Eneas foi filho de Afrodita e Anquises. Sobreviveu à guerra de Troia e viajou pelo Mediterrâneo com refugiados troianos, estabelecendo-se eventualmente no Lácio, na Itália, onde se casou com Lavínia e fundou a cidade de Lavínio, ancestral de Roma.
Modelos de Desenvolvimento Motor - Gallahue, Newell e Tani
Eneas
1. ENEAS
• É fillo de Afrodita (Venus)
e Anquises, primo do rei
de Troia Príamo.
• Afrodita namórase de
Anquises, que gardaba os
seus rabaños no monte
Ida. A deusa promételle un
fillo que reinará sobre
troianos.
• Eneas foi criado polas
ninfas e o centauro Quirón
• Aos 5 anos foi devolto ao
monte Ida co seu pai, que
o levou á cidade de Troia.
2. ENEAS
• Afrodita pide a Eneas que acompañe a Paris na súa
viaxe a Esparta.
• Paris rapta a Helena e provoca a guerra de Troia.
3. ENEAS
• Eneas convértese no heroe troiano máis valoroso
despois de Héctor.
• Na guerra de Troia enfróntase ao grego Diomedes, que
o fire. Afrodita intenta salvalo e é ferida ela mesma.
4. ENEAS
• Cando se produce a destrucción de Troia, por consello de
Afrodita fuxe ao monte Ida co seu pai e o seu fillo Ascanio.
Perde a súa muller Creúsa polo camiño.
• Leva consigo os deuses Penates, protectores do fogar e o
estado.
5. ENEAS
• Tras un breve tempo no monte Ida, embárcase cos
troianos superviventes cara Occidente.
• Terá unha longa viaxe que rematará na costa
occidental de Italia.
6. ENEAS
• Despois de recalar en varias cidades gregas, chega
á cidade de Cartago, fundada pola raíña Dido.
7. ENEAS
• A raíña Dido recibe hospitalariamente a Eneas, quen
lle refire a destrucción de Troia e as súas aventuras,
segundo nos conta Virxilio canto II da Eneida.
8. ENEAS
• Dido e Eneas namóranse perdidamente, pero os
deuses ordenan a Eneas continuar a súa viaxe.
• Eneas parte cara Italia e a raíña suicídase.
9. ENEAS
• Continúa a súa viaxe por Sicilia onde morre o seu pai Anquises e celebra os
seus funerais.
• Chega a Cumas para consultar o futuro á sibila.
• A sibila acompáñao aos Infernos, para que consulte ao seu pai. Alí
Anquises revélalle o futuro glorioso de Roma.
10. ENEAS
• Eneas chega ao Lacio e é acollido
hospitalariamente polo rei Latino, quen lle ofrece a
man da súa filla Lavinia (e a sucesión no seu reino).
11. ENEAS
• Turno, rei dos rútulos, tamén pretendía a Lavinia,enfróntase a
Eneas.Ambos buscan aliados e reúnen un exército.
• Tras moitas loitas, Eneas e Turno enfróntanse o nun combate singular.
Apesares de Turno fire a Eneas, este consigue matalo.
12. ENEAS
• Eneas casa con Lavinia e funda a cidade de Lavinium.
• Despois da súa morte durante unha tempestade, o seu
Ascanio (ou Iulo) funda a cidade de Alba Longa.
• Tras varias xeracións, Rómulo e Remo fundarán a cidade
de Roma, preto de Alba Longa.
13. • Feito por Susana Losada Soto
• IES de Melide (A Coruña)