TEMA XII OIMPERIO ROMANO E A SÚA HERDANZA CULTURAL. 1ª PARTE
2.
Introduci ón Romaestaba, desde a súa fundaci ón, gobernada por unha monarquía; mais no século VI os seus habitantes expulsaron os monarcas e constituíronse en república. Logo, mediante numerosas guerras, Roma apropiouse das terras que se estendían desde a Península Ibérica ata Oriente abranguendo todo o mar Mediterráneo ( Mare Nostrum ). A partir do século I d.C., os romanos dominaron o mundo. A partir do século III, o Impero entrou en crise e sufriu o asedio dos pobos bárbaros. No ano 476 Roma foi conquistada e o Imperio desapareceu. 12
3.
ETAPAS HISTORIA DEROMA TIPOS DE GOBERNO MONARQUÍA (S.VIII a.C.) REPÚBLICA (S.VI a.C.) IMPERIO (S.I a.C.-S.V d.C.) REI SENADO COMICIOS SENADO MAXISTRADOS EMPERADOR
4.
A orixe históricade Roma No II milenio a.C. A Península Italiana estaba ocupada polos latinos (no centro), os etruscos (no Norte) e os gregos (no Sur). A mediados do século VIII a.C ., algunhas tribos de latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber e ergueron poboados sobre sete outeiros , que serían a orixe da cidade de Roma . 12 Roma converteuse moi cedo nun importante enclave comercial , onde se realizaban gran parte dos intercambios entre os distintos pobos.
A Orixe deRomasegundo a mitoloxía Lenda: Rómulo e Remo fundaron a cidade. Foron abandonados nas ribeiras do río Tíber cando eran nenos e unha loba amamantounos. En agradecemento eles deciden fundar unha cidade nese lugar: ROMA.
A épocada monarquía Nos primeiros tempos, Roma foi gobernada por unha monarquía . O rei, que detentaba os máximos poderes, gobernaba coa axuda dun Senado, composto das grandes familias aristocr áticas (patricios) . Roma tivo sete reis ; os catro primeiros, latinos e os tres últimos, etruscos . Baixo a influencia etrusca a cidade de Roma engrandeceuse e mellorou: edificación de novas pontes, acuedutos, rede de sumidoiros, murallas... 12
Fin da MonarquíaOs patricios latinos expulsaron ao Rei tarquino o Soberbio no ano 509 a. C. e da comenzo a República en Roma
11.
A Roma republicana.A Sociedade PATRICIOS PLEBEUS ESCRAVOS * Eran descendentes dos primitivos poboadores. * Tiñan o poder político, militar e económico. * Ocupaban a maior parte dos cargos do goberno e do senado. * Eran donos da maior parte dos terreos públicos. * Vivían en amplas casas de campo ( vilas ), ou en domus luxosas na cidade. * Eran descendentes da primitiva poboación conquistada e estranxeiros que acudían á cidade. * Eran libres, pero carecían de influenza política. * Tiñan prohibido o matrimonio cos patricios. * Eran campesiños, artesáns ou comerciantes. * Vivían en ínsulas (casas humildes de varios pisos). * Eran persoas sen ningún dereito. * Podían ser comprados ou vendidos. * Algúns tiñan unha boa educación e actuaban como mestres ou doutores. Os demais facían as labores máis duras. * Algúns acadaban a liberdade: LIBERTOS
A loita polaigualdade Nos primeiros anos da República, os patricios formaron un goberno aristocrático : só eles elaboraban e coñecían as leis, exercían a xustiza e monopolizaban os cargos públicos . Durante douscentos anos, os plebleos loitaron por obter os mesmos dereitos que os patricios. A partir do século V a.C., atoparon resposta a algunhas das súas demandas: dereito a elixir un representante ( Tribuno da plebe ), a compilación escrita e pública das leis de Roma ( Lei das Doce Táboas )... 12
14.
As institucións darepública romana O goberno da República fundamentábase en tres institucións: Os comicios Os maxistrados O Senado , 12
15.
Asembleas ou ComiciosReunión de cidadáns romanos q ue participan nas decisións da cidade: Votaban as leis e elexían a quenes ocupaban os distintos cargos Estaba formado por patricios e plebeos
16.
Os maxistrados: OCónsul Maxistrados: Eran os distintos cargos(electos) do goberno, gobernaban a cidade: cónsules pretores, censores, edís, tribunos... Os máis importantes eran os CÓNSULES que dirixían o goberno e o exército.
17.
O Senado Erao centro da vida política, ratificaba as leis aprobadas polos Comicios e resolvía os asuntos de política exterior e de finanzas. 300 membros ( patricios )
18.
A expansión deRoma. A Conquista do Mediterráneo O crecemento da súa riqueza e un numeroso e eficaz exército permitíronlle a Roma a conquista de enormes territorios . Entre o 500 e o 250 a.C, a cidade de Roma apropiouse da Península Itálica . Entre os anos 264 e 146 a.C., Roma enfrontouse a Cartago, nas denominadas guerras púnicas , e conquistou o Mediterráneo occidental . 12
19.
A expansión deRoma Entre os séculos II a.C. e II d.C., as lexións romanas conquistaron Grecia e o Mediterráneo oriental , e completaron a ocupación en Hispania, Galia e Britania.
A crise doséculo I a.C. As conquistas proporcionáronlle a Roma grandes riquezas , pero tamén orixinaron grandes desigualdades sociais . Gran parte dos campesiños arruináronse ao ter que abandonar as súas terras para servir no exército. Os prexudicados polas conquistas protagonizaron conflitos sociais (revolta dos irmáns Graco ) en demanda dunha mellor repartición da riqueza. A crise do século I a.C. provoc ou que o Senado e os maxistrados lles desen o poder aos xefes militares , ditadores, que se enfrontaron entre si , xerando violentas guerras civís . Un destes militares, Xulio César , proclamado ditador perpetuo (48 a.C.), foi asasinado por aqueles que vían perigar o seu poder (44 a.C.). 12
27.
Asesinato de XulioCésar O senado síntese ameazado e Xulio César é asasinado por:Bruto, Casio e Casca
O IMPERIO ROMANO.Octavio Augusto, emperador Octavio Augusto , fillo adoptivo de Xulio César, inaugurou un novo sistema de goberno: o Imperio . Concentrou na súa persoa todos os poderes civís e militares que antes exercían os maxistrados. Foi nomeado cónsul vitalicio e xefe do exército ( emperador ), redactaba as leis ( edictos ) e converteuse na primeira autoridade relixiosa ( gran pontífice ). 12
30.
A organización doImperio O Senado, os maxistrados e os comicios continuaron existindo, pero o seu papel era só simbólico. Era o emperador quen designaba todos os cargos importantes que dirixían o Imperio, para aplicar e transmitir as súas ordes creouse o Consello imperial . Os territorios que se incorporaron ao Imperio organizáronse en provincias , a cuxa fronte colocaba a un gobernador axudado por funcionarios romanos. 12
31.
Dous séculos depax romana Ao longo dos séculos I e II d.C., o Imperio acadou a súa máxima expansión e prosperidade ( pax romana ). Durante ese período, as guerras foron escasas e os territorios conquistados romanizáronse. Roma converteuse nunha gran cidade de m áis dun millón de habitantes. No ano 212, o emperador Caracalla quixo equiparar a todos os habitantes do Imperio e concedeulles a cidadanía romana. 12
As cidades, centrodo Imperio Roma foi un Imperio de cidades, fundáronse centos e todas elas tiñan unha estrutura semellante . As cidades eran o lugar de residencia das autoridades e da administración, e o centro económico onde se realizaban as actividades artesanais e comerciais . Ademais, as cidades contribuíron á romanización do Imperio, isto é, axudaron a difundir a lingua, os costumes, as leis e o modo de vida dos romanos. 12
Os grupos sociaisOs habitantes do Imperio estaban divididos en grupos sociais con dereitos desiguais , aínda que a sociedade romana era aberta e permitía o ascenso social. A maioría de homes libres gozaban da cidadanía romana : non pagaban impostos, tiñan dereitos políticos e estaban protexidos polas leis. Por debaixo, situábanse os campesiños e a plebe urbana , que cando non tiñan traballo vivían das subvencións e das diversións do Estado (pan e circo). Os escravos non gozaban de liberdade nin de dereitos, e o seu amo pod ía vendelos e quitarlles a vida. 12
As explotacións agrícolasOs romanos introduciron o arado , os muíños para prensar aceite e viño, novos sistemas de regadío e o cultivo de novos produtos: árbores froiteiras, hortalizas, cereais.. . En todas as provincias xurdiron colonias agrícolas , con campesiños que explotaban a terra para a súa propia subsistencia . Tamén se estenderon os latifundios , que eran explotados por patricios e onde traballaban maioritariamente escravos. A explotación agrícola realizábase ao redor dunha casa de campo ( vila ) con gran cantidade de estancias: casa do propietario, cortes, celeiros... 12
As relacións comerciaisNos primeiros séculos do Imperio, o comercio entre as provincias viuse favorecido pola paz interna , a seguridade nas comunicacións e o aumento da produción . Os romanos contaban con magníficas calzadas que unían Roma con todas as provincias do Imperio. O comercio internacional efectuábase esencialmente por vía marítima : Ostia, Antioquia e Alexandría eran os portos máis importantes. A existencia dunha moeda s ólida e común en todas as terras do Imperio axudou ao desenvolvemento comercial. 12
Familia A familiaestaba formada por tódolos que vivían baixo a autoridade do pai (pater familias). A lei concedíalle ao pai a autoridade completa (patria potestas). As mulleres dependían sempre da autoridade do home:primeiro do pai e despois do marido.
47.
VIVENDA Hai doustipos de vivendas nas cidades: DOMUS: vivenda dos aristócratas (ricos): de planta rectángular, de un ou dous pisos, con habitacións moi amplas. INSULAS: vivendas da clase media. Son edificios de varios pisos E as vilas no rural como xa vimos
48.
Vestidos Tunica (prendainterior) Toga ( vestiario masculino ) Stola e palla (vestiario feminino) Modas de peiteados cambiantes ó longo dos anos
49.
Stola e Palla Fascia pectoralis / Subligar Dama Museo de Mérida
Alimentación Almorzo (O IENTACULUM ) : pan con aceite, viño, queixo, mel, froita Comida ( O PRANDIUM ) : carne fría, legumes, froitas, sobras e algo de viño Cea: comida forte do día facíase en familia. Para os máis ricos podía ser un verdadeiro festín: entremeses, asados, peixes, sobremesas e viños Os máis modestos contentábanse cunha cunca de cerais, algo de touciño, verduras e legumes soían beber cervexa quente Algo esencial nas súas comidas eran as salsas , como o GARUM , (líquido que proviña do repouso de peixes en barrís).
52.
A cea durabavarias horas e para estar cómodos comían deitados cara ao lado esquerdo, nun comedor chamado TRICLINIUM. As ceas estaban acompañadas de lecturas de poesía, cantos e música, amenizados con bailarinas. A comida interrompíase para vomitar e seguir comendo.
53.
Ocupacións Profesións: maxistrado, sacerdote (nobreza) financieiro (clase ecuestre) comerciante (plebeio rico) obreiro, artesán (clase baixa) Fillos: o colexio acompañados do paedagogus Matrona: ó cargo do fogar: escravos, compras, etc. Mulleres de clases humildes: vendedoras, tecedoras, prostitutas
Algunhas curiosidades Astermas romanas eran baños públicos onde se podían realizar actividades ximnásticas e lúdicas. Tamén eran lugares de reunión Non utilizaban o xabón para lavarse, usaban aceite de oliva e algún instrumento para fregarse Un pau cunha esponxa húmida nun extremo era usado como o papel hixiénico actual. Había latrinas colectivas. Nas casas había calefacción central. Os romanos situaban aos actores no mesmo nivel que ás prostitutas.
56.
O Imperio entraen crise A partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a unha serie de problemas . As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos ataques dos pobos xerm ánicos ( bárbaros ). A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas contra o emperador. A estes problemas sumáronselles os problemas económicos : descenso da produción agrícola e mineira, estancamento do comercio e empobrecemento da poboación. 12
57.
A divisi ón do Imperio No ano 395, para facilitar a súa defensa, o emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus fillos, Arcadio e Honorio. A partir dese momento quedaron separados o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente . No Imperio de Oriente (bizantino) o emperador soubo manter a súa autoridade e defender as fronteiras, e o Imperio sobreviviu. En Occidente, pola contra, a decisión de Teodosio foi insuficiente para salvar o Imperio. 12
O Cristianismo Orixenes: Xesús de Nazaret funda unha relixión monoteísta en Palestina Difusión: Discípulos de Xesús. Polo Imperio foi difundido por Pablo PERSECUCIÓNS DO CRISTIANISMO por que o cristianismo negábase a dar culto ao emperador, rexeitaba o politeísmo e era contrario á escravitude Nerón e DIOCLECIANO : Grandes persecucións. Catacumbas
61.
O cristianismo, relixión oficial Constantino decret ou a fin das persecucións contra os cristiáns ( Edicto de Milán, 313 ). Donación de Constantino I, emperador (306-337), ao papa Silvestre I (314-335) A finais do século IV, o emperador Teodosio fixo do cristianismo a relixión oficial do Imperio. Co tempo, o cristianismo espallouse por todo o Imperio. 12
62.
A fin do Imperio de Occidente A comezos do século V, os pobos xerm ánicos traspasaron as fronteiras e entraron no Imperio occidental. As pobos invasores fóronse instalando nas terras de Occidente e crearon reinos independentes. A ca ída do último emperador romano de Occidente (Rómulo Agústulo) marca a fin da Antigüidade e o inicio da Idade Media . Ano 476 da nosa era 12