SlideShare a Scribd company logo
1          PROPOSTA DE ESTATUTOS DE ESQUERDA NACIONALISTA
 2                                VI ASEMBLEA NACIONAL
 3
 4                                          PREÁMBULO
 5
 6       1. Co presente documento regúlanse as bases estatutarias da organización
 7            política que toma a denominación de Esquerda Nacionalista (EN).
 8       2. Esquerda Nacionalista constituise como Partido Politico dentro do BNG,
 9            asumindo os principios ideolóxicos programáticos e orgánicos do BNG.
10       3. Dentro das devandidas coordenadas, o ideario propio de Esquerda
11            Nacionalista é o que se recolle no Documento de Princípios Ideolóxico-
12            Políticos e nas resolucións das súas Asembleas Nacionais.
13
14
15                                    DISPOSICIÓNS XERAIS
16
17Artigo 1
18A denominación do Partido é a de Esquerda Nacionalista, as súas siglas son as de EN.
19
20Artigo 2
21    1. Esquerda Nacionalista basea o seu funcionamento no estrito respecto á
22       democracia e na participación da súa militancia na tomada de decisións,
23       compatíbel cunha estrutura orgánica áxil e dinámica.
24    2. De acordo con esta formulación xeral, Esquerda Nacionalista adopta como
25       criterios organizativos fundamentais os seguintes:
26            a) Territorialidade. EN dótase dunha estrutura territorial baseada na
27                constitución dos grupos asemblearios comarcais. Garantirase a
28                representación dos grupos de base nos órganos de dirección superiores.
29            b) Adhesión individual. A afiliación a EN farase a título individual. Admitirase
30                a integración de grupos ou colectivos xa existentes que, previa ratificación
31                da Mesa Nacional, unha vez integrados, desaparecerán como tais
32                colectivos.
33            c) Decisións maioritarias e respecto ás minorias. Aos diferentes niveis as
34                decisións serán adoptadas por maioria, debendo ser respectadas estas
35                decisións polos membros da Organización. Admítese a discrepancia
36                pública, sempre que non formule contradición operativa coas decisións
37                maioritarias de EN.
38            d) Elexibilidade e revogabilidade dos cargos. Todos os membros da
39                Organización serán electores e poderán ser elexidos para calquer cargo.
40                Todos os seus cargos poderán ser rexeitados, en calquer momento, polos
41                seus electores.
42            e) Direccións colexiadas. Nos diferentes niveis os órganos de dirección
43                terán un carácter colexiado, tomandose as decisións por maioria dos seus
44                integrantes. Aos Secretarios nacionais, portavoces comarcais e no seu
45                caso locais, competeralles a representación pública de EN nos diferentes
46                niveis para os que foron elexidos.
47            f) Mandato imperativo. Os madatarios estarán obrigados a levar adiante a
48                política e as decisións adoptadas pola maioria aos níveis que corresponda.
49
50
51
1Artigo 3
 2Os militantes que discrepen das decisións adoptadas, poden manter o seu criterio sen
 3romper a unidade de acción do Partido. Os discrepantes son libres de expresar as súas
 4opinións no interior da Organización, asistidos pola a faculdade de tentar cambiar polas
 5canles estatutarias o que foi establecido nun momento dado.
 6
 7
 8
 9TÍTULO I: DOS MEMBROS
10
11Artigo 5
12    1. Poderá ser membro de Esquerda Nacionalista calquer persoa maior de idade que,
13       aceptando os criterios organizativos e os princípios da mesma, solicite o seu
14       ingreso e non manteña militancia noutra organización política partidária.
15    2. A solicitude formal de ingreso deberá ser apresentada por algún/ha membro de
16       Esquerda Nacionalista á Mesa Comarcal correspondente ou Responsábel
17       Comarcal no seu defeto.
18    3. No caso de presentarse algunha obxección, deberá ser por escrito e debidamente
19       motivada. A admisión será submetida á primeira Asemblea Comarcal ordinaria por
20       celebrar, previa audiencia dos interesados. Contra a decisión da Asemblea
21       Comarcal caberá recurso ante a Comisión Executiva Nacional.
22    4. Unha vez tramitadas as altas, estas serán remetidas no menor tempo posibel,
23       sempre dentro do prazo dun mes, por parte do/a Responsábel Comarcal, ao
24       Secretario/a de Organización co fin de sexan incluídas no Censo Nacional de
25       Militantes.
26    5. Coa entrega do carné ao/a militante, a Mesa Comarcal facilitará copia dos
27       Estatutos do Partido.
28
29
30Artigo 6
31    6. Son dereitos dos membros:
32       a. Participar activamente e libremente na definición da liña política de EN e na
33           tomada de decisións.
34       b. O dereito de elexir e ser electo en cantos procesos electorais internos e
35           externos se propoñan, sen veto ou reparo algún que supoña discriminación ou
36           ventaxa, salvo as limitacións que nos presentes Estatutos se sinalen por
37           incompatibilidades. Será condición necesaria para exercer este dereito estar
38           ao día na cotización.
39       c. Recibir todo tipo de información sobre as decisións adoptadas polos órganos
40           do Partido nos distintos niveis e, en xeral sobre todas aquelas cuestións que
41           afecten á vida interna, proxección externa e actividade do Partido através dos
42           cauces orgánicos.
43       d. O dereito de discusión e crítica sobre posicións políticas propias e alleas,
44           mediante a libre expresión oral ou escrita e a súa libre comunicación dentro do
45           Partido.
46       e. Fóra da Organización, as manifestacións públicas, xuízos de valor e expresión
47           de opinións, exerceranse libre, leal e responsabelmente cos límites do respeto
48           a diginidade das persoas, así como as resolucións e acordos
49           democráticamente adoptados polos órganos do Partido, no marco das súas
50           competencias estatutarias.
1        f. O dereito ao control político dos seus elexidos e responsábeis, baseado nunha
 2            información veraz na libre expresión, o respeto ás persoas e a suxección ao
 3            lugar e tempo regulamentarmente establecido.
 4        g. O dereito á protección externa polo Partido, frente aos ataques inxustos; e
 5            interna, mediante a actuación imparcial e equitativa dos órgaos competentes.
 6
 7Artigo 7
 8
 9Son deberes dos afiliados:
101.- A defensa activa e respeito dos intereses xerais da Organización, a Declaración de
11Principios, Programas, Resolucións e Estatutos aprobados polas súas Asembleas
12Nacionais, así como os acordos lexítimamente emanados dos seus órganos de dirección.
132.- A solidariedade material e moral cos demáis militantes da Organización, o respeto ás
14súas opinións e posicións, ás súas persoas e á obrigada colaboración.
15 3.- O acatamento a cantas resolucións sexan ditadas polos órgaos competentes no
16marco da súa actividade regulamentada e coas formalidades precisas.
174.- A remisión, através das canles orgánicas que se establezan, de canta información teña
18en relación ás tarefas de Organización.
19 5.- A aceptación daqueles cometidos de representación política que democraticamente
20lles sexan requeridos ou executivamente designados, segundo os casos e salvo
21cirscunstancias ou causa xustificada.
226.- A colaboración económica mediante cuotas ou participación nos seus ingresos,
23segundo o estipulado na carta financieira.
24
25Artigo 8
26O filiado/a que observe mala conduta cívica ou ética, falte o programa ou os acordos e
27resolucións do Partido, exprese públicamente as súas opinións en termos irresponsábeis
28ou con deslealdade ao Partido ou ós seus militantes, cometa actos de indisciplina, inxurie
29ou calunie a algunha persoa afiliada, ou de calquer outra forma viole as obrigacións que a
30todos os membros do Partido impoñen os presentes Estatutos, será sancionado, previos
31os tramites regulamentarios e mediante decisión dos órganos competentes, con medidas
32que poderán chegar até a expulsión en aplicación das normas internas vixentes.
33
34Artigo 9
35A perda da condición de membro de EN atenderá aos seguintes supostos:
36        a. Por decisión voluntaria do propio militante.
37        b. Por decisión da Mesa Nacional, previa proposta da Asemblea Comarcal
38            correspondente.
39        c. Por impago de 6 mensualidades da cota de EN.
40
41
42Artigo 10
43Calquera baixa que se produza na Organización terá que ser comunicada á Asemblea
44Comarcal na primeria sesión ordinaria que se celebre. Calquer alteración que se produza
45nos distintos censos comarcais deberá ser comunicada no menor tempo posibel, é
46sempre dentro do prazo máximo dun mes, por parte do/a responsabel comarcal ao
47Secretário de Organización, quen deberá manter o Censo Nacional de Militantes
48permanentemente actualizado.
49
50Artigo 11
1Os militantes poderán acudir á Comisión de Garantias no caso de consideraren abusivas
 2ou antiestatutárias determinadas resolucións. Calquer resolución fica en suspenso até
 3que resolva a Comisión de Garantias, no caso de ser recabada a sua actuación.
 4
 5TÍTULO II: DA ORGANIZACIÓN XERAL DO PARTIDO
 6
 7Artigo 12
 8Esquerda Nacionalista estrutúrase en tres níveis orgánico-territoriais: Local, Comarcal e
 9Nacional.
10
11Artigo 13
12O ámbito territorial da Asemblea Local é o Municipio. No caso das Asembleas Comarcais
13o seu ámbito será o que determine a Mesa Nacional.
14
15Artigo 14
16A Comisión Executiva Nacional regulará o proceso de renovación e constitución dos
17órganos executivos e de coordenación, dos niveis organizativos local, comarcal e distrital.
18
19Artigo 15
20Todo membro do Partido que traslade a súa residencia desde a área dunha Asembea
21Comarcal ou Local a outra, deberá solicitar o seu traslado a esta e reconoceráselle
22automáticamente, se goza de todos os seus dereitos.
23
24Artigo 16
25Cando a actuación dos órgaos que integran EN resultase contraria ao establecido nestes
26Estatutos, as resolucións da Mesa Nacional ou da Comisión Executiva Nacional, esta
27poderá suspender e deixar sen efecto a actuación do devandito órgano inferior
28remitíndose a resolución definitiva á primeira sesión que celebre a Mesa Nacional.
29
30
31CAPÍTULO I: DA ORGANIZACIÓN NACIONAL
32
33Artigo 17
34A ORGANIZACIÓN NACIONAL de Esquerda Nacionalista estrutúrase con base na
35Asemblea Nacional, Mesa Nacional, a Comisión Executiva Nacional e a Comisión de
36Garantías.
37
38
39SECCIÓN I: DA ASEMBLEA NACIONAL
40
41Artigo 18
421. A Asemblea Nacional é o órgano supremo e soberano do Partido.
43
442. Unha vez convocada a Asemblea Nacional pola Mesa Nacional, os afiliados que se
45dean de alta no Partido non terán dereito a ser nen electores nen elexíbeis.
463. A Asemblea Nacional reúnese ordinariamente cada tres anos, agás que circunstancias
47especiais de interese político u orgánico aconsellen a modificación desta previsión
48temporal.
49
50Artigo 19
51Compete á Asemblea Nacional:
1    1) Definir os principios e fixar os programas do Partido, establecer a liña política do
 2        mesmo e marcar a súa estratexia.
 3    2) Debater e xulgar a xestión da Mesa Nacional, quen deberá presentar á mesma un
 4        Informe da sua xestión através do Secretario Nacional ou persoa en quen delegar.
 5    3) Elexir a Mesa Nacional, o Secretario/a Nacional, ao/á Presidente/a e á Comisión
 6        de Garantías.
 7
 8Artigo 20
 9A elección pola Asemblea Nacional da Mesa Nacional e da Comisión de Garantías
10realizaranse mediante votación secreta, previa presentación das candidaturas en listas
11completas, cerradas e bloqueadas.
12
13Artigo 21
141. A Asemblea Nacional será convocada con 60 días de antelación,
152.Enviarase a todos os militantes unha proposta da Orde do Día provisional e a proposta
16de relatorios aprobados pola Mesa Nacional, asegurandose, en todo caso, o prazo de
17tempo imprescindíbel para a recepción dos relatorios oficiais, os alternativos e emendas
18que se apresenten, tanto se figuran no relatorio oficial como se non.
193. A Mesa Nacional, a través da Executiva Nacional, enviará, coa antelación fixada por
20esta para a celebración da Asemblea, ás Asembleas Comarcais e aos militantes unha
21memoria con todos os relatorios e propostas recebidas.
22 4. Tanto as Resolucións da Asemblea Nacional, como o resultado das Convencións
23Nacionais, serán editadas pola Dirección do Partido que se responsabilizará da súa
24distribución á militancia.
25
26Artigo 22
271. Cando circunstancias especiais aconsellen a convocatoria dunha Asemblea Nacional
28Extraordinaria ou cando proceda para tratar sobre algún tema específico, esta será cunha
29antelación mínima de 30 dias.
30 2. A Asemblea Nacional Extraordinaria poderá ser convocada pola maioría simples da
31Mesa Nacional e, preceptivamente, cando o pidan un terzo dos militantes; a Mesa
32Nacional determinará a data e lugar da xuntanza, así como os puntos da Orde do Día.
333. A Asemblea Nacional Extraordinaria somente pode adoptar resolucións sobre as
34materias previstas na Orde dos Traballos para o cal foi convocada.
35
36SECCIÓN II: DA MESA NACIONAL
37
38Artigo 23
39A Mesa Nacional constitui o máximo órgao entre a celebración das Asembleas Nacionais.
40
41Artigo 24
42Está constituida por:
43a) Membros natos, con voz e voto:
44- Os/As membros eleitos/as pola Asemblea Nacional.
45- Os representantes de E.N. no Consello Nacional do BNG.
46- O/A representante de EN/Mocidade pola súa Asemblea.
47
48b) Membros elexidos con voz e voto:
49- Os/as Secretarios/as Comarcias elexidos en Asembleas Comarcias.
50- Os/as representantes das Asembleas Comarcais eleitos a razón de 1 representante por
51cada 50 militantes engadindo un representante máis por fracción igual ou superior a 25.
1A elección destos membros efectuarase nas Asembleas Locais e Comarcais tendo en
 2conta o censo de militantes pechado para a celebración da Asemblea Nacional
 3-Os/as Coordinadores Distritais eleitos polas Mesas Distritais.
 4
 5Artigo 25
 6Serán competencias da Mesa Nacional:
 7 1) Convocar a Asemblea Nacional
 8    2) A aplicación e concreción das liñas políticas xerais definidas pola Asemblea
 9        Nacional anterior
10    3) A definición de alternativas políticas concretas
11    4) A fixación do réxime de cotización e controle das finanzas
12    5) A formación
13    6) A propaganda e relación cos medios de comunicación e outras organizacións
14        políticas
15    7) A designación dos membros da organización que deban integrarse nos órganos
16        nacionais de dirección do BNG.
17    8) Examinar a xestión da Comisión Executiva Nacional esixíndolle no seu caso, a
18        responsabilidade política mediante adopción por maioría absoluta na moción de
19        censura que deberá ser proposta, cando menos polo 20% dos seus membros e
20        deberá figurar na Orde dos Traballos da sesión da Mesa Nacional. A moción de
21        censura pode propoñerse contra todos ou algún dos membros da Comisión
22        Executiva Nacional e deberá ser razoada. En caso de prosperar, o Secretario
23        Nacional deberá presentar á Mesa Nacional unha nova proposta de Comisión
24        Executiva Nacional ou de nova Secretaría sectorial
25    9) Aprobar o regulamento interno da Comisión de Garantías.
26    10) Recabar información dos representantes do Partido no Consello Nacional do BNG.
27    11) Aprobar os orzamentos ordinarios e extraordinarios do Partido a proposta da
28        Comisión Executiva Nacional através do Secretario Nacional das Finanzas.
29    12) Cubrir as vacantes que se produzan na Comisión Executiva Nacional a proposta
30        do Secretario Nacional e na Comisión de Garantías. Cando a vacante corresponda
31        ao Secretario Nacional convocarase un Asemblea Extraordinária, de non ter
32        prosperado o disposto no artigo 43 punto 2.
33    13) Dar conta da súa xestión á Asemblea Nacional através do Secretario/a Nacional.
34    14) Aprobar no seu caso, a convocatoria e conclusións de xornadas ou seminarios que
35        se convoquen para desenvolver a liña política do Partido.
36    15) Designar ou afastar da súa responsabilidade ao/à Director e Consello de
37        Redacción do órgao Oficial do Partido a proposta da Comisión Executiva Nacional.
38    16) Aprobar o regulamento da Asemblea Nacional.
39    17) Fixar as cotas especiais de altos cargos e asimilados, así como as cuotas
40        extraordinarias.
41
42Artigo 26
43A Mesa Nacional reunirase ordinariamente cada dous meses, convocada pola Comisión
44Executiva Nacional. As sesións ordinarias deberan ser convocadas, polo menos, con 7
45días de antelación.
46
47Artigo 27
481. Mesa Nacional pode ser convocada con carácter extraordinario a petición dun terzo dos
49seus membros ou da mesma Comisión Executiva,
502. As sesións extraordinarias serán convocadas coa urxencia que requira o caso, e os
51acordos recaídos serán válidos sempre que foran convocados por escrito tódolos seus
1membros e se dese o quorum mínimo de dous tercios.
 2
 3Artigo 28
 4Cando se produzan vacantes entre os membros da Mesa Nacional, procederase a unha
 5nova elección polas instancias correspondentes.
 6
 7SECCIÓN III: DA COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL
 8
 9Artigo 29
10A COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL ficará composta de entre o membros electos na
11Mesa Nacional, entre os que estarán o Secretario Nacional, o Presidente Nacional,
12Coordinador Executivo, Secretario de Organización e Secretario das Finanzas.
13
14Artigo 30
15A Executiva Nacional será eleita en lista pechada e a proposta do Secretário Nacional
16eleito/a, devendo contar ademais coa aprovación maioritária da Mesa Nacional.
17
18Artigo 31
19A Comisión Executiva Nacional ten como atribuición principal realizar a política definida
20polos órgaos do Partido, a Asemblea Nacional e a Mesa Nacional adoptando para iso
21todas as decisións que sexan precisas para o cumprimento das funcións do partido e que
22non estexan estatutária ou regulamentariamente reservadas a outros órgaos.
23
24Artigo 32
25A Comisión Executiva Nacional aplica permanentemente a política do Partido e son
26funcións específicas dela:
271. A coordinación e dinamización da vida interna do Partido.
282. As relacións con outros grupos políticos.
293. A administración dos bens do Partido.
304. A realización de cantas actividades sexan necesarias en todos os ámbitos para o
31cumprimento dos fins do Partido.
325. Promover a edición do órgao oficial do Partido.
336. Presentar os orzamentos do Partido á Mesa Nacional nos tres primeiros meses de cada
34exercicio.
35
36Artigo 33
371. A Comisión Executiva Nacional xuntarase coa frecuencia que por si mesma acorde.
38Normalmente será convocada polo Secretario Xeral ou a petición por escrito dun terzo
39dos seus membros.
402. As decisións da Comisión Executiva Nacional adoptaranse por maioría simples dos
41membros presentes. Para que as decisións sexan válidas requerirase que todos os
42membros foran notificados da xuntanza e o quorum fora de maioría simple.
43
44Artigo 34
451. A Comisión Executiva Nacional estará formada por un número de membros en función
46das áreas de responsabilidade.
472. Como mínimo, integran a Comisión Executiva Nacional:
48           • Secretario Nacional
49           • Presidente
50           • Coordinador Executivo
51           • Secretario Nacional de Organización
1           • Secretario Nacional de Finanzas
 2           • Representante da Asemblea de EN/Mocidade
 3
 4Artigo 35
 51. A responsabilidade da Comisión Executiva Nacional é colexiada o que non exime ós
 6seus membros da responsabilidade no desempeño das súas funcións perante a Mesa
 7Nacional.
 82. O cese dos membros da Comisión Executiva Nacional poderá producirse a petición
 9propia ou a proposta do secretário nacional á Mesa Nacional.
10
11Art. 36
121. As deliberacións da Comisión Executiva Nacional son reservadas. Faranse constar na
13acta os votos particulares que houbera sobre as decisións recaídas.
142. Ao inicio de cada xeira política, a Mesa Nacional, na sua primeira xuntanza, aprobará o
15regulamento interno da Comisión Executiva Nacional a proposta desta.
16
17Artigo 37
18Debe estar estruturada por áreas concretas de traballo e a cada Secretario Executivo
19asignaránselle traballos concretos dalgunha área. A Comisión executiva debe, para
20mellorar a sua efectividade, impulsar comisións de traballo abertas a toda a militáncia,
21coordenadas por unha persoa da executiva e cunha dinámica de traballo própria.
22
23Artigo 38
24As vacantes que se produzan na Comisión Executiva Nacional poderán ser cubertas por
25elección, na Mesa Nacional a proposta do Secretario Nacional.
26
27Artigo 39
28A Comisión Executiva Nacional, através da Secretaria Nacional de Organización, asegura
29o seguimento de afiliación do Partido, a custodia do Censo Nacional de militantes,
30distribuirá os carnés e carimbos que correspondan, poderá resolver a baixa daqueles
31militantes que adeuden máis de seis meses de cotización.
32
33Artigo 40
34A Comisión Executiva Nacional poderá suspender de militancia, provisionalmente, de
35forma inmediata, á espera da suspensión firme e resolución do expediente que proceda,
36no caso de faltas consideradas moi graves.
37
38
39SECCIÓN IV: DA SECRETARÍA NACIONAL
40
41Artigo 41
42O SECRETARIO NACIONAL será o/a máximo/a responsábel do partido en todos os
43ámbitos. Responderá conxuntamente do traballo da Executiva Nacional e presidirá todos
44os actos e órganos do Partido.
45
46Artigo 42
47À Secretaria Nacional corresponde-lle a portavocia do Partido sendo, salvo delegación
48específica, a única voz oficial. Poderá delegar no/a Cooordinador/a Executivo/a aquelas
49cuestións que considerar oportunas, se ben esta delegación deverá ser aprovada pola
50Executiva. Autoriza coa sua firma todos os documentos políticos, órganicos e
51administrativos.
1
 2Artigo 43
 31. Será electo/a pola Asemblea Nacional, unha vez que a candidatura que encabece teña
 4atingido o maior número de votos.
 52. A súa vacante será coberta até a celebración da Asemblea, por decisión da Mesa
 6Nacional, por maioría de 2/3.
 7
 8SECCIÓN V: DA PRESIDENCIA NACIONAL
 9
10Artigo 44
111. Representará públicamente a EN por delegación do Secretário Nacional.
122. Será elexido/a pola Asembleia Nacional, a proposta da Mesa Nacional e será membro
13nato da Mesa Nacional e da sua Executiva.
14
15SECCIÓN VI: DA COMISIÓN DE GARANTÍAS
16
17Artigo 45
181. A Asemblea Nacional de Esquerda Nacionalista elixe unha Comisión de Garantías,
19formada por 5 membros titulares e 3 suplentes, entre afiliados/as cuxa titularidade
20deberán corresponder, cando menos a 3 comarcas distintas. O seu mandato coincidirá co
21da Mesa Nacional.
222. A condición de membro da Comisión de Garantías é incompatíbel cos de membro da
23Comisión Executiva Nacional.
243. A Comisión de Garantías elaborará un Regulamento de funcionamento que deberá ser
25ratificado pola Mesa Nacional.
264. As decisións da Comisión de Garantías, non admitirán recurso algún e expresaranse
27através de resolucións, advertencias ou recomendacións.
28
29
30Artigo 46
31A Comisión Executiva Nacional, e a Mesa Nacional a pedimento dunha Asemblea
32Comarcal son competentes para incoar expedientes disciplinarios, ben de oficio ou a
33instancia razonada de parte, de acordo ao previsto no Regulamento da Comisión de
34Garantías.
35
36Artigo 47
37Os expedientes referidos a conductas constitutivas de falta leve, grave ou moi grave,
38resolveranse pola Comisión Executiva Nacional, e contra as resolucións caberá recurso
39ante a Comisión de Garantías.
40
41
42CAPÍTULO II: DA ORGANIZACIÓN COMARCAL E LOCAL
43Artigo 48
44EN basea a sua estrutura na constituición de grupos asembleários comarcias e locais,
45estando formados os mesmos por todos os/as militantes da Comarca e localidade
46respectivamente.
47
48Artigo 49
49Para a constitución dunha Asemblea Comarcal cos dereitos e competencias que se
50reseñan máis adiante será preciso:
51a) Acordo maioritario dos militantes desas localidades, reunidos en asemblea convocada
1ao efeito.
 2b) Acordo da Mesa Nacional a proposta da Executiva Nacional.
 3c) A Comisión Executiva Nacional, cando os intereses xerais do Partido o aconsellen, e
 4previa consulta á Coordenadora Comarcal, propondrá á Mesa Nacional a disolución
 5daquelas Asembleas Locais que non veñan impulsando, coa eficacia requerida, a política
 6global do Partido na súa circunscripción.
 7
 8
 9SECCIÓN I: DAS ASEMBLEAS COMARCAIS
10
11Artigo 50
12A ASEMBLEA COMARCAL é o máximo órgano de decisión de EN na comarca e está
13composta por todos os militantes da mesma. As suas atribuicións será a definición dos
14criterios políticos e organizativos da comarca e a eleición dos cargos comarcais.
15
16Artigo 51
171. A Asemblea Comarcal reunirase dun xeito ordinário cada tres meses mediante
18convocatoria, con 15 dias de antelación, da Mesa Comarcal, quen deberá apresentar á
19mesma un informe da sua xestión.
202. Asegurará-se, en todo caso, o prazo de tempo imprescindíbel para a recepción das
21convocatorias e documentación necesária para os debates. Extraordinariamente poderá-
22se reunir a soicitude dun terzo dos militantes da Comarca ou a petición da maioria simples
23dos membros da Mesa Comarcal, efectuada cunha antelación mínima de sete dias.
24
25Artigo 52
26As Asembleas Comarcais poderán elexir unha Mesa Comarcal, sendo os seus membros
27eleitos entre os/as militantes da comarca seguindo o procedimento de eleición dos órgaos
28nacionais.
29
30Artigo 53
311. A Mesa Comarcal estará composta por un número de membros non inferior a 5 nen
32superior a 9. o portavoz de cada Mesa Local pasaría a ser membro de pleno dereito da
33Mesa Comarcal.
34De entre os seus membros elexerá-se
35           • Secretario/a Comarcal
36           • Vice-secretario Comarcal
37           • Secretario de Organización
38           • Secretario de Finanzas
39           • Representante comarcal de EN/Mocidade.
402. O Vice-responsábel Comarcal substituirá ao Responsábel Comarcal, con voz e voto,
41cando este non poda asistir ás Mesas Nacionais.
423. Integrarán a Mesa Comarcal con direito a voz e voto os militantes da comarca que
43fagan parte da Mesa Nacional.
44
45Artigo 54
46Serán atribucións súas a organización de Comarca, a coordinación dos grupos locais, as
47relacións cos meios de comunicación e outras organizacións políticas da comarca.
48
49Artigo 55
50Reunirase ordinariamente unha vez ao mes convocada polo Portavoz Comarcal e
51extraordinariamente a petición dun terzo dos seus integrantes, respeitando-se sempre o
1prazo de catro dias de facilitándose a orde do dia prévia.
 2
 3Artigo 56
 4Ningún militante poderá pertencer nin exercer responsabilidades orgánicas noutra
 5comarca que non sexa a do seu lugar de militancia.
 6
 7SECCIÓN II: DAS ASEMBLEAS LOCAIS
 8Artigo 57
 91. Naquelas localidades en que o número de militantes sexa superior a 6, poderanse
10constituir Asembleas locais que elexerán unha Mesa Local non inferior a 3 nen superior a
116 membros.
122. De entre eles elexirá nun Portavoz Local.
133. A súa composición e competencias serán similares ás indicadas para as Mesas
14Comarcais mais sempre dentro do seu ámbito e supeditadas as suas decisións e
15actuacións á aprobación da Mesa Comarcal naqueles asuntos que podan repercutir na
16Comarca de maneira xeral.
17
18
19SECCIÓN III: COORDENACIÓN DISTRITAL
20Artigo 58
211. A MESA DISTRITAL será o órgao de coordinación provincial encargado de tratar as
22diferentes cuestións de carácter institucional e eleitoral que abranxen a máis de unha
23comarca.
242. O seu funcionamento será axustado á própria actividade política do seu ámbito en
25función da actividade da Mesa Nacional. Reunirá-se cunha periodicidade bimensal e será
26convocada polo Coordenador ou a pedimento de 3/5 dos seus membros.
273. Serán membros natos os responsábeis comarcais e os militantes que ocupen cargos
28institucionals do BNG nese ámbito xeográfico. Tamén formarán parte deste organismo un
29representante máis por cada comarca.
304. Unha vez constituido este organismo, elexeráse, de entre os seus membros, un
31Coordenador da Coordenadora. A esta persoa, corresponderá-lle coordinar as
32actividades do órgano e asegurar a correcta articulación coas Asembleas
33Comarcais e Mesa Nacional, da que formará parte.
1
 2TÍTULO III: DAS FINANZAS
 3
 4Artigo 59
 5A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista aprobará unha CARTA FINANCEIRA na que
 6se recollerán os seguintes critérios:
 7 .1 Fixación da cota a abonar, tratando de artellar alternativas para aqueles militantes
 8       de menor poder aquisitivo. Como regra xeral a cota estabelece-se en 3€
 9       mensuais.
10 .2 O abono de cotas farase de forma prioritaria con domiciliación bancaria e
11       semestralmente.
12    .3 Centralizarase o abono na Secretaria de Finanzas que reverterá trimestralmente
13       un 30% do total das cotas recadas por cada comarca para sustentamento dos
14       gastos da mesma.
15    .4 Cada semestre as Comarcas remeterán o estado de contas, con detalle dos
16       gastos e ingresos tidos nese período.
17    .5 Asi mesmo o Secretário de Finanzas remeterá á Comisión Executiva un informe
18       semestral.
19    .6 Anualmente e coincidindo coa primeira xuntanza da Mesa Nacional, o Secretário
20       de Finanzas, renderá balanzo de contas do exercício finalizado.
21    .7 No último trimestre do ano apresentará proxecto de orzamento para o ano entrante
22       que deberá ser ratificado pola Mesa Nacional, prévia aprobación da Comisión
23       Executiva.
24    .8 Ademais, na carta financeira concretarán-se outros conceitos como salários,
25       gastos de desprazamentos, dietas, cotas extraordinárias e outros que puderen
26       xurdir.
27
28Artigo 60
29A cota mínima por afiliado a que se refire o artigo anterior poderá ser revisada anualmente
30pólo Mesa Nacional.
31
32Artigo 61
33A Comisión Executiva Nacional poderá propoñer cotas extraordinarias para a súa
34aprobación polo Mesa Nacional
35
36Artigo 62
37A Comisión Executiva Nacional proporá a Mesa Nacional para a súa aprobación, a cota
38especial por alto cargo ou asimilado, así como o regulamento para fixala súa cuantía e os
39mecanismos de revisión da mesma.
40
41
42Artigo 63
43A Mesa Nacional fixará as cotas que deberán abonar ao Partido os Cargos Públicos, así
44como os órganos que haberán de beneficiarse de ditos ingresos.
45
46TÍTULO IV: DA FORMACIÓN.
47
48Artigo 64
491. A Mesa Nacional de EN e as Mesas Comarcais procurarán atención importante á
50formación da militancia, para isto EN disporá dunha publicación, coordenada desde a
1Mesa Nacional, cuxa función principal será a información política, a formación teórica e o
 2intercambio de ideas.
 32. Tamén se procurarán debates, charlas e encontros sobre temas específicos, e calquer
 4outras actividade que mellore a concienciación e cualificación militante.
 5
 6TÍTULO VI: DAS MOCIDADES
 7
 8Artigo 65
 91. A Asemblea de EN/Mocidade, composta polos/as militantes mozos/as que actuan
10politicamente en ámbitos xuvenís, ten como función deseñar a política de xuventude de
11EN e, asimesmo, impulsar as ideas e liñas políticas do EN entre a mocidade.
122. Os/as militantes de EN/Mocidade deberán solicitar a súa afiliación como militantes de
13Galiza Nova.
143. A Asemblea de EN/Mocidade escollerá un portavoz entre a sua militáncia que a
15representará na Mesa Nacional e Executiva Nacional do Partido. EN/Mocidade manterá
16informada pontualmente das suas actividades á Comisión Executiva.
17
18
19DISPOSICION TRANSITORIA
20
21No prazo de tres meses após a celebración da Asemblea Nacional a Mesa Nacional
22elaborará para a súa posterior aprobación un regulamento as normas de réxime interno.

More Related Content

Featured

How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
ThinkNow
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Kurio // The Social Media Age(ncy)
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Estatutos Do Partido En

  • 1. 1 PROPOSTA DE ESTATUTOS DE ESQUERDA NACIONALISTA 2 VI ASEMBLEA NACIONAL 3 4 PREÁMBULO 5 6 1. Co presente documento regúlanse as bases estatutarias da organización 7 política que toma a denominación de Esquerda Nacionalista (EN). 8 2. Esquerda Nacionalista constituise como Partido Politico dentro do BNG, 9 asumindo os principios ideolóxicos programáticos e orgánicos do BNG. 10 3. Dentro das devandidas coordenadas, o ideario propio de Esquerda 11 Nacionalista é o que se recolle no Documento de Princípios Ideolóxico- 12 Políticos e nas resolucións das súas Asembleas Nacionais. 13 14 15 DISPOSICIÓNS XERAIS 16 17Artigo 1 18A denominación do Partido é a de Esquerda Nacionalista, as súas siglas son as de EN. 19 20Artigo 2 21 1. Esquerda Nacionalista basea o seu funcionamento no estrito respecto á 22 democracia e na participación da súa militancia na tomada de decisións, 23 compatíbel cunha estrutura orgánica áxil e dinámica. 24 2. De acordo con esta formulación xeral, Esquerda Nacionalista adopta como 25 criterios organizativos fundamentais os seguintes: 26 a) Territorialidade. EN dótase dunha estrutura territorial baseada na 27 constitución dos grupos asemblearios comarcais. Garantirase a 28 representación dos grupos de base nos órganos de dirección superiores. 29 b) Adhesión individual. A afiliación a EN farase a título individual. Admitirase 30 a integración de grupos ou colectivos xa existentes que, previa ratificación 31 da Mesa Nacional, unha vez integrados, desaparecerán como tais 32 colectivos. 33 c) Decisións maioritarias e respecto ás minorias. Aos diferentes niveis as 34 decisións serán adoptadas por maioria, debendo ser respectadas estas 35 decisións polos membros da Organización. Admítese a discrepancia 36 pública, sempre que non formule contradición operativa coas decisións 37 maioritarias de EN. 38 d) Elexibilidade e revogabilidade dos cargos. Todos os membros da 39 Organización serán electores e poderán ser elexidos para calquer cargo. 40 Todos os seus cargos poderán ser rexeitados, en calquer momento, polos 41 seus electores. 42 e) Direccións colexiadas. Nos diferentes niveis os órganos de dirección 43 terán un carácter colexiado, tomandose as decisións por maioria dos seus 44 integrantes. Aos Secretarios nacionais, portavoces comarcais e no seu 45 caso locais, competeralles a representación pública de EN nos diferentes 46 niveis para os que foron elexidos. 47 f) Mandato imperativo. Os madatarios estarán obrigados a levar adiante a 48 política e as decisións adoptadas pola maioria aos níveis que corresponda. 49 50 51
  • 2. 1Artigo 3 2Os militantes que discrepen das decisións adoptadas, poden manter o seu criterio sen 3romper a unidade de acción do Partido. Os discrepantes son libres de expresar as súas 4opinións no interior da Organización, asistidos pola a faculdade de tentar cambiar polas 5canles estatutarias o que foi establecido nun momento dado. 6 7 8 9TÍTULO I: DOS MEMBROS 10 11Artigo 5 12 1. Poderá ser membro de Esquerda Nacionalista calquer persoa maior de idade que, 13 aceptando os criterios organizativos e os princípios da mesma, solicite o seu 14 ingreso e non manteña militancia noutra organización política partidária. 15 2. A solicitude formal de ingreso deberá ser apresentada por algún/ha membro de 16 Esquerda Nacionalista á Mesa Comarcal correspondente ou Responsábel 17 Comarcal no seu defeto. 18 3. No caso de presentarse algunha obxección, deberá ser por escrito e debidamente 19 motivada. A admisión será submetida á primeira Asemblea Comarcal ordinaria por 20 celebrar, previa audiencia dos interesados. Contra a decisión da Asemblea 21 Comarcal caberá recurso ante a Comisión Executiva Nacional. 22 4. Unha vez tramitadas as altas, estas serán remetidas no menor tempo posibel, 23 sempre dentro do prazo dun mes, por parte do/a Responsábel Comarcal, ao 24 Secretario/a de Organización co fin de sexan incluídas no Censo Nacional de 25 Militantes. 26 5. Coa entrega do carné ao/a militante, a Mesa Comarcal facilitará copia dos 27 Estatutos do Partido. 28 29 30Artigo 6 31 6. Son dereitos dos membros: 32 a. Participar activamente e libremente na definición da liña política de EN e na 33 tomada de decisións. 34 b. O dereito de elexir e ser electo en cantos procesos electorais internos e 35 externos se propoñan, sen veto ou reparo algún que supoña discriminación ou 36 ventaxa, salvo as limitacións que nos presentes Estatutos se sinalen por 37 incompatibilidades. Será condición necesaria para exercer este dereito estar 38 ao día na cotización. 39 c. Recibir todo tipo de información sobre as decisións adoptadas polos órganos 40 do Partido nos distintos niveis e, en xeral sobre todas aquelas cuestións que 41 afecten á vida interna, proxección externa e actividade do Partido através dos 42 cauces orgánicos. 43 d. O dereito de discusión e crítica sobre posicións políticas propias e alleas, 44 mediante a libre expresión oral ou escrita e a súa libre comunicación dentro do 45 Partido. 46 e. Fóra da Organización, as manifestacións públicas, xuízos de valor e expresión 47 de opinións, exerceranse libre, leal e responsabelmente cos límites do respeto 48 a diginidade das persoas, así como as resolucións e acordos 49 democráticamente adoptados polos órganos do Partido, no marco das súas 50 competencias estatutarias.
  • 3. 1 f. O dereito ao control político dos seus elexidos e responsábeis, baseado nunha 2 información veraz na libre expresión, o respeto ás persoas e a suxección ao 3 lugar e tempo regulamentarmente establecido. 4 g. O dereito á protección externa polo Partido, frente aos ataques inxustos; e 5 interna, mediante a actuación imparcial e equitativa dos órgaos competentes. 6 7Artigo 7 8 9Son deberes dos afiliados: 101.- A defensa activa e respeito dos intereses xerais da Organización, a Declaración de 11Principios, Programas, Resolucións e Estatutos aprobados polas súas Asembleas 12Nacionais, así como os acordos lexítimamente emanados dos seus órganos de dirección. 132.- A solidariedade material e moral cos demáis militantes da Organización, o respeto ás 14súas opinións e posicións, ás súas persoas e á obrigada colaboración. 15 3.- O acatamento a cantas resolucións sexan ditadas polos órgaos competentes no 16marco da súa actividade regulamentada e coas formalidades precisas. 174.- A remisión, através das canles orgánicas que se establezan, de canta información teña 18en relación ás tarefas de Organización. 19 5.- A aceptación daqueles cometidos de representación política que democraticamente 20lles sexan requeridos ou executivamente designados, segundo os casos e salvo 21cirscunstancias ou causa xustificada. 226.- A colaboración económica mediante cuotas ou participación nos seus ingresos, 23segundo o estipulado na carta financieira. 24 25Artigo 8 26O filiado/a que observe mala conduta cívica ou ética, falte o programa ou os acordos e 27resolucións do Partido, exprese públicamente as súas opinións en termos irresponsábeis 28ou con deslealdade ao Partido ou ós seus militantes, cometa actos de indisciplina, inxurie 29ou calunie a algunha persoa afiliada, ou de calquer outra forma viole as obrigacións que a 30todos os membros do Partido impoñen os presentes Estatutos, será sancionado, previos 31os tramites regulamentarios e mediante decisión dos órganos competentes, con medidas 32que poderán chegar até a expulsión en aplicación das normas internas vixentes. 33 34Artigo 9 35A perda da condición de membro de EN atenderá aos seguintes supostos: 36 a. Por decisión voluntaria do propio militante. 37 b. Por decisión da Mesa Nacional, previa proposta da Asemblea Comarcal 38 correspondente. 39 c. Por impago de 6 mensualidades da cota de EN. 40 41 42Artigo 10 43Calquera baixa que se produza na Organización terá que ser comunicada á Asemblea 44Comarcal na primeria sesión ordinaria que se celebre. Calquer alteración que se produza 45nos distintos censos comarcais deberá ser comunicada no menor tempo posibel, é 46sempre dentro do prazo máximo dun mes, por parte do/a responsabel comarcal ao 47Secretário de Organización, quen deberá manter o Censo Nacional de Militantes 48permanentemente actualizado. 49 50Artigo 11
  • 4. 1Os militantes poderán acudir á Comisión de Garantias no caso de consideraren abusivas 2ou antiestatutárias determinadas resolucións. Calquer resolución fica en suspenso até 3que resolva a Comisión de Garantias, no caso de ser recabada a sua actuación. 4 5TÍTULO II: DA ORGANIZACIÓN XERAL DO PARTIDO 6 7Artigo 12 8Esquerda Nacionalista estrutúrase en tres níveis orgánico-territoriais: Local, Comarcal e 9Nacional. 10 11Artigo 13 12O ámbito territorial da Asemblea Local é o Municipio. No caso das Asembleas Comarcais 13o seu ámbito será o que determine a Mesa Nacional. 14 15Artigo 14 16A Comisión Executiva Nacional regulará o proceso de renovación e constitución dos 17órganos executivos e de coordenación, dos niveis organizativos local, comarcal e distrital. 18 19Artigo 15 20Todo membro do Partido que traslade a súa residencia desde a área dunha Asembea 21Comarcal ou Local a outra, deberá solicitar o seu traslado a esta e reconoceráselle 22automáticamente, se goza de todos os seus dereitos. 23 24Artigo 16 25Cando a actuación dos órgaos que integran EN resultase contraria ao establecido nestes 26Estatutos, as resolucións da Mesa Nacional ou da Comisión Executiva Nacional, esta 27poderá suspender e deixar sen efecto a actuación do devandito órgano inferior 28remitíndose a resolución definitiva á primeira sesión que celebre a Mesa Nacional. 29 30 31CAPÍTULO I: DA ORGANIZACIÓN NACIONAL 32 33Artigo 17 34A ORGANIZACIÓN NACIONAL de Esquerda Nacionalista estrutúrase con base na 35Asemblea Nacional, Mesa Nacional, a Comisión Executiva Nacional e a Comisión de 36Garantías. 37 38 39SECCIÓN I: DA ASEMBLEA NACIONAL 40 41Artigo 18 421. A Asemblea Nacional é o órgano supremo e soberano do Partido. 43 442. Unha vez convocada a Asemblea Nacional pola Mesa Nacional, os afiliados que se 45dean de alta no Partido non terán dereito a ser nen electores nen elexíbeis. 463. A Asemblea Nacional reúnese ordinariamente cada tres anos, agás que circunstancias 47especiais de interese político u orgánico aconsellen a modificación desta previsión 48temporal. 49 50Artigo 19 51Compete á Asemblea Nacional:
  • 5. 1 1) Definir os principios e fixar os programas do Partido, establecer a liña política do 2 mesmo e marcar a súa estratexia. 3 2) Debater e xulgar a xestión da Mesa Nacional, quen deberá presentar á mesma un 4 Informe da sua xestión através do Secretario Nacional ou persoa en quen delegar. 5 3) Elexir a Mesa Nacional, o Secretario/a Nacional, ao/á Presidente/a e á Comisión 6 de Garantías. 7 8Artigo 20 9A elección pola Asemblea Nacional da Mesa Nacional e da Comisión de Garantías 10realizaranse mediante votación secreta, previa presentación das candidaturas en listas 11completas, cerradas e bloqueadas. 12 13Artigo 21 141. A Asemblea Nacional será convocada con 60 días de antelación, 152.Enviarase a todos os militantes unha proposta da Orde do Día provisional e a proposta 16de relatorios aprobados pola Mesa Nacional, asegurandose, en todo caso, o prazo de 17tempo imprescindíbel para a recepción dos relatorios oficiais, os alternativos e emendas 18que se apresenten, tanto se figuran no relatorio oficial como se non. 193. A Mesa Nacional, a través da Executiva Nacional, enviará, coa antelación fixada por 20esta para a celebración da Asemblea, ás Asembleas Comarcais e aos militantes unha 21memoria con todos os relatorios e propostas recebidas. 22 4. Tanto as Resolucións da Asemblea Nacional, como o resultado das Convencións 23Nacionais, serán editadas pola Dirección do Partido que se responsabilizará da súa 24distribución á militancia. 25 26Artigo 22 271. Cando circunstancias especiais aconsellen a convocatoria dunha Asemblea Nacional 28Extraordinaria ou cando proceda para tratar sobre algún tema específico, esta será cunha 29antelación mínima de 30 dias. 30 2. A Asemblea Nacional Extraordinaria poderá ser convocada pola maioría simples da 31Mesa Nacional e, preceptivamente, cando o pidan un terzo dos militantes; a Mesa 32Nacional determinará a data e lugar da xuntanza, así como os puntos da Orde do Día. 333. A Asemblea Nacional Extraordinaria somente pode adoptar resolucións sobre as 34materias previstas na Orde dos Traballos para o cal foi convocada. 35 36SECCIÓN II: DA MESA NACIONAL 37 38Artigo 23 39A Mesa Nacional constitui o máximo órgao entre a celebración das Asembleas Nacionais. 40 41Artigo 24 42Está constituida por: 43a) Membros natos, con voz e voto: 44- Os/As membros eleitos/as pola Asemblea Nacional. 45- Os representantes de E.N. no Consello Nacional do BNG. 46- O/A representante de EN/Mocidade pola súa Asemblea. 47 48b) Membros elexidos con voz e voto: 49- Os/as Secretarios/as Comarcias elexidos en Asembleas Comarcias. 50- Os/as representantes das Asembleas Comarcais eleitos a razón de 1 representante por 51cada 50 militantes engadindo un representante máis por fracción igual ou superior a 25.
  • 6. 1A elección destos membros efectuarase nas Asembleas Locais e Comarcais tendo en 2conta o censo de militantes pechado para a celebración da Asemblea Nacional 3-Os/as Coordinadores Distritais eleitos polas Mesas Distritais. 4 5Artigo 25 6Serán competencias da Mesa Nacional: 7 1) Convocar a Asemblea Nacional 8 2) A aplicación e concreción das liñas políticas xerais definidas pola Asemblea 9 Nacional anterior 10 3) A definición de alternativas políticas concretas 11 4) A fixación do réxime de cotización e controle das finanzas 12 5) A formación 13 6) A propaganda e relación cos medios de comunicación e outras organizacións 14 políticas 15 7) A designación dos membros da organización que deban integrarse nos órganos 16 nacionais de dirección do BNG. 17 8) Examinar a xestión da Comisión Executiva Nacional esixíndolle no seu caso, a 18 responsabilidade política mediante adopción por maioría absoluta na moción de 19 censura que deberá ser proposta, cando menos polo 20% dos seus membros e 20 deberá figurar na Orde dos Traballos da sesión da Mesa Nacional. A moción de 21 censura pode propoñerse contra todos ou algún dos membros da Comisión 22 Executiva Nacional e deberá ser razoada. En caso de prosperar, o Secretario 23 Nacional deberá presentar á Mesa Nacional unha nova proposta de Comisión 24 Executiva Nacional ou de nova Secretaría sectorial 25 9) Aprobar o regulamento interno da Comisión de Garantías. 26 10) Recabar información dos representantes do Partido no Consello Nacional do BNG. 27 11) Aprobar os orzamentos ordinarios e extraordinarios do Partido a proposta da 28 Comisión Executiva Nacional através do Secretario Nacional das Finanzas. 29 12) Cubrir as vacantes que se produzan na Comisión Executiva Nacional a proposta 30 do Secretario Nacional e na Comisión de Garantías. Cando a vacante corresponda 31 ao Secretario Nacional convocarase un Asemblea Extraordinária, de non ter 32 prosperado o disposto no artigo 43 punto 2. 33 13) Dar conta da súa xestión á Asemblea Nacional através do Secretario/a Nacional. 34 14) Aprobar no seu caso, a convocatoria e conclusións de xornadas ou seminarios que 35 se convoquen para desenvolver a liña política do Partido. 36 15) Designar ou afastar da súa responsabilidade ao/à Director e Consello de 37 Redacción do órgao Oficial do Partido a proposta da Comisión Executiva Nacional. 38 16) Aprobar o regulamento da Asemblea Nacional. 39 17) Fixar as cotas especiais de altos cargos e asimilados, así como as cuotas 40 extraordinarias. 41 42Artigo 26 43A Mesa Nacional reunirase ordinariamente cada dous meses, convocada pola Comisión 44Executiva Nacional. As sesións ordinarias deberan ser convocadas, polo menos, con 7 45días de antelación. 46 47Artigo 27 481. Mesa Nacional pode ser convocada con carácter extraordinario a petición dun terzo dos 49seus membros ou da mesma Comisión Executiva, 502. As sesións extraordinarias serán convocadas coa urxencia que requira o caso, e os 51acordos recaídos serán válidos sempre que foran convocados por escrito tódolos seus
  • 7. 1membros e se dese o quorum mínimo de dous tercios. 2 3Artigo 28 4Cando se produzan vacantes entre os membros da Mesa Nacional, procederase a unha 5nova elección polas instancias correspondentes. 6 7SECCIÓN III: DA COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL 8 9Artigo 29 10A COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL ficará composta de entre o membros electos na 11Mesa Nacional, entre os que estarán o Secretario Nacional, o Presidente Nacional, 12Coordinador Executivo, Secretario de Organización e Secretario das Finanzas. 13 14Artigo 30 15A Executiva Nacional será eleita en lista pechada e a proposta do Secretário Nacional 16eleito/a, devendo contar ademais coa aprovación maioritária da Mesa Nacional. 17 18Artigo 31 19A Comisión Executiva Nacional ten como atribuición principal realizar a política definida 20polos órgaos do Partido, a Asemblea Nacional e a Mesa Nacional adoptando para iso 21todas as decisións que sexan precisas para o cumprimento das funcións do partido e que 22non estexan estatutária ou regulamentariamente reservadas a outros órgaos. 23 24Artigo 32 25A Comisión Executiva Nacional aplica permanentemente a política do Partido e son 26funcións específicas dela: 271. A coordinación e dinamización da vida interna do Partido. 282. As relacións con outros grupos políticos. 293. A administración dos bens do Partido. 304. A realización de cantas actividades sexan necesarias en todos os ámbitos para o 31cumprimento dos fins do Partido. 325. Promover a edición do órgao oficial do Partido. 336. Presentar os orzamentos do Partido á Mesa Nacional nos tres primeiros meses de cada 34exercicio. 35 36Artigo 33 371. A Comisión Executiva Nacional xuntarase coa frecuencia que por si mesma acorde. 38Normalmente será convocada polo Secretario Xeral ou a petición por escrito dun terzo 39dos seus membros. 402. As decisións da Comisión Executiva Nacional adoptaranse por maioría simples dos 41membros presentes. Para que as decisións sexan válidas requerirase que todos os 42membros foran notificados da xuntanza e o quorum fora de maioría simple. 43 44Artigo 34 451. A Comisión Executiva Nacional estará formada por un número de membros en función 46das áreas de responsabilidade. 472. Como mínimo, integran a Comisión Executiva Nacional: 48 • Secretario Nacional 49 • Presidente 50 • Coordinador Executivo 51 • Secretario Nacional de Organización
  • 8. 1 • Secretario Nacional de Finanzas 2 • Representante da Asemblea de EN/Mocidade 3 4Artigo 35 51. A responsabilidade da Comisión Executiva Nacional é colexiada o que non exime ós 6seus membros da responsabilidade no desempeño das súas funcións perante a Mesa 7Nacional. 82. O cese dos membros da Comisión Executiva Nacional poderá producirse a petición 9propia ou a proposta do secretário nacional á Mesa Nacional. 10 11Art. 36 121. As deliberacións da Comisión Executiva Nacional son reservadas. Faranse constar na 13acta os votos particulares que houbera sobre as decisións recaídas. 142. Ao inicio de cada xeira política, a Mesa Nacional, na sua primeira xuntanza, aprobará o 15regulamento interno da Comisión Executiva Nacional a proposta desta. 16 17Artigo 37 18Debe estar estruturada por áreas concretas de traballo e a cada Secretario Executivo 19asignaránselle traballos concretos dalgunha área. A Comisión executiva debe, para 20mellorar a sua efectividade, impulsar comisións de traballo abertas a toda a militáncia, 21coordenadas por unha persoa da executiva e cunha dinámica de traballo própria. 22 23Artigo 38 24As vacantes que se produzan na Comisión Executiva Nacional poderán ser cubertas por 25elección, na Mesa Nacional a proposta do Secretario Nacional. 26 27Artigo 39 28A Comisión Executiva Nacional, através da Secretaria Nacional de Organización, asegura 29o seguimento de afiliación do Partido, a custodia do Censo Nacional de militantes, 30distribuirá os carnés e carimbos que correspondan, poderá resolver a baixa daqueles 31militantes que adeuden máis de seis meses de cotización. 32 33Artigo 40 34A Comisión Executiva Nacional poderá suspender de militancia, provisionalmente, de 35forma inmediata, á espera da suspensión firme e resolución do expediente que proceda, 36no caso de faltas consideradas moi graves. 37 38 39SECCIÓN IV: DA SECRETARÍA NACIONAL 40 41Artigo 41 42O SECRETARIO NACIONAL será o/a máximo/a responsábel do partido en todos os 43ámbitos. Responderá conxuntamente do traballo da Executiva Nacional e presidirá todos 44os actos e órganos do Partido. 45 46Artigo 42 47À Secretaria Nacional corresponde-lle a portavocia do Partido sendo, salvo delegación 48específica, a única voz oficial. Poderá delegar no/a Cooordinador/a Executivo/a aquelas 49cuestións que considerar oportunas, se ben esta delegación deverá ser aprovada pola 50Executiva. Autoriza coa sua firma todos os documentos políticos, órganicos e 51administrativos.
  • 9. 1 2Artigo 43 31. Será electo/a pola Asemblea Nacional, unha vez que a candidatura que encabece teña 4atingido o maior número de votos. 52. A súa vacante será coberta até a celebración da Asemblea, por decisión da Mesa 6Nacional, por maioría de 2/3. 7 8SECCIÓN V: DA PRESIDENCIA NACIONAL 9 10Artigo 44 111. Representará públicamente a EN por delegación do Secretário Nacional. 122. Será elexido/a pola Asembleia Nacional, a proposta da Mesa Nacional e será membro 13nato da Mesa Nacional e da sua Executiva. 14 15SECCIÓN VI: DA COMISIÓN DE GARANTÍAS 16 17Artigo 45 181. A Asemblea Nacional de Esquerda Nacionalista elixe unha Comisión de Garantías, 19formada por 5 membros titulares e 3 suplentes, entre afiliados/as cuxa titularidade 20deberán corresponder, cando menos a 3 comarcas distintas. O seu mandato coincidirá co 21da Mesa Nacional. 222. A condición de membro da Comisión de Garantías é incompatíbel cos de membro da 23Comisión Executiva Nacional. 243. A Comisión de Garantías elaborará un Regulamento de funcionamento que deberá ser 25ratificado pola Mesa Nacional. 264. As decisións da Comisión de Garantías, non admitirán recurso algún e expresaranse 27através de resolucións, advertencias ou recomendacións. 28 29 30Artigo 46 31A Comisión Executiva Nacional, e a Mesa Nacional a pedimento dunha Asemblea 32Comarcal son competentes para incoar expedientes disciplinarios, ben de oficio ou a 33instancia razonada de parte, de acordo ao previsto no Regulamento da Comisión de 34Garantías. 35 36Artigo 47 37Os expedientes referidos a conductas constitutivas de falta leve, grave ou moi grave, 38resolveranse pola Comisión Executiva Nacional, e contra as resolucións caberá recurso 39ante a Comisión de Garantías. 40 41 42CAPÍTULO II: DA ORGANIZACIÓN COMARCAL E LOCAL 43Artigo 48 44EN basea a sua estrutura na constituición de grupos asembleários comarcias e locais, 45estando formados os mesmos por todos os/as militantes da Comarca e localidade 46respectivamente. 47 48Artigo 49 49Para a constitución dunha Asemblea Comarcal cos dereitos e competencias que se 50reseñan máis adiante será preciso: 51a) Acordo maioritario dos militantes desas localidades, reunidos en asemblea convocada
  • 10. 1ao efeito. 2b) Acordo da Mesa Nacional a proposta da Executiva Nacional. 3c) A Comisión Executiva Nacional, cando os intereses xerais do Partido o aconsellen, e 4previa consulta á Coordenadora Comarcal, propondrá á Mesa Nacional a disolución 5daquelas Asembleas Locais que non veñan impulsando, coa eficacia requerida, a política 6global do Partido na súa circunscripción. 7 8 9SECCIÓN I: DAS ASEMBLEAS COMARCAIS 10 11Artigo 50 12A ASEMBLEA COMARCAL é o máximo órgano de decisión de EN na comarca e está 13composta por todos os militantes da mesma. As suas atribuicións será a definición dos 14criterios políticos e organizativos da comarca e a eleición dos cargos comarcais. 15 16Artigo 51 171. A Asemblea Comarcal reunirase dun xeito ordinário cada tres meses mediante 18convocatoria, con 15 dias de antelación, da Mesa Comarcal, quen deberá apresentar á 19mesma un informe da sua xestión. 202. Asegurará-se, en todo caso, o prazo de tempo imprescindíbel para a recepción das 21convocatorias e documentación necesária para os debates. Extraordinariamente poderá- 22se reunir a soicitude dun terzo dos militantes da Comarca ou a petición da maioria simples 23dos membros da Mesa Comarcal, efectuada cunha antelación mínima de sete dias. 24 25Artigo 52 26As Asembleas Comarcais poderán elexir unha Mesa Comarcal, sendo os seus membros 27eleitos entre os/as militantes da comarca seguindo o procedimento de eleición dos órgaos 28nacionais. 29 30Artigo 53 311. A Mesa Comarcal estará composta por un número de membros non inferior a 5 nen 32superior a 9. o portavoz de cada Mesa Local pasaría a ser membro de pleno dereito da 33Mesa Comarcal. 34De entre os seus membros elexerá-se 35 • Secretario/a Comarcal 36 • Vice-secretario Comarcal 37 • Secretario de Organización 38 • Secretario de Finanzas 39 • Representante comarcal de EN/Mocidade. 402. O Vice-responsábel Comarcal substituirá ao Responsábel Comarcal, con voz e voto, 41cando este non poda asistir ás Mesas Nacionais. 423. Integrarán a Mesa Comarcal con direito a voz e voto os militantes da comarca que 43fagan parte da Mesa Nacional. 44 45Artigo 54 46Serán atribucións súas a organización de Comarca, a coordinación dos grupos locais, as 47relacións cos meios de comunicación e outras organizacións políticas da comarca. 48 49Artigo 55 50Reunirase ordinariamente unha vez ao mes convocada polo Portavoz Comarcal e 51extraordinariamente a petición dun terzo dos seus integrantes, respeitando-se sempre o
  • 11. 1prazo de catro dias de facilitándose a orde do dia prévia. 2 3Artigo 56 4Ningún militante poderá pertencer nin exercer responsabilidades orgánicas noutra 5comarca que non sexa a do seu lugar de militancia. 6 7SECCIÓN II: DAS ASEMBLEAS LOCAIS 8Artigo 57 91. Naquelas localidades en que o número de militantes sexa superior a 6, poderanse 10constituir Asembleas locais que elexerán unha Mesa Local non inferior a 3 nen superior a 116 membros. 122. De entre eles elexirá nun Portavoz Local. 133. A súa composición e competencias serán similares ás indicadas para as Mesas 14Comarcais mais sempre dentro do seu ámbito e supeditadas as suas decisións e 15actuacións á aprobación da Mesa Comarcal naqueles asuntos que podan repercutir na 16Comarca de maneira xeral. 17 18 19SECCIÓN III: COORDENACIÓN DISTRITAL 20Artigo 58 211. A MESA DISTRITAL será o órgao de coordinación provincial encargado de tratar as 22diferentes cuestións de carácter institucional e eleitoral que abranxen a máis de unha 23comarca. 242. O seu funcionamento será axustado á própria actividade política do seu ámbito en 25función da actividade da Mesa Nacional. Reunirá-se cunha periodicidade bimensal e será 26convocada polo Coordenador ou a pedimento de 3/5 dos seus membros. 273. Serán membros natos os responsábeis comarcais e os militantes que ocupen cargos 28institucionals do BNG nese ámbito xeográfico. Tamén formarán parte deste organismo un 29representante máis por cada comarca. 304. Unha vez constituido este organismo, elexeráse, de entre os seus membros, un 31Coordenador da Coordenadora. A esta persoa, corresponderá-lle coordinar as 32actividades do órgano e asegurar a correcta articulación coas Asembleas 33Comarcais e Mesa Nacional, da que formará parte.
  • 12. 1 2TÍTULO III: DAS FINANZAS 3 4Artigo 59 5A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista aprobará unha CARTA FINANCEIRA na que 6se recollerán os seguintes critérios: 7 .1 Fixación da cota a abonar, tratando de artellar alternativas para aqueles militantes 8 de menor poder aquisitivo. Como regra xeral a cota estabelece-se en 3€ 9 mensuais. 10 .2 O abono de cotas farase de forma prioritaria con domiciliación bancaria e 11 semestralmente. 12 .3 Centralizarase o abono na Secretaria de Finanzas que reverterá trimestralmente 13 un 30% do total das cotas recadas por cada comarca para sustentamento dos 14 gastos da mesma. 15 .4 Cada semestre as Comarcas remeterán o estado de contas, con detalle dos 16 gastos e ingresos tidos nese período. 17 .5 Asi mesmo o Secretário de Finanzas remeterá á Comisión Executiva un informe 18 semestral. 19 .6 Anualmente e coincidindo coa primeira xuntanza da Mesa Nacional, o Secretário 20 de Finanzas, renderá balanzo de contas do exercício finalizado. 21 .7 No último trimestre do ano apresentará proxecto de orzamento para o ano entrante 22 que deberá ser ratificado pola Mesa Nacional, prévia aprobación da Comisión 23 Executiva. 24 .8 Ademais, na carta financeira concretarán-se outros conceitos como salários, 25 gastos de desprazamentos, dietas, cotas extraordinárias e outros que puderen 26 xurdir. 27 28Artigo 60 29A cota mínima por afiliado a que se refire o artigo anterior poderá ser revisada anualmente 30pólo Mesa Nacional. 31 32Artigo 61 33A Comisión Executiva Nacional poderá propoñer cotas extraordinarias para a súa 34aprobación polo Mesa Nacional 35 36Artigo 62 37A Comisión Executiva Nacional proporá a Mesa Nacional para a súa aprobación, a cota 38especial por alto cargo ou asimilado, así como o regulamento para fixala súa cuantía e os 39mecanismos de revisión da mesma. 40 41 42Artigo 63 43A Mesa Nacional fixará as cotas que deberán abonar ao Partido os Cargos Públicos, así 44como os órganos que haberán de beneficiarse de ditos ingresos. 45 46TÍTULO IV: DA FORMACIÓN. 47 48Artigo 64 491. A Mesa Nacional de EN e as Mesas Comarcais procurarán atención importante á 50formación da militancia, para isto EN disporá dunha publicación, coordenada desde a
  • 13. 1Mesa Nacional, cuxa función principal será a información política, a formación teórica e o 2intercambio de ideas. 32. Tamén se procurarán debates, charlas e encontros sobre temas específicos, e calquer 4outras actividade que mellore a concienciación e cualificación militante. 5 6TÍTULO VI: DAS MOCIDADES 7 8Artigo 65 91. A Asemblea de EN/Mocidade, composta polos/as militantes mozos/as que actuan 10politicamente en ámbitos xuvenís, ten como función deseñar a política de xuventude de 11EN e, asimesmo, impulsar as ideas e liñas políticas do EN entre a mocidade. 122. Os/as militantes de EN/Mocidade deberán solicitar a súa afiliación como militantes de 13Galiza Nova. 143. A Asemblea de EN/Mocidade escollerá un portavoz entre a sua militáncia que a 15representará na Mesa Nacional e Executiva Nacional do Partido. EN/Mocidade manterá 16informada pontualmente das suas actividades á Comisión Executiva. 17 18 19DISPOSICION TRANSITORIA 20 21No prazo de tres meses após a celebración da Asemblea Nacional a Mesa Nacional 22elaborará para a súa posterior aprobación un regulamento as normas de réxime interno.