MODELIZANDO
Coa axuda dunha lámpada (sol), dunha pelota (lúa), dun globo terráqueo e de papel
e bolígrafo trata de obter modelos ou representacións gráficas das seguintes
situacións.

1. Representa un eclipse de Lúa en España.

2. Coloca a Terra, Sol e Lúa de maneira que sexa unha noite de cuarto minguante.

3. Coloca a Terra no seu perihelio.

4. Coloca a Terra e o Sol de maneira que sexa solsticio de verán en Australia.

5. Coloca a Terra e o Sol no equinoccio de outono en Canadá.

6. Representa un eclipse de Sol.

7. Debuxa un esquema dun modelo xeocéntrico.

8. Coloca a Terra, Sol e Lúa de maneira que sexa unha noite de lúa chea.

9. Coloca a Terra e o Sol de forma que o día e a noite duren exactamente 12 horas.

10. Coloca como debería situarse a Terra para que non existisenestacións.

11. Demostracun experimento que a Lúa ten unha cara oculta.

12. Obtén de xeito experimental un gnomon.

13. Simula que unha pelota é a Estrela Polar e
    indica como determinarías os puntos cardinais.


14. Coloca a Terra no seu afelio.

15. Sitúa a Lúa con respecto ó Sol e a Terra de
    maneira que no ceo nocturno de España
    vexamos a lúa como unha fina C.

Modelizando

  • 1.
    MODELIZANDO Coa axuda dunhalámpada (sol), dunha pelota (lúa), dun globo terráqueo e de papel e bolígrafo trata de obter modelos ou representacións gráficas das seguintes situacións. 1. Representa un eclipse de Lúa en España. 2. Coloca a Terra, Sol e Lúa de maneira que sexa unha noite de cuarto minguante. 3. Coloca a Terra no seu perihelio. 4. Coloca a Terra e o Sol de maneira que sexa solsticio de verán en Australia. 5. Coloca a Terra e o Sol no equinoccio de outono en Canadá. 6. Representa un eclipse de Sol. 7. Debuxa un esquema dun modelo xeocéntrico. 8. Coloca a Terra, Sol e Lúa de maneira que sexa unha noite de lúa chea. 9. Coloca a Terra e o Sol de forma que o día e a noite duren exactamente 12 horas. 10. Coloca como debería situarse a Terra para que non existisenestacións. 11. Demostracun experimento que a Lúa ten unha cara oculta. 12. Obtén de xeito experimental un gnomon. 13. Simula que unha pelota é a Estrela Polar e indica como determinarías os puntos cardinais. 14. Coloca a Terra no seu afelio. 15. Sitúa a Lúa con respecto ó Sol e a Terra de maneira que no ceo nocturno de España vexamos a lúa como unha fina C.