Colexio “María Auxiliadora” Salesianos 
R/ Venezuela, 9 · 36203 · VIGO 
Tfn.: 986 433 855 · 986 434 064 · Fax: 986 435 464 
mauxiliadora@salesianosvigo.es 
PROXECTO CIDADANÍA-LINGUA GALEGA 
MANUAL DE ESTILO DE LINGUA GALEGA 
REPARA! 
Cando comecedes a redactar os teus textos, tede en conta as seguintes consideracións: 
- Empregade palabras propias: reformula os textos das fontes propostas de tal xeito que se perciba que “fixestes vosa a información”. 
- Non utilicedes tradutores en liña: tradutore-traditore! Que dicían antigamente e, neste caso, cúmprese o dito. Acudide ao dicionario da RAG para verificar as palabras das que descoñezades a súa ortografía e, ademais, decatarédesvos de que sabedes máis galego do que credes. 
- Prestádelle especial atención á colocación do pronome átono: revisade os apuntamentos do ano pasado. 
- Ao rematardes o texto, lédeo en alto para que os vosos compañeiros e compañeiras vos escoiten. É o mellor xeito de atopar redundancias ou anacolutos. 
- Repasade unha e outra vez os seguintes elementos: 
o Tiles (incluído os diacríticos). 
o B/V. 
o Grupos consonánticos. 
o Xénero dalgúns substantivos. 
o Puntuación.

Manual de Estilo de Lingua Galega

  • 1.
    Colexio “María Auxiliadora”Salesianos R/ Venezuela, 9 · 36203 · VIGO Tfn.: 986 433 855 · 986 434 064 · Fax: 986 435 464 mauxiliadora@salesianosvigo.es PROXECTO CIDADANÍA-LINGUA GALEGA MANUAL DE ESTILO DE LINGUA GALEGA REPARA! Cando comecedes a redactar os teus textos, tede en conta as seguintes consideracións: - Empregade palabras propias: reformula os textos das fontes propostas de tal xeito que se perciba que “fixestes vosa a información”. - Non utilicedes tradutores en liña: tradutore-traditore! Que dicían antigamente e, neste caso, cúmprese o dito. Acudide ao dicionario da RAG para verificar as palabras das que descoñezades a súa ortografía e, ademais, decatarédesvos de que sabedes máis galego do que credes. - Prestádelle especial atención á colocación do pronome átono: revisade os apuntamentos do ano pasado. - Ao rematardes o texto, lédeo en alto para que os vosos compañeiros e compañeiras vos escoiten. É o mellor xeito de atopar redundancias ou anacolutos. - Repasade unha e outra vez os seguintes elementos: o Tiles (incluído os diacríticos). o B/V. o Grupos consonánticos. o Xénero dalgúns substantivos. o Puntuación.