EDLG
CEIP PENA DE FRANCIA
Curso 2020/21
1.QUE SON?
 É posible que este tipo de celebración nacera co fin
de festexar e de dar grazas á natureza pola súa
xenerosidade e polo don da fertilidade e, ó mesmo
tempo, servir de medio para garantir e propicia-los
dons da fecunda Nai Terra.
QUE SON?
 A festa dos Maios é unha festividade
estreitamente relacionada coa agricultura e a
celebración do espertar da vida vexetal, do poder
rexenerador da natureza que coincide coa chegada da
Primavera, do bo tempo, dos días máis longos e co
comezo do ano agrícola.
2.COSTUMES
 Alumea-lo pan: cando na noite anterior o 1 de
maio os veciños percorrían con fachos de colmo ou
palla os campos cultivados coa intención de que este
ritual protexera as sementes de calquera mal que lles
poderán afectar..
 Os ramos: a tradicións de por ramos de xesta
ou codeso nas terras cultivadas despois da semente
posiblemente con fins protectores ou, segundo outros
etnógrafos, como rito agrario de fecundidade.
 Os arcos: era costume en moitos lugares de Galicia
facer arcos decorados con flores e follas que se
colocaban nas prazas e camiños.
 A Árbore de Maio: Consistente en erguer na praza,
rueiro ou lugar principal da aldea unha alta árbore
toda derramada salvo na súa parte máis alta na que se
conservaban as pólas. Ás veces, esta árbore era
enfeitada con cintas de cores, flores ou froitas
3.TIPOS DE MAIOS
 Ramo de Maio: pequenos ramos que facían os rapaces
para ofrecerllos ós veciños en troques dalgunha
larpeirada.
As Maias
 Distinguíanse as Maias pagás e as Maias cristiás. As
pagás, consistían nun grupo de nenas pequenas que
levaban un arco adornado por flores e fitas de cores.
Baixo o arco ía outra nena, a Raíña do Maio. O grupo
de rapazas ía pedindo polas casa e cantando coplas
anunciadoras da primavera e da vida. A persecución
eclesial deste tipo de ritos daría lugar ás Maias cristiás
onde os elementos e símbolos cristiás eran
predominantes, incluso na temática das letras
cantadas.
Os Maios Humanos ou viventes
 Eran rapaces, ou homes, que se cubrían de follas, flores e outros
materiais vexetais para ir cantando e pedindo lambonadas polas casas
Os Maios figurados
 É o típico Maio que coñecemos todos. Normalmente se trátase dunha estrutura
ou armadillo de madeira de forma cónica ou piramidal que se cubre de flores e
un manto vexetal e se adobían con froitos, como por exemplo laranxas. Os
rapaces danzan ó seu arredor cantando cantigas, xeralmente satíricas, sobre as
autoridades ou os veciños da aldea.
4.ESTRUTURA DOS MAIOS
 Os Maios variaban dunhas zonas a outras de Galicia, tanto na forma ou tamaño
como nos materiais empregados.
Con media ducia de varas longas faise unha estrutura piramidal de base
cadrada e duns 2 m de alto. A esta estrutura engádenselle as dúas andas para
poder levalo. Colócanse a continuación varios aros de barril atados ás varas
con arame ou cordel. Sobre esta estrutura cónica colócanse canas todo ó redor
dándolle corpo e forma á primitiva estrutura. Seguidamente se procede á
colocación do manto vexetal feito de fiúncho, sempre de abaixo cara arriba,
unhas enriba doutras como se dun tellado de tellas se tratase e facendo varias
capas vexetais. Rematada a tarefa máis pesada pasaremos a coloca-los adobíos
pertinentes. Laranxas, margaridas, rosas, camelias pampillos, calas e
mesmo ovos son enfiados en longas guirnaldas que despois son colocadas
rodeando o Maio e facendo diferentes deseños como ondas, zigzag e outras
figuras.
Para remata-la figura do Maio cómpre facerlle a coroa que pode ser en forma
de ramo, de cruz ou outro deseño. Ás veces, estas coroas, en vez de remata-lo
Maio, fanse sobre un pau que se porta a xeito de estandarte.

5. ELEMENTOS DOS MAIOS
FIUNCHO CALAS
MARGARIDAS LARANXAS
PAMPILLOS ROSAS
OVOS CAMELIAS
5.COPLAS DOS MAIOS
 Ó redor destes Maios os nenos e nenas xiraban, recitando
cantigas ó ritmo do bater dos paus e repetindo os versos
que cantaba o rapaz que vai debaixo do Maio. Estas coplas
están formadas por estrofas de catro versos octosílabos. A
primeira estrofa da copla é a presentación do Maio, ou unha
solicitude de permiso ou licenza para cantar, e a derradeira
é a despedida. A liña temática do resto da copla soe xirar
sobre tres temas: A alegría pola chegada da primavera, o
traballo de elaboración do Maio ou as críticas e sátiras
retranqueiras sobre veciños ou sobre as autoridades do
lugar.

OS MAIOS

  • 1.
    EDLG CEIP PENA DEFRANCIA Curso 2020/21
  • 2.
    1.QUE SON?  Éposible que este tipo de celebración nacera co fin de festexar e de dar grazas á natureza pola súa xenerosidade e polo don da fertilidade e, ó mesmo tempo, servir de medio para garantir e propicia-los dons da fecunda Nai Terra.
  • 3.
    QUE SON?  Afesta dos Maios é unha festividade estreitamente relacionada coa agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder rexenerador da natureza que coincide coa chegada da Primavera, do bo tempo, dos días máis longos e co comezo do ano agrícola.
  • 4.
    2.COSTUMES  Alumea-lo pan:cando na noite anterior o 1 de maio os veciños percorrían con fachos de colmo ou palla os campos cultivados coa intención de que este ritual protexera as sementes de calquera mal que lles poderán afectar..
  • 5.
     Os ramos:a tradicións de por ramos de xesta ou codeso nas terras cultivadas despois da semente posiblemente con fins protectores ou, segundo outros etnógrafos, como rito agrario de fecundidade.
  • 6.
     Os arcos:era costume en moitos lugares de Galicia facer arcos decorados con flores e follas que se colocaban nas prazas e camiños.
  • 7.
     A Árborede Maio: Consistente en erguer na praza, rueiro ou lugar principal da aldea unha alta árbore toda derramada salvo na súa parte máis alta na que se conservaban as pólas. Ás veces, esta árbore era enfeitada con cintas de cores, flores ou froitas
  • 8.
    3.TIPOS DE MAIOS Ramo de Maio: pequenos ramos que facían os rapaces para ofrecerllos ós veciños en troques dalgunha larpeirada.
  • 9.
    As Maias  Distinguíanseas Maias pagás e as Maias cristiás. As pagás, consistían nun grupo de nenas pequenas que levaban un arco adornado por flores e fitas de cores. Baixo o arco ía outra nena, a Raíña do Maio. O grupo de rapazas ía pedindo polas casa e cantando coplas anunciadoras da primavera e da vida. A persecución eclesial deste tipo de ritos daría lugar ás Maias cristiás onde os elementos e símbolos cristiás eran predominantes, incluso na temática das letras cantadas.
  • 11.
    Os Maios Humanosou viventes  Eran rapaces, ou homes, que se cubrían de follas, flores e outros materiais vexetais para ir cantando e pedindo lambonadas polas casas
  • 12.
    Os Maios figurados É o típico Maio que coñecemos todos. Normalmente se trátase dunha estrutura ou armadillo de madeira de forma cónica ou piramidal que se cubre de flores e un manto vexetal e se adobían con froitos, como por exemplo laranxas. Os rapaces danzan ó seu arredor cantando cantigas, xeralmente satíricas, sobre as autoridades ou os veciños da aldea.
  • 13.
    4.ESTRUTURA DOS MAIOS Os Maios variaban dunhas zonas a outras de Galicia, tanto na forma ou tamaño como nos materiais empregados. Con media ducia de varas longas faise unha estrutura piramidal de base cadrada e duns 2 m de alto. A esta estrutura engádenselle as dúas andas para poder levalo. Colócanse a continuación varios aros de barril atados ás varas con arame ou cordel. Sobre esta estrutura cónica colócanse canas todo ó redor dándolle corpo e forma á primitiva estrutura. Seguidamente se procede á colocación do manto vexetal feito de fiúncho, sempre de abaixo cara arriba, unhas enriba doutras como se dun tellado de tellas se tratase e facendo varias capas vexetais. Rematada a tarefa máis pesada pasaremos a coloca-los adobíos pertinentes. Laranxas, margaridas, rosas, camelias pampillos, calas e mesmo ovos son enfiados en longas guirnaldas que despois son colocadas rodeando o Maio e facendo diferentes deseños como ondas, zigzag e outras figuras. Para remata-la figura do Maio cómpre facerlle a coroa que pode ser en forma de ramo, de cruz ou outro deseño. Ás veces, estas coroas, en vez de remata-lo Maio, fanse sobre un pau que se porta a xeito de estandarte. 
  • 15.
    5. ELEMENTOS DOSMAIOS FIUNCHO CALAS
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 19.
    5.COPLAS DOS MAIOS Ó redor destes Maios os nenos e nenas xiraban, recitando cantigas ó ritmo do bater dos paus e repetindo os versos que cantaba o rapaz que vai debaixo do Maio. Estas coplas están formadas por estrofas de catro versos octosílabos. A primeira estrofa da copla é a presentación do Maio, ou unha solicitude de permiso ou licenza para cantar, e a derradeira é a despedida. A liña temática do resto da copla soe xirar sobre tres temas: A alegría pola chegada da primavera, o traballo de elaboración do Maio ou as críticas e sátiras retranqueiras sobre veciños ou sobre as autoridades do lugar.