Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Reforzo
1. REFORZO: ATMOSFERA
1.-Mira o seguinte mapa do tempo:
Fonte: El País, venres 20 de febreiro de 2004
a) Define e explica con claridade a situación atmosférica que lle afecta á nosa península. Sinala o
tipo, dirección e intensidade dos ventos.
b) Que tempo se agarda sobre a península? Cal é a causa de que nas Baleares se produciran chuvias
de barro?
c) Debuxa e explica as condicións atmosféricas verticais que hai sobre o noso país e as que lle afectan
ao centro de Europa e as Illas Británicas, sinalando como lle afectan ambas situacións á
contaminación das grandes cidades.
2.-Observa o mapa do tempo e contesta
a) Indica razoadamente que indican as X
b) As liñas de trazo máis groso representan as frontes.
Define: que é unha fronte? Indica os tipos de frontes
que existen e identifica os que aparecen no mapa
meteorolóxico
c) Explica como se producen as precipitacións nas
frontes e indica de que outras formas se poden
producir estas.
3.-Imaxina un masa de aire a 20 ºC e con 12 g/m3 de
humidade absoluta que, movida polo vento, choca contra a
ladeira de barlovento dunha montaña a una altitude de 400
m sobre o nivel do mar, o que a obriga a ascender. A)
Observa a figura e responde: A que altura acadará o punto
de rosada? Se a partir do punto de rosada e debido a
liberación de calor latente o GAH pasa a ser de 0,5 ºC por
cada 100 m de ascenso, a que temperatura estará cando acade a cima (1200m). B) Explica con todo
detalle por medio dun texto os cambios que experimenta a masa de aire segundo ascende e os
fenómenos que se van producir. B)Que nome reciben as variacións de temperatura que se producen na
masa de aire desde que empeza a ascender
ata que chega a cima da montaña.
Represéntaas graficamente situando a
temperatura en abcisas e a altura e
coordenadas (Debes indicar previamente nos
recadros da figura a temperatura da masa de
aire a distintas alturas e repasar a figura 7.10 do
texto. Define o concepto de gradiente vertical
de temperatura (GVT) e represéntao na mesma
gráfica. C) Que variacións observas na
temperatura acadada durante o descenso na
ladeira de sotavento ata a altitude orixinal de
400 m? ¿Por qué o vento en sotavento e cálido, seco e produce aridez?