un alto prezo en forma de
 represión de liberdades e problemas sociais básicos. O control relixioso e a man dura son ferramentas habituais para ter “tranquila” a poboación mentres
 se produce a verdadeira cooperación para o desenvolvemento. O goberno marroquí está levando a cabo unha occidentalización senlleira permitíndolles
 ás multinacionais estranxeiras o control dos recursos do país a cambio de contrapartidas económicas. Só na cidade de Tánxer, as subministradoras de
 electricidade e auga sanitaria son multinacionais francesas, e a que recolle o lixo é española. Que quere dicir isto? Que os recursos da poboación están
 en mans estranxeiras e son un elemento de control e presión. E que pintan aquí os gobernos? Nada, ou case nada, na situación entre os gobernos de
 Marrocos e España a cooperación para desenvolvemento ten unha misión de contención dos fluxos migratorios da África subsahariana, é, por así dicilo,
 o que fai o traballo sucio saltándose dereitos humanos e silenciando unha situación de extrema gravidade. Os gobernos son hoxe en día vasalos das
 multinacionais e funcionan como actores mediáticos, para ter os cidadáns españois tranquilos e contentos e canto menos se saiba mellor. A poucos
 quilómetros da cidade de Tánxer están aparecendo moitas das industrias deslocalizadas que pechan en España, casualidade? Fai falla que che conte
 máis para que te deas conta do verdadeiro uso da axuda ao desenvolvemento que fai en realidade o goberno no noso estado. Se investigases un pouco
 máis, chegarías á conclusión de que se trata un problema xerado por nós mesmos. O sistema económico en que vivimos está baseado no consumo de
 produtos, para que isto suceda as empresas que os fabrican teñen que ofrecer novas cousas que mercar, cada vez a prezos máis baixos para que o
 produto sexa atractivo. Ademais disto, obter beneficios, razón pola cal moitas das empresas están pechando preto da nosa contorna e marchan a un novo
 polígono industrial a Marrocos, onde os custos de produción son moito máis baixos. A parte menos agradable de cando estiven aló, é cando coñeces
 algunha das obreiras que traballan nos talleres e falan da situación laboral que viven acotío, as condicións laborais que padecen, os inexistentes dereitos
 que posúen provócanche unha sensación de impotencia, de incapacidade ante a que o mellor que podes facer é escoitar e reflexionar.

24
Temos que cambiar o noso xeito de vivir. Non sei se estarás de acordo comigo, mais penso que os mozos hoxe en día posuímos demasiadas cousas e
non as sabemos valorar. A vida é demasiado rápida para pararse a pensar de onde veñen e a onde van as cousas que mercamos e tiramos cando xa
non serven. Compramos continuamente produtos que non serven ren. Es consciente disto? Ata hai pouco eu non, tiven que deter a miña vida e pararme
a preguntar o porqué destas cousas. Sabes como se fabrica un pantalón? Cantos pares son necesarios para a vida cotiá? Pensa e fala con outros sobre
isto, existen alternativas e xeitos de vida máis sinxelos para acadar un mundo máis igualitario, responsabilízate dos teus actos e sé partícipe do cambio,
intenta ver máis aló da túa realidade.

Adrián Serantes Tobío
Participante do proxecto Xanela aberta ao Sur da ONGD Amarante



A importancia de conservar as nosas raices
	         Hoxe en día é moi habitual percorrer vilas e aldeas tragadas polas silvas, vendo o abandono de terras e casas que á vez leva implícito o propio
abandono da súa xente. Non nos decatamos de que estamos deixando perder parte da nosa propia existencia, forxa da nosa identidade, da nosa cultura
e tradición, e en definitiva o noso patrimonio.
	         A palabra “patrimonio” vén do latín e significa todo aquilo que provén dos pais. Este constitúe o testemuño do traballo e esforzo dos/as nosos/as
devanceiros/as por dotarnos dun inxente legado, que abarca dende pazos, monumentos, obras artísticas, artes populares (cestería, olería, tecido, etc.),
espazos naturais, ata símbolos, lendas, tradicións e costumes que fortalecen e reproducen a convivencia coma grupo ou comunidade chea de sentimentos
de pertenza a unha terra rica e heteroxénea. Entón, por que deixalo perder no tempo? Reflexionemos e pensemos que temos unha irrenunciable
responsabilidade de valorar, protexer e manter a nosa herdanza e de ser portadores/as de cultura, así coma seguir transmitindo e impulsando tanto dentro
coma fóra da nosa terra e mantendo no tempo coas xeracións futuras para que estas poidan entender a súa propia historia.
	         Temos que darlle importancia a apreciar toda a riqueza, moito máis lonxe dunha cómoda mirada e ir máis alá de expresións coma “non son
máis que unha morea de edificios vellos”, “son moi bonitos, pero non sei que importancia teñen?”, “prefiro as cousas modernas, xa que están de moda e
funcionan moito mellor”.
	         As expresións da nosa herdanza están concibidas coma a alma dos pobos que conforman a nosa Galiza, e nós podemos proxectalas, mostrando
a nosa cultura, costumes, tradicións e, como non, as marabillosas paraxes que lle dan vida á nosa terra.
	         Así, o patrimonio galego confórmase como un importante recurso cultural, social e ao mesmo tempo económico, beneficioso para o
desenvolvemento da sociedade onde se asenta, sempre e cando estea integrado baixo unha política baseada nun desenvolvemento sustentable, xa que
co paso do tempo xurdiu unha “industria do turismo” que moitas veces deixa de lado a conservación do patrimonio, dándolle máis importancia ao uso dos
                                                                                                                                                              25
bens en cuestión. Hai que lograr un equilibrio coherente e respectuoso entre o turismo e o patrimonio, aspirando a promover a toma de conciencia sobre
 a importancia de conservar e transmitir os legados dos nosos pobos.
           Aínda non é tarde para volvernos unha comunidade patrimonialista, onde uns dos nosos principais obxectivos sexa conservar, defender e
 impulsar o noso patrimonio, indagando máis en coñecementos, actividades e expresións da nosa historia, as transformacións sufridas, os costumes e o
 saber popular que aínda permanece nos pobos. Todo este reflexo de unión achegaranos a información básica e necesaria para comprender a situación
 na que nos atopamos e a importancia da súa conservación, mostrándonos ao mesmo tempo recursos prácticos e exemplos da capacidade para vivir en
 coherencia e harmonía co medio.
           Un exemplo claro de todo isto e como referente do patrimonio galego é Rebordechao, un lugar pequeno a simple vista pero moi grande histórica
 e culturalmente. Está situado en plena serra de San Mamede, na provincia de Ourense. Era unha das vilas máis importantes daquela zona, non só en
 número de habitantes, senón porque era unha vila unida, cómplice e xenerosa. A xente traballaba para sobrevivir das leiras e do gando, leiras nas que
 hoxe en día só hai silvas ou eucaliptos. Traballaban de forma cooperativa, sempre axudándose uns/as a outros/as. Sempre foi unha vila alegre e durante
 moitas décadas case autosuficiente xa que posuían forxas, muíños, fornos privados e comunais, colmeas, etc.
           Os/as máis novos/as quedaban abraiados/as cando escoitaban os/as avós/as contando historias antigas da vila sentíndose moi orgullosos/as
 dela... pero, que aconteceu? Co paso do tempo a xente maior foi morrendo e a xente nova marchou do lugar para ir vivir á cidade en busca de traballo
 e novas formas de vida. Hoxe en día Rebordechao segue sendo un lugar pequeno, pero aínda máis pequeno, xa que case non queda xente e a pouca
 que hai é moi maior. Intentan manter un pouco todo o de antes, e non queren resignarse a que a súa aldea esmoreza día a día. Agora converteuse nunha
 “vila museo”, onde a xente que vai de visita queda abraiada coa forma de vivir, traballar, falar e, como non, coa boa vontade dos/as habitantes que a cada
 persoa que por alí pasa, dinlle “que pracer dá ver xente polas rúas, a ver se vindes máis a miúdo que isto quedou un pouco morto...”.
           Esta vila posúe un enorme patrimonio non só cultural, ambiental, etnográfico, etc., e sobre todo humano, xa que seguen loitando por non deixar
 que a súa historia se perda, por non ver a súa vila comida por un montón de silvas e xestas. Intentan rehabilitar casas, recuperar labores, tradicións,
 costumes... pero é duro e aínda así mantéñense.
           A historia, como vedes, é o resultado do labor dun pobo que se enfronta no tempo aos máis diversos retos para a súa propia existencia,
 permanencia e reprodución. Esta historia xera unha cultura nun tempo e espazo determinado, onde á vez, a historia
 e a cultura xeran unha identidade, que nos cohesiona e nos une, que é a identidade cultural. Por iso sempre se
 dixo que un pobo, nación ou comunidade que conserva, protexe e defende a súa identidade cultural, é un pobo que
 coñece a súa historia, que é consciente do seu presente e que ten todo o poder de pensar, reflexionar e soñar co
 seu futuro.

     Rebeca Carreiro
     Amigos da Terra


26
Ti debes ser o cambio que desexas ver no mundo.
                                                                                                                                Mahatma Gandhi


Un lugar de interese:
Termas de Bande
Aos pés do Río Limia, existe un fermoso e reconfortante lugar para relaxarse e gozar da natureza: as Termas de Bande. Atópanse entre Bande, Muíños
e Santa Comba (Ourense) ao carón do embalse das Conchas, preto do campamento romano Aquis Querquennis. O nome aquis significa auga e o nome
querquennis procede de quercus que é o termo latino para designar o carballo. Aquis debido ás augas termais e o querquennis pola abundancia de
                                                    carballos na zona. Ademais, Querquennia era o nome co que os romanos designaron esta comarca
                                                    na antigüidade.

                                                   Estas termas evocan tranquilidade e paz. As augas xeadas do embalse xunto coas augas termais
                                                   serven como medicina natural contra o reumatismo e as enfermidades da pel, como explican os
                                                   poboadores da zona.

                                                   As termas naturais están dentro dun antigo balneario romano, e moitas das pozas están dentro
                                                   mesmo á beira do río. Só están delimitadas por pequenos muros feitos coas propias pedras do río.



Como chegar:

Dende Ourense debes tomar a vía OU-540 en dirección a Bande. Debes atravesar A Manchica,
Celanova e Bande en dirección a Santa Comba. Pasando Lobosandaus hai un camiño de terra que
vai dar ao primeiro campamento e un pouco máis adiante están as termas.




                                                                                                                                                      27
Cantar de               Os señores desta casa
                        saberannos perdonare
                                                         Chourizo, pois, longaniza,
                                                         uña de porco, fociño;
                                                                                          Déanolo, señora,
                                                                                          se nolo ha de dar
Nadal                   que somos rapazas novas          ou de xamón dúas tortillas       somos camiñantes
                        e non sabemos cantare.           con dous xerriños de viño.       e temos que andar.
Déano-lo aguinaldo
se no lo han de dare    Dios llo pague, señora,          De cantar xa nos cansamos        Esta vai por despedida
que vimos de lonxe      Dios queira que dun ano          por probes non nos desprecien    hoxe aquí non canto outra
e temos que marchare.   me dea vosté o aguinaldo         que se algo os ricos non dan     os señores desta casa
                        coas súas benditas manos.        os probes mal se remexen.        de hoxe nun ano me oian outra.
Moitos anos viva
a dona desta casa,      Quédense con Dios, señores,      Vivan e vivamos todos            ¡Hoxe, día de Reis,
para dar o aguinaldo    hasta o ano que volvamos,        que para todos Dios nos dou      principio do ano,
nunca foi escasa.       se non nos vemos aquí            saudiña, ¡cante o merlo!         damas e doncellas
                        ¡que no Ceo nos vexamos!         ¡adiós ano que acabou!           dádenos o aguinaldo!
Moitos anos viva
o dono tamén,           Déanos o aguinaldo               A señora ama da casa
temos por noticia       anque sexa pouco,                ten a color da cereixa
que é home de ben.      un touciño enteiro               ela como é boa moza
                        e a metade doutro.               sen esmola non nos deixa.
Aquí hai mociñas
que gastan salero       Catro mancebos xuntiños          Esta casa si que é casa
que nos han de dare     aquí xuntiños estamos,           estas si que son paredes
o viño do xerro.        e tan cansados os catro          a muller que nela está
                        que é preciso alimentarnos.      é muller entre as mulleres.
Aquí hai mociños
que gastan sombreiro    De moi lonxe xa viñemos          Ai, señora ama da casa,
que nos han de dare     noite que andar aínda falta;     cachee ben os petos
o real enteiro.         as forzas piden reparo           e se non nos ha de dar cartos,
                        mollo as gorxas e non de auga.   déanos ovos ou chourizos.

More Related Content

Similar to O noso nadal

Follas
FollasFollas
FollasFiz
 
lecturas
lecturaslecturas
lecturasFiz
 
Manual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas galManual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas galPlastilina3
 
Boas prácticas ambientais en Nadal
Boas prácticas ambientais en NadalBoas prácticas ambientais en Nadal
Boas prácticas ambientais en Nadalrociofernandezfer
 
Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13ceipcoiron
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blogmafebesada
 
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COMEXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COMceipbarro
 
Os Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As CastrexasOs Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As Castrexasmagarea
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019bibliotecadocole
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019bibliotecadocole
 
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Isabel Maceira
 

Similar to O noso nadal (14)

Follas
FollasFollas
Follas
 
lecturas
lecturaslecturas
lecturas
 
Manual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas galManual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas gal
 
Boas prácticas ambientais en Nadal
Boas prácticas ambientais en NadalBoas prácticas ambientais en Nadal
Boas prácticas ambientais en Nadal
 
Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blog
 
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COMEXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
 
Os Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As CastrexasOs Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As Castrexas
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 

More from susilagioso

Roberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañoRoberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañosusilagioso
 
Mes da lingua copy
Mes da lingua copyMes da lingua copy
Mes da lingua copysusilagioso
 
Trouladas nº 20
Trouladas nº 20 Trouladas nº 20
Trouladas nº 20 susilagioso
 
Conto rosa caramelo
Conto rosa carameloConto rosa caramelo
Conto rosa caramelosusilagioso
 

More from susilagioso (6)

Roberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañoRoberto vidal bolaño
Roberto vidal bolaño
 
Mes da lingua copy
Mes da lingua copyMes da lingua copy
Mes da lingua copy
 
Trouladas nº 20
Trouladas nº 20 Trouladas nº 20
Trouladas nº 20
 
Trouladas nº21
Trouladas nº21Trouladas nº21
Trouladas nº21
 
Conto rosa caramelo
Conto rosa carameloConto rosa caramelo
Conto rosa caramelo
 
Reis e raíñas
Reis e raíñasReis e raíñas
Reis e raíñas
 

O noso nadal

  • 2. Contido - Consellos para un Nadal galego e verde 3 - Artigos verdes: “Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir - Agasallos en galego 4 de forma crítica e responsábel no Nadal”, María Carmen Fidalgo, ONDG Amarante 18 - Roteiros literarios 6 “Receitas para un Nadal sustentable?”, Juan Marcos Pérez Gulín 20 - Artigos galego: “Consumir ou devorar, velaí a cuestión”, Xosé María García “Falas menos galego que un teletubbi”, Séchu Sende 7 Villaverde, asociación Verdegaia 22 “A tecnoloxía, tamén en galego”, Marcus Fernández “Un máis un son tres”, Adrián Serantes Tobío, proxecto Otero 8 Xanela aberta 23 “As palabras”, Paula Carballeira 10 “A importancia de conservar as nosas raíces”, Rebeca “Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de Carreiro, asociación Amigos da Terra 25 sempre”, Kiko Fernández Mújico, Carlos Yus Respaldiza, María Campos Cabaleiro 11 - As termas de Bande, un lugar de interese 27 - Receitas: -menús tradicionais 13 -menú vexetariano 16 O noso Nadal, galego e verde Consello da Xuventude de Galicia www.cxg.org Deseño e Maquetación: Ofireyco, S.L. Diseñador: Luis Rodríguez www.luisenrique.info Depósito Legal: C 3980-2009
  • 3. Algúns consellos para un Nadal ademais de axudar a impulsar a economía local, estarás axudando a frear a xeración dos gases invernadoiro que se xeran co traslado de materiais. galego e verde - Elixe consumir aqueles produtos que poidas reciclar.   Achéganse as celebracións do Nadal e o consumismo increméntase considerablemente (en forma de regalos, comida, decoración, etc). Pero - Cando compres obxectos para o fogar, podes optar por aqueles que neste remuíño de compras hai que facer unha pausa e preguntarse: que sexan de segunda man. Regala aquelas prendas que xa non uses ou impacto ten este consumismo excesivo sobre o medio? Son necesarios pensa nunha nova utilidade. e imprescindibles todos os excesos que cometemos nesta época? Este Nadal consumista do século XXI fainos ser máis felices? Realmente - Sé orixinal á hora de regalar. Pensa que os mellores agasallos non teñen queremos abandonar os nosos costumes e tradicións seculares por outras por que ser os máis caros: os obxectos ou prendas artesanais, feitas a importadas carentes de significado para nós e que á súa vez son máis man por ti mesmo/a, son unha boa opción ecolóxica. prexudiciais para o noso contorno ambiental e cultural? - Regala o teu tempo para compartir coas persoas que aprecias: un paseo Vivir un Nadal propio, autóctono é gozar das nosas festas, xunto coa xente tranquilo e relaxante pola natureza ou simplemente un café acompañado que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha dunha conversa agradable servirannos para deixar a un lado as présas do terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que día a día. século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades. - Regala libros, música, cinema, entradas para o teatro, para un concerto... son sempre unha alternativa intelixente. Elixe produtos en lingua galega, Como lograr un consumo máis responsable co noso contorno: acertarás! - Antes de comprar calquera cousa, pensa o que necesitas, non o que - A nosa lingua necesita que a coidemos e a divulguemos. Aproveita queres... calquera ocasión para usala. Regala galego. - Cando compres analiza o produto, mira o sistema de etiquetaxe e intenta saber cal é a orixe do produto e de que está composto. - Infórmate sobre as repercusións na saúde que trae o consumo de certas substancias. Prefire aqueles produtos que teñan menos conservantes e aditivos. - Escolle aqueles produtos que sexan elaborados localmente, xa que así 3
  • 4. Agasallos en galego -O planetas das curiosidades. Feitos pioneiros da humanidade. Baía edicións 1 Regala literatura: Algunhas suxestións de literatura xuvenil: Algunhas suxestións de literatura infantil: -Colección “Así é a vida” da Editorial Galaxia, con títulos como A Max non lle gusta ler, Adoptaron a Sara ou Max quere facer amigos Ás de bolboreta, Rosa Aneiros, Xerais -Colección “Os Bolechas queren saber…” de Edicións A Nosa Terra, con títulos como Que é o lixo, Educación viaria, Como se cría un xato ou Como se fai un libro Colección “Gerónimo Stilton. Humor e aventura” da editorial Destino, con títulos como Benvidos ao castelo da rocha Faíscas, María Canosa, editorial Galaxia rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus ou Na procura da marabilla perdida -Carola, a carteira centola, Mau e Pin, Xerais -O monstro das palabras, María Reimóndez, Xerais A princesa que bocexaba a todas horas, Carmen Gil e -O contador de estrelas, Santiago Jaureguizar, Edicións Obradoiro Elena Odriozola, OQO editora -O Brindo de ouro. II A Táboa de Hospitalidade, Xesús Manuel Marcos, Xerais -Libro das M’ALICIAS, Miquel Obiols e Miguel Calatayud, editorial -Valados, Agustín Fernández Paz, Xerais Kalandraka Mil cousas poden pasar. Libro I, Jacobo Fernández Serrano, Xerais O diario vermello de Carlota, Gemma Lienas, editorial Galaxia 4
  • 5. Algunhas suxestións de literatura para adultos: -Som do galpón, Em terra de ninguém -Sete palabras, Suso de Toro, Xerais -Fanny + Alexander, Alfaias -Xentiario, Carlos G. Reigosa, Editorial Galaxia -Esquios, Éche o que hai -Sol de inverno, Rosa Aneiros, Xerais -Machina, Post-Bravu -A muller do mediodía, Julia Franck, Sotelo Blanco -Kastoma, Almas da noite -Contos completos I e II, Edgar Allan Poe, Editorial Galaxia -Guadi Galego, Benzón -Neve, Orhan Pamuk, Editorial Galaxia -Falcatruada, Descarga ao vivo, Cuba-Galiza -Areaquente, An Alfaya, Sotelo Blanco Máis información en: A regueifa plataforma: http://aregueifanetlabel.blogspot.com/ -Branco, Manuel Darriba, Editorial Galaxia Ghastas pista: www.ghastaspista.com -Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, Xerais Mega, música en Galicia: www.culturagalega.org/mega -Diario dunha noiteboa, Manuel Jacobo González Outes, Edicións Baía 3 Regala filmes en galego: -O símbolo perdido, Dan Brown, El Aleph Editores -Once máis 15, editorial Ir Indo (poesía + música) Doraemon e o reino de Kibo (infantil) -As razóns do galego. Apelo á cidadanía, Henrique Monteagudo, editorial Shin Chan, tres minutos para salvar o mundo (infantil) Galaxia Os mortos van á présa, Ángel de la Cruz (comedia) -A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos, Benigno Campos, editorial Galaxia Flores tristes, Teo Abad (película-documental) 2 Regala música: Os soños do mar, Daniel López (documental) -Ataque escampe, A grande evasión Historias de Galicia (serie documental) -Leite de nai, Mirando ao ceo Máis información sobre filmes en galego en: -The Homens, Cuarta potencia www.xunta.es/linguagalega/cine_en_galego 5
  • 6. Roteiros literarios repousan os seus restos mortais, pasando por barrios como o da Cidade Vella e o da Pesacadería.. Estás a organizar unha saída coa familia ou coas amizades para estas Rutas en coche: vacacións de Nadal? Pensaches en facer algún dos moitos roteiros literarios que hai na nosa Galicia? A continuación propoñémosche algún Roteiro Rosalía de Castro dos roteiros máis interesantes, pero recorda que pescudando pola internet http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=4 poderás atopar moitos máis! Esta ruta percorre o espazo vital e poético da escritora Rosalía de Castro, moi ligada ás comarcas de Santiago e Padrón. Con estas terras, Rosalía 1 Roteiro Castelao e Roteiro Sarmiento na cidade de Pontevedra. de Castro mantivo estreitos lazos vitais, que tiveron o seu reflexo nas súas O obxectivo principal destes roteiros é recuperar e difundir a memoria creacións literarias, en obras como Cantares Gallegos ou En las Orillas histórica da cidade de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia del Sar. de Galicia e da lingua galega. Roteiro Curros Enríquez en Ourense Roteiro Sarmiento http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=5 Percorre a zona vella da cidade amosando a primeira etapa da vida de O roteiro transcorre polos concellos de Celanova, Barbadás, Ourense e O Sarmiento en Pontevedra, a súa infancia e primeira mocidade. Pereiro de Aguiar. Todos eles tiveron relación coa vida e a obra do vate. Celanova viuno nacer e foi o escenario da súa primeira xuventude e a Roteiro Castelao: inspiración para algúns dos seus poemas. Barbadás acolle personaxes Percorre a zona vella e as principais rúas da Pontevedra e lugares clave nas súas composicións. A capital da provincia marca a de principios do século XX. A ruta inclúe a visita á Sala vida de Curros, nela coñece o éxito profesional e artístico, pero tamén as Castelao do Museo de Pontevedra e ao interior do adversidades e a censura. O Pereiro é o berce do Padre Feijoo, cuxa vida antigo Café Moderno (actual Fundación Caixa Galicia). porá Manuel no teatro. Máis información: http://www.pontevedra.eu/castelao-pontevedra/ruta.html Roteiro Eduardo Pondal 2 Roteiros Culturagalega.org. http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=7 A páxina web www.culturagalega.org/roteiros ofréceche toda a información O roteiro pondaliano pretende ser un pequeno referente da vida e obra de que precises para que cada persoa ou grupo de persoas poidan facer os Eduardo Pondal, o Bardo de Bergantiños. Un percorrido con evocación roteiros pola súa conta. poética, que nos achegará sen dúbida a un dos grandes da nosa literatura. Este abarca sete Ruta a pé: concellos da Costa da Morte (Terra de Soneira Curros Enríquez na cidade da Coruña e Bergantiños), e finaliza no concello da Coruña, http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=6 lugar onde xacen os seus restos mortais. O percorrido, apto para facer nunha xornada a pé, inclúe paradas que van desde o porto, que o viu partir cara a emigración, ata o cemiterio, no que 6
  • 7. Falas menos galego que un teletubbi Daria Shornikova é rusa. Ten 19 anos e aprendeu a falar galego en Petersburgo. Marga ten 18, vive en Vigo e di que se sente rara falando galego. Blanka é bosnia, ten 20 anos. Fala o galego que aprendeu na cidade croata de Zadar, na universidade. Marcos vive en Ferrol, ten 18, non fala galego. Mólanlle os Dios ke te Crew. Tom é escocés. Fala galego. Ten 20. Coñeceu a Blanka nunha viaxe de estudos a Santiago, gustáronse e liáronse falando galego entre eles. Lucía ten 17, é da Coruña, di que non sabe falar galego. Dili é coreana. Chegou a Galiza para estudar castelán porque lle gustaba La Oreja de Van Gogh e aprendeu castelán e galego. Cando fala galego ten acento coreano, un sotaque de milleiros de quilómetros de distancia.. Mónica naceu en Pontevedra, ten 20, non fala galego nunca. Alexandra Radu chegou a Vila de Cruces aos 13 anos desde Romanía. En romanés eu tamén se di eu. Axiña comezou a falar en galego. Ao final do curso xa falaba e escribía moi ben a nosa lingua. Romina ten 19 anos, é italiana, naceu ao pé do vulcano Vesubio, gústalle o submarinismo. Fala bastante ben para levar aquí só un ano. Rosa ten 19 e traballa de caixeira no súper onde Romina fai a compra. Romina fálalle galego todos os días, Rosa nunca lle contesta en galego. Eva naceu en Andalucía e chegou a Galiza aos 24, aos 25 aprobou as oposicións de educación física. Hoxe dá as clases no seu galego con sotaque de Cádiz. Ten alumnos e alumnas que non falan galego porque lles dá corte. Cando Ignacio aos 16 comezou a falar as súas primeiras palabras en galego recén chegado de Madrid algúns colegas ríronse del. Deixou de intentalo. Aínda que dous anos despois decidiu pasar do que dixera a xente, e hoxe fala galego sen problemas. Eduardo Estévez chegou aos 20 e poucos de Arxentina. Primeiro aprendeu a escribir en galego e logo a falalo. Publicou varios libros de poesía na nosa lingua, que agora tamén é a súa lingua. Podes atopalo na Galipedia, a wiki galega. E a Daria Shornikova podes vela en Youtube, explicando que se lle fai estraño que haxa galeg@s que non falan galego. En Rusia non hai rus@s que non falen ruso. A Blanka e a Tom tamén podedes velos en Youtube, contando que, como non coñecen aínda moitas palabras do noso idioma, ás veces acaban inventando algunha. Ás veces parece que podería ser máis doado que o resto do mundo se botase a falar galego antes de que o fagan algúns galeg@s que semellan terlle alerxia á nosa lingua. Cando escoito falar a Daria, a Blanka, a Tom, a Dili, a Álex, Eva, Romina ou a Eduardo pregúntome por que lle resultará máis fácil falar galego a un estranxeiro que acaba de baixar do avión que a algúns galegos que levan aquí toda a vida. Hai galegos e galegas para quen a língua máis difícil de falar no planeta é o galego. Precisamente. Hai galegos que falan menos galego que un Telettubi. Eu, por exemplo, cando tiña 15 anos. Falan máis galego os catro telettubies xuntos nun capítulo do que falaba eu nun mes enteiro daquela, cando tiña quince anos. Daquela comecei a facerme preguntas: Por que non podía eu falar galego coma se tal cousa? Por que tiñamos que pagar a xente nova os prexuízos lingüísticos d@s maiores? Por que se estaba desgaleguizando a miña xeración? E botáballe a culpa á sociedade, coma se fose algo contra o que non se puidese facer nada. Afortunadamente deime de conta de que iso non era normal nen irreversíbel. Non era normal que chegase a envexar os debuxos animados xaponeses da tele porque falaban galego con toda a naturalidade que eu non tiña. E fixen o único que podía facer. Poñerme a falar galego. Séchu Sende, escritor 7
  • 8. A tecnoloxia, tamén en galego Ao falar de normalización lingüística tendemos a pensar en normas relativas á ortografía e á sintaxe dos textos, esquecendo que o auténtico obxectivo é facer que a nosa lingua acade un uso ordinario entre os galegos, e ao igual que hai iniciativas para promover o galego no ensino e nos medios de comunicación, nos sistemas cos que interactuamos a diario tamén resulta de interese a súa adaptación á nosa lingua, de xeito que o galego non estea limitado a relacións interpersoais, senón que tamén chegue á nosa comunicación cos trebellos tecnolóxicos e sistemas automatizados dos que facemos uso a diario. O galego na Rede Se acudimos á Internet, o número de páxinas web en galego é bastante limitado, aínda que debemos recoñecer que tamén pasa o mesmo co español, pero no caso das administracións públicas a lección parece estar aprendida, e na súa meirande parte hai opcións multilingüe, onde o galego é o seu idioma por defecto, o que contribúe a dar certa visibilidade da nosa lingua na web, ao que tamén contribúen moitas outras persoas a través das súas páxinas web persoais (principalmente blogues) e incluso contribuíndo coa tradución colaborativa ao galego da interface da plataforma de redes sociais Facebook, polo que podemos acceder a tal servizo na nosa fala, de xeito que ao comunicarnos en galego non atopamos unha imaxe castrapa na que os comentarios en galego se mesturarían cunha interface en español ou inglés como acontece noutras plataformas coma Twitter. Dende Google tamén fixeron a súa achega hai anos, e a súa páxina principal (o buscador) está traducida ao galego, pero quedan pendentes de tradución servizos coma Gmail, moi empregado na nosa comunidade, e do que podemos agardar unha pronta tradución ao galego, posto que actualmente están dispoñibles versións en catalán e éuscaro. Un grupo de voluntarios traduciron o Facebook ao galego Outras eivas que atopamos na web é que a presenza do galego nos medios de comunicación é anecdótica, de xeito que a cabeceira de prensa de referencia (La Voz de Galicia) publica textos en galego mediante un tradutor automático (o que dista moito de ser unha solución óptima), medios bilingües coma Xornal de Galicia dan prioridade ao español nos seus contidos (pese a ter un nome en galego) e nos outros medios fóra da CRTVG, a presenza do galego en radios e televisións en liña é insignificante, polo que importantes creadores de contidos están a marxinar a nosa lingua de xeito que o resto de axentes do sector deben esforzarse para que a presenza do galego sexa o suficiente como para atender á demanda dos seus falantes. Pero resulta evidente que a normalización do galego na Rede non depende só de Administracións, provedores de servizos e medios de comunicación, senón que somos os propios cidadáns os que ao relacionarnos en galego por correo electrónico, na mensaxería instantánea, nos blogs ou nas plataformas de redes sociais os que podemos crear un espazo cunha identidade propia, e ao igual que falamos o galego na nosa vida cotiá, podemos facer o mesmo cos nosos alter egos virtuais. 8
  • 9. Poucos trebellos en galego web con información sobre o tema (oteumobilengalego.com) e Os fabricantes de electrónica de consumo teñen moi marxinadas as linguas a operadora de cable R incluíse locais nos seus dispositivos, entendendo que o inglés é unha lingua franca, no seu catálogo de móbiles 4 polo que a localización das interfaces de uso de televisores, reprodutores terminais en galego, o que supón de DVD, receptores de TDT, terminais de telefonía móbil e outros trebellos unha pequena achega, que habitualmente non vai máis aló do español (en moitos casos, incluso de agardemos que inste a boa parte xeito lamentable) e incluso os fabricantes galegos esquecen en boa parte dos fabricantes a tomar medidas do seu catálogo a nosa lingua. ao respecto. R ofrece aos seus clientes 4 terminais de telefonía móbil en galego Pero distintas campañas de De todos os xeitos, neste panorama podemos ver un raio de esperanza, concienciación conseguiron calar pois ao igual que no mundo da informática podemos gozar dos sistemas nos responsables dos produtos operativos Windows XP e Vista en galego, e das distintas distribucións Blusens tamén conta con dispositivos con menús en comercializados por compañías galego, coma un dos seus receptores preparados de Linux debidamente traducidas, esta tendencia podería trasladarse para a TDT de pagamento galegas, e así podemos gozar dun aos móbiles grazas a plataformas baseadas en solucións abertas coma amplo abano de receptores de TDT Maemo ou Android, de xeito que entidades e persoas alleas aos propios coa súa interface en galego de fabricantes coma Blusens, NPG, Sanyo, fabricantes poidan ser os que contribúan coas traducións que permitan Ikusi, Engel e moitos outros, de xeito que a interacción co televisor que terminais de media/alta gama poidan actualizarse para presentar (probablemente o dispositivo de menús e aplicacións en galego. electrónica do consumo máis presente para os usuarios) da nosa lingua é un Futuro prometedor importante paso adiante, aínda que Podemos asegurar así que, grazas ao esforzo común, é posible mirar sería desexable que compañías coma con esperanza ao futuro, pois ao igual que moitos voluntarios colaboran Blusens ou Televés contemplasen tal na tradución ao galego de Facebook ou as aplicacións de Linux, podería opción en todos os seus produtos (o pasar o mesmo para moitas outras interfaces que vaian xurdindo, de xeito que aínda non é así). que mentres o galego viva na nosa sociedade, poderemos trasladar a súa Moitos receptores de TDT permiten ver en galego os seus menús en pantalla enerxía á Internet e aos trebellos e servizos dos que facemos uso, levando O teléfono móbil tamén é un a nosa fala a todos os ámbitos da nosa vida, tanto real coma virtual. dispositivo co que interactuamos con moita frecuencia, e aínda que existen terminais coa súa interface en Marcus Fernández Otero galego, atopalos é bastante complicado, de aí que creasen unha páxina http://marcus.es/ 9
  • 10. As palabras Ao escoitar a voz da súa filla, o home tivo que parar, primeiro pola sorpresa, despois pola forza que desprendía aquela nena miúda que se lle puxo Contan que houbo un home que diante, desafiándoo. Aí foi cando o home lembrou o poder das palabras, renunciou ás palabras. Estaba farto que poden deter a furia, que poden mover o mundo, que poden cambialo de que o enganasen, de que o ferisen, todo. de que lle fixesen burla. Aquel home marchou lonxe do resto dos homes, e Contan que aquela nena fíxolle lembrar tamén ao seu pai quen era e de levou canda el a súa muller. Vivirían onde viña, como llo aprendera súa nai a ela, e que lle borrou o odio da os dous sos, sen palabras, sentindo e fronte, pero non quixo quedar con el no medio das montañas. Cando escoitando o ritmo imparable do tempo. medrou abondo, a nena que xa non era unha nena levou a súa nai a recorrer os camiños do mundo. O único que ofrecía era o que tiña, as Din que aquela parella tivo unha nena, palabras, e din que a xente pagaba por escoitar as súas historias, porque e que cando o home marchaba, a lles lembraban quen eran, de onde viñan e, sobre todo, porque lles muller, que non lles gardaba xenreira ás lembraban a música da voz das nais cando comparten os seus segredos palabras, falaba coa súa nena en voz baixa. Tamén din que nas longas nas longas noites do inverno. noites do inverno, en canto o home quedaba durmido, a muller achegábase á nena e cantáballe na orella para que non tivese medo ao sentir o asubío Paula Carballeira, contacontos do vento. Pero unha mañá choveu, choveu tanto que o home volveu á casa antes de tempo para mudar a roupa enchoupada. Alí descubriu a súa muller e a súa filla falando e cantando coa alegría de quen comparte un segredo. O home toleou ao sentirse enganado de novo, por esa muller a quen quería máis que a nada no mundo, por esa muller a quen quixera rescatar das palabras e botouse a ela ouveando coma un lobo. −Quieto! - berrou a nena – Non te achegues á miña nai!. Nin se che ocorra facerlle dano! 10
  • 11. Orella pendella, Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura heille de comprar un bombo e mais unha castañola. Para xogar cos dedos: para xogar cos entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos/as amigos/as que nunca Heille de dar a meu neno Este foi ó mar e non pescou nada. Este foi ó mar e pescou unha ditos infantis de cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir expresando cocidiño con repolo, as orellas dunha pulga, pescada. Este quedou en terra e lavouna ben sempre estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis sinxelos. as costelas dun piollo. lavada. Este quedou en terra e fixo unha E para acariñar os pequerrechos caldeirada. A páxina www.orellapendella.org Estes días de maior convivencia nada mellor que os ditos de Mecos E este lambón, lacazán... ¡papouna, naceu hai pouco máis dun ano co familiar son os tales para pasarmos no colo: ben papada! obxectivo de difundir a literatura o tempo xogando cos máis popular infantil de Galicia para pequenos a xogos que estimulen a Para aloumiñar a man: Para abanear: que siga sendo unha ferramenta súa intelixencia, a súa memoria e a educativa e de lecer para os/as súa fala galega. Todos lembramos Manxurriña, manxurriña, Serra comadre, galegos/as do século XXI. ditos que nos dixeron cando eramos come pan e pataquiña serra compadre nenos. Non debemos tronzar esa e se lle parece pouco, na madeiriña Na lingua galega hai infinidade de tradición e privar os cativos de gozar un touciño e cacho doutro. do señor abade. ditos, recitados, cancións, etc. que con este marabilloso legado que Viches o gato no unto? Señor abade, acompañaron desde hai séculos as recibimos. Pun, que te apunto! vaia con “dios”, brincadeiras dos/as nenos/as ou as que a madeiriña relacións entre os membros maiores Animámosvos a participar neste a cara: serrámoslla nós. da familia e os máis pequenos. proxecto achegándonos os ditos, recitados e cancións que coñezades Este olliño pimpilín. Para cabalgar na perna: Hoxe en día, debido ós cambios e xogando cos que aquí descubrades. Este olliño pimpilán. producidos nas formas de vida e nas Deseguido ofrecémosvos unha Este nariz narizán. Arre cabaliño actividades de lecer dos rapaces e mostra mínima deste tesouro Esta boca pide pan. que vas trotando, rapazas, corremos o perigo de perder creado polo noso pobo, desde os Este queixo non llo dá. tres por riba esta riqueza definitivamente. Sen ditos máis sinxelos para acariñar os Arríncate, cabalán! e tres por baixo, rexeitar as novas formas de diversión naipelos ata os trabalinguas máis ata caer do cabalo: e coñecemento que nos ofrecen as entrambilicados para poñer a proba a barriga: abaixo! últimas tecnoloxías, consideramos o enxeño e a destreza verbal dos que é posible e, mesmo, moi máis vellos. Trispilistrás, trispilistriñas, positivo para as relacións humanas o que non come non ten barriguiña. recuperar, coñecer e practicar os Para arrolar: Trispilistrás, trispilistrolas, xogos verbais dos nosos avós. Este neniño pequeño o que non come non ten barrigola. heino de mandar á escola 11
  • 12. Para os nenos e nenas ós que lles - E a caixa? Sarabea Ou máis fácil: gusta preguntar: - Que caixa? na casa da tía Andrea - Ten tinta, Antón? - A que sobe e baixa. Pinga, pinga - Tinta Antón ten. - Tantarantán, para onde vas vella? na casa da tía Dominga - Acórdache a corda? - Tantarantán, vou para Pontevedra. Para “rezar”: Trona, trona - Acorda a corda! - Tantarantán, que vas buscar? “Por la señal” no cu da “patrona”. - Tantarantán, unha carga de sal. do papo real, En fin para xogar e aprender dunha - Tantarantán, para que é o sal? comín touciño Para poñer a proba os pulmóns: forma ben sinxela: - Tantarantán, para facer o caldo. e fíxome mal. - Tantarantán, para que é o caldo? Pouseino no prato, Catro bois Xan Perillán - Tantarantán, para “llo” dar ás vellas comeuno o gato, e catro vacas a cabalo dun can; - Tantarantán, para que son as fun atrás del soben carro o can era coxo, vellas? “con un” zapato. costa arriba; tirouno nun pozo; - Tantarantán, para sachar o millo. “Me cago no gato!” non hai home o pozo era frío, - Tantarantán, para que é o millo? Para falar cos animaliños: nesta terra tirouno nun río; - Tantarantán, para “llo” dar ás Voa, voa, xoaniña, que catro veces o río era branco, churras. que teu pai vai no muíño o diga... (ata dicir catro veces sen tirouno nun campo; - Tantarantán, para que son as e a túa nai no Porriño, coller folgos). o campo era roxo, churras? que che ha de traer tirouno nun toxo; - Tantarantán, para poñer os ovos. uns zapatiños Para exercitar a lingua e os beizos: o toxo picaba, - Tantarantán, para que son os ovos? de cu de ratiño. Xan Perillán berraba - Tantarantán, para llos dar ó crego. Unha pega merga, reborderga, e o can escapaba. - Tantarantán, para que é o crego? Caracol, col, col, gorda, rebirigorda, - Tantarantán, para dicir a misa. bota os cornos ó sol acotobelada e xorda Kiko Fernández Mujico - Tantarantán, para que é a misa? que a túa nai e o teu pai cría pegos mergos, rebordergos, Carlos Yus Respaldiza - Tantarantán, para subir ó Ceo! os botaron en Ferrol. gordos, rebirigordos, María Campos Cabaleiro acotobelados e xordos. http://www.orellapendella.org/ Para rir xuntos: Para poñerlle ao mal tempo boa Se non criase pegos mergos, cara: rebordergos, - Como te chamas? gordos, rebirigordos, - Come castañas. Chove, chove acotobelados e xordos - E de apelido? na casa do pobre. non sería unha pega merga, - Caldo cocido. Neva, neva reborderga, na casa da vella. gorda, rebirigorda, - Ola! “Xía, xía” acotobelada e xorda - Non é pote nin cazola. na casa da tía. 12
  • 13. Receitas tradicionais para o Nadal Esta receita irá medida para catro persoas: * +/- 1 kg de xarretes de porco MENÚ 1 * 1 cebola grande * 2 cenorias grandes Primeiro prato * 1 vasiño de viño branco COLIFLOR CON BACALLAU * 1 vaso de caldo de carne, de polo ou auga * aceite de oliva virxe extra É unha receita ben sinxela e non moi cara; * sal comparando prezos en distintos sitios podemos adecuarnos ao noso orzamento. Precisaremos para o adobo: * medio vaso de aceite de oliva virxe extra Precisaremos: * media cabeza de allos * unha coliflor * unhas ramiñas de pirixel * bacallau (desalgado de 24 a 48 h) * 1 folla de loureiro * 300 g de patacas * 2 cravos de olor * allos * 3 graíños de pementa negra * aceite * 1 cullerada de pemento doce * unhas areíñas de sal Limparemos ben a verdura, pelaremos as patacas e cortarémolas en dados, máis ou menos do tamaño das flores da verdura, para que nos Comezaremos limpando os allos para o adobo, con eles e o sal faremos coza todo por un igual. Poñémolas a cocer coa coliflor. un puré no morteiro. A esta pasta engadirémoslle o pirixel ben picadiño, a folla de loureiro, os cravos de olor, a pementa negra, a cullerada de Cando vexamos que están case feitas engadiremos o bacallau en pemento doce e o aceite. Con todo isto faremos un prebe ben ligado. anaquiños, apagaremos o lume, taparemos a pota e coa calor que ten farase o bacallau. Untaremos con el a carne e deixarémola repousar un mínimo de tres horas, sempre dentro da neveira. Queda moi ben se a deixamos toda a noite. Á hora de servir escorreremos ben a auga da pota e botarémoslle por enriba un pouco do aceite no que friximos os allos cortados en láminas, e Faremos a carne nunha pota grande, ao estilo das nosas avoas, que a quen lle guste pode engadirlle os allos. usaban este método para asala. Segundo prato Botaremos aceite no fondo da pota, cando estea ben quente douraremos a CARNE ASADA carne por todos os lados para que sele e todos os líquidos queden dentro, así non nos sairá seca. Cando a teñamos dourada engadiremos a cebola 200 g de carne por persoa; dependerá do noso orzamento a peza que e a cenoria cortadas en anacos, darémoslle unhas voltas para que collan merquemos: tenreira, porco, boi... cor, este é o momento de engadir o viño, o caldo e todo o zume do adobo, non hai que desperdiciar nada. Baixaremos o lume ao mínimo, este é o momento de engadir o sal e de tapar a pota. Irémoslle dando voltas a medida que se vaia facendo, máis ou menos cada 15 minutos, calculade uns 75 minutos de cocción. 13
  • 14. Se vedes que seca podedes engadirlle máis caldo ou auga. Esta podemos dicir que é a parte máis complicada do proceso, o resto dependerá da maña que nos deamos na decoración e modelado da Co líquido que nos quede faremos o prebe: coámolo das impurezas que anguía. leve e reducímolo a lume alto. Cando teñamos o caldo de azucre no seu punto engadimos a améndoa e Para acompañar esta carne podemos poñer de guarnición unhas patacas a pataca previamente esfarelada cun garfo. Mesturamos todo ben até que fritas cortadas en cadradiños, unha compota de mazá, uns champiñóns nos quede unha masa lisa e sen grumos; retiramos do lume e deixamos ou unhas alcachofas refogadas (poden ser de lata, non teñen por que ser arrefriar. Logo deixarémola repousar na neveira, tapada 24 horas. frescas), uns pementos do piquillo... O que vos apeteza. Pasado este tempo, xa podemos comezar a traballar o mazapán, deixaremos Sobremesa unha boliña á parte para adornar a cabeza. Poremos a masa enriba dun ANGUÍA DE MAZAPÁN papel de forno, que previamente salpicaremos de azucre glas. Faremos un tubo coa masa e coa axuda do azucre glas e dun rolo estiraremos para Esta receita merece moito a pena, leva un pouquiño de tempo, non moito, facer un rectángulo moi estreito e alongado. Agora poremos un pouco de e parece máis complicada do que realmente é. Cando probedes a facer cabelo de anxo por riba do mazapán, coma se preparásemos un brazo mazapán e vexades o fácil que é de manexar e o sabor que ten, non de xitano, e axudándonos co papel xuntaremos os dous lados estreitos, volveredes mercar do industrial. co recheo no medio. Agora con coidado iremos enroscando a masa; coa boliña que apartamos darémoslle forma á cabeza, como a dunha serpe Precisaremos para o mazapán: máis ou menos. Ao sacala do forno colocámola enriba da oblea. * 375 g de amándoa moída * 375 g de azucre normal Coa xema de ovo batida pintaremos a anguía e levarémola ao forno, só co * 150 g de auga gratinador, para que colla cor. * unha pataca cocida pequena * azucre glas para traballalo Tócanos o último paso: facer a Glasa Real para decorar. Para o recheo e os adornos: Batemos a clara de ovo lixeiramente e comezamos a engadirlle o azucre * un bote de conserva de cabelo de anxo glas aos poucos, batendo o conxunto fortemente, tennos que quedar a * froitas confeitadas textura da pasta de dentes. * 1 oblea redonda * 1 ovo, clara e xema por separado Se se precisa engadiriamos máis azucre. * 200 g de azucre glas, non serve o moído por nós, ten que ser industrial Cunha manga pasteleira pintaremos os ollos e a boca da anguía, e as Comezaremos preparando o mazapán, para iso poremos un cazo ao lume escamas do corpo. Quédanos por colocar as froitas confeitadas polo coa auga e o azucre para facer un caldo de azucre forte, saberemos que medio dos sucos que forma o corpo, podemos usar a glasa para pegalas. está no seu punto facendo a proba da culler: collemos un pouco do caldo de azucre nunha culler, esta precaución é para non queimarnos, mollamos Merece a pena o esforzo, xa que o resultado é espectacular. o dedo índice e xuntámolo co polgar, se ao separalos paseniñamente se forma un fío xa temos o caldo de azucre no seu punto, se non, que coza un pouco máis. 14
  • 15. MENÚ 2 Segundo prato OLLOMOL AO FORNO Primeiro prato SOPA DE ALLO Este é un peixe moi saboroso e moi doadiño de facer, podemos mercalo con antelación e conxelalo para que logo o peto non se nos asuste. Esta é unha receita moi habitual nos meses de frío, quenta o corpo mellor Para catro persoas precisaremos: ca ningunha outra. Pero tamén é unha receita moi tradicional do día de Nadal * quilo e medio de ollomol ou outro ou do de comezo de ano, para curar os peixe similar excesos da noite anterior. * unha cebola grandiña, do país que Que mellor que despois de durmir teñen máis sabor poucas horas e sobre todo comer máis * catro patacas do normal que meter esta sopiña na * dous tomates maduriños barriga. * catro allos * un vasiño de viño branco Precisaremos: * pan raiado * 1 litro de caldo, pode ser de polo, de carne ou vexetal, o que máis nos * aceite de oliva virxe extra preste. * sal . * media cabeza de allos * 150 g de pan duro, pode ser bolo, barra... o que consumamos. Limpamos ben o peixe, tanto por dentro coma por fóra, e salgamos. * pemento doce Pelamos e cortamos as patacas e as cebolas en toros de non máis de un * aceite de oliva virxe extra dedo de grosor. * 1 ovo por persoa, neste caso catro * sal Nunha fonte de forno previamente untada con aceite poñemos unha cama de patacas e cebolas, enriba poñemos o peixe. O máis tradicional é facela nunha ola de barro, pero serviranos calquera pota, poñemos a quentar o caldo nunha pota e noutra comezamos a Ao peixe botámoslle o allo ben picadiño e o pan raiado, para que forme fritir un pouco o pan, cortado en rebandas ben finiñas. Cando tome cor unha costra ben gustosa. retirámolo da pota e engadimos os allos fileteados. No momento en que estean dourados retiramos a pota do lume e Por último, só nos queda cortar os tomates polo medio, colocalos na fonte, engadímoslle unha cullerada de pemento, mesturamos ben, levamos a co corte cara a arriba, e regar o conxunto co vasiño de viño. pota outra vez ao lume e engadímoslle o caldo xa quente e o sal. Cando rompa a ferver botamos o pan e deixamos que coza, só nos restarán os Ao forno prequentado a 180ºC media hora. ovos batidos xusto no momento de servir, para que callen un pouco. As patacas, as cebolas e o tomate xa son a gornición, pero tamén podemos Podemos enriquecela cuns cadradiños de xamón salteados, deberemos acompañar o prato dunha col lombarda picada moi finiña e salteada en cru probar o sal antes de engadirllo. cuns allos. Se non nos gusta a col lombarda podemos usar repolo, verza do pais, uns grelos... a verdura que máis nos guste co mesmo procedemento. 15
  • 16. Sobremesa COMPOTA DE MAZÁ E PERA AO VIÑO TINTO Receitas vexetarianas para o Nadal Quen non prepara na súa casa unha compota? E ben rica que está! E se a esta compota lle engadimos unhas especias, unhas froitas secas Primeiro prato e un pouco de viño convertemos un prato normal nunha sobremesa de CEBOLAS ASADAS CON QUEIXO DE CABRA categoría. Precisaremos: * medio litro de viño tinto * dúas mazás grandiñas * dúas peras grandiñas tamén * oito orellóns * unha presadiña de pasas * auga * azucre Opcional: * catro anises estrelados * dúas sementes de pementa negra Ingredientes (4 persoas): * dous cravos de olor * catro cardamomos 8 cebolas grandes 200 g de queixo de cabra Podemos usalas todas ou só algunhas dependendo do noso gusto. aceite sal Empezaremos poñendo dúas potas ao lume, nunha delas poremos a cocer pementa o viño para que reduza e perda parte do seu alcol, e na outra faremos un perexil caldo de azucre coa auga, o azucre e as especias. Cando vexamos que o viño reduciu á metade do seu tamaño engadímosllo Preparación: ao caldo de azucre, no cal introduciremos as froitas secas e a froita fresca pelada e cortada en catro anacos. Deixamos cocer o conxunto até que a Pela as cebolas e colócaas nunha bandexa para forno. Rega cun fío de froita feita estea branda pero non se desfaga. aceite de oliva cada unha das cebolas. Bótalle sal, pementa e perexil ao gusto. Un licorciño vaille moi ben para acompañar esta sobremesa. Parabéns para todos e todas nestas datas!! Introduce a fonte no forno quentado previamente a 200 graos durante 25- 30 minutos. Retira a bandexa e coloca o queixo de cabra por encima. Marta Xen Santiago Volve meter a bandexa no forno. Cando o queixo estea dourado e derretido http://cocinhapoetica.blogspot.com xa están lista para comer! 16
  • 17. Segundo prato Sobremesa BERENXENAS RECHEAS TORTA DE MAZÁS E NOCES Ingredientes (4 persoas): Ingredientes: 4 mazás pequenas ou 3 grandes (mellor das 4 berenxenas grandes verdes ácidas) 2 cabezas de allo 2 cuncas de azucre 100 g de cogomelos 1 cunca de noces en anacos pequenos 100 g de olivas negras 100 g de manteiga ou margarina sen sal 1 pemento 4 ovos 2 tomates 1 cunca de iogur natural (sen azucre) 50 g de queixo roquefort 1 culleradiña de vainilla queixo para fundir ? culleradiña de canela sal 2 cuncas de fariña (levedante, de forza) azucre 1 culleradiña de po de enfornar (Royal) aceite pementa Preparación: Preparación: Facemos un caramelo cunha cunca de azucre e acaramelamos un molde redondo de torta de aproximadamente 25 cm. de diámetro. En primeiro lugar pícanse os allos, as olivas, o pemento, o tomate e Pelamos e cortamos as mazás en anaquiños de media lúa e colocámolos enriba do os cogomelos en anaquiños. Poñemos a quentar nunha tixola unha caramelo en forma de flor ou estrela. Para este momento o caramelo xa estará duro. cullerada de aceite e botamos todo nesta. Cociñamos a lume medio. Encima das mazás esparexemos as noces e logo a manteiga cortada en anaquiños Por outra banda, cortamos as berenxenas de forma horizontal e pequenos. baleirámolas por dentro cunha culler. Picamos a carne das berenxenas e botámola na tixola. Engadimos o sal e a pementa ao gusto (e un Metemos o molde no forno suave uns 10 minutos ou ata que suavicen un pouco as pouco de azucre para quitar a acidez do tomate). Deixámolo a lume mazás e derreta a manteiga. medio durante 7-8 minutos. Mentres o molde está no forno, mesturamos noutro envase os ovos con outra cunca Nunha bandexa grande apta para o forno, colocamos as berenxenas de azucre, o iogur, a vainilla, a canela e a fariña mesturada co po Royal. baleiras e enchémolas co sofrito da tixola. Engadimos uns cachiños de queixo roquefort e metémolo no forno, quentado previamente a 200 Sacamos as mazás do forno e cubrímolas con esta mestura. Métese no molde de graos durante 15-20 minutos. novo ao forno e enfornamos como calquera outra torta. Sacamos a bandexa e colocamos en cada unha das metades de berenxena un pouco de queixo de fundir. Metemos outra vez a Esperaremos a que arrefríe un pouco a torta para desmoldar (media hora). Dámoslle bandexa e deixámola ata que o queixo estea dourado. a volta directamente nun prato e cando retiremos o molde descubrirase unha fermosa torta cuberta de noces e mazás acarameladas en forma de flor. Sacamos a bandexa e servimos. Nota: un bo acompañamento para esta receita son patacas asadas. 17
  • 18. ´ Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir de forma critica e responsábel no Nadal Maria Carmen Fidalgo. Coordinadora da ONGD Amarante en Compostela Chegan as festas de Nadal –nas que hai tempo as compoñentes comercial e publicitaria acabaron por desprazar significados vencellados con aspectos relixiosos ou sociais– e atopámonos nun escenario que merece cando menos unha reflexión repousada sobre o consumo voraz que levamos a cabo durante todo o ano e, principalmente, nestas datas. Inmersas nunha crise que se presenta cunha vocación de permanencia maior do que anuncian a clase política e organismos internacionais, estamos a asistir como as expectativas de poñer freo á mudanza climática mediante un acordo ambicioso e xusto (non podemos esquecer a débeda ecolóxica contraída cos países empobrecidos) no vindeiro Cumio de Copenhagen se desinflan, a xulgar polas declaracións dalgúns dos mandatarios dos países máis influentes do planeta como Estados Unidos e China. Verdadeiramente son malas noticias para toda a humanidade, máis sobre todo para a mocidade e as xeracións futuras, que herdarán un mundo máis devastado en canto a ecosistemas e recursos naturais, no cal a desigualdade entre os países e pobos será aínda maior se non mudamos de rumbo. Por que chegamos a ese punto? Desde logo a reposta pasa por reflexionar sobre a forma en como estamos a espremer os recursos do planeta que habitamos e, por ende, sobre o noso modelo de produción e de consumo. Sobre este último aspecto queremos chamar a atención neste artigo, incidindo na necesidade de facerse preguntas sobre as causas da desigualdade entre unha beira e outra do planeta, para acto seguido repensar a nosa forma de consumir. O primeiro elemento que precisamos ter en conta á hora de consumir xira en torno á necesidade de mercar algo. Esa ten que ser a pregunta fundamental que nos fagamos antes de adquirir un produto ou servizo, pois en moitas ocasións o consumo atende a outras motivacións moi distintas da necesidade real (sentirnos aceptadas e aceptados e formar parte dun grupo, por exemplo). No caso de que a resposta sexa positiva, é importante considerar se non podemos acceder a aquilo que nos fai falta a través doutras vías: pedir prestado a unha persoa amiga, trocar, reutilizar ou mercar de segunda man son só algunhas ideas para reducir e minimizar o impacto do noso consumo, aproveitando de forma intelixente os recursos dispoñibles. Á hora de agasallar paga a pena considerar outras opcións, pensando en detalles que son únicos e exclusivos: facer nós mesmas un agasallo (podemos elaborar desde floreiros, portacandeas ou portalapis con envases, broches con refugallo –basta usar a creatividade e poñer algo de tempo e ganas–), gravar un CD con músicas que nos gustan ou que nos recordan a persoa a quen queremos agasallar, facerlle unha comida ou sobremesa saborosa, pasar 18
  • 19. unha tarde no parque… e tantas outras cousas que non se mercan con cartos! No caso de que realmente precises mercar algo ou lle queiras facer un agasallo especial a alguén, para a pensar como están feitos os produtos que vemos nos escaparates das grandes superficies e establecementos comerciais. Quen cose esta roupa? Quen cultiva o cacao a partir do que se elaboran as máis diversas lambetadas de chocolate? Onde e en que condicións o fai? Nese punto da reflexión o comercio xusto xoga un importante papel ao garantirlles un salario digno aos produtores e traballadoras de países empobrecidos, igualdade entre homes e mulleres (a igual traballo, igual salario) e respecto ao medioambiente, apostando pola agricultura ecolóxica. Tamén rexeita o traballo infantil e establece un compromiso comercial a longo prazo, pagando de forma anticipada pola produción, permitindo así que as familias poidan vivir de forma digna no período previo á entrega das colleitas e que poidan planificarse sen temor ás oscilacións do mercado. Finalmente, as cooperativas de produtores e produtoras que traballan no marco do comercio xusto invisten parte dos beneficios acadados pola comercialización en infraestruturas e servizos que benefician a toda a comunidade, como sanidade, educación, capacitación técnica, saneamento, etc. Ademais da venda de produtos, algunhas organizacións que traballan no eido do Comercio Xusto tamén realizan diversas actividades de sensibilización (como charlas, obradoiros, ciclos de cinema), difusión e campañas para cambiar as regras do comercio internacional e as condicións e produción nos países do Sur. Non obstante, a reflexión non remata aí. A necesidade de apostar por unha economía e un comercio solidario, a servizo das persoas e non das grandes corporacións e empresas multinacionais, debe darse tanto nos países do sur como do norte. Se miramos o noso contorno, por exemplo, vemos como os pequenos agricultores e agricultoras galegas, así como as explotacións gandeiras, sofren unha grave crise, que ameaza o futuro non só dun sector senón tamén dunha forma de vida. Consumir produtos locais e ecolóxicos ou mercar no comercio de proximidade son apostas polo desenvolvemento e a vida nos nosos barrios e no agro En definitiva, trátase de que paremos a pensar que o acto de mercar tamén pode ser un acto político se o acompañamos dunha análise profunda sobre o impacto das nosas compras. Por que modelo de produción estamos apostando cando nos decantamos por un produto? Pola produción local, respectuosa co contorno e cos dereitos das persoas? Ou pola produción a grande escala, que maximiza os beneficios á custa das condicións laborais e salariais de milleiros de traballadores e traballadoras, e que é unha das principais fontes da mudanza climática? Facernos estas preguntas e actuar en consecuencia pode ser unha das chaves para sobrevivir ás festas sen devorar o planeta e incorporando un criterio ético e social ás nosas mercas. Atréveste? Fontes: www.amaranteong.org Setem Madrid. Cómo vivir sin acabar con el planeta. Manual para jóvenes inquietos (…y adultos preocupados). Madrid, 2006. Toni Lodeiro. Consumir menos, vivir mejor. Ideas prácticas para un consumo más conciente. Txalaparta. Tafalla, 2008. 19
  • 20. Receitas para un Nadal sustentable? Juan Marcos Pérez Gulín | perezgulin@perezgulin.org | www.perezgulin.org Tempos de sobreexcitación A medida que nos achegamos a estas datas da fin do ano, todos os nosos sentidos vense sometidos a unha enorme sobreexcitación. Os doces de Nadal axudarán a que sigamos a obviar a fame do mundo. As luces de cores xunto cos piñeiros e os abetos disfrazados apartarán a nosa vista dos tempos de crise que estamos a vivir. As músicas melódicas das panxoliñas disimularán os molestos ruídos dos vehículos na rúa. Os agarimos e apertas substitúen temporalmente os berros e as discusións. E o arrecendo das perfumerías trasládanos a unha paréntese que non ten nada que ver coa realidade que vivimos o resto do ano. Aínda que nunha moi pequena proporción, unha parte deste bombardeo ao que serán sometidos os nosos sentidos terá unha marcada compoñente ambiental. Sobre todo a través das superproducións publicitarias que farán as máis grandes empresas do país. Seguramente comezarán por apelar a un renovado espírito do Nadal relacionado coa natureza para chegar á nosa fibra sensible a través da incontestable beleza do Planeta que habitamos. Será entón cando pasen a falar abertamente do seu gran compromiso coa Terra que é o noso lar. Antes de rematar presentarannos algún neno ou nena para facer o paralelismo coas necesidade de coidar o planeta e o futuro que lles deixaremos ás nosas fillas e aos nosos fillos. Como remate, sen nos dar conta, utilizarán unha pregunta retórica como “vés con nos?”, “apúntaste?”, “quéresnos axudar?”,... e case sen nos dar conta, a culpa é nosa e estamos totalmente dispostos a que os nosos compromisos individuais de cara ao 2010 teñan un marcado carácter ambiental e de defensa do planeta. Defender nós, á Terra? Por aquí é por onde comeza o problema básico de comprensión da sustentabilidade. Estamos moi enganados se pensamos que somos quen de salvar a natureza ou o Planeta. Resulta que é a Terra quen nos dá a vida a nós, e os sistemas naturais son os que soportan directamente o noso desenvolvemento. O ecosistema Terra existe dende antes de que tan sequera nós tivésemos subido ás árbores para despois volver baixar, e seguramente existirá despois de nós... Cando baixamos das árbores, moi pouco a pouco organizámonos en familias, clans, tribos,... e evolucionamos até a sociedade actual. Para favorecer o progreso asociado ao intercambio, ao longo deste camiño de socialización comezouse a fraguar o subsistema económico. Este sufriu un crecemento espectacular coa revolución industrial que tivo a nefasta consecuencia de provocar o desligamento teórico e ficticio entre o natural e o humano. É dende esta perspectiva antropocéntrica que xorden moitos dos problemas globais e mais estratéxicos que temos que afrontar na actualidade. Nun momento dado pensamos que podiamos saír do ecosistema global para dominar a natureza e deixamos de asumir que somos a parte máis débil dun todo que funciona de forma sistémica para o seu propio regulamento e sustentabilidade. Neste contexto é preciso asumir que a sustentabilidade da que tanto se fala nestes tempos é simplemente o desexo social de prolongar a existencia da Humanidade na Terra o máximo posible. Polo tanto, non é un favor para a natureza ou para o Planeta senón unha necesidade para a nosa supervivencia como especie. E todo isto acontece no Nadal Precisamente é nestas datas, que son as que máis lonxe están da idea de sustentabilidade, cando teñen un maior calado as mensaxes de salvagardar o futuro do Planeta. A forma en que vivimos o Nadal no “occidente desenvolvido” leva incorporada a insustentabilidade na súa mesma raíz. Tratarei de exemplificar isto en dous casos moi fáciles de identificar que desvelan os paradoxos que xorden cando se perde a perspectiva dos 20 obxectivos últimos que buscamos coas nosas accións.
  • 21. É evidente que nestas datas se disparan os consumos enerxéticos. Unha das causas son as pequenas luces con que iluminamos o ceo das vilas e cidades. A orixe desta iluminación está na representación da estrela de oriente que hoxe non podería guiar os Reis Magos xa que terían dificultades para atopala no ceo, entre outros motivos, pola contaminación atmosférica da produción enerxética para acender as luces de Nadal que a tentan imitar. Ou incluso un paradoxo máis tipicamente galego como é o feito de que en certos casos do rural galego (estou a pensar mesmo na miña aldea) o que non permite ver as estrelas é a contaminación lumínica da propia decoración do Nadal, ou simplemente deses rueiros iluminados constantemente pero por onde non pasa ninguén en toda a noite. Respecto do ciclo de materiais na nosa sociedade, podemos falar dos grandes resultados que conseguimos entre todos aforrando bolsas de plástico durante o ano (seguramente tamén haberá un anuncio dalgunha gran superficie comercial dándonos as grazas por colaborar con eles por un futuro mellor, ou ¿serán grazas por pagarlles as bolsas que até agora eran gratis e tiñan un peso importante nas contas de resultados?). Pois ben, facemos un grande esforzo durante todo o ano e resulta que agora empaquetamos o que xa vén empaquetado para dar unha sorpresa. Estou totalmente de acordo coa sorpresa pero, se o pensamos un pouquiño, seguramente poderiamos inventar mil e unha forma de dar sorpresas que sexan menos obvias que agochar un regalo con papel e poñelo nas mans da agasallada ou do agasallado. E no colmo dos centos de paradoxos que poderían servir como mostra con gran parte dos regalos que estaremos a facer, a República Popular de China está a facer un enorme negocio aproveitándose da maior das festas cristiás!!! Facémolo mal a propósito? Pode haber moitas explicacións posibles para estes e outros paradoxos, e igual de válida que outras (namentres non se demostre o contrario) é considerar que esa sobreexcitación da que falaba ao principio non sexa casual senón que estea ben orientada para converter estes días de final do ano nunha catarse colectiva de consumo compulsivo na procura dun pracer directamente relacionado coa cantidade, máis sempre é mellor. Non existen receitas máxicas para a sustentabilidade Envío postais de UNICEF ou fágoas eu?, árbore natural ou de PVC?, está ben tomar piña na sobremesa?, se ilumino con LEDs poden quedar acendidos toda a noite?, é sustentable regalar un coche? Existen moitas situacións en que sería lóxico xustificar calquera resposta pero non se pode concretar unha receita común. Toca pensar e reflexionar en cada momento e circunstancia para buscar a mellor forma de conseguir o que queremos. O problema é que esta opción resulta menos cómoda que achegarse ao departamento de regalos estándar organizados por prezos, ou que facer a receita de todos os anos sen nos preguntar de onde veñen os ingredientes, ou que decorar a casa co “último grito” en luces máis todas aquelas que aínda nos funcionan de anos anteriores... En termos de planificación estratéxica, diría que deberiamos procurar unha maior coherencia interna entre os obxectivos definidos, as estratexias deseñadas e as accións desenvolvidas para acadar os resultados previstos do modo máis eficiente posible. En termos que nos serven para afrontar todas as decisións que temos que tomar de cara ao Nadal, basta con utilizar o sentido común para escollermos o que realmente queremos conseguir e non o que nos din que queremos conseguir. Dito dunha forma algo máis bonita e igual de eficiente, trátase de que imaxinemos o que desexamos para despois pensar cal é a mellor maneira de conseguilo e, finalmente, crear as condicións necesarias para que todo aconteza como pensamos e o que imaxinamos sexa unha realidade. Imaxina, pensa e crea. E como o movemento se demostra andando, fágovos partícipes de que con escribir estas tres palabras xuntas acabo de facer un regalo que non vai empaquetado, non vén da China, non é moi caro, pero que a quen vai destinado vaille debuxar un sorriso que eu estou a gozar só con imaxinalo. Para o demais, MasterCard. Por un 2010 que permita un 2011 mellor. 21
  • 22. Consumir ou devorar, velai a cuestión Celebración do solsticio de inverno transformada pola Igrexa en conmemoración do nacemento de Xesús Cristo para acabar por virar na quinta-esencia do consumismo por obra e graza do sistema capitalista en que vivimos... O Nadal está aquí de novo, aínda que talvez cunha novidade: a(s) crise(s), cada vez máis presente(s). O noso modo de vida, baseado na sobreprodución e no sobreconsumo, provoca graves impactos ambientais e sociais, locais e globais, inmediatos e demorados no tempo... devora o planeta e o futuro, por iso é insustentábel e, xa que logo, (auto)destrutivo. De aí a crise, a financeira e non só: levamos o planeta a unha crise ecolóxica global (climática, da biodiversidade, da auga, dos solos, enerxética...) e de nós depende mudar o rumbo para evitar que se continúe a agravar atinxindo extremos catastróficos. O consumo é un dos contextos onde decidirmos se continuar pola autoestrada da destrución ambiental e social ou escoller o camiño da sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Consumimos en exceso, por riba das nosas necesidades e mesmo das nosas posibilidades, de forma irreflexiva, compulsiva —e xeramos residuos de modo proporcional, claro—. Facemos isto todo o ano mais en determinadas ocasións decidimos que non é abondo e multiplicamos a desfeita. Este é o caso do Nadal, que ademais adornamos con mensaxes de paz e encontro familiar. Precisamente polos valores asociados ao Nadal, esta celebración tende a combinar desbaldimento e caridade, opulencia e “boas accións”, xestos que tranquilizan consciencias mais non mudan nada: sexa en forma de esmola, telemaratón ou compra ocasional e anecdótica de produtos de comercio xusto. Doutra banda, a actual crise económica pode moderar as nosas ansias consumistas —tamén a caridade?— pero apenas como unha reacción conxuntural á espera de “mellores tempos” nos que poder volver á total despreocupación. O consumo responsábel non é un tranquilizador de (máis) consciencias nin unha nova versión do consumismo “clásico” tinxida de verde e solidario. Tal e como na asociación ecopacifista Verdegaia o entendemos, é un elemento fundamental para superarmos a crise ecolóxica global, unha ferramenta para a transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Xa que logo, é unha actitude consciente mantida ao longo do ano, unha opción de vida froito da reflexión sobre as nosas necesidades e o modo de as cubrir. Para alén disto, o consumo responsábel non pode ficar limitado a unha actividade individual e privada, é un exercicio de cidadanía responsábel. Se realmente aspiramos a contribuír para unha mudanza de rumbo, se de verdade queremos axudar a transformar, entón o consumo responsábel débese organizar colectivamente e transcender publicamente, denunciar e construír para facer posíbel vivir sen devorar o planeta e o futuro. Por este motivo, Verdegaia botou a andar a campaña “Consomes ou Devoras?”, na que conflúen análise, sensibilización e presión/mobilización, ademais de desenvolvemento de alternativas e apoio ás xa existentes, un lugar de encontro no que xerar sinerxías para transformar. 22
  • 23. As crises financeira e ecolóxica globais deberían servir como estímulo para a reflexión sobre o noso (auto)destrutivo modo de vida. O Nadal, dadas as súas características, pode ser unha moi boa ocasión para profundar nesas reflexións e comezar a tomar decisións ao respecto. Celebremos o solsticio de inverno, o nacemento de Xesús Cristo ou simplemente que temos uns días feirados para descansar e nos xuntar coa xente que queremos, fagámolo de forma sincera e sinxela, sen desbaldir, sen devorar. Gocemos máis destes días, libres da presión consumista, sen necesidade de aparentar nin de calar remorsos, poñendo as bases para saírmos da crise, construíndo sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Máis información: http://www.verdegaia.org http://www.consomesoudevoras.info Xosé Maria García Villaverde Secretario Xeral de Verdegaia Un máis un son tres Despois deste título preguntaraste de que vai este artigo, sigue lendo se che parece. Nestas datas de felicidade empaquetada, unha gran parte da mocidade vivimos con incerteza o noso futuro, es ti un deles? Malia ser un dos primeiriños estudantes en sufrir a ESO, ben sei que un máis un non dá tres. Aínda así, ese debería ser o resultado axeitado cando che intento falar de cooperación para o desenvolvemento. Que de que vai iso? Agora cho explico. Acotío, empregamos a cooperación coma un xeito de colaboración entre unha ou varias partes para obter unha mellora de calquera tipo, o froito desa unión axuda ao desenvolvemento mutuo. En cru, cústame entendelo ata a min. Dous exemplos. No eido laboral, repartindo pizzas nunha moto para unha cadea de restaurantes, obtés un salario medianamente axeitado a cambio do teu traballo; ambas as partes benefícianse. No persoal, fornicando con xeito, con condón, por exemplo, obterás pracer sexual de proveito. En resumidas contas, as máis das veces para poder conseguir unha mellora nas nosas vidas é necesario dar algo a cambio. Ademais disto, e para que a cooperación sexa efectiva, o trato entre as partes ten que producirse en igualdade. Claro que a teoría dista moito da práctica, non si? Se che preguntase a que asocias cooperación para o desenvolvemento no eido internacional, que responderías? Non perdas tempo a matinar e sigue a ler, anda! As grandes potencias, isto é, os principais estados do denominado primeiro mundo, eses si que sabes cales son, deron en crear nos seus gobernos áreas para a cooperación, para o desenvolvemento, para axudarlles aos denominados estados do terceiro mundo, estes son os estados pobres, coa finalidade de saír do seu atraso. A principal característica é que este tipo de axuda se distribúe segundo o principio de solidariedade. Que significa isto? Pois que os estados ricos que lles proporcionan axuda aos pobres fano sen esperar nada a cambio. Segundo o dito no primeiro parágrafo, 23
  • 24. paréceche isto certo? Rotundamente non. A denominada cooperación non é tal, non existe unha situación de igualdade previa. Os medios de comunicación alertan das graves desigualdades que existen no planeta sobre a concentración da riqueza en moi poucas mans e as graves necesidades que disto se deriva en poboacións pobres. Ante isto, asegúroche que calquera pretensión dun goberno ou institución privada, tamén hai empresas, de axudar ás persoas pobres é menos que unha farsa, sempre hai intereses mediante. Cales poden ser os intereses para realizar este tipo de accións? Diversos son, a maioría delas de tipo económico, pero sempre teñen o mesmo denominador común, isto é, o control dese territorio para a súa explotación ou enriquecemento. Denomínase neocolonialismo, ou novo colonialismo, e desta volta o control non é exercido por estados, senón por multinacionais que controlan eses estados e pretenden obter beneficios neses territorios subdesenvolvidos. Chegados ata este punto, e se aínda non quedaches a durmir lendo, como mínimo andarás a matinar as razóns polas que me dirixo a ti. Vou ao gran do asunto. Intentarei ser claro. O pasado mes de xullo participei xunto con outras cinco persoas nun proxecto de formación que desenvolve a ONGD galega Amarante (www.amaranteong.org) en varios países do sur. Varios eran os destinos posibles, eu fun no grupo de Marrocos a unha cidade no norte, Tánxer. Durante a nosa estancia convivimos na asociación de mulleres traballadoras na industria téxtil que cosen prendas para as industrias que venden nas cidades onde nós vivimos. É necesario mencionar que os marroquís teñen un estado que non coida dos seus intereses, poderíase dicir que sucede ao contrario, os marroquís teñen que coidar os intereses do estado pagando un alto prezo en forma de represión de liberdades e problemas sociais básicos. O control relixioso e a man dura son ferramentas habituais para ter “tranquila” a poboación mentres se produce a verdadeira cooperación para o desenvolvemento. O goberno marroquí está levando a cabo unha occidentalización senlleira permitíndolles ás multinacionais estranxeiras o control dos recursos do país a cambio de contrapartidas económicas. Só na cidade de Tánxer, as subministradoras de electricidade e auga sanitaria son multinacionais francesas, e a que recolle o lixo é española. Que quere dicir isto? Que os recursos da poboación están en mans estranxeiras e son un elemento de control e presión. E que pintan aquí os gobernos? Nada, ou case nada, na situación entre os gobernos de Marrocos e España a cooperación para desenvolvemento ten unha misión de contención dos fluxos migratorios da África subsahariana, é, por así dicilo, o que fai o traballo sucio saltándose dereitos humanos e silenciando unha situación de extrema gravidade. Os gobernos son hoxe en día vasalos das multinacionais e funcionan como actores mediáticos, para ter os cidadáns españois tranquilos e contentos e canto menos se saiba mellor. A poucos quilómetros da cidade de Tánxer están aparecendo moitas das industrias deslocalizadas que pechan en España, casualidade? Fai falla que che conte máis para que te deas conta do verdadeiro uso da axuda ao desenvolvemento que fai en realidade o goberno no noso estado. Se investigases un pouco máis, chegarías á conclusión de que se trata un problema xerado por nós mesmos. O sistema económico en que vivimos está baseado no consumo de produtos, para que isto suceda as empresas que os fabrican teñen que ofrecer novas cousas que mercar, cada vez a prezos máis baixos para que o produto sexa atractivo. Ademais disto, obter beneficios, razón pola cal moitas das empresas están pechando preto da nosa contorna e marchan a un novo polígono industrial a Marrocos, onde os custos de produción son moito máis baixos. A parte menos agradable de cando estiven aló, é cando coñeces algunha das obreiras que traballan nos talleres e falan da situación laboral que viven acotío, as condicións laborais que padecen, os inexistentes dereitos que posúen provócanche unha sensación de impotencia, de incapacidade ante a que o mellor que podes facer é escoitar e reflexionar. 24
  • 25. Temos que cambiar o noso xeito de vivir. Non sei se estarás de acordo comigo, mais penso que os mozos hoxe en día posuímos demasiadas cousas e non as sabemos valorar. A vida é demasiado rápida para pararse a pensar de onde veñen e a onde van as cousas que mercamos e tiramos cando xa non serven. Compramos continuamente produtos que non serven ren. Es consciente disto? Ata hai pouco eu non, tiven que deter a miña vida e pararme a preguntar o porqué destas cousas. Sabes como se fabrica un pantalón? Cantos pares son necesarios para a vida cotiá? Pensa e fala con outros sobre isto, existen alternativas e xeitos de vida máis sinxelos para acadar un mundo máis igualitario, responsabilízate dos teus actos e sé partícipe do cambio, intenta ver máis aló da túa realidade. Adrián Serantes Tobío Participante do proxecto Xanela aberta ao Sur da ONGD Amarante A importancia de conservar as nosas raices Hoxe en día é moi habitual percorrer vilas e aldeas tragadas polas silvas, vendo o abandono de terras e casas que á vez leva implícito o propio abandono da súa xente. Non nos decatamos de que estamos deixando perder parte da nosa propia existencia, forxa da nosa identidade, da nosa cultura e tradición, e en definitiva o noso patrimonio. A palabra “patrimonio” vén do latín e significa todo aquilo que provén dos pais. Este constitúe o testemuño do traballo e esforzo dos/as nosos/as devanceiros/as por dotarnos dun inxente legado, que abarca dende pazos, monumentos, obras artísticas, artes populares (cestería, olería, tecido, etc.), espazos naturais, ata símbolos, lendas, tradicións e costumes que fortalecen e reproducen a convivencia coma grupo ou comunidade chea de sentimentos de pertenza a unha terra rica e heteroxénea. Entón, por que deixalo perder no tempo? Reflexionemos e pensemos que temos unha irrenunciable responsabilidade de valorar, protexer e manter a nosa herdanza e de ser portadores/as de cultura, así coma seguir transmitindo e impulsando tanto dentro coma fóra da nosa terra e mantendo no tempo coas xeracións futuras para que estas poidan entender a súa propia historia. Temos que darlle importancia a apreciar toda a riqueza, moito máis lonxe dunha cómoda mirada e ir máis alá de expresións coma “non son máis que unha morea de edificios vellos”, “son moi bonitos, pero non sei que importancia teñen?”, “prefiro as cousas modernas, xa que están de moda e funcionan moito mellor”. As expresións da nosa herdanza están concibidas coma a alma dos pobos que conforman a nosa Galiza, e nós podemos proxectalas, mostrando a nosa cultura, costumes, tradicións e, como non, as marabillosas paraxes que lle dan vida á nosa terra. Así, o patrimonio galego confórmase como un importante recurso cultural, social e ao mesmo tempo económico, beneficioso para o desenvolvemento da sociedade onde se asenta, sempre e cando estea integrado baixo unha política baseada nun desenvolvemento sustentable, xa que co paso do tempo xurdiu unha “industria do turismo” que moitas veces deixa de lado a conservación do patrimonio, dándolle máis importancia ao uso dos 25
  • 26. bens en cuestión. Hai que lograr un equilibrio coherente e respectuoso entre o turismo e o patrimonio, aspirando a promover a toma de conciencia sobre a importancia de conservar e transmitir os legados dos nosos pobos. Aínda non é tarde para volvernos unha comunidade patrimonialista, onde uns dos nosos principais obxectivos sexa conservar, defender e impulsar o noso patrimonio, indagando máis en coñecementos, actividades e expresións da nosa historia, as transformacións sufridas, os costumes e o saber popular que aínda permanece nos pobos. Todo este reflexo de unión achegaranos a información básica e necesaria para comprender a situación na que nos atopamos e a importancia da súa conservación, mostrándonos ao mesmo tempo recursos prácticos e exemplos da capacidade para vivir en coherencia e harmonía co medio. Un exemplo claro de todo isto e como referente do patrimonio galego é Rebordechao, un lugar pequeno a simple vista pero moi grande histórica e culturalmente. Está situado en plena serra de San Mamede, na provincia de Ourense. Era unha das vilas máis importantes daquela zona, non só en número de habitantes, senón porque era unha vila unida, cómplice e xenerosa. A xente traballaba para sobrevivir das leiras e do gando, leiras nas que hoxe en día só hai silvas ou eucaliptos. Traballaban de forma cooperativa, sempre axudándose uns/as a outros/as. Sempre foi unha vila alegre e durante moitas décadas case autosuficiente xa que posuían forxas, muíños, fornos privados e comunais, colmeas, etc. Os/as máis novos/as quedaban abraiados/as cando escoitaban os/as avós/as contando historias antigas da vila sentíndose moi orgullosos/as dela... pero, que aconteceu? Co paso do tempo a xente maior foi morrendo e a xente nova marchou do lugar para ir vivir á cidade en busca de traballo e novas formas de vida. Hoxe en día Rebordechao segue sendo un lugar pequeno, pero aínda máis pequeno, xa que case non queda xente e a pouca que hai é moi maior. Intentan manter un pouco todo o de antes, e non queren resignarse a que a súa aldea esmoreza día a día. Agora converteuse nunha “vila museo”, onde a xente que vai de visita queda abraiada coa forma de vivir, traballar, falar e, como non, coa boa vontade dos/as habitantes que a cada persoa que por alí pasa, dinlle “que pracer dá ver xente polas rúas, a ver se vindes máis a miúdo que isto quedou un pouco morto...”. Esta vila posúe un enorme patrimonio non só cultural, ambiental, etnográfico, etc., e sobre todo humano, xa que seguen loitando por non deixar que a súa historia se perda, por non ver a súa vila comida por un montón de silvas e xestas. Intentan rehabilitar casas, recuperar labores, tradicións, costumes... pero é duro e aínda así mantéñense. A historia, como vedes, é o resultado do labor dun pobo que se enfronta no tempo aos máis diversos retos para a súa propia existencia, permanencia e reprodución. Esta historia xera unha cultura nun tempo e espazo determinado, onde á vez, a historia e a cultura xeran unha identidade, que nos cohesiona e nos une, que é a identidade cultural. Por iso sempre se dixo que un pobo, nación ou comunidade que conserva, protexe e defende a súa identidade cultural, é un pobo que coñece a súa historia, que é consciente do seu presente e que ten todo o poder de pensar, reflexionar e soñar co seu futuro. Rebeca Carreiro Amigos da Terra 26
  • 27. Ti debes ser o cambio que desexas ver no mundo. Mahatma Gandhi Un lugar de interese: Termas de Bande Aos pés do Río Limia, existe un fermoso e reconfortante lugar para relaxarse e gozar da natureza: as Termas de Bande. Atópanse entre Bande, Muíños e Santa Comba (Ourense) ao carón do embalse das Conchas, preto do campamento romano Aquis Querquennis. O nome aquis significa auga e o nome querquennis procede de quercus que é o termo latino para designar o carballo. Aquis debido ás augas termais e o querquennis pola abundancia de carballos na zona. Ademais, Querquennia era o nome co que os romanos designaron esta comarca na antigüidade. Estas termas evocan tranquilidade e paz. As augas xeadas do embalse xunto coas augas termais serven como medicina natural contra o reumatismo e as enfermidades da pel, como explican os poboadores da zona. As termas naturais están dentro dun antigo balneario romano, e moitas das pozas están dentro mesmo á beira do río. Só están delimitadas por pequenos muros feitos coas propias pedras do río. Como chegar: Dende Ourense debes tomar a vía OU-540 en dirección a Bande. Debes atravesar A Manchica, Celanova e Bande en dirección a Santa Comba. Pasando Lobosandaus hai un camiño de terra que vai dar ao primeiro campamento e un pouco máis adiante están as termas. 27
  • 28. Cantar de Os señores desta casa saberannos perdonare Chourizo, pois, longaniza, uña de porco, fociño; Déanolo, señora, se nolo ha de dar Nadal que somos rapazas novas ou de xamón dúas tortillas somos camiñantes e non sabemos cantare. con dous xerriños de viño. e temos que andar. Déano-lo aguinaldo se no lo han de dare Dios llo pague, señora, De cantar xa nos cansamos Esta vai por despedida que vimos de lonxe Dios queira que dun ano por probes non nos desprecien hoxe aquí non canto outra e temos que marchare. me dea vosté o aguinaldo que se algo os ricos non dan os señores desta casa coas súas benditas manos. os probes mal se remexen. de hoxe nun ano me oian outra. Moitos anos viva a dona desta casa, Quédense con Dios, señores, Vivan e vivamos todos ¡Hoxe, día de Reis, para dar o aguinaldo hasta o ano que volvamos, que para todos Dios nos dou principio do ano, nunca foi escasa. se non nos vemos aquí saudiña, ¡cante o merlo! damas e doncellas ¡que no Ceo nos vexamos! ¡adiós ano que acabou! dádenos o aguinaldo! Moitos anos viva o dono tamén, Déanos o aguinaldo A señora ama da casa temos por noticia anque sexa pouco, ten a color da cereixa que é home de ben. un touciño enteiro ela como é boa moza e a metade doutro. sen esmola non nos deixa. Aquí hai mociñas que gastan salero Catro mancebos xuntiños Esta casa si que é casa que nos han de dare aquí xuntiños estamos, estas si que son paredes o viño do xerro. e tan cansados os catro a muller que nela está que é preciso alimentarnos. é muller entre as mulleres. Aquí hai mociños que gastan sombreiro De moi lonxe xa viñemos Ai, señora ama da casa, que nos han de dare noite que andar aínda falta; cachee ben os petos o real enteiro. as forzas piden reparo e se non nos ha de dar cartos, mollo as gorxas e non de auga. déanos ovos ou chourizos.