5. O Guión(cómic)
A elaboración dun guión de cómic leva implícita a
planificación da historia que se vai contar. sendo este o
paso máis importante no proceso de realización dun
cómic.
O guión non se publica polo que non se "ve" cando o
traballo está rematado. Pero está debaixo de todo. É o
que o fai bo ou invalida o traballo resultante.
Este proceso, que esixe a súa práctica, encerra dous
perigos:
Contar todo o que pasa na historia, sexa significativo
ou non, producíndose así un grande número de viñetas.
Non contar. Hai un número escaso ou insuficiencia de
viñetas polo que que o resultado é unha historia que
costa entender e é moi difícil seguir doadamente o que
pasa entre viñeta e viñeta.
Ligazón á Galipedia nunha xanela nova.
Banda deseñada. 123.Miguel Pérez.
Enormic Banda. ENL do Salnés.
2.
5.1 Esquema básicodun guión
1. Aquí indicase o número da viñeta correspondente.
2. Neste espazo descríbese o que vai aparecer debuxado na viñeta, e como. Por exemplo:
punto de vista, liñas de movemento ou onomatopeas ...
3. Aquí escríbense os textos que van aparecer na viñeta, tanto os de apoio coma os de
conversas ou reflexións dos personaxes sendo o que logo se pon nos globos.
4. Esbozo do debuxo da viñeta.
1
2 3 4
Un rapaz falando por
teléfono. Plano medio largo.
Punto de vista natural.
Texto 1: Ola Borja!! Imos á
praia ?
Texto 2: Ok. Recóllote na
casa axiña.
3.
A planificación realízaseou ben ó tempo que
se vai facendo o guión ou ben
inmediatamente despois.
Faise un esquema no que se distribúe o
espazo das planas( folla ou soporte A4 ou
A3), indicando o número de viñetas que van ir
en cada plana e a súa distribución dentro da
mesma. Segundo o que precisemos podemos
elixir entre unha tira, unha plana ou conxunto
de planas.
Si precisamos tres ou catro viñetas pequenas
escolleremos unha tira, e si a nosa historia
non esixe mais aló de seis ou oito viñetas, o
correcto será a utilización dunha única plana.
Atraveso do guión vanse vendo as
necesidades de espazo en cada unha das
viñetas: planos xerais (viñeta grande),
primeiro plano (viñeta pequena)., eta.
5.2 Planificación
Planilla
Tira
4.
Distribuída a plana,pasamos a debuxar
cada unha das viñetas, incluíndo os globos,
cadros de texto e si hai, as onomatopeas.
Realización Gráfica 1. M. Busto. CC BY-SA
5.3 Realización gráfica
5.
Pasamos ao tinguidoque é rotular e encher
de tinta os espazos dos debuxos que van
en negro da fase anterior, neste caso
facémolo en branco e negro.
Realización Gráfica 2. M. Busto. CC BY-SA
5.4 Tinguido
6.
O tinguido acores podémolo facer con
diferentes técnicas, por exemplo: lapis a
cores, ceras brandas ou duras, témpera, ...
Nas seguintes páxinas tes exemplos.
Realización Gráfica 3. M. Busto.CC BY-SA
5.6 Tinguido a cores
7.
Distribuída a plana,pasamos a debuxar
cada unha das viñetas, incluíndo os globos,
cadros de texto e si hai, as onomatopeas.
5.5 Textos
Realización Gráfica 5. M. Busto. CC BY-SA
8.
Nesta planilla xarotulamos os bocadillos, o
título e o recadro de texto do principio.
5.6 Tinguido a cores
Realización Gráfica 6. M. Busto. CC BY-SA
Puntos de vistanunha escena
Blacksad. J. Díaz.. J. Garnido. Blacksad Gallery .
Selección de Viñetas modificado por Manuel Busto. CC BY-NC-SA
O noso punto de vista cando debuxamos unha escena pode ser
moi variado pero os tres máis empregados son os seguintes:
Punto de vista natural. Os personaxes están debuxados de
fronte. O espectador mira de fronte a escena.
Punto de vista en picado. O contido da viñeta está debuxada
desde arriba, polo que o espectador ve a escena nun ángulo
descendente.
Punto de vista contrapicado. Este ángulo é contrario ó anterior. O
ángulo visual do espectador é ascendente.
Fotos de Serrano. Banco de Imaxes do INTEF. CC BY-NC-SA
Modificado por Manuel Busto. CC BY-NC-SA
11.
Na primeira imaxevemos un esbozo inicial e o produto final. Observa como mudaron
as viñetas.
Na segunda, temos un traballo xa rematado. O esbozo foi mudando ata chegar ao
resultado final.
Exemplos
1. A Velliña Vella (Esbozo). Manuel Busto. CC BY-NC-SA
2. A Velliña Vella. M. Busto. Editado Fundación
Vicente Risco. Ourense, 2009. Pax. 16
Un día en.. Cristian Toledano. CC BY-NC-SA
12.
Imos crear uncómic seguindo as orientacións que rematamos
de describir, e sen esquecer que podemos consultar a guía dos
elementos do cómic (Na outra presentación)
Instrucións:
• Pensamos unha historia que contar. Un acontecemento de
actualidade, algo que nos pasara a nos ou a un amigo, eta.
• Facemos o guión seguindo o esquema exposto aquí.
• Preparamos a planilla coas viñetas.
• Debuxamos nas viñetas deixando espazo suficiente para o
texto.
• Coloreamos (Tinguimos).
• Finalmente poñemos o texto que se entenda ben, se pode
ser en maiúsculas.
• Lembra avaliarte coa taboa
5.6 Actividade: No caderno de debuxo
Material necesario: Lapis (normal), goma de borrar, rotulador fino, lapis de cores, rotuladores, témperas,
ceras, eta.
Un día de praia. Piñeiro, D. Enormic Banda
2010. ENL do Salnés. Pax. 26
13.
INDIVIDUAL Excelente (2)Ben (1,25) Aceptable (1) Insuficiente (0,75) Pondera
ción
Nota
Planificación
Organización moi
clara. Historia
moi ben contada.
Organización
correcta con unha
boa historia
Soubo organizarse
aínda que a historia é
mellorable
Pouco organizado e
historia moi probe.
x1
Viñetas. Distribución.
Moi ben
distribuídas e
con unha
secuencia
excelente
Boa distribución es
secuencias
correctas
Formatos das viñetas
aceptables con
secuencias mellorables
Non hai suficientes ou
sobran viñetas. As
secuencias non están
ben conseguidas
x1
Debuxo e tinguido
Excelente o
debuxo con cor
ou tinta moi
acertada
Debuxo sinxelo con
un bo coloreado ou
tinguido
Debuxo aceptable. O
coloreado ou tinguido
incompleto aínda que
aceptable
Debuxo incompleto
con un tinguido pobre
e insuficiente
x1
Textos, onomatopeas.
Moi ben situados
todos os
elementos
textuais. Lectura
cómoda
Correctos os
textos e lectura
correcta
Textos un pouco
embarullados con unha
lectura difícil pero
aceptable
Textos deficientes con
unha lectura moi
difícil para o lector
x1
Interese e
creatividade
Resultado do
conxunto
excelente
Resultado bo e
creativo
Resultado aceptable
mostrando interese
Resultado final moi
mellorable. Falta de
interese por facelo
ben.
x1
5.7 Táboa de valoración da tarefa
Para avaliarte teremos en conta todas as actividades que se piden, repasa e comproba que están todas realizadas
correctamente de xeito claro e completo. Ten en conta que tes que conseguir unha nota mínima de 5 para superar a proba.
14.
O Guión. Manuel Busto Magdalena, dentro do curso con licenza:
Curso: Otempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto, está baixo licenza
Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Créditos e autoría:
Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC BY-SA ou CC BY-NC-SA, outras de dominio
público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se
poden empregar,acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web
e se enlaza -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos.
Outras licenzas:
Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.
4.3 Dereitos de autor
Bibliografía de consulta
Fernández Paz, A. “Facermos cómics”. Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 1991.
Bueno, F.. Torreiro E., Montes J. “10 anos de B.D. Galega“ Xunta de Galicia. Ourense, 2007.
Sesar, G. Isorna, F. “Historieta Galega 1973-08”. Xunta de Galicia/Concello de Santiago. Santiago, 2008.
Eisner, W. “El cómic y el arte de secuenciar”. Norma Editorial. Barcelona, 2007.
“Culturagalega.org”, [En liña]. Dispoñible: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=16710&soportal=bd. [Consulta: 24-xuño-2014].