3. A mesma especie que no caso anterior. Esta foto gústame especialmente. A composición, a cor, ...
4. Na imaxe podemos ver o conxunto que forman as esporas ao abrirse á scleroderma, á espera de que o vento faga o seu traballo dispersando as sementes.
5. Con esta si que non me podo meter. Así, vista desde arriba, teño moi poucas referencias. Igual lle dou outra volta, pero é difícil...
6. Unha coliflor de monte! Precioso exemplar, grande, vivo, fresco, ... É unha Sparassis crispa, un moi bo comestible cando é novo que medra sobre os tocóns dos piñeiros e pode acadar importantes tamaños.
7. Fermosa foto, de composición, luz, encadre, ... Estamos ante outras dúas Macrolepiotas proceras, podendo dar por repetido o comentado anteriormente, a excepción de engadir que estamos vendo un lugar de nacemento pouco habitual para esta especie, como é un monte de piñeiros. Son máis de terreos blandos, traballados e aboados.
8. Paréceme que estamos ante unha familia de Coprinus disseminatus, que, como pode verse, gusta de nacer en grandes grupos, en cerca de tocóns ou madeira enterrada de planifolios.
9. Esta imaxe correspóndese, creo, a un Trametes versicolor, un madeirudo. É un cogumelo non comestible que medra pudrindo a madeira de frondosas e árbores froiteiras.