SlideShare a Scribd company logo
Actualmente SOS PRAIA GRANDE estamos constituíndo unha asociación que ten como obxectivo traballar para
conseguir a recuperación integral da praia, dunas e marismas. Para conseguilo precisamos do apoio de todas as
persoas que queiran axudar.
Todxs somos responsables do noso patrimonio e asumimos que a Administración se encargue de coidalo, mais
cando priman razóns económicas e non o interese de protección temos que organizarnos e actuar asumindo a nosa
responsabilidade.
Porque a praia é nosa e non de Costas.
RUTA GUIADA E COMENTADA POLO AREAL DA PRAIA GRANDE.
Data: Domingo 10 de Agosto.
Hora: : 10:30 da mañá.
Lugar: Inicio da praia, paseio marítimo
Tlf. de contacto
para apuntarse: 618 88 78 97
Folla informativa dirixida a persoas, veciñxs e usuarixs da praia.
web do movemento www.praiagrandesos.blogspot.com
correo electrónico: praiagrandesos@gmail.com
#SOSPraiaGrande
movemento veciñal para a
rexeneración da Praia Grande e
Marismas do río Baxoi.
Chegados a este punto no «Movemento Veciñal SOS Praia Grande» decidimos apostar por unha reivindicación sostida
no tempo e que fose na liña de esixirlle á administración unha recuperación integral da Praia Grande, dunas e
marismas do río Baxoi.
A recuperación integral debe contemplar as medidas necesarias que deteñan o arrastre de area que cada ano afectan
á nosa praia. Tamén nos demos conta que unha recuperación integral da Praia Grande, dunas e marismas ten puntos
de vista e intereses diferentes dependendo do uso que se pretenda potenciar, por iso dende un dos grupos de traballo
do Movemento Veciñal SOS Praia Grande decidimos trasladar o debate ao conxunto de persoas vinculadas á praia. Así
foi que o grupo de traballo, «Por un Futuro para Praia Grande» organizamos unha mesa redonda no centro social da
Rúa, con especialistas e grupos ecoloxistas que nos falaron da praia e dos seus procesos naturais, do estado no que se
atopa e de exemplos similares.
Que precisa a praia para unha auto rexeneración? Que tipo de turismo sería sostíbel para a praia? Como temos
que facer para que o turismo actual reverta economicamente no pobo e non negativamente no ecosistema e a
biodiversidade da praia, foron debates que se abriron e nos que cómpre afondar nos vindeiros meses, xa que se trata
do futuro da praia e o noso legado.
Na xornada de debate tamén quedou claro por parte dxs técnicxs que a actuación de maquillaxe que Costas executou
na praia non ten ningunha utilidade nin soluciona o problema de arrastre da area, que acaba depositada noutras partes
da ría. O máis posible é que este problema persista, de tal xeito que soamente van saír beneficiadas as empresas que
executan as obras ano tras ano cos cartos de todos nós.
Tamén quedou claro que a proposta de non facer esa actuación e habilitar para este verán o acceso á praia, sen a
necesidade de verter 50.000 m3 de material alleo ao ecosistema e que rematou rompendo e matando unha boa parte
da biodiversidade da praia, era a máis acaída dada a situación de crise, a inutilidade da acción e os graves prexuízos
ambientais que se causaron.
vindeira actividade
Da nosa entrevista con Carlos Gil, Conselleiro Técnico de Demarcación de Costas, concluímos que:
1. O expediente non contou cunha memoria específica sobre as medidas que tomaron na Praia Grande e moito menos
cun proxecto técnico e estudo de impacto ambiental.
A partir deste día, e coa finalidade de paralizar
urxentemente as obras, comezamos a reunirnos
diariamente, fomos a Costas a entrevistarnos cos
responsables da actuación, tratamos de concertar varias
citas co alcalde do concello de Miño, comezamos a
recollida de sinaturas que foron presentadas no xulgado
de Betanzos, distribuímos información entre xs veciñxs,
fixemos concentracións, e mesmo palestras informativas.
Durante todo este proceso informamos aos medios de
comunicación do que estaba a pasar, o que nun principio
axudounos a visualizar o problema mais nalgunhas
ocasións acabou desacreditando as nosas xustas
reclamacións.
Cando se iniciaron as obras, xs veciñxs ficamos
sorprendidxs polo material co que estaban a facer o recheo
(carrexado de Punta Langosteira) por tratarse dunha area
completamente diferente á existente na Praia. Diferente
na cor, granuloma, composición e mesmo mesturada con
lodos. Ademais, a nosa preocupación incrementouse ao
constatar co conselleiro técnico de Costas que non había
un estudo de impacto ambiental sobre este recheo de
máis de 50.000 m3, o que nos demostraba que a propia
administración non se preocupou por estudar as posibles
consecuencias desta actuación nunca antes feita.
Foi o día 28 de Maio, día no que apareceron os primeiros camións coa area para o recheo, cando un grupo de veciñxs,
organizadxs dende unha rede social de internet, baixamos interesarnos pola obra in situ e decidimos denunciar diante
do Seprona as irregularidades que presenciabamos.
Todas aquelas persoas que coñecemos Miño sabemos que o seu pasado e presente van unidos directamente á Praia
Grande. A configuración económica, urbanística, social, cultural, ambiental, do pobo de Miño e da Praia Grande están
íntimamente relacionadas co pasado, presente e sen dúbida tamén co futuro. As loitas dxs veciñxs por defender o
patrimonio que conforma a praia, dunas e marismas vén de vello e aínda hoxe están frescas na memoria colectiva as
loitas pola defensa das marismas.
É certo que os tempos foron cambiando e así cambiou tamém a interpretación que xs veciñxs fixemos dos usos que
cumpría darlle á nosa Praia. Mais tamén é certo que pese aos cambios históricos dos usos, seguimos vendo a praia
como un patrimonio que pertence ao pobo no seu conxunto. Debido a esta interpretación que moitxs seguimos facendo
do que é a Praia Grande para todxs, un grupo de homes, mulleres, rapaces e rapazas decidimos constituír o movemento
veciñal “SOS Praia Grande” o pasado Maio de 2014 co obxectivo de defender, recuperar e protexer integralmente o
complexo Praia Grande, dunas e marismas do Río Baxoi.
Os temporais deste inverno pasado, unha vez máis, leváronse unha grande cantidade de area da nosa Praia e ademais
tiraron cun muro de contención e parte dunha vivenda. Ante os estragos que os temporais fixeron en distintas praias
do Estado Español, a Demarcación de Costas acordou a realización dun "plan de urxencia" para recuperalas. Dentro
deste plan incluíuse a Praia Grande, prevéndose a realización de obras consistentes en reparar o muro derruído -que
ao final comeu máis espazo da Praia-, e repor a area perdida. Soamente o recheo da area tivo un custo de case 900.000
€, o cal tamén foi motivo de debate pois a ninguén se lle escapa que este tipo de actuacións se repiten ano tras ano e
son unha importante fonte de ingresos para as grandes construtoras como OHL, vinculadas á administración, e que xa
apareceron en casos de corrupción. É preciso subliñar o gasto dos máis de 36.000.000 € deste "plan de rexeneración de
urxencia". E cada ano sucede o mesmo, o que significa cuantiosos gastos dos nosos impostos malgastados un ano si e
outro tamén sen que o problema da desaparición da area se deteña.
A respecto da solicitude feita polo rexistro do concello de
entrevistarnos co alcalde Jesús Veiga Sabín para expresarlle
a nosa preocupación temos que dicir que despois de máis dun
mes de ter feito a solicitude non se dignou nin a recibirnos nin
a poñerse en contacto con nós.
O avance continuo das obras supuxo unha destrución
importante das dunas que se consideran protexidas; esto
unido á realización do aporte de area sen retirar o lixo
existente na praia, soamente soterrándoo, e mesmo o
aporte marxinal de terra de estrana procedencia, fixeron
que demandásemos por escrito ante Costas a paralización
cautelar das obras. Tamén lle trasladamos ao Concello a
demanda de que esixise dita paralización.
Ante a insensibilidade e pasotismo das institucións diante
das nosas demandas, a única posibilidade que nos quedaba
para conseguir esa paralización cautelar, era unha acción
de desobediencia civil consistente en parar as máquinas coa
nosa acción pacífica. Dita acción foi descartada despois dun
intenso debate e posterior votación popular na asemblea do
31 de Maio.
Moi pouco podiamos facer logo. As máquinas taparon o recheo
cubríndoo coa area orixinal da praia, tapando o mal xa feito
polo menos ate o próximo inverno. Feito que contentou a
moitxs visitantes e veciñxs.
Tras unha conversa sinceira coa Garda Civil, vimos claro que
ante «as autoridades» que estaban a promover esta obra do
despilfarro, xa tiñamos esgotadas as vías legais, quedando
só aberta a posibilidade dun contencioso administrativo, cun
elevado custo económico que non íamos poder asumir. Se ate
o de agora contabamos con 50 persoas implicadas, a partir
deste punto fumos indo a menos.
2. A situación existente na Praia Grande de Miño non obedece estritamente aos fortes temporais que houbo durante
o pasado inverno. Proba disto é que xa non é a primeira vez que se fan actuacións de recuperación da Praia. A Praia
Grande de Miño todos os invernos se ve afectada por correntes da Ría de Betanzos que lle retiran a area. Ditas correntes
prexudiciais, segundo veciñxs e mariñeirxs, apareceron coa ampliación do Porto de Sada.
3. Unha boa porcentaxe da area propia da Praia está sendo arrastrada mar dentro e á desembocadura do Río Baxoi. A
cantidade de area presente a día de hoxe taponando a desembocadura do Baxoi está dificultando o normal discorrer do
río na súa desembocadura no mar.
4. Os áridos que se están aportando ao areal non son homologables aos existentes na granuloma, composición e moito
menos na cor, o que provoca un importante impacto visual e sensitivo.
5. É previsible que un aporte externo de area non vai impedir que o proceso de arrastre, por mor das correntes
modificadas da Ría, se deteña. Isto fai previsible que a desembocadura do Río Baxoi quede totalmente obstruída, o que
pode provocar que as augas do río volvan á canle primitiva que non é outra que ir desembocar ao extremo oposto da
praia, podendo inundar numerosos edificios existentes na Rúa Extremeiro e proximidades.
6. As grandes cantidades de diñeiro que Demarcación de Costas vén gastando nas distintas actuacións de rexeneración
da praia e de dragado do Porto de Miño, son absolutamente inasumibles por parte dxs cidadáns pois vemos que os
gastos nestas accións teñen que ser repetidos periodicamente beneficiándose destas actuacións única e exclusivamente
as empresas contratadas para a realización das obras.
7. O aporte de area pode ser prexudicial para os bancos marisqueiros existentes na ría e polo tanto causar graves
prexuízos económicos e ambientais.

More Related Content

Similar to Folla informativa v3

Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Encarna Lago
 
Vive ares 2018
Vive ares 2018Vive ares 2018
Vive ares 2018
Concello de Ares
 
Cambados, O Noso Mar
Cambados, O Noso MarCambados, O Noso Mar
Cambados, O Noso Mar
monadela
 
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeAs paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeRosacidgalante
 
Cee, A Costa
Cee, A CostaCee, A Costa
Cee, A Costa
MonContos
 
Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14
abrazapedras
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
guestd00645
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
jignacioYosy
 
Proxecto de cogoberno para o concello de forcarei
Proxecto de cogoberno para o concello de forcareiProxecto de cogoberno para o concello de forcarei
Proxecto de cogoberno para o concello de forcarei
BngForcarei
 

Similar to Folla informativa v3 (10)

Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
Lignito de meirama
Lignito de meiramaLignito de meirama
Lignito de meirama
 
Vive ares 2018
Vive ares 2018Vive ares 2018
Vive ares 2018
 
Cambados, O Noso Mar
Cambados, O Noso MarCambados, O Noso Mar
Cambados, O Noso Mar
 
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeAs paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
 
Cee, A Costa
Cee, A CostaCee, A Costa
Cee, A Costa
 
Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Proxecto de cogoberno para o concello de forcarei
Proxecto de cogoberno para o concello de forcareiProxecto de cogoberno para o concello de forcarei
Proxecto de cogoberno para o concello de forcarei
 

Folla informativa v3

  • 1. Actualmente SOS PRAIA GRANDE estamos constituíndo unha asociación que ten como obxectivo traballar para conseguir a recuperación integral da praia, dunas e marismas. Para conseguilo precisamos do apoio de todas as persoas que queiran axudar. Todxs somos responsables do noso patrimonio e asumimos que a Administración se encargue de coidalo, mais cando priman razóns económicas e non o interese de protección temos que organizarnos e actuar asumindo a nosa responsabilidade. Porque a praia é nosa e non de Costas. RUTA GUIADA E COMENTADA POLO AREAL DA PRAIA GRANDE. Data: Domingo 10 de Agosto. Hora: : 10:30 da mañá. Lugar: Inicio da praia, paseio marítimo Tlf. de contacto para apuntarse: 618 88 78 97 Folla informativa dirixida a persoas, veciñxs e usuarixs da praia. web do movemento www.praiagrandesos.blogspot.com correo electrónico: praiagrandesos@gmail.com #SOSPraiaGrande movemento veciñal para a rexeneración da Praia Grande e Marismas do río Baxoi. Chegados a este punto no «Movemento Veciñal SOS Praia Grande» decidimos apostar por unha reivindicación sostida no tempo e que fose na liña de esixirlle á administración unha recuperación integral da Praia Grande, dunas e marismas do río Baxoi. A recuperación integral debe contemplar as medidas necesarias que deteñan o arrastre de area que cada ano afectan á nosa praia. Tamén nos demos conta que unha recuperación integral da Praia Grande, dunas e marismas ten puntos de vista e intereses diferentes dependendo do uso que se pretenda potenciar, por iso dende un dos grupos de traballo do Movemento Veciñal SOS Praia Grande decidimos trasladar o debate ao conxunto de persoas vinculadas á praia. Así foi que o grupo de traballo, «Por un Futuro para Praia Grande» organizamos unha mesa redonda no centro social da Rúa, con especialistas e grupos ecoloxistas que nos falaron da praia e dos seus procesos naturais, do estado no que se atopa e de exemplos similares. Que precisa a praia para unha auto rexeneración? Que tipo de turismo sería sostíbel para a praia? Como temos que facer para que o turismo actual reverta economicamente no pobo e non negativamente no ecosistema e a biodiversidade da praia, foron debates que se abriron e nos que cómpre afondar nos vindeiros meses, xa que se trata do futuro da praia e o noso legado. Na xornada de debate tamén quedou claro por parte dxs técnicxs que a actuación de maquillaxe que Costas executou na praia non ten ningunha utilidade nin soluciona o problema de arrastre da area, que acaba depositada noutras partes da ría. O máis posible é que este problema persista, de tal xeito que soamente van saír beneficiadas as empresas que executan as obras ano tras ano cos cartos de todos nós. Tamén quedou claro que a proposta de non facer esa actuación e habilitar para este verán o acceso á praia, sen a necesidade de verter 50.000 m3 de material alleo ao ecosistema e que rematou rompendo e matando unha boa parte da biodiversidade da praia, era a máis acaída dada a situación de crise, a inutilidade da acción e os graves prexuízos ambientais que se causaron. vindeira actividade
  • 2. Da nosa entrevista con Carlos Gil, Conselleiro Técnico de Demarcación de Costas, concluímos que: 1. O expediente non contou cunha memoria específica sobre as medidas que tomaron na Praia Grande e moito menos cun proxecto técnico e estudo de impacto ambiental. A partir deste día, e coa finalidade de paralizar urxentemente as obras, comezamos a reunirnos diariamente, fomos a Costas a entrevistarnos cos responsables da actuación, tratamos de concertar varias citas co alcalde do concello de Miño, comezamos a recollida de sinaturas que foron presentadas no xulgado de Betanzos, distribuímos información entre xs veciñxs, fixemos concentracións, e mesmo palestras informativas. Durante todo este proceso informamos aos medios de comunicación do que estaba a pasar, o que nun principio axudounos a visualizar o problema mais nalgunhas ocasións acabou desacreditando as nosas xustas reclamacións. Cando se iniciaron as obras, xs veciñxs ficamos sorprendidxs polo material co que estaban a facer o recheo (carrexado de Punta Langosteira) por tratarse dunha area completamente diferente á existente na Praia. Diferente na cor, granuloma, composición e mesmo mesturada con lodos. Ademais, a nosa preocupación incrementouse ao constatar co conselleiro técnico de Costas que non había un estudo de impacto ambiental sobre este recheo de máis de 50.000 m3, o que nos demostraba que a propia administración non se preocupou por estudar as posibles consecuencias desta actuación nunca antes feita. Foi o día 28 de Maio, día no que apareceron os primeiros camións coa area para o recheo, cando un grupo de veciñxs, organizadxs dende unha rede social de internet, baixamos interesarnos pola obra in situ e decidimos denunciar diante do Seprona as irregularidades que presenciabamos. Todas aquelas persoas que coñecemos Miño sabemos que o seu pasado e presente van unidos directamente á Praia Grande. A configuración económica, urbanística, social, cultural, ambiental, do pobo de Miño e da Praia Grande están íntimamente relacionadas co pasado, presente e sen dúbida tamén co futuro. As loitas dxs veciñxs por defender o patrimonio que conforma a praia, dunas e marismas vén de vello e aínda hoxe están frescas na memoria colectiva as loitas pola defensa das marismas. É certo que os tempos foron cambiando e así cambiou tamém a interpretación que xs veciñxs fixemos dos usos que cumpría darlle á nosa Praia. Mais tamén é certo que pese aos cambios históricos dos usos, seguimos vendo a praia como un patrimonio que pertence ao pobo no seu conxunto. Debido a esta interpretación que moitxs seguimos facendo do que é a Praia Grande para todxs, un grupo de homes, mulleres, rapaces e rapazas decidimos constituír o movemento veciñal “SOS Praia Grande” o pasado Maio de 2014 co obxectivo de defender, recuperar e protexer integralmente o complexo Praia Grande, dunas e marismas do Río Baxoi. Os temporais deste inverno pasado, unha vez máis, leváronse unha grande cantidade de area da nosa Praia e ademais tiraron cun muro de contención e parte dunha vivenda. Ante os estragos que os temporais fixeron en distintas praias do Estado Español, a Demarcación de Costas acordou a realización dun "plan de urxencia" para recuperalas. Dentro deste plan incluíuse a Praia Grande, prevéndose a realización de obras consistentes en reparar o muro derruído -que ao final comeu máis espazo da Praia-, e repor a area perdida. Soamente o recheo da area tivo un custo de case 900.000 €, o cal tamén foi motivo de debate pois a ninguén se lle escapa que este tipo de actuacións se repiten ano tras ano e son unha importante fonte de ingresos para as grandes construtoras como OHL, vinculadas á administración, e que xa apareceron en casos de corrupción. É preciso subliñar o gasto dos máis de 36.000.000 € deste "plan de rexeneración de urxencia". E cada ano sucede o mesmo, o que significa cuantiosos gastos dos nosos impostos malgastados un ano si e outro tamén sen que o problema da desaparición da area se deteña. A respecto da solicitude feita polo rexistro do concello de entrevistarnos co alcalde Jesús Veiga Sabín para expresarlle a nosa preocupación temos que dicir que despois de máis dun mes de ter feito a solicitude non se dignou nin a recibirnos nin a poñerse en contacto con nós. O avance continuo das obras supuxo unha destrución importante das dunas que se consideran protexidas; esto unido á realización do aporte de area sen retirar o lixo existente na praia, soamente soterrándoo, e mesmo o aporte marxinal de terra de estrana procedencia, fixeron que demandásemos por escrito ante Costas a paralización cautelar das obras. Tamén lle trasladamos ao Concello a demanda de que esixise dita paralización. Ante a insensibilidade e pasotismo das institucións diante das nosas demandas, a única posibilidade que nos quedaba para conseguir esa paralización cautelar, era unha acción de desobediencia civil consistente en parar as máquinas coa nosa acción pacífica. Dita acción foi descartada despois dun intenso debate e posterior votación popular na asemblea do 31 de Maio. Moi pouco podiamos facer logo. As máquinas taparon o recheo cubríndoo coa area orixinal da praia, tapando o mal xa feito polo menos ate o próximo inverno. Feito que contentou a moitxs visitantes e veciñxs. Tras unha conversa sinceira coa Garda Civil, vimos claro que ante «as autoridades» que estaban a promover esta obra do despilfarro, xa tiñamos esgotadas as vías legais, quedando só aberta a posibilidade dun contencioso administrativo, cun elevado custo económico que non íamos poder asumir. Se ate o de agora contabamos con 50 persoas implicadas, a partir deste punto fumos indo a menos. 2. A situación existente na Praia Grande de Miño non obedece estritamente aos fortes temporais que houbo durante o pasado inverno. Proba disto é que xa non é a primeira vez que se fan actuacións de recuperación da Praia. A Praia Grande de Miño todos os invernos se ve afectada por correntes da Ría de Betanzos que lle retiran a area. Ditas correntes prexudiciais, segundo veciñxs e mariñeirxs, apareceron coa ampliación do Porto de Sada. 3. Unha boa porcentaxe da area propia da Praia está sendo arrastrada mar dentro e á desembocadura do Río Baxoi. A cantidade de area presente a día de hoxe taponando a desembocadura do Baxoi está dificultando o normal discorrer do río na súa desembocadura no mar. 4. Os áridos que se están aportando ao areal non son homologables aos existentes na granuloma, composición e moito menos na cor, o que provoca un importante impacto visual e sensitivo. 5. É previsible que un aporte externo de area non vai impedir que o proceso de arrastre, por mor das correntes modificadas da Ría, se deteña. Isto fai previsible que a desembocadura do Río Baxoi quede totalmente obstruída, o que pode provocar que as augas do río volvan á canle primitiva que non é outra que ir desembocar ao extremo oposto da praia, podendo inundar numerosos edificios existentes na Rúa Extremeiro e proximidades. 6. As grandes cantidades de diñeiro que Demarcación de Costas vén gastando nas distintas actuacións de rexeneración da praia e de dragado do Porto de Miño, son absolutamente inasumibles por parte dxs cidadáns pois vemos que os gastos nestas accións teñen que ser repetidos periodicamente beneficiándose destas actuacións única e exclusivamente as empresas contratadas para a realización das obras. 7. O aporte de area pode ser prexudicial para os bancos marisqueiros existentes na ría e polo tanto causar graves prexuízos económicos e ambientais.