2. Sinopsis A peza que se vai representar é unha adaptación que o grupo de teatro do IES Lois Peña Novo fixo da obra de Shakespeare, Soño dunha noite de verán . Nesta obra trátanse temas como o amor, a maxia, os sonos ou a realidade. A comedia relata a historia de dúas parellas de namorados que sofren e disfrutan por causa do seu amor e das argucias dos seus namorados. O trasfondo común atópase na celebración da voda entre o dono dunha sala de festas, Teseo, e a súa namorada Hipólita, amantes a punto de casarse ao comezar a obra. Oberón e Titania ou Xas mesturan os seus propios destinos e o de dúas parellas de namorados: Herminia e Lisandro, Demetrio e Helena. A trama desenrólase en 5 actos nos que as trasnadas de Xas, inducido polo seu amigo Oberón, transforma os acontecementos entre os namorados. Ao final, os pesares e sufrimentos do amor resólvense quedando tan só como o recordo do soño dunha noite de verán.