TEMA 6
A ALTA IDADE MEDIA
1. A RUPTURA DA UNIDADE DO MEDITERRÁNEO
1.1. A FIN DO IMPERIO ROMANO
O Imperio romano estendeu as súas conquistas polas beiras do mar Mediterráneo, ao que
chamaban Mare Nostrum. Incluía boa parte de Europa, o norte de África e Asia Menor o que fixo
que o Mediterráneo fose un espazo unido gobernado desde Roma.
As dificultades para administrar un territorio tan extenso conduciron a unha grave crise
política, económica e social no século III. Ademais, os pobos xermánicos -que vivían fóra das
fronteiras (limes) do Imperio e aos que os romanos chamaban bárbaros- asentáronse nos
dominios do Imperio.
Como consecuencia destes problemas, tras a morte do emperador Teodosio no ano 395,
produciuse a división do Imperio en dúas partes:
• Imperio romano de Oriente: con capital en Constantinopla, gobernado polo emperador
Arcadio.
• Imperio romano de Occidente: con capital en Roma, gobernado polo emperador Honorio.
A división do Imperio supón a primeira ruptura da unidade no Mediterráneo.
A crise continuou a agudizarse e no ano 476 asistimos á desaparición do Imperio Romano de
Occidente coa caída de Roma. A partir dese momento cada espazo evolucionou de forma
diferente:
• O Imperio romano de Oriente, ao non verse afectado polas incursións xermánicas,
sobrevivirá durante case mil anos máis (ata 1453) baixo a denominación de Imperio
bizantino. A súa capital establécese na cidade de Constantinopla, que pasará a
chamarse Bizancio.
• O Imperio romano de Occidente, tras a caída de Roma foi ocupado e reorganizado polos
pobos xermánicos. Ostrogodos, francos, suevos ou visigodos asentáronse neste
territorio e formaron os primeiros reinos xermánicos medievais.
1.2. O NACEMENTO DO ISLAM
No século VII, un novo poder aparece no Mediterráneo: o islam. A partir das doutrinas relixiosas
predicadas polo profeta Mahoma na península de Arabia, os musulmáns irrompen na historia e
comezan a espallarse por Oriente Próximo e o norte de África durante os séculos VII e VIII. No
seu avance chegarán á península ibérica, onde formarán Al Andalus.
O xurdimento e expansión do islam constitúe a segunda ruptura do Mediterráneo.
A comezos da Idade Media esta é a situación: ao leste o Imperio bizantino, ao oeste os reinos
xermánicos e ao sur os musulmáns.
2. OS REINOS XERMÁNICOS NA EUROPA OCCIDENTAL
2.1. A CHEGADA DOS POBOS XERMÁNICOS
A debilidade do Imperio romano a partir do século III permitiu aos pobos xermánicos
introducirse progresivamente nas súas fronteiras.
Estes pobos protagonizaron grandes migracións desde o norte de Europa na busca de novas
terras nas que asentarse, debido ao crecemento demográfico e á presión dos hunos desde o
leste. Expandíronse a través de invasións do territorio, pero tamén chegaron a pactos (foedus)
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 1
co Imperio polos que se lles permitía a entrada e mesmo se lles concedía a cidadanía
romana.
No ano 476 o xefe xermano Odoacro entra en Roma e destitúe a Rómulo Augústulo, último
emperador de Occidente. Este feito histórico, a caída de Roma, supón a fin do Imperio romano
de Occidente e o comezo da Idade Media en Europa.
Os reinos xermánicos formaron os primeiros reinos medievais. Os máis destacados foron:
• O reino ostrogodo ocupaba a península Itálica e Dalmacia.
• O reino visigodo estendeuse polo Sur da Galia e Hispania.
• O reino franco e o burgundio ocupaban o Norte e o Nordés da Galia, respectivamente.
• O reino dos alamanos formouse ao redor do río Rin.
• O reino anglosaxón espallouse por Inglaterra.
2.2. CARACTERÍSTICAS DOS REINOS XERMÁNICOS
• Clima de inseguridade: Desde o século V producíronse violentos enfrontamentos entre
os pobos xermánicos. Ademais, durante os séculos IX e X Europa sufrirá as
denominadas segundas invasións:
◦ Os viquingos xunto cos normandos protagonizaron incursións marítimas desde
Escandinavia ao norte de Europa.
◦ Polo leste, presionaban os eslavos, os húngaros maxiares ou os ávaros.
◦ No sur os árabes ameazaban as rutas comerciais que atravesaban o Mediterráneo.
• Economía agraria e ruralización:
◦ O clima de inseguridade supuxeron a paralización dos intercambios comerciais e o
afundimento das cidades.
◦ Moita poboación trasladouse ao espazo rural, onde era máis fácil a supervivencia, e
baseou a súa economía na agricultura e na gandaría de subsistencia producindo o
necesario para vivir.
• Fragmentación do poder político:
◦ O poder político en Europa occidental disgregouse en diferentes reinos nos que un
monarca posuía o mando político e militar. A corte non tiña un lugar fixo.
◦ Os reis contaron co apoio dunha nobreza guerreira coa que compartían o poder.
• Sociedade:
◦ Unha aristocracia (alta nobreza) laica e eclesiástica acumulou grandes extensións
de terra en propiedade: os latifundios.
◦ Baixo o seu dominio estaban os campesiños, que dependían dos propietarios para
o seu sustento e recibían destes seguridade.
• Fusión romano-xermánica: moitos xermanos convertéronse ao catolicismo, foron
asimilando o dereito romano e o latín era a lingua oficial.
3. O IMPERIO CAROLINXIO E AS ORIXES DO FEUDALISMO
3.1. A FORMACIÓN DO IMPERIO CAROLINXIO
• Os francos eran un pobo de orixe xermánica que expulsou aos visigodos da Galia
(Francia) e formaron o reino máis poderoso de Europa occidental: o Regnun francorum
(Reino dos francos).
• Entre os séculos V e VIII gobernou a dinastía merovinxia que ampliou as fronteiras.
Estes territorios eran considerados patrimonio persoal do rei, que ademais comezou a
transmitir o cargo de pai a fillo, o cal aseguraba que todo ese patrimonio se mantivese na
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 2
mesma familia. No 732, un nobre franco da dinastía dos merovinxios, Carlos Martel,
enfrontouse a un exército de musulmáns que conquistara o reino visigodo de Toledo, e
derrotounos preto de Poitiers.
• No século VIII unha poderosa familia da nobreza franca logrou impoñerse sobre a dinastía
reinante. Pipino o Breve recluíu nun mosteiro o último rei merovinxio e inaugurou a
dinastía carolinxia. O novo rei foi recoñecido e apoiado polo papa, é dicir, produciuse
unha alianza entre a Igrexa e o Estado carolinxio.
• O seu fillo Carlomagno (Carlos o Grande, 768-814), creou un imperio que abranguía casa
toda a Francia actual, o leste de Alemaña, o norte de Italia e Austria.
• Carlomagno converteuse no protector do Papa. Grazas a esta alianza foi coroado
emperador no ano 800. Carlomagno e o papado aspiraban a construír o Imperium
Christianum (Imperio cristián), unha nova unidade de Europa semellante á do Imperio
romano antes da súa descomposición.
• Tras a morte de Carlomango, a coroa pasou ao seu fillo Ludovico Pío (Luis o Piadoso),
que máis tarde dividiu as terras do Imperio entre os seus tres fillos (Tratado de Verdún,
843). Fracasaba así o derradeiro intento de reconstruír a unidade do Imperio romano de
Occidente. A desaparición do Imperio carolinxio acentuou a inseguridade en Europa.
3.2. CARLOMAGNO E AS ORIXES DO FEUDALISMO
• Nun contexto de inseguridade provocado polas invasións de normandos, maxiares e
musulmáns xurdiron dificultades para gobernar de forma efectiva un imperio tan
extenso como era o Imperio Carolinxio
• Ante esta situación, o emperador comezou a establecer fortes lazos coa nobreza para
asegurar a defensa do territorio. Carlomagno e os seus sucesores estableceron o
costume de ceder terras (feudos) aos nobres como pagamento polos servizos
militares prestados.
• Os nobres que recibían estas terras pasaban a converterse en vasalos do rei, ao que
prestaban un xuramento de fidelidade que os comprometía a prestarlle axuda militar e
consello. A cambio, estes nobres tiñan autoridade sobre os campesiños que
traballaban as súas terras e que debían entregarlles unha parte da colleita como
renda por explotalas.
• Entre os séculos IX e XII o modelo feudal estendeuse por Europa, polo que a nobreza
foi progresivamente administrando territorios cedidos directamente polo rei (feudos).
Xorden así as marcas, condados e ducados, gobernados por marqueses, condes e
duques. Estes nobres eran vasalos do rei pero tamén tomaban como vasalos os
campesiños que vivían nos seus dominios, feito que os convertía en señores feudais.
• Os feudos comezaron a ser herdados de pais a fillos, polo que se perpetuaban de
xeración en xeración.
• A Igrexa integrouse no sistema. Os membros do clero recibiron doazóns reais, polo
que pasaban a administrar un territorio e se convertían en vasalos do rei.
4. O FEUDALISMO
4.1. DEFINICIÓN E TRAZOS BÁSICOS
Feudalismo: Sistema económico, político e social característico da Idade Media europea.
Orixinouse entre os séculos VI e IX e consolidouse entre os séculos IX e XII en Europa
Occidental. O nome procede de foedus (pacto) ou feudo (terras).
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 3
Trazos básicos:
• A actividade dominante era a agricultura, de subsistencia e con escaso
desenvolvemento tecnolóxico.
• A posesión da terra era a principal fonte de riqueza e marcaba a categoría social.
• A sociedade estaba organizada de forma piramidal e relacionada por lazos de
dependencia que convertían unhas persoas en señores e outras en vasalos ou en
servos:
◦ A nobreza e o clero formaban parte do estamento privilexiado, fóronse facendo
donos das terras e comezaron a facer xustiza nelas, converténdose en señores
feudais.
◦ Os campesiños dependían dos señores e estaban obrigados a pagarlles numerosos
impostos.
• O poder político estaba moi fragmentado, pois os reis outorgáballes aos señores
funcións de goberno nos territorios que lles concedía (feudos).
• As mentalidades estaban dominadas polo sentido relixioso da vida.
4.2. O SISTEMA SEÑORIAL: SEÑORES E VASALOS
Nos séculos IX-X o poder dos monarcas era moi feble. Para poder gobernar e manter unido o
seu reino, tiveron que apoiarse nos nobres (ou señores) cos que estableceron un sistema de
relacións persoais chamado Vasalaxe, consistente nun pacto de fidelidade mutua entre dous
homes libres que se establecía mediante unha dobre cerimonia:
• Homenaxe: O vasalo (nobre) prometíalle ao rei fidelidade, consello no goberno e axuda
militar e económica.
• Investidura: O monarca entregáballe ao vasalo (nobre ou señor laico ou eclesiástico) un
feudo (na maioría das veces terras e persoas que vivían nelas) con carácter hereditario,
para que o gobernase e explotase, e así compensar a obediencia, a fidelidade e a axuda.
Da suma da entrega dun feudo e da existencia de vasalos xurde a monarquía feudo-vasalática.
Uns señores, polo xeral cabaleiros, tamén podían facerse vasalos doutros máis poderosos
(condes, marqueses) aos que lles proporcionaban servizo militar a cambio de sustento.
Formouse así a alta nobreza e a baixa nobreza.
Bispos e abades tamén foron posuidores de feudos cedidos polo rei, terras nas que actuaban
como señores feudais, e a cambio xuráronlles fidelidade polo que se convertían en vasalos do
rei. Igualmente hai que diferenciar entre o alto e o baixo clero.
O termo vasalo acabou por aplicarse tamén aos campesiños que dependían dos seus
señores, aos que acudían en busca de protección, converténdose moitos en servos (neste caso a
dependencia era hereditaria).
4.3. O FEUDO, MARCO DE RELACIÓNS ENTRE SEÑORES E CAMPESIÑOS
Un feudo eran terras entregadas polo rei ou por un nobre a outro señor feudal (nobre ou
eclesiástico). Podíanse transmitir en herdanza aos descendentes pero non se podían mercar
nin vender.
O feudo dividíase en dúas partes:
• Reserva era a terra que o señor explotaba directamente e onde estaba a súa residencia
(castelo ou mosteiro), así como os principais establecementos (cociña, forno, muíño,...),
• Mansos eran as porcións de terra que o señor cedía aos campesiños, a cambio do pago
de rendas e traballo nas terras da reserva.
• Á parte existían os bosques comunais, que os campesiños podían aproveitar para obter
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 4
leña, froitos ou para levar o gando a pastar.
Os campesiños sometidos ao réxime feudal mantiñan certas obrigas co seu señor (señorío
territorial):
• Algúns días de traballo na reserva señorial (corveas).
• Porcentaxes da colleita que debían entregar á Igrexa (décimo) ou á nobreza (talla).
• Impostos polo uso das instalacións do feudo como o muíño, o forno, o celeiro ou as
pontes (pontazgo).
Os señores feudais convertéronse en gobernantes dentro dos seus feudos, nos que exercían
a autoridade sobre os campesiños (señorío xurisdicional); ademais de cobrar impostos, posuían
a facultade de impartir xustiza e ditar ordes e leis. Isto significaba na práctica que o rei cedía o
poder sobre un territorio aos nobres, polo que podemos dicir que o poder na Idade Media
fragmentouse.
4.4. A SOCIEDADE FEUDAL
A sociedade feudal quedou dividida en tres grupos denominados ordes ou estamentos, grupos
sociais cerrados aos que se pertencía por razón de nacemento ou función e para toda a vida:
a nobreza, o clero e o terceiro estado.
• O Rei (monarca):
• Ocupaba o cume da pirámide social, considerábase un Primus inter pares (Primeiro
entre iguais). Eran un señor feudal máis.
• Tiña terras sobre as que exercía directamente a súa autoridade e das que era
propietario: terras de realengo.
• O rei tiña que compartir o goberno do reino coa alta nobreza e co alto clero.
• A Curia ou Consello Real axudáballe a gobernar e tomar decisións. O séquito de
persoas que o acompañaba era a Corte.
• Privilexiados: Posuían terras, non tiñan que traballar, non pagaban impostos, cobraban
rendas, eran xulgados por leis especiais e tiñan reservados os altos cargos do reino.
◦ Nobreza (Bellatores): Condes, duques, marqueses, baróns, cabaleiros. Encargábanse
da defensa militar da sociedade.
▪ Dedicábanse fundamentalmente á guerra, á caza e á celebración de torneos.
▪ Os máis poderosos (alta nobreza) vivían en castelos: construcións fortificadas
(murallas, torres, foxos) que eran, ao mesmo tempo, residencia do señor, lugar de
refuxio para os habitantes do feudo en caso de invasión ou guerra e centros
administrativos das terras do señor. As estancias do castelo estaban distribuídas
arredor dun patio central e en altura destacaba a torre da homenaxe. Tiñan
cabaleiros (baixa nobreza) ao seu servizo.
▪ Foron frecuentes as loitas entre nobres por conseguir máis terras e poder ou,
mesmo, que desafiasen o poder dos reis.
◦ Clero (Oratores): Dedicábanse a rezar pola salvación espiritual da humanidade.
▪ Gozaba dun gran poder económico xa que posuían terras e ademais recibían do
campesiñado o décimo.
▪ O alto clero (bispos e abades) procedía de importantes familias nobres e acumulou
grandes propiedades; pola contra, o baixo clero (sacerdotes e monxes) proviña
de familias campesiñas e vivía de forma máis modesta.
▪ Os mosteiros eran importantes centros económicos e culturais. A edificación
principal era a igrexa, xunto co claustro, o comedor ou refectorio, as celas dos
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 5
monxes, a cociña e a biblioteca, onde se escribían e copiaban manuscritos. Cada
mosteiro rexíase por unha orde ou regra, un conxunto de normas que debían
cumprir de forma disciplinada e estrita. A máis importante foi a dos beneditinos,
difundida por Bieito de Nursia no século VI, que propoñía unha forma de vida
austera organizada arredor da oración e o traballo (ora et labora).
• Non privilexiados (laboratores): Traballaban e mantiñan aos outros dous estamentos,
carecían de dereitos e estaban sometidos a fortes impostos. Eran o Terceiro estado:
campesiños (os máis numerosos), artesáns, comerciantes e grupos marxinais.
◦ A maioría dos campesiños estaba sometida aos señores laicos ou eclesiásticos,
traballaban as súas terras e non podían abandonalas sen o seu permiso, eran os
servos. Unha minoría eran os campesiños libres ou alodiais, propietarios da súa
terra, podían abandonala sen permiso do señor.
◦ A súa vida xiraba arredor do traballo no campo marcado polo ritmo das estacións: arar,
sementar, segar, vendimar, facer a matanza, etc.
◦ As súas condicións de vida foron difíciles: deficiente alimentación, casas pequenas só
co máis imprescindible e falta de hixiene que con frecuencia producía enfermidades.
5. O IMPERIO BIZANTINO
O Imperio bizantino foi o Estado herdeiro do Imperio romano de Oriente. Recibe esta
denominación pola súa capital, Bizancio. Coñecida actualmente como Istambul (Turquía).
Bizancio logrou resistir a chegada de pobos bárbaros. Será un dos imperios máis lonxevos da
historia, con máis de mil anos de vida (ata 1453).
5.1. EVOLUCIÓN
O Imperio bizantino pódese dividir en 3 etapas:
• Esplendor con Xustiniano (s. VI). O emperador aspiraba a reconstruír o Imperio
romano. Por iso iniciou unha serie de conquistas polo Mediterráneo occidental. Foi
ademais un período de esplendor cultural, destacando en ámbitos como o dereito
(Código de Xustiniano) ou a arte (Santa Sofía de Constantinopla).
• Repregamento (s. VII-VIII). Moitos territorios no Mediterráneo caeron en poder dos
musulmáns.
• Declive e desaparición (s. XI-XV). Profunda crise. As ofensivas dos cruzados e
principalmente dos turcos provocou a toma de Constantinopla e a desaparición do
Imperio no 1453.
5.2. ORGANIZACIÓN
• O emperador bizantino (basileus) concentraba na súa persoa o poder político e o
relixioso (cesaropapismo), polo que tiña un carácter sagrado. Para gobernar apoiábase
nun corpo de funcionarios encargados das tarefas administrativas (burocracia), no
exército e na Igrexa.
• A sociedade estaba xerarquizada e distribuíase en 3 niveis:
◦ Os grupos dominantes foron a aristocracia e os altos cargos da Igrexa.
◦ Nun nivel inferior situábanse os campesiños libres, o baixo clero, os artesáns e os
comerciantes.
◦ Privados de liberdade e sometidos aos traballos máis duros vivían os campesiños
servos e os escravos.
• Relixión:
◦ O cristianismo en Bizancio tiña algunhas particularidades que o diferenciaban do
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 6
cristianismo occidental.
◦ O enfrontamento entre o máximo líder da Igrexa de Occidente, o papa de Roma, e o
da Igrexa de Oriente, o patriarca de Constantinopla, concluíu co Cisma de Oriente
(1054), que supuxo a separación da Igrexa católica occidental e a Igrexa ortodoxa
oriental (pervive na actualidade)
• A actividade económica fundamental continuou a ser a agricultura. Tamén tiveron
importancia a artesanía baseada na fabricación de produtos de luxo (seda, tapices,
marfil,etc) e o comercio.
• Cultura: a partir do Cisma de Oriente, Bizancio adoptou o grego como lingua oficial.
6. NACEMENTO E EXPANSIÓN DO ISLAM
6.1. A ORIXE DO ISLAM
• A relixión islámica tivo a súa orixe en Arabia, unha península desértica situada en Oriente
Medio na que os seus habitantes eran politeístas e se organizaban en tribos.
• Mahoma naceu na Meca no ano 570 e, segundo a tradición, aos 40 anos, recibiu unha
revelación do arcanxo Gabriel na que lle anunciou que era o novo profeta elixido por Alá
(Deus en árabe) para predicar unha nova relixión: o Islam.
• As autoridades da Meca perseguírono polas súas ideas, xa que defendía unha relixión
monoteísta: “non hai máis Deus que Alá”, e no ano 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiarse
na cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou fuxida, e esta data marca o comezo da era
musulmá (Equivalente ao nacemento de Cristo). Mahoma conquistou A Meca e tras a
súa morte (632), a relixión islámica expandírase por toda Arabia.
• As verdades que Alá lle revelou a Mahoma foron recollidas e escritas, despois da súa
morte, no Corán, o libro sagrado dos musulmáns .
6.2. DIVISIÓN NO ISLAM: SUNNITAS
• Logo da morte do profeta, a comunidade de fieis foi guiada polos califas, xefes relixiosos
e políticos. Os seguidores de Mahoma dividíronse en dúas grandes tendencias que até a
actualidade dividen aos musulmáns:
◦ Sunitas: seguidores dos primeiros califas sucesores de Mahoma.
◦ Xiitas: seguidores do xenro de Mahoma.
• Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición (Sunna). Estas
normas, conforman a lei islámica ou sharia.
6.3. A DOUTRINA ISLÁMICA
• Islam significa submisión, entrega total a Alá, o unico Deus.
• Os musulmáns (crentes no Islam) seguen unhas normas ditadas polo Corán e a
tradición (Sunna). Estas normas, conforman a lei islámica ou sharia.
• Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam:
◦ A profesión de fe en Alá como único Deus.
◦ O rezo diario cinco veces ao día.
◦ A esmola, aos necesitados.
◦ O xaxún no mes do Ramadán.
◦ A peregrinación á Meca (onde de atopa a Kaaba), polo menos unha vez na vida.
• Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas alcohólicas e carne de porco. Permítese
a poligamia.
• O edifico relixioso dos musulmáns é a mesquita e o encargado de dirixir a oración é o
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 7
imán. Os ulemas son os responsables de estudar e interpretar os textos sagrados.
6.4. EXPANSIÓN DO ISLAM. A FORMACIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO
• En tempos de Mahoma (622-632). Os musulmáns impuxeron a súa autoridade en Arabia.
• O califato ortodoxo (632-661). Goberno dos catro califas sucesores de Mahoma desde a
cidade de Medina. Espallaron o islam cara ao leste, polos territorios de Mesopotamia e
Persia, e cara ao oeste, ocupando Siria, Palestina e Exipto.
• O califato dos Omeia (661-750). Coa chegada ao poder da familia dos omeias a capital
trasladouse a Damasco (Siria). O islam expandiuse e os musulmáns ocuparon o Norte de
África e cruzaron a Península Ibérica (711) fundando Al Andalus, pero foron freados no
seu avance cara o norte de Europa, na batalla de Poitiers (732). Cara ao leste, ocuparon
Irán e Afganistán, e chegaron a Asia central e ao actual Paquistán
• O califato Abasida (750-1258). A familia dos omeia foi destronada por unha nova
dinastía, os abasidas, que trasladaron a capital do califato a Bagdad (Iraq). Desde o
século IX comezou o período de decadencia abasida, de fragmentación e loitas internas.
• Novos imperios (s. XIII-XX). En 1258 os mongois poñen fin á dinastía abasida. Este pobo
islamizouse e espallou o islam por Asia Menor, Asia Central e a India. En 1453 os
turcos toman Constantinopla e constitúen o Imperio turco otomán, que dominou o
mundo islámico até o século XIX. Desapareceu en 1923.
6.5. ORGANIZACIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO
• O califa ostentaba a máxima autoridade e concentraba o poder relixioso e político. Pero
para administrar un territorio tan extenso, os califas delegaron parte do seu poder nun visir,
unha persoa de confianza que os asesoraba, a modo de primeiro ministro. O territorio foi
dividido en provincias, á fronte das cales un emir ou un valí gobernaba en representación
do califa. Un cadí ou xuíz administraba xustiza.
• Os musulmáns permitíronlles conservar aos pobos conquistados (cristiáns, xudeus) a
súa relixión, manter as súas leis a cambio do pagamento dun tributo.
• Os elementos que unían aos habitantes por onde se expandiu o islam eran a relixión
(islam), a lingua (árabe) e a moeda (dinar de ouro e dirhem de prata).
6.6. ECONOMÍA E SOCIEDADE
A maioría da poboación dedicábase á agricultura na que lograron importantes avances:
• A rotación de cultivos permitiu obter máis dunha colleita cada ano.
• Inventaron sistemas de rega: nora, canles, muíños hidráulicos ou de vento, etc.
Isto permitiu aumentar a produtividade e vender os excedentes no mercado. Polo tanto, pasouse
dunha agricultura de subsistencia a unha agricultura comercial.
Cidades como Damasco, O Cairo e Bagdad convertéronse en centros artesanais e comercias.
Nos mercados (zocos) vendíanse todo tipo de produtos: perfumes, produtos de coiro, de metal,
téxtiles ou cerámica.
Unha extensa rede de cidades serviron de base para unha intensa actividade comercial
(economía urbana). Rutas terrestres e marítimas conectaban o Mediterráneo co Índico, como
por exemplo a Ruta da Seda que se estendía até a India e China.
Foi unha sociedade diversa desde o punto de vista étnico -árabes, beréberes, escravos negros-
e relixioso -musulmáns, cristiáns, xudeus- convivían nunha mesma sociedade.
A riqueza estaba ligada á posesión da terra, xeralmente en mans da aristocracia de orixe árabe.
Na escala social máis baixa atopábanse os escravos.
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 8

Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

  • 1.
    TEMA 6 A ALTAIDADE MEDIA 1. A RUPTURA DA UNIDADE DO MEDITERRÁNEO 1.1. A FIN DO IMPERIO ROMANO O Imperio romano estendeu as súas conquistas polas beiras do mar Mediterráneo, ao que chamaban Mare Nostrum. Incluía boa parte de Europa, o norte de África e Asia Menor o que fixo que o Mediterráneo fose un espazo unido gobernado desde Roma. As dificultades para administrar un territorio tan extenso conduciron a unha grave crise política, económica e social no século III. Ademais, os pobos xermánicos -que vivían fóra das fronteiras (limes) do Imperio e aos que os romanos chamaban bárbaros- asentáronse nos dominios do Imperio. Como consecuencia destes problemas, tras a morte do emperador Teodosio no ano 395, produciuse a división do Imperio en dúas partes: • Imperio romano de Oriente: con capital en Constantinopla, gobernado polo emperador Arcadio. • Imperio romano de Occidente: con capital en Roma, gobernado polo emperador Honorio. A división do Imperio supón a primeira ruptura da unidade no Mediterráneo. A crise continuou a agudizarse e no ano 476 asistimos á desaparición do Imperio Romano de Occidente coa caída de Roma. A partir dese momento cada espazo evolucionou de forma diferente: • O Imperio romano de Oriente, ao non verse afectado polas incursións xermánicas, sobrevivirá durante case mil anos máis (ata 1453) baixo a denominación de Imperio bizantino. A súa capital establécese na cidade de Constantinopla, que pasará a chamarse Bizancio. • O Imperio romano de Occidente, tras a caída de Roma foi ocupado e reorganizado polos pobos xermánicos. Ostrogodos, francos, suevos ou visigodos asentáronse neste territorio e formaron os primeiros reinos xermánicos medievais. 1.2. O NACEMENTO DO ISLAM No século VII, un novo poder aparece no Mediterráneo: o islam. A partir das doutrinas relixiosas predicadas polo profeta Mahoma na península de Arabia, os musulmáns irrompen na historia e comezan a espallarse por Oriente Próximo e o norte de África durante os séculos VII e VIII. No seu avance chegarán á península ibérica, onde formarán Al Andalus. O xurdimento e expansión do islam constitúe a segunda ruptura do Mediterráneo. A comezos da Idade Media esta é a situación: ao leste o Imperio bizantino, ao oeste os reinos xermánicos e ao sur os musulmáns. 2. OS REINOS XERMÁNICOS NA EUROPA OCCIDENTAL 2.1. A CHEGADA DOS POBOS XERMÁNICOS A debilidade do Imperio romano a partir do século III permitiu aos pobos xermánicos introducirse progresivamente nas súas fronteiras. Estes pobos protagonizaron grandes migracións desde o norte de Europa na busca de novas terras nas que asentarse, debido ao crecemento demográfico e á presión dos hunos desde o leste. Expandíronse a través de invasións do territorio, pero tamén chegaron a pactos (foedus) Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 1
  • 2.
    co Imperio polosque se lles permitía a entrada e mesmo se lles concedía a cidadanía romana. No ano 476 o xefe xermano Odoacro entra en Roma e destitúe a Rómulo Augústulo, último emperador de Occidente. Este feito histórico, a caída de Roma, supón a fin do Imperio romano de Occidente e o comezo da Idade Media en Europa. Os reinos xermánicos formaron os primeiros reinos medievais. Os máis destacados foron: • O reino ostrogodo ocupaba a península Itálica e Dalmacia. • O reino visigodo estendeuse polo Sur da Galia e Hispania. • O reino franco e o burgundio ocupaban o Norte e o Nordés da Galia, respectivamente. • O reino dos alamanos formouse ao redor do río Rin. • O reino anglosaxón espallouse por Inglaterra. 2.2. CARACTERÍSTICAS DOS REINOS XERMÁNICOS • Clima de inseguridade: Desde o século V producíronse violentos enfrontamentos entre os pobos xermánicos. Ademais, durante os séculos IX e X Europa sufrirá as denominadas segundas invasións: ◦ Os viquingos xunto cos normandos protagonizaron incursións marítimas desde Escandinavia ao norte de Europa. ◦ Polo leste, presionaban os eslavos, os húngaros maxiares ou os ávaros. ◦ No sur os árabes ameazaban as rutas comerciais que atravesaban o Mediterráneo. • Economía agraria e ruralización: ◦ O clima de inseguridade supuxeron a paralización dos intercambios comerciais e o afundimento das cidades. ◦ Moita poboación trasladouse ao espazo rural, onde era máis fácil a supervivencia, e baseou a súa economía na agricultura e na gandaría de subsistencia producindo o necesario para vivir. • Fragmentación do poder político: ◦ O poder político en Europa occidental disgregouse en diferentes reinos nos que un monarca posuía o mando político e militar. A corte non tiña un lugar fixo. ◦ Os reis contaron co apoio dunha nobreza guerreira coa que compartían o poder. • Sociedade: ◦ Unha aristocracia (alta nobreza) laica e eclesiástica acumulou grandes extensións de terra en propiedade: os latifundios. ◦ Baixo o seu dominio estaban os campesiños, que dependían dos propietarios para o seu sustento e recibían destes seguridade. • Fusión romano-xermánica: moitos xermanos convertéronse ao catolicismo, foron asimilando o dereito romano e o latín era a lingua oficial. 3. O IMPERIO CAROLINXIO E AS ORIXES DO FEUDALISMO 3.1. A FORMACIÓN DO IMPERIO CAROLINXIO • Os francos eran un pobo de orixe xermánica que expulsou aos visigodos da Galia (Francia) e formaron o reino máis poderoso de Europa occidental: o Regnun francorum (Reino dos francos). • Entre os séculos V e VIII gobernou a dinastía merovinxia que ampliou as fronteiras. Estes territorios eran considerados patrimonio persoal do rei, que ademais comezou a transmitir o cargo de pai a fillo, o cal aseguraba que todo ese patrimonio se mantivese na Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 2
  • 3.
    mesma familia. No732, un nobre franco da dinastía dos merovinxios, Carlos Martel, enfrontouse a un exército de musulmáns que conquistara o reino visigodo de Toledo, e derrotounos preto de Poitiers. • No século VIII unha poderosa familia da nobreza franca logrou impoñerse sobre a dinastía reinante. Pipino o Breve recluíu nun mosteiro o último rei merovinxio e inaugurou a dinastía carolinxia. O novo rei foi recoñecido e apoiado polo papa, é dicir, produciuse unha alianza entre a Igrexa e o Estado carolinxio. • O seu fillo Carlomagno (Carlos o Grande, 768-814), creou un imperio que abranguía casa toda a Francia actual, o leste de Alemaña, o norte de Italia e Austria. • Carlomagno converteuse no protector do Papa. Grazas a esta alianza foi coroado emperador no ano 800. Carlomagno e o papado aspiraban a construír o Imperium Christianum (Imperio cristián), unha nova unidade de Europa semellante á do Imperio romano antes da súa descomposición. • Tras a morte de Carlomango, a coroa pasou ao seu fillo Ludovico Pío (Luis o Piadoso), que máis tarde dividiu as terras do Imperio entre os seus tres fillos (Tratado de Verdún, 843). Fracasaba así o derradeiro intento de reconstruír a unidade do Imperio romano de Occidente. A desaparición do Imperio carolinxio acentuou a inseguridade en Europa. 3.2. CARLOMAGNO E AS ORIXES DO FEUDALISMO • Nun contexto de inseguridade provocado polas invasións de normandos, maxiares e musulmáns xurdiron dificultades para gobernar de forma efectiva un imperio tan extenso como era o Imperio Carolinxio • Ante esta situación, o emperador comezou a establecer fortes lazos coa nobreza para asegurar a defensa do territorio. Carlomagno e os seus sucesores estableceron o costume de ceder terras (feudos) aos nobres como pagamento polos servizos militares prestados. • Os nobres que recibían estas terras pasaban a converterse en vasalos do rei, ao que prestaban un xuramento de fidelidade que os comprometía a prestarlle axuda militar e consello. A cambio, estes nobres tiñan autoridade sobre os campesiños que traballaban as súas terras e que debían entregarlles unha parte da colleita como renda por explotalas. • Entre os séculos IX e XII o modelo feudal estendeuse por Europa, polo que a nobreza foi progresivamente administrando territorios cedidos directamente polo rei (feudos). Xorden así as marcas, condados e ducados, gobernados por marqueses, condes e duques. Estes nobres eran vasalos do rei pero tamén tomaban como vasalos os campesiños que vivían nos seus dominios, feito que os convertía en señores feudais. • Os feudos comezaron a ser herdados de pais a fillos, polo que se perpetuaban de xeración en xeración. • A Igrexa integrouse no sistema. Os membros do clero recibiron doazóns reais, polo que pasaban a administrar un territorio e se convertían en vasalos do rei. 4. O FEUDALISMO 4.1. DEFINICIÓN E TRAZOS BÁSICOS Feudalismo: Sistema económico, político e social característico da Idade Media europea. Orixinouse entre os séculos VI e IX e consolidouse entre os séculos IX e XII en Europa Occidental. O nome procede de foedus (pacto) ou feudo (terras). Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 3
  • 4.
    Trazos básicos: • Aactividade dominante era a agricultura, de subsistencia e con escaso desenvolvemento tecnolóxico. • A posesión da terra era a principal fonte de riqueza e marcaba a categoría social. • A sociedade estaba organizada de forma piramidal e relacionada por lazos de dependencia que convertían unhas persoas en señores e outras en vasalos ou en servos: ◦ A nobreza e o clero formaban parte do estamento privilexiado, fóronse facendo donos das terras e comezaron a facer xustiza nelas, converténdose en señores feudais. ◦ Os campesiños dependían dos señores e estaban obrigados a pagarlles numerosos impostos. • O poder político estaba moi fragmentado, pois os reis outorgáballes aos señores funcións de goberno nos territorios que lles concedía (feudos). • As mentalidades estaban dominadas polo sentido relixioso da vida. 4.2. O SISTEMA SEÑORIAL: SEÑORES E VASALOS Nos séculos IX-X o poder dos monarcas era moi feble. Para poder gobernar e manter unido o seu reino, tiveron que apoiarse nos nobres (ou señores) cos que estableceron un sistema de relacións persoais chamado Vasalaxe, consistente nun pacto de fidelidade mutua entre dous homes libres que se establecía mediante unha dobre cerimonia: • Homenaxe: O vasalo (nobre) prometíalle ao rei fidelidade, consello no goberno e axuda militar e económica. • Investidura: O monarca entregáballe ao vasalo (nobre ou señor laico ou eclesiástico) un feudo (na maioría das veces terras e persoas que vivían nelas) con carácter hereditario, para que o gobernase e explotase, e así compensar a obediencia, a fidelidade e a axuda. Da suma da entrega dun feudo e da existencia de vasalos xurde a monarquía feudo-vasalática. Uns señores, polo xeral cabaleiros, tamén podían facerse vasalos doutros máis poderosos (condes, marqueses) aos que lles proporcionaban servizo militar a cambio de sustento. Formouse así a alta nobreza e a baixa nobreza. Bispos e abades tamén foron posuidores de feudos cedidos polo rei, terras nas que actuaban como señores feudais, e a cambio xuráronlles fidelidade polo que se convertían en vasalos do rei. Igualmente hai que diferenciar entre o alto e o baixo clero. O termo vasalo acabou por aplicarse tamén aos campesiños que dependían dos seus señores, aos que acudían en busca de protección, converténdose moitos en servos (neste caso a dependencia era hereditaria). 4.3. O FEUDO, MARCO DE RELACIÓNS ENTRE SEÑORES E CAMPESIÑOS Un feudo eran terras entregadas polo rei ou por un nobre a outro señor feudal (nobre ou eclesiástico). Podíanse transmitir en herdanza aos descendentes pero non se podían mercar nin vender. O feudo dividíase en dúas partes: • Reserva era a terra que o señor explotaba directamente e onde estaba a súa residencia (castelo ou mosteiro), así como os principais establecementos (cociña, forno, muíño,...), • Mansos eran as porcións de terra que o señor cedía aos campesiños, a cambio do pago de rendas e traballo nas terras da reserva. • Á parte existían os bosques comunais, que os campesiños podían aproveitar para obter Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 4
  • 5.
    leña, froitos oupara levar o gando a pastar. Os campesiños sometidos ao réxime feudal mantiñan certas obrigas co seu señor (señorío territorial): • Algúns días de traballo na reserva señorial (corveas). • Porcentaxes da colleita que debían entregar á Igrexa (décimo) ou á nobreza (talla). • Impostos polo uso das instalacións do feudo como o muíño, o forno, o celeiro ou as pontes (pontazgo). Os señores feudais convertéronse en gobernantes dentro dos seus feudos, nos que exercían a autoridade sobre os campesiños (señorío xurisdicional); ademais de cobrar impostos, posuían a facultade de impartir xustiza e ditar ordes e leis. Isto significaba na práctica que o rei cedía o poder sobre un territorio aos nobres, polo que podemos dicir que o poder na Idade Media fragmentouse. 4.4. A SOCIEDADE FEUDAL A sociedade feudal quedou dividida en tres grupos denominados ordes ou estamentos, grupos sociais cerrados aos que se pertencía por razón de nacemento ou función e para toda a vida: a nobreza, o clero e o terceiro estado. • O Rei (monarca): • Ocupaba o cume da pirámide social, considerábase un Primus inter pares (Primeiro entre iguais). Eran un señor feudal máis. • Tiña terras sobre as que exercía directamente a súa autoridade e das que era propietario: terras de realengo. • O rei tiña que compartir o goberno do reino coa alta nobreza e co alto clero. • A Curia ou Consello Real axudáballe a gobernar e tomar decisións. O séquito de persoas que o acompañaba era a Corte. • Privilexiados: Posuían terras, non tiñan que traballar, non pagaban impostos, cobraban rendas, eran xulgados por leis especiais e tiñan reservados os altos cargos do reino. ◦ Nobreza (Bellatores): Condes, duques, marqueses, baróns, cabaleiros. Encargábanse da defensa militar da sociedade. ▪ Dedicábanse fundamentalmente á guerra, á caza e á celebración de torneos. ▪ Os máis poderosos (alta nobreza) vivían en castelos: construcións fortificadas (murallas, torres, foxos) que eran, ao mesmo tempo, residencia do señor, lugar de refuxio para os habitantes do feudo en caso de invasión ou guerra e centros administrativos das terras do señor. As estancias do castelo estaban distribuídas arredor dun patio central e en altura destacaba a torre da homenaxe. Tiñan cabaleiros (baixa nobreza) ao seu servizo. ▪ Foron frecuentes as loitas entre nobres por conseguir máis terras e poder ou, mesmo, que desafiasen o poder dos reis. ◦ Clero (Oratores): Dedicábanse a rezar pola salvación espiritual da humanidade. ▪ Gozaba dun gran poder económico xa que posuían terras e ademais recibían do campesiñado o décimo. ▪ O alto clero (bispos e abades) procedía de importantes familias nobres e acumulou grandes propiedades; pola contra, o baixo clero (sacerdotes e monxes) proviña de familias campesiñas e vivía de forma máis modesta. ▪ Os mosteiros eran importantes centros económicos e culturais. A edificación principal era a igrexa, xunto co claustro, o comedor ou refectorio, as celas dos Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 5
  • 6.
    monxes, a cociñae a biblioteca, onde se escribían e copiaban manuscritos. Cada mosteiro rexíase por unha orde ou regra, un conxunto de normas que debían cumprir de forma disciplinada e estrita. A máis importante foi a dos beneditinos, difundida por Bieito de Nursia no século VI, que propoñía unha forma de vida austera organizada arredor da oración e o traballo (ora et labora). • Non privilexiados (laboratores): Traballaban e mantiñan aos outros dous estamentos, carecían de dereitos e estaban sometidos a fortes impostos. Eran o Terceiro estado: campesiños (os máis numerosos), artesáns, comerciantes e grupos marxinais. ◦ A maioría dos campesiños estaba sometida aos señores laicos ou eclesiásticos, traballaban as súas terras e non podían abandonalas sen o seu permiso, eran os servos. Unha minoría eran os campesiños libres ou alodiais, propietarios da súa terra, podían abandonala sen permiso do señor. ◦ A súa vida xiraba arredor do traballo no campo marcado polo ritmo das estacións: arar, sementar, segar, vendimar, facer a matanza, etc. ◦ As súas condicións de vida foron difíciles: deficiente alimentación, casas pequenas só co máis imprescindible e falta de hixiene que con frecuencia producía enfermidades. 5. O IMPERIO BIZANTINO O Imperio bizantino foi o Estado herdeiro do Imperio romano de Oriente. Recibe esta denominación pola súa capital, Bizancio. Coñecida actualmente como Istambul (Turquía). Bizancio logrou resistir a chegada de pobos bárbaros. Será un dos imperios máis lonxevos da historia, con máis de mil anos de vida (ata 1453). 5.1. EVOLUCIÓN O Imperio bizantino pódese dividir en 3 etapas: • Esplendor con Xustiniano (s. VI). O emperador aspiraba a reconstruír o Imperio romano. Por iso iniciou unha serie de conquistas polo Mediterráneo occidental. Foi ademais un período de esplendor cultural, destacando en ámbitos como o dereito (Código de Xustiniano) ou a arte (Santa Sofía de Constantinopla). • Repregamento (s. VII-VIII). Moitos territorios no Mediterráneo caeron en poder dos musulmáns. • Declive e desaparición (s. XI-XV). Profunda crise. As ofensivas dos cruzados e principalmente dos turcos provocou a toma de Constantinopla e a desaparición do Imperio no 1453. 5.2. ORGANIZACIÓN • O emperador bizantino (basileus) concentraba na súa persoa o poder político e o relixioso (cesaropapismo), polo que tiña un carácter sagrado. Para gobernar apoiábase nun corpo de funcionarios encargados das tarefas administrativas (burocracia), no exército e na Igrexa. • A sociedade estaba xerarquizada e distribuíase en 3 niveis: ◦ Os grupos dominantes foron a aristocracia e os altos cargos da Igrexa. ◦ Nun nivel inferior situábanse os campesiños libres, o baixo clero, os artesáns e os comerciantes. ◦ Privados de liberdade e sometidos aos traballos máis duros vivían os campesiños servos e os escravos. • Relixión: ◦ O cristianismo en Bizancio tiña algunhas particularidades que o diferenciaban do Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 6
  • 7.
    cristianismo occidental. ◦ Oenfrontamento entre o máximo líder da Igrexa de Occidente, o papa de Roma, e o da Igrexa de Oriente, o patriarca de Constantinopla, concluíu co Cisma de Oriente (1054), que supuxo a separación da Igrexa católica occidental e a Igrexa ortodoxa oriental (pervive na actualidade) • A actividade económica fundamental continuou a ser a agricultura. Tamén tiveron importancia a artesanía baseada na fabricación de produtos de luxo (seda, tapices, marfil,etc) e o comercio. • Cultura: a partir do Cisma de Oriente, Bizancio adoptou o grego como lingua oficial. 6. NACEMENTO E EXPANSIÓN DO ISLAM 6.1. A ORIXE DO ISLAM • A relixión islámica tivo a súa orixe en Arabia, unha península desértica situada en Oriente Medio na que os seus habitantes eran politeístas e se organizaban en tribos. • Mahoma naceu na Meca no ano 570 e, segundo a tradición, aos 40 anos, recibiu unha revelación do arcanxo Gabriel na que lle anunciou que era o novo profeta elixido por Alá (Deus en árabe) para predicar unha nova relixión: o Islam. • As autoridades da Meca perseguírono polas súas ideas, xa que defendía unha relixión monoteísta: “non hai máis Deus que Alá”, e no ano 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiarse na cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou fuxida, e esta data marca o comezo da era musulmá (Equivalente ao nacemento de Cristo). Mahoma conquistou A Meca e tras a súa morte (632), a relixión islámica expandírase por toda Arabia. • As verdades que Alá lle revelou a Mahoma foron recollidas e escritas, despois da súa morte, no Corán, o libro sagrado dos musulmáns . 6.2. DIVISIÓN NO ISLAM: SUNNITAS • Logo da morte do profeta, a comunidade de fieis foi guiada polos califas, xefes relixiosos e políticos. Os seguidores de Mahoma dividíronse en dúas grandes tendencias que até a actualidade dividen aos musulmáns: ◦ Sunitas: seguidores dos primeiros califas sucesores de Mahoma. ◦ Xiitas: seguidores do xenro de Mahoma. • Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición (Sunna). Estas normas, conforman a lei islámica ou sharia. 6.3. A DOUTRINA ISLÁMICA • Islam significa submisión, entrega total a Alá, o unico Deus. • Os musulmáns (crentes no Islam) seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición (Sunna). Estas normas, conforman a lei islámica ou sharia. • Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam: ◦ A profesión de fe en Alá como único Deus. ◦ O rezo diario cinco veces ao día. ◦ A esmola, aos necesitados. ◦ O xaxún no mes do Ramadán. ◦ A peregrinación á Meca (onde de atopa a Kaaba), polo menos unha vez na vida. • Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas alcohólicas e carne de porco. Permítese a poligamia. • O edifico relixioso dos musulmáns é a mesquita e o encargado de dirixir a oración é o Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 7
  • 8.
    imán. Os ulemasson os responsables de estudar e interpretar os textos sagrados. 6.4. EXPANSIÓN DO ISLAM. A FORMACIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO • En tempos de Mahoma (622-632). Os musulmáns impuxeron a súa autoridade en Arabia. • O califato ortodoxo (632-661). Goberno dos catro califas sucesores de Mahoma desde a cidade de Medina. Espallaron o islam cara ao leste, polos territorios de Mesopotamia e Persia, e cara ao oeste, ocupando Siria, Palestina e Exipto. • O califato dos Omeia (661-750). Coa chegada ao poder da familia dos omeias a capital trasladouse a Damasco (Siria). O islam expandiuse e os musulmáns ocuparon o Norte de África e cruzaron a Península Ibérica (711) fundando Al Andalus, pero foron freados no seu avance cara o norte de Europa, na batalla de Poitiers (732). Cara ao leste, ocuparon Irán e Afganistán, e chegaron a Asia central e ao actual Paquistán • O califato Abasida (750-1258). A familia dos omeia foi destronada por unha nova dinastía, os abasidas, que trasladaron a capital do califato a Bagdad (Iraq). Desde o século IX comezou o período de decadencia abasida, de fragmentación e loitas internas. • Novos imperios (s. XIII-XX). En 1258 os mongois poñen fin á dinastía abasida. Este pobo islamizouse e espallou o islam por Asia Menor, Asia Central e a India. En 1453 os turcos toman Constantinopla e constitúen o Imperio turco otomán, que dominou o mundo islámico até o século XIX. Desapareceu en 1923. 6.5. ORGANIZACIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO • O califa ostentaba a máxima autoridade e concentraba o poder relixioso e político. Pero para administrar un territorio tan extenso, os califas delegaron parte do seu poder nun visir, unha persoa de confianza que os asesoraba, a modo de primeiro ministro. O territorio foi dividido en provincias, á fronte das cales un emir ou un valí gobernaba en representación do califa. Un cadí ou xuíz administraba xustiza. • Os musulmáns permitíronlles conservar aos pobos conquistados (cristiáns, xudeus) a súa relixión, manter as súas leis a cambio do pagamento dun tributo. • Os elementos que unían aos habitantes por onde se expandiu o islam eran a relixión (islam), a lingua (árabe) e a moeda (dinar de ouro e dirhem de prata). 6.6. ECONOMÍA E SOCIEDADE A maioría da poboación dedicábase á agricultura na que lograron importantes avances: • A rotación de cultivos permitiu obter máis dunha colleita cada ano. • Inventaron sistemas de rega: nora, canles, muíños hidráulicos ou de vento, etc. Isto permitiu aumentar a produtividade e vender os excedentes no mercado. Polo tanto, pasouse dunha agricultura de subsistencia a unha agricultura comercial. Cidades como Damasco, O Cairo e Bagdad convertéronse en centros artesanais e comercias. Nos mercados (zocos) vendíanse todo tipo de produtos: perfumes, produtos de coiro, de metal, téxtiles ou cerámica. Unha extensa rede de cidades serviron de base para unha intensa actividade comercial (economía urbana). Rutas terrestres e marítimas conectaban o Mediterráneo co Índico, como por exemplo a Ruta da Seda que se estendía até a India e China. Foi unha sociedade diversa desde o punto de vista étnico -árabes, beréberes, escravos negros- e relixioso -musulmáns, cristiáns, xudeus- convivían nunha mesma sociedade. A riqueza estaba ligada á posesión da terra, xeralmente en mans da aristocracia de orixe árabe. Na escala social máis baixa atopábanse os escravos. Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 8