HORA DE LER_Curso 2017/18
PROFESORADO
1. A Hora de Ler é unha actividade destinada ao fomento da lectura pracenteira
dirixida a todo o alumnado da ESO e FP Básica do noso centro.
2. Consiste nun período de lectura diaria, durante os primeiros 20 minutos de
clase. A sesión vai variando cada semana segundo o calendario.
3. Cando un día non se poida realizar (porque hai exame, unha actividade, un día
festivo, etc...) non se recuperará noutro momento.
4. A lectura, individual e silenciosa, realízase co alumnado co que se ten clase e
na aula ou espazo que corresponda. No caso da materia de EF, a lectura
realizarase na aula de referencia.
5. As lecturas permitidas, en formato impreso ou dixital (e-book) son: literatura
de ficción en calquera lingua, cómic e ensaio (libros de divulgación e ciencia).
6. Non estarán permitidas as lecturas obrigatorias ou optativas das distintas
materias do curso. Haberá unha listaxe das mesmas para poder consultala.
7. Se algún alumno/a esquece traer o libro, collerá un na sección de aula. Unha
vez remate o tempo de lectura, terá que devolvelo ao mesmo lugar. En ningún
caso estará permitido levar libros da sección de aula para a casa.
8. Convén que entre todos/as lle lembremos ao alumnado que non esqueza traer
un libro para ler.
9. Cando se produza algunha incidencia durante o desenvolvemento da
actividade de lectura na aula, podes cubrir o parte que existe para tal fin e
entregalo na Xefatura de estudos.
10. Os departamentos didácticos do centro poderán realizar recomendacións de
lecturas nos grupos aos que vai destinada a actividade.

HORA DE LER

  • 1.
    HORA DE LER_Curso2017/18 PROFESORADO 1. A Hora de Ler é unha actividade destinada ao fomento da lectura pracenteira dirixida a todo o alumnado da ESO e FP Básica do noso centro. 2. Consiste nun período de lectura diaria, durante os primeiros 20 minutos de clase. A sesión vai variando cada semana segundo o calendario. 3. Cando un día non se poida realizar (porque hai exame, unha actividade, un día festivo, etc...) non se recuperará noutro momento. 4. A lectura, individual e silenciosa, realízase co alumnado co que se ten clase e na aula ou espazo que corresponda. No caso da materia de EF, a lectura realizarase na aula de referencia. 5. As lecturas permitidas, en formato impreso ou dixital (e-book) son: literatura de ficción en calquera lingua, cómic e ensaio (libros de divulgación e ciencia). 6. Non estarán permitidas as lecturas obrigatorias ou optativas das distintas materias do curso. Haberá unha listaxe das mesmas para poder consultala. 7. Se algún alumno/a esquece traer o libro, collerá un na sección de aula. Unha vez remate o tempo de lectura, terá que devolvelo ao mesmo lugar. En ningún caso estará permitido levar libros da sección de aula para a casa. 8. Convén que entre todos/as lle lembremos ao alumnado que non esqueza traer un libro para ler. 9. Cando se produza algunha incidencia durante o desenvolvemento da actividade de lectura na aula, podes cubrir o parte que existe para tal fin e entregalo na Xefatura de estudos. 10. Os departamentos didácticos do centro poderán realizar recomendacións de lecturas nos grupos aos que vai destinada a actividade.