SlideShare a Scribd company logo
crenzas de cangas
             PROXECTO INTERDISCIPLINAR
                              2011-2012


biblioteca
                                 Instituto de Ensino Secundario
                                           MONTE CARRASCO
             www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com
crenzas de cangas
     PROXECTO INTERDISCIPLINAR 2011-1012


                      Hamza Abidour
                  Estela Alfonso Gandón
                Carlos Antonio Ardá Arizaga
                   Noelia Barreiro Villar
                 Ángela Cabral Guardado
                   Andrea Calvar Prieto
                     Iris Curra Mariño
             Joseph Gregory Escalante Gudiño
                Cynthia Fernández Romero
                   Diego Ferreira Pérez
               Ana María Fontán Fernández
                   Álvaro Gallego Casás
                  Manuel García Chorén
                  Uxía García Rodríguez
                Adrián González Fernández
                    Lois Guitián Escariz
                  Sabela Guitián Escariz
                    Pablo Hermelo Ave
                  André Iglesias Iglesias
                 Alberto Lagoa Rodríguez
                   Cibrán López Álvarez
                 Joaquín Martínez Besada
                   Irene Martínez García
                     Katia Meira Costa
                   Sara Otero González
                     Daniel Paz Vidal
                  Damián Pena Paredes
                  Pablo Piñeiro Menduíña
                   Bryan Piñeiro Soliño
                   Mauro Refojos Pérez
                   Yaiza Riveiro Ramos
                 Luz Rodríguez Sampedro
                  Lucía Rosales Baqueiro
                  Pablo Rouco Pousada
                  Cristina Sánchez Aldao
                     Asier Soliño Rial
                 Nicolás Tenorio Nogueira
                    Marcos Vallejo Rial
                     David Vidal Villar


                       COORDINAN
                  Seila Acuña Ferradanes
                 Cristina Fernández Rivera
                  Rosa Varela Rodríguez




               biblioteca
         Coa colaboración do alumnado de 2 de ESO




  www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com
crenzas de cangas
INDICE




LIMIAR....................................................................................................................................................5
ESCOLMA DE LENDAS.........................................................................................................................7
           AS CIDADES..............................................................................................................................7
           OS TRES TOMBOS...................................................................................................................8
           O BERGANTíN PANTASMA......................................................................................................8
           TROIA........................................................................................................................................9
           MARIA SOLIÑO.........................................................................................................................9
           O TESOURO DA ILLA DE ONS...............................................................................................11
           A ILLA DE ONS.........................................................................................................................11
           A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE.........................................................................................12
           NA PRAIA DE BORNA..............................................................................................................13
           A FONTE DO BURACO............................................................................................................13
           A PEDRA DA AUGA.................................................................................................................14
           O CASTRO DE LIBOEIRO.......................................................................................................14
           A POZA DA MOURA................................................................................................................15
           A COVA DA PARALAIA............................................................................................................15
           A PEDRA SANTA.....................................................................................................................16
           A PEGADA DA BESTA.............................................................................................................16


HISTORIAS RECOLLIDAS POLO ALUMNADO ÁS XENTES DE CANGAS.......................................17
           HISTORIAS DE AFOGADOS...................................................................................................17
           O LUME DE SAN TELMO E O AVISTAMENTO DE LUCES NO MAR....................................20
           PARAXES MARIÑAS ONDE SE AFUNDEN BARCOS............................................................22
           CIDADES MERGULLADAS NO MAR......................................................................................23
           BARCOS PANTASMA..............................................................................................................24
           PEIXES NAS CRENZAS...........................................................................................................26
           AS SEREAS..............................................................................................................................28
           O DEMO E O MAR...................................................................................................................29
           HOMES E MULLERES QUE ANDABAN SOBRE O MAR.......................................................30
BIBLIOGRAFÍA.....................................................................................................................................31

                                                                                                                                                        3
crenzas de cangas
LIMIAR




As alumnas e alumnos do IES Monte Carrasco, dentro
do Proxecto Interdisciplinar, fixemos un traballo de
investigación que xiraba arredor do tema “As crenzas
populares na memoria colectiva de Cangas” e
recopilamos multitude de historias da bisbarra, entre
elas: O bergantín pantasma, O tesouro de Illa de Ons,
A pegada da besta, O zapateiro de Cangas ou A poza
da Moura... etc.


A información obtémola a través de diferentes fontes:
charlas de especialistas (Maruxa Barrio), investigación
na bilbioteca e na rede e recollida de historias falando
coa nosa xente. Ademais contamos coa axuda dunha
ilustradora, María Lires, para orientarnos na
elaboración dos debuxos que acompañan os textos.
O traballo dirixínonnolo as nosas titoras coa
orientación da coordinadora da biblioteca. Foi unha
investigación moi interesante na que aprendemos
moito. Por iso esperamos que as historias descubertas
e publicadas vos gusten.




Alumnado de 1 de ESO do IES Monte Carrasco
Curso 2011 - 1012




                                                        5
crenzas de cangas
ESCOLMA DE LENDAS




                         AS CIDADES

                                                 Hai unha cova que fixeron os mouros, que vai desde
                                                 aquí á Illa de Ons. Na Torre de Meira ( esporón Oeste
                                                 do castro ) hai outra cova que vai a Paralaia.
                                                 O encanto era unha voz que dicía:
                                                 - Entrarás e non volverás.
                                                 No castelo hai unha cova con dúas olas, unha chea de
                                                 ouro e outra de veleno. Se alguén entrase e abrira
                                                 unha delas, se tiña sorte collía o ouro, senón morría.
                                                 Existe un túnel que vai ata un lugar aberto que hoxe se
                                                 chama Corredouras. A este lugar ían os mouros que
                                                 habitaban no castelo a facer instrución.

Estaba unha moura para dar a luz e baixou o home a buscar unha parteira. Foi a parteira e ó
chegar á casa do mouro asustouse; e, ó rematar o parto, o mouro quíxolle pagar e ela non quixo
nada. Entón o mouro díxolle:
- Aquí che queda esta torada e cando queiras vés collela, que é un gran tesouro.
A moura chamábase Olga e o mouro Juan, e tiveron unha nena que foi bautizada en Meira.


Case no cumio, cara ó Sur, onde agora hai un loureiro, había unha porta entre dúas pedras. Hai
uns 60 anos cóntase que foron tres homes, co libro de San Cibrán, e mentres un o lía do revés,
outros cavaban. Oíron o ruído dunha ringleira de carros e entón un dos dous que cavaban dixo:
-Vállanos Deus, xa teñen aí os carros para encher o ouro! Entón desapareceu todo.


Baixaban uns homes ó pé do castelo e viron unha galiña con pitos piando. Un deles foi collela
para levarlla a unha casa de Meira de Arriba, coidando que sería dela. Colleu un dos pitos e
convertéuselle nunha pedra de ouro. Entón, asustado, tratou de coller os outros, pero
escapáronlle todos.
APARICIO CASADO, B. Mouras, serpes, tesouros e outros encantos. Mitoloxía popular galega. Cadernos do seminario


                                                                                                             7
de Sargadelos.1999
OS TRES TOMBOS

Era eu neno e vivía, naquela época, en Cangas, cuns
tíos que tiñan unha taberna. Andaba algo enfermo e
mesmo tiña febre. Funme deitar. Durmín. E espertei
cuns grandísimos tombos no tellado, enriba da casa.
Tomoume o medo. Agardei en silencio, pensando no
que sería, e volveu outro tombo, despois outro.Tres.
Non podía co medo. Chamei berrando aos meus tíos,
que non espertaron. Ao cabo volvín durmir.


Pola mañá pregunteille á tía se non oíra nada. A tía
non oíra, efectivamente, nin os tombos nin as miñas

chamadas, mais tan pronto lle dixen o que sentira, exclamou: “Morreu teu tío!” (O outro meu tío
que vivía noutra casa próxima e estaba enfermo).
Foron a ver e era certo.
MIRANDA, X. e REIGOSA, A. Arrepíos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror. Vigo: Ed. Xerais, 2004.



                                                 O BERGANTÍN PANTASMA

Hai xa moito tempo que naufragou un bergantín na
Punta do Cabalo das Illas Cíes. Tratábase dun
bergantín pirata cargado de tesouros, acugulado de
moedas de ouro. O seu capitán, un home alto,
moreno, de negras guedellas e longa barba, maldiciu
aquel día e aquela hora. Non houbo remedio e o barco
foi para o fondo con todo o seu ouro e con toda a súa
tripulación.


Nas noites de temporal, porén, en medio do vento que
zoa, do estrépito e tremer dos cables sacudidos, dos
bramidos do mar, das inmensas ondas, emerxen das profundidades o barco e a tripulación.
Despregan velas, afánanse nas súas tarefas, corren e bolen animadamente, berran e pelexan,
intentando que a nave non volva afondar. Son conscientes da súa oportunidade e queren como
sexa evitar o afundimento. Só é necesario achegarse á Furna dos Pesos nas noites bravas de
inverno e pódese ver. Créanmo. Un bergantín coas velas tensas, dirixíndose dereito contra as
rochas, cunha potente luz, resplandecente, pendurada do pau maior, que racha a néboa e deixa
ver parte da cuberta. Os mariñeiros son cadáveres, naturalmente, e o capitán berra e esborreca
cos ollos vermellos, cos ollos acesos pola ira. Berra e blasfema. Blasfema e xura. Se calma o
temporal ou vén o día, o bergantín pantasma vaise coa súa tripulación e os seus tesouros ao
fondo do mar. Se cadra, ao día seguinte, un neno se achega ata a praia da Furna dos Pesos.


crenzas de cangas
Entre as areas atopa unhas moedas. E entre as moedas, tal vez, uns anacos de óso roídos polos
peixes.

MIRANDA, X. e REIGOSA, A. ArrepÌos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror. Vigo: Ed. Xerais, 2004.



                          TROIA

                                                  Cidade asolagada de Troia. Cidade asolagada no
                                                  monte Facho en Donón, en Cangas do Morrazo.
                                                  Os moitos pecados dos seus habitantes causaron o
                                                  asolagamento.




V.V.A.A. Dicionario dos seres Míticos Galegos. Vigo: Ed. Xerais, 2008.


                          MARÍA SOLIÑO

                                                  Personaxe histórico que naceu na península do
                                                  Morrazo por volta do ano 1555, que foi procesada,
                                                  baixo a acusación de meiga, e torturada até a morte
                                                  nos procesos que a Inquisición levou a cabo en
                                                  Cangas, en 1621.
                                                  Os xuízos do Santo Oficio executáronse sobre persoas
                                                  -incluídos algúns frades e freiras- de ambos os dous
                                                  sexos nomeadamente o feminino, coa escusa de
                                                  desenvolveren prácticas de meiguice en cidades e
                                                  vilas como Pontevedra, Compostela,Verín,Tui,
                                                  Pontedeume, Padrón, Ponte de Lima ou Guimaraes,
entre outras. Nomeadamente sinalados foron os procesos de Cangas do Morrazo e,
subliñablemente, o que conducia á morte a María Soliño ou Soliña.


A María Soliño procesárona, por meiga, cando contaba xa sesenta e seis anos de idade. As
circunstancias do seu xuízo e morte son consecuencia dos ataques dos piratas turcos ás beiras
do Morrazo no mes de decembro do ano 1617. É moi importante salientar que todas as
acusacións de meiguice, que se fixeron ás mulleres os devanditos ataques. En efecto, no saqueo
que levou a cabo por parte dos corsarios, en Domaio, Moaña, o oito de decembro do ano
sinalado, morreron asasindos varios mariñeiros, entre os que se atopaban o seu home, Pedro


                                                                                                               9
Barba, eo seu irmán Antón Soliño. Entre os mortos na praia, como consecuencia da agresión,
cóntase, feito interesante, Xoán Refoxos, membro da Inquisición, o que demostra que en Cangas
existían autoridade do Santo Oficio, que xamais deran conta das supostas actividades de bruxa de
María Soliña. Entre as facendas que figuran arruinadas, despois do asalto, cóntase a de María. No
proceso contra ela explánase que non se lle acharon bens, lóxica consecuencia de os inquisidores
privárena de todo o que posuía. Cangas encontrábase daquela en período de reconstrución, polo
que non é descabelado pensar que as terras de María pasasen a mans de denunciantes,
instigadores e testemuñas, alén do quiñón que o Santo Oficio recibía.


Como quer que fose, no proceso de María Soliña atopase a declaración de ser meiga desde había
máis de vinte e cinco anos, durante os cales tivera contacto co DEMO, se transformase en gato na
veciñanza de Cangas e matara moitas crianzas. Cómpre, embora, subliñar que a preguntas como
a relativa á morte de miúdos respostou María negativamente, o que non foi pexa para que nas
actas do proceso aparecesen as respostas como afirmativas. As testemuñas relataron a súa
procura entre as campas do cemiterio, a administracion de dores pola noite ou producir a
imposibilidade de camiñar a outras persoas.


María Soliña morreu no tormento en xaneiro de 1622 e, como co seu corpo non se puido verificar
o auto de fe correspondente, o Santo Oficio e os seus colaboradores confeccinaron un boneco de
palla e cartón que levaron polas rúas de Cangas a lombos dun asno. Como se sinalou antes, do
proceso e morte de María Soliño os denunciantes e os executores saíron -como era costumeiro -
economicamente beneficiados. Non foi María Soliña a única procesada. Entre outras mulleres
débese salientar a Elvira Martínez, herdeira das casas, terras e muiños deixados por Xan e María
Bo e por Xan e Dominga Martínez, mortos ou levados cativos polos corsarios, a quen denunciaron
por bruxa, perdendo todas as súas propiedades, aínda que non a vida. Os procesos da Inquisición
non son senón un elo máis da cruel actuación da Igrexa, resumida por Barreiro de Vázquez Varela
na frase:¨Despois da guerra viñera a peste, e a fame, e a rapina, e a Inquisición, pior e máis
terríbel praga que todas as desfeitas xuntas¨. Unha copla popular lembra estes acontecementos:


Adeus, meigas de Cangas,
netas de María Soliño,
que me levastes a rastras
polo largo do camiño


lenda teimou ao longo dos anos que foron os Soliño os que facilitaron informacións á mourisca
para o seu desembarco. Por estes rumores, supostamente interesados, os Soliño tiveron de vivir
afastados, na viciña parroquia do Hío. Ligada aos ataques de corsarios, fica no Morrazo a lenda
dos RABUSOS.


VAQUEIRO, V. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Ed. Galáxia, 2011.




crenzas de cangas
O TESOURO DA ILLA DE ONS

                                              O veciño de 75 anos Xosé López Garcia contoume
                                              que estando de soldado na África soubo que un
                                              mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de
                                              tesouros; achegouse a el e o mouro díxolle en segredo
                                              que na illa de Ons había unha fonte chea de
                                              caracoliños de ouro.


                                              Cando voltou cumprido, o mariñeiro aproveitou unha
                                              mañá que voltaba de pescar para facer recalada na
                                              illa, onde o mouro dixera. Entón foi a Arousa, fretou
                                              unha dorna ben cumprida e de noite voltou para

enchela de caracoliños: colleunos a mangados, e íalles soprando un por un,e encheu a dorna de
ouro facéndose millonario.

GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ¡LVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules, 2001.


                        A ILLA DE ONS

                                              Unha vez Deus- cóntame a cativa de sete anos de
                                              Deloriñas Méndez- estaba agachado na beira dun
                                              camiño. Pasou un carreteiro e Deus díxolle:
                                              - Quérenme levar?
                                              Mais o carreteiro respondeulle que non.
                                              - Pois has de andar sempre só, díxolle Deus. Pasou
                                              outro, Deus pediulle se o levaba no carro e o carreteiro
                                              díxolle que sí. Deus entón asegurou:
                                              - Pois este ano terás moito millo.
                                              E o carreteiro colleu a mellor colleita, arransou a
                                              caseta e fíxose un dos mais ricos da Illa.

O mozo de dezaoito anos Lelo Blanco, contoume estrouto sucedido:
Aquí había un rapaz que todos os días ía ao monte co gando. Un serán viu que por enbaixo
dunha laxe lle saía unha cobra, mais tanto lle gustou que lle deu migallos de seu pan. Fixéronse
amigos e todos os días xantaban o panciño xuntos, e o rapaz xogaba coa cobra e agarimaba nela.
O mozo foi ao sevizo e cando voltou o primeiro que fixo foi correr o monte para ollar a súa cobriña:
chegou alá, e subiu como costumaba outroura, e saíu a cobra, mais tan longa, tan longa e tan
grosa que o mozo colleu medo.
A cobra non recoñeceu o rapaz, botouse a el, ensarillouno nela e logo recoñeceuno e, aflicta
botouse ao mar e morreu afogado.
Outro mozo -e sinto en verdade non lembrar o seu nome- contoume que no buraco dos mouros




                                                                                                      11
gárdase moito ouro e pedrería. Moitos veciños teimaban procuralo e alá fóron cavar semanas
enteiras, mais cando adiantaban un pouco no seu traballo por embaixo da terra apagábanselles os
lumes: é porque dentro moran os trasnos da illa que sopran todas as luces cando se xulgan
descubertos.


Nesta coba- díxome a vella de 68 anos Romana Domínguez,- a miña nora, que andaba co seu
gando a pacer, viu un crego todo revestido cun bastón na man; a miña nora tremeu e berrou polo
seu pai toda arrepiada, e o pai díxolle:-Non teñas medo, miña filla, que é un encanto.
O veciño de 75 anos Xosé López García contoume que estando de soldado en África, soubo que
un mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de tesouros; achegouse a el e o mouro díxolle
en secreto que na Illa de Ons había unha fonte chea de caracoliños de ouro. Cando voltou
cumprido, o mariñeiro aproveitou unha mañá que voltaba de pescar para facer recalada na Illa, e
procurou a fonte. Encontrouna no lugar mesmo que o mouro dixera. Entou foi á Arousa, fretou
unha dorna ben cunprida e de noite ventou pra enchela de caracoliños: colleunos a mangados, e
íalles soprando un por un, e encheu a dorna de ouro, facéndose millonario.
David Otero, de 60 anos, viu unha raíña peiteándose na fonte do gaiteiro: cubríase cunha capa de
prata, tiña na testa unha coroa de brillantes e o peite relucíalle como se fose de vidro.
Estando en Marrocos, Bieito Piñeiro falou cun mouro que, ó decatarse de onde era nado, díxolle
que en Ons había moitos tesouros. Ao voltar, o Bieito correu toda a illa, mais non atopou nada.
Cando saía de palicar coa moza, Pepiño Vidal, de 27 anos viu a Compaña que lle acenaba coa
man.
O fillo de Ramona Domínguez Solla, andando a pescar polbo e centolo, choutou a terra para coller
unha pedra coa que fondear a dorna, e nun burato que hai polo embaixo do castelo viu un boi moi
grande cunhas cornas moi longuísimas que ao soprar facía moito tronido. O rapaz, tal medo colleu
que se botou ao mar e por ben pouco non afoga.

GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ÁLVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules, 2001.


                                     A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE

A un rapaz que andaba co gando no castro saíulle un
día unha moza que se peiteaba os cabelos cun peite
de ouro.
-Ai, señora se me dera ese peite con que se peitea!
díxolle o rapaz.
-Dareiche o peite e dareicho moito máis aínda ata
facerte rico se fas o que eu che diga e non te acañas.
E díxolle ó rapaz que lle levase ó dia seguinte unha
cunca de leite bendito, e que non se acañase co que
sucedese, pois mentres ela bebía o leite, el tiña que
ter a man na cunca.


crenzas de cangas
Foi o rapaz coa cunca, e saíulle unha grande cobra que se puxo a beber no leite e o rapaz sen
acañar tiña man na vasilla. Bebeu todo o cobra, e ó rematar converteuse na señora do outro día e
deulle moita riqueza


[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

GONZÁLEZ REBOREDO X. M. Lendas galegas de tradición oral. Vigo: Ed. Galaxia, 1995.


                          NA PRAIA DE BORNA

                                                En fronte da praia de Borna, entre as parroquias de
                                                Meira e Domaio, Moaña (Pontevedra), hai unha pedra
                                                con gravuras feitas polos párrocos das dúas
                                                freguesías que se xuntaban alí na compaña de
                                                testemuñas.
                                                Cada un dos presentes, cregos e testemuñas, deixaba
                                                marcas na rocha que simbolizan o termo ou linde das
                                                dúas parroquias.




http://www.galiciaencantada.com




                          A FONTE DO BURACO

                                                Na fonte do Buraco, en Reibón, parroquia de Meira,
                                                Moaña, cando o sol brillaba intensamente no monte da
                                                Paralaia (situado ao oeste da fonte) saía unha
                                                princesa moi fermosa a peitear os seus cabelos cun
                                                peite de ouro.
                                                Un día que pousou o peite nun penedo, un porco que
                                                andaba a fozar por alí fuxiu con el na boca. Xa na casa
                                                dos seus amos, estes decatáronse de que o peite era
                                                de ouro e, pretendendo facerse con máis, mandárono
                                                de volta coa intención de que os levase ao lugar onde
                                                o collera.Pero da princesa non quedaba nin rastro e ao
                                                matrimonio, dende entón, nunca máis lle foi ben.


http://www.galiciaencantada.com


                                                                                                   13
consultado: 15 de xuño de 2012
A PEDRA DA AUGA

  Por riba do Outeiro do Cruceiro no monte de
  Moaña, concello de Moaña (Pontevedra), existe
  unha pedra cunha oquedade na parte superior que
  está permanentemente chea de auga.
  Con independencia de se vai moita calor, se chove
  ou se mantén o tempo moi seco… a auga non seca
  nunca. Ademais, cóntase que a auga abala e
  devala ao son das mareas.
  Por iso é polo que se coñece como a Pedra da
  auga.
  [Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de
  Moaña (Pontevedra)]
                                                                   http://www.galiciaencantada.com


                                             O CASTRO DE LIBOEIRO

  Se se aplica o oído escóitase ruído de auga, un río
  subterráneo que vai dar ó Facho de Donón,
  segundo uns, ou ó mar, segundo outros. Así
  mesmo din que “a pirulla” había unha cova que
  levaba á praia de Aldán.
  Din que en Liboreiro hai tres covas: unha de ouro,
  outra de prata e a outra de laba. Se se abre a de
  laba estoupa o volcán que din que hai no
  Liboreiro.Tamén din que hai unha cova que vai dar
  á cova da Alondra, na Banda do Río, en Bueu. Din
  que no monte de Xistro(Cela) e no Liboreiro

 andaban a mIrar os mouros.
 Díxonos unha anciá que estaba collendo herba no Liboeiro que o verdadeiro nome de Liboeiro
 é Liboi, e que nel habitaban os monos e que os levou fóra de alí o apostol Santiago, o cal
 levaba consigo un tenente qua xa loitaba en Liboreiro e os dous levaban loros e produciuse un
 milagre:o loro de Santiago dixo:
 -Ven, ven, que por aquí vés ben.
 O do tenente contestou:
 -Vai, vai, que por aqui non vin.
 Santiago derrotou aos mouros e botounos fóra do Liboreiro por cabo Udra, e como símbolo da
 batalla produciuse un milagre: quedan as pedras dos cabalos.
 Os mouros que vivian en Liboreiro eran tres e deixaron un manuscrito nunhas pedras, inscritos
 os seus nomes.



crenzas de cangas
No Liboreiro hai uns mouros que teñen enterrada unha mina de ouro e outra do veleno. Polo
visto estes mesmos mouros foron os que fixeron a igrexa de Valano habendo moita xente que
os ten visto ir a ela “tomar posesión”. No monte (Liboreiro) hai uns buratos en que viven ananos
que comen a xente e que fan moito mal.


http://www.galiciaencantada.com


                       A POZA DA MOURA

                                           Conta a lenda que en Domaio, parroquia do concello
                                           de Moaña (Pontevedra) vivía un mouro moi rico que
                                           tiña unha filla de gran beleza. Esta moza víase ás
                                           agachadas na Poza da Moura cun campesiño da zona
                                           co que o pai lle prohibira mocear. A moura desoía as
                                           ordes do pai pero un día este sorprendeunos. O pai,
                                           furioso, deulle morte ao mozo, e a filla, desesperada
                                           de dolor, guindouse á Poza da Moura na que se
                                           afogou.
                                           En lembranza do acontecido é polo que se lle chama a
                                           Poza da Moura e hai quen di que na noite da San

Xoán a moza aparece peiteando os seus cabelos e que, ás veces, se lle escoita cantar.


http://www.galiciaencantada.com




                       A COVA DA PARALAIA

                                           No monte da Paralaia, en Moaña (Pontevedra),
                                           existía unha cova que os mouros escavaran ata
                                           facer un túnel de varios quilómetros que a
                                           conectaba coa Torre, en Meira (outra parroquia de
                                           Moaña). Por ela transportaban os seus tesouros e
                                           se te arrimabas á entrada e te parabas podías
                                           escoitar o mar, xa que tamén había quen dicía que
                                           chegaba por outra banda á Punta de Udra, no
                                           veciño Concello de Cangas.
                                           Nesta cova, outra lenda fala de que, nada máis
                                           entrar, existía un cruce de sete camiños.



http://www.galiciaencantada.com


                                                                                                15
A PEDRA SANTA

Na zona do Lourido da parroquia de Meira, en Moaña
(Pontevedra), existe unha pedra ubicada no monte, de
considerables dimensións.
Está situada nunha zona na que os canteiros
traballaron arreo para quitar pedra con destino á
construción do peirao de Vigo. Pero cando intentaron
rachala para a trasladar non o conseguiron por moito
que teimaron.
Circulou, entón, unha lenda na que se atribuía á
protección da Virxe o carácter sagrado da pedra e por
iso non se podía romper. Era, e así se coñece, unha
pedra santa.

[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]



                                                               http://www.galiciaencantada.com




                                                    A PEGADA DA BESTA

No Outeiro do Mouro de Donón, Hío, Cangas de
Morrazo (Pontevedra) está a Pegada da Besta, tamén
coñecida como Pegada do Cabalo do Apóstolo ou
Pegada do Mouro. Por alí pasou Santiago no seu
cabalo perseguindo ós mouros. Só pousou unha pata
e alí está a pegada.




                                                                   http://www.galiciaencantada.com




crenzas de cangas
HISTORIAS RECOLLIDAS POLO ALUMNADO ÁS XENTES DE CANGAS.




                      HISTORIAS DE AFOGADOS
                                         -Manuel andaba ás navallas e a gamela na que ían
                                         el, o seu irmán e o seu compañeiro rompeu.
                                         Manuel e o seu irmán lograron salvarse pero o seu
                                         compañeiro morreu afogado. Aconteceu na praia da
                                         Lanzada.


                                         -Un home caeu ao mar collendo percebes en Cíes
                                         e, cunha gamela co chan de cristal, viron un
                                         chaleco amarelo. Amarrárono e subírono á
                                         embarcación, e era un cadáver.




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero
DATA E LUGAR DE NACEMENTO:3-8-47,Darbo
PROFESIÓN: Mariñeiro
LUGAR DE RECOLLIDA:Travesía do Tabal, Darbo
DATA DE RECOLLIDA: 21-3-12



                                                                                             17
Antes algunha xente dicía que os que rescatan un
afogado tiñan que morrer no seu lugar.
Cando os barcos chegaban a terra, mandaban a un
dos mariñeiros nunha gamela ao mar para mandar
sinais. Nunha destas, viron que o mariñeiro caíra do
barco, e un dos seus amigos foi noutra gamela a
axudalo. Cando chegou alí, conseguiu que o seu
compañeiro subira de volta á súa gamela.
Cando se dirixiu cara ao barco de novo, o mariñeiro
que fora salvalo, caíu da gamela tamén pero a este xa
non o puideron salvar.




A xente ía pescar percebes á costa e como era moi
arriscado, daba un golpe de mar e afogábaos.
Un home foi coller percebes recén casado e unha
onda levouno, aínda que seguiu a flote. Outro home
pediu unha corda para rescatalo pero rompeu. Ao final,
o home afogou. Aos nove días apareceu morto sobre
unhas rochas.




                             Datos do/da informante:
                             NOME E APELIDOS: Antonio Camaño Pena
                             DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940
                             PROFESIÓN: Carpinteiro/ mariñeiro
                             LUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de arriba/ Darbo
                             DATA DE RECOLLIDA:



crenzas de cangas
Era un barco pequeneiro que lle chamaban o “Azaña”,
                                              e o 7 de setembro ou agosto, saíron ao mar, cedo. Ao
                                              mediodía abarrancarron na costa de Udra e foi ao
                                              fondo. Todos os homes morreron afogados excepto
                                              un, que conseguiu amarrarse a unha rocha.


                                              Un barco ao que chamaban “Nelso”, abarrancou no
                                              Outeiro de Balea, e moita xente salvouse excepto o
                                              patrón e algúns mariñeiros. O barco quedou aIí
                                              durante moito tempo, e como viña cargado de xabón
                                              da Toxa, a xente ía aló e collíao, ás escondidas.




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: Aurelia Fernández Villar
DATA E LUGAR DE NACEMENTO:17/2/18, en Darbo.
PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó.
LUGAR DE RECOLLIDA:Piñeiro/ Darbo.
DATA DE RECOLLIDA: 19/3/2012




                                              -Fai tempo, un barco que saíu de Liméns propúxose
                                              dar a volta á ría de noite. Non tiñan medo ningún, pero
                                              ao chegar a Ría de Aldán viu un vento forte do sur e
                                              fixo que o barco volcase, e os mariñeiros afogasen e
                                              aparecesen varados na praia.
                                              -¨O cavo da plata¨ era un mercante que quedou varado
                                              no medio dunhas pedras. Antes, como non había os
                                              medios de comunicación que hai hoxe, os mariñeiros
                                              morreron afogados. Cando os veciños atoparon o
                                              barco, xa despois de que quitasen de alí os afogados,
                                              dedicáronse a roubar a la que traía o barco.




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz.
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3/10/1936. En Vilariño, Hío
PROFESIÓN: Mariñeiro, tamén labrego.
LUGAR DE RECOLLIDA:No seu domicilio,Costa da fonte/ Vilariño.
DARA DE RECOLLIDA:17/3/2012.



                                                                                                  19
Un día de treboada o seu irmán ía de pesca, e o barco
comezaba a tambalearse, por algunha razón o seu
irmán subiu á cuberta e unha onda grandísima tirouno
ó mar.
El levaba postas unhas botas que lle regalara a antiga
noiva que tivera, as botas xa eran para mariñeiros, e
grazas a esas botas case morre, pois quería subir á
superficie e as botas impulsábano cara abaixo. Nese
momento tirouse ao mar un compañeiro del, e
conseguiu salvalo grazas a que lle sacou as botas.




                             Datos do/da informante:
                             NOME E APELIDOS: Maria do Carme de la Campa Requejada.
                             DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3101936. En Vilariño , Hío
                             PROFESIÓN: Ama de casa
                             LUGAR DE RECOLIDA: No seu domicilio
                             DATA DE RECOLLIDA: 2132012



             O LUME DE SAN TELMO E O AVISTAMENTO DE LUCES NO MAR
-Os mariñeiros, pola noite, vían luces que
desaparecían de repente. A xente daquela época cría
que eran luceiros pero non o sabían.




                             Datos do/da informante:
                             NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero
                             DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3-8-47, Darbo
                             PROFESIÓN: Mariñeiro
                             LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tabal, Darbo
                             DATA DE RECOLLIDA: 21-3-12



crenzas de cangas
O lume de San Telmo é un becho que alumea. E antes
                                                aos mariñeiros colocábanos no poste ou na vela, e
                                                cando o becho alumeaba quería dicir que ía vir moi
                                                mal tempo, quizais volvese a tormenta ou algo peor. E
                                                como antes se cría moito nestas cousas, os
                                                mariñeiros, algúns, daban volta e volvían a terra.




   Datos do/da informante:
   NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz.
   DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3/10/1936. En Vilariño, Hío
   PROFESIÓN: Mariñeiro,e tamén labrego.
   LUGAR DE RECOLLIDA:No seu domicilio,Costa da fonte/ Vilariño.
   DARA DE RECOLLIDA:17/3/2012




                                                O bruxo de Rodeira, que lle chamaban así, era parente
                                                do seu avó. El tomáballe o pelo porque lle dicía que
                                                enganaba á xente, e un día o bruxo díxolle se quería ver
                                                ao seu pai (estaba morto), el aceptou, e dixo que na
                                                fronte do Señal (rúa de Cangas) ás doce da noite.
                                                El acudiu e non foi capaz de miralo, e logo replicoulle ao
                                                bruxo que era un mentireiro.
                                                Moralexa: O bruxo lacazán o único que desexaba eran
                                                os cartiños da xente parva.
                                                -Cando un mozo volvía para á casa despois de saír coa
                                                noiva, volveu polo monte e nisto que lle quedou a gorra
enganchada nun árbol, el pensou que era a Santa Compaña e correu pitando para a súa casa. Ao
día seguinte a gorra estaba alí e deuse conta de que non fora a Santa Compaña.
Moralexa: Máis vale ser supersticioso que palmala no intento.

Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: Manuel Fernández Mariño.
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, 26 de abril de 1929
PROFESIÓN: Albanel e electricista
LUGAR DE RECOLIDA: Centro social da 3ª idade
DATA DE RECOLLIDA: 1132012

                                                                                                     21
PARAXES MARIÑAS ONDE SE AFUNDEN BARCOS

Nas Bermudas, a Luis e aos seus compañeiros
incendióuselles o barco e afundiu nesa zona.




                           Datos do/da informante:
                           NOME E APELIDOS: Jose Luis Francisco Muñoz
                           DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 24-3-12
                           PROFESIÓN:
                           LUGAR DE RECOLLIDA: Darbo, Travesía do Tobal
                           DATA DE ROCOLLIDA: 21-3-12




Nas Madeiras din que os barcos e os avións
desaparecen e non se sabe
deles.




                           Datos do/da informante:
                           NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero.
                           DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo.
                           PROFESIÓN: mariñeiro.
                           LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo.
                           DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12.



crenzas de cangas
CIDADES MERGULLADAS NO MAR

                                           En Marruecos, despois dun terremoto, unha cidade
                                           quedou afundida.




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero.
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo.
PROFESIÓN: Mariñeiro.
LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo.
DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12.




                                             -Sengundo conta a lenda, en Liméns antes había
                                             unha vila na que practicaban nudismo na praia e
                                             cousas fóra do normal da época. Entón un santo do
                                             mar tragou o pobo .




Datos do/da informante.
NOME E APELIDO: Antonio Camaño Pena
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro , 19-2-1940
PROFESIÓN :Carpintero/Mariño
LUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de Arriva /Darbo
DATA DE RECOLLIDA: 18-3-12 .



                                                                                               23
BARCOS PANTASMA

-En Cádiz hai un barco de guerra chamado Eco que,
segundo contan, está feito de cemento.




                            Datos do/da informante:
                            NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero
                            DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3-8-47, Darbo
                            PROFESIÓN: Mariñeiro
                            LUGAR DE RECOLLIDA:Travesía do Tabal, Darbo
                            DATA DE RECOLLIDA: 21-3-12




Os mariñeiros imaxinábanse que viños barcos pirata
pantasma a atacar aos mariñeiros.




                           Datos do/da informante:
                           NOME E APELIDOS: Antonio Camaño Pena
                           DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940
                           PROFESIÓN: Carpinteiro/ mariñeiro
                           LUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de arriba/ Darbo
                           DATA DE RECOLLIDA:



crenzas de cangas
Ó redor do 1907, un barco chamado “A Elvira” traía
                                             moito peixe, e ao chegar a Couso, deulle un golpe de
                                             mar, e co peso do peixe volcou e afundiuse. Morreron
                                             todos os mariñeiros excepto dous, que quedaron
                                             varados nunhas rochas ao carón dunha praia. Dende
                                             aquel día, seica un deses homes dicía que cada noite
                                             miraba á “Elvira” no medio do mar, pero ninguén
                                             chegou a saber xamais se o que contaba aquel home
                                             era certo.




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: María Luisa Portas Lorenzo.
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 1/9/1934. En Vilariño/Hío.
PROFESIÓN: Ama de casa. (Labrega).
LUGAR DE RECOLLIDA: No seu domicilio, en Vilariño.
DATA DE RECOLLIDA: 12/3/2012.




                                             Un home que paseaba pola praia pisou unha faneca e
                                             pensou que era tabeirón, e despois os amigos para
                                             vacilalo dicíanlle: “Lobo de mar, non che dá vergonza
                                             que unha faneca che viñera a gringhar”.




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: Manuel Fernández Mariño
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, o 26 de abril de 1929
PROFESIÓN: Albanel e electricista
LUGAR DE RECOLIDA: Centro social da terceira idade
DATA DE RECOLLIDA: 1132012



                                                                                               25
Era unha vez un buceador que ía ata a praia de
Patos a ver se encontraba algunha nécora boa. Aos
dez minutos que estaba no mar, decatouse de que
algo iluminaba o fondo mariño. Dirixiuse ata o lugar
e encontrou unha casa abandonada e unha chapa
de metal que poñia: ”Noraboa, agora que chegaste
ata aquí abaixo, serás un dos nosos. Xa non
poderás volver arriba nunca máis, dende este
momento es e serás sempre un tritón”. Acabou de
ler a frase na chapa e unha luz fulminante cegouno.
Tiña cola. Escamas. Bránqueas. Dende aquel día
Don Manuel segue desaparecido.


                             Datos do/da informante:
                             NOME E APELIDOS: Suso Macillos.
                             DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943
                             PROFESIÓN: Mariñeiro
                             LUGAR DE RECOLIDA: Casa Macillos
                             DATA DE RECOLLIDA: 1632012


                                                 PEIXES NAS CRENZAS

A miña avoa dicíame que había un rapante que era
como un “representante” de San Xoán.




                             DDatos do/da informante:
                             NOME E APELIDOS:Aurelia Fernández Villar
                             DATA E LUGAR DE NACEMENTO:17/2/18, en Darbo.
                             PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó.
                             LUGAR DE RECOLLIDA: Piñeiro/ Darbo.
                             DATA DE RECOLLIDA: 19/3/2012



crenzas de cangas
Algúns peixes levan nun óso da cabeza a figura da
                                             Virxe. As fanecas teñen como unha “habichuela”, unha
                                             boliña branca na cabeza coa imaxe da Virxe de Fátima




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: María Luísa Portas Lorenzo.
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 1/9/1934 , en Vilariño/Hío.
PROFESIÓN: Ama de casa, (labrega).
LUGAR DE RECOLLIDA: No seu domicilio, en Vilariño.
DATA DE RECOLLIDA: 12/3/2012




                                             Cóntase que un home foi pescar nunha gamela.
                                             Esperaba pescar peixe, pero co que se atopou foi cun
                                             polbo. Este pegóuselle á gamela, o mariñeiro tentou
                                             quitalo, pero era imposible. Así que tivo que parar na
                                             praia de Castiñeiras a sacalo. Cando o conseguiu, e
                                             se dispuña a volver á casa , viu un vento moi forte que
                                             fixo volcar a gamela. Por sorte, o home sobreviviu. E
                                             algúns vellos dicíanlle que aquilo lle ocorrera por non
                                             deixar o polbo libre.




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz.
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3101936. En Vilariño , Hío
PROFESIÓN: Mariñeiro, e tamén labrego
LUGAR DE RECOLIDA: No seu domicilio , Costa da FonteVilariño
DATA DE RECOLLIDA: 1732012



                                                                                                  27
Din que o martiño ten dúas manchas negras porque
eran os dedos de San Martiño cando o collía.




                               Datos do/da informante.
                               NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero.
                               DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo.
                               PROFESIÓN: Mariñeiro.
                               LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo.
                               DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12.



                                                                       SEREAS
Eu coñezo unha lenda sobre as sereas…Hmm…
Había, xa fai tempo, un mariñeiro de lubinas.
Era pobre, xa que case nunca tiña brío nin sorte ao
pescar. Un día, ía de noite a pescar e aparecéuselle
unha serea. El ficou ollando para ela coma
dicíndolle coa mirada: < >. Ela, nerviosa, díxolle:
xúroche que se me deixas no mar traereiche todas
as lubinas que queiras, pero déixame aquí. Pasado
un rato, o mariñeiro aceptou o trato. Dende aquela,
cada vez que o mariñeiro precisa peixe, chama pola
sereíña e ela lévalle todo o peixe que el precisa.




                               Datos do/da informante:
                               NOME E APELIDOS: Suso Macillos.
                               DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943
                               PROFESIÓN: Mariñeiro
                               LUGAR DE RECOLIDA: Casa Macillos
                               DATA DE RECOLLIDA: 1632012



crenzas de cangas
Contaban os mariñeiros cando se reunían nos
                                              furanchos, que cando andaban ao mar e chegaban a
                                              Cangas, oían uns cantos. Moitos deles daban por feito
                                              que aquilo que oían era unha serea, unha serea loura,
                                              pola súa voz. Pero ninguén soubo xamais se aquela
                                              serea existía de verdade.




Datos da informante:
NOME E APELIDOS: Aurelia Fernández Villar.
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 17/2/18, en Darbo.2/2012
PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó.
LUGAR DE RECOLLIDA: Piñeiro/Darbo.
DATA DE RECOLLIDA: 19/2/2012.



                       O DEMO E O MAR

                                              A xente cría que no mar non se podía falar de animais
                                              da Terra porque era de mal agoiro




Datos do/da informante:
NOME E APELIDOS: Antonio Camaño Pena
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940.
PROFESIÓN: Carpintero e mariñeiro .
LUGAR DE RECOLLIDA: Cuinchido de Arriba / Darbo .
DATA DE RECOLLIDA: 18-3-2012.



                                                                                                29
Neptuno é como o “demo” do mar, e por ese motivo
leva unha fisja, que é o instrumento que utilizan
para pescar chocos e peixes que andan pola area, e
segundo Manuel, o demo anda por riba do mar.




                              Datos do/da informante:
                              NOME E APELIDOS: Manuel Fernández Mariño.
                              DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, 26 de abril de 1929
                              PROFESIÓN: Albanel e electricista
                              LUGAR DE RECOLIDA: Centro social da terceira idade
                              DATA DE RECOLLIDA: 1132012



                 HOMES E MULLERES QUE ANDABAN SOBRE O MAR

   Un día, o meu tío foi ao porto a coller a súa
   barquiña para ir dar un paseo. Cando estaba ó
   puntiño de meterse no seu barco, un aire
   empurrouno ao mar. Soou un 'plaf!'
   e decatouse de que caera no mar coma se fora un
   flotador, xa que non ía para o fondo.
   Ergueuse e decatouse de que podía andar polo
   mar. Cando fitou para o muelle, viu un anxo que lle
   chiscaba o ollo, e nese momento foi cando se deu
   conta de que tiña un novo don.




                              Datos do/da informante:
                              NOME E APELIDOS: Suso Macillos.
                              DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943
                              PROFESIÓN: Mariñeiro
                              LUGAR DE RECOLIDA: Casa Macillos
                              DATA DE RECOLLIDA: 1632012



crenzas de cangas
BIBLIOGRAFÍA




V.V.A.A. Dicionario dos seres Míticos Galegos. Vigo: Ed. Xerais, 2008.


APARICIO CASADO, B. Mouras, serpes, tesouros e outros encantos. Mitoloxía popular galega.
Cadernos do seminario de Sargadelos, 1999.


GONZÁLEZ REBOREDO X. M. Lendas galegas de tradición oral. Vigo: Ed. Galaxia, 1995.


GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ÁLVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules,
2001.


MIRANDA, X. e REIGOSA, A. Arrepíos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror.
Vigo: Ed. Xerais, 2004.


VAQUEIRO, V. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Ed. Galáxia,
2011.


http://www.galiciaencantada.com




                                                                                               31
crenzas de cangas
Instituto de Ensino Secundario
              MONTE CARRASCO




              biblioteca
www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com   33

More Related Content

Viewers also liked

Sociale medier-og-digitale-forretningsplaner
Sociale medier-og-digitale-forretningsplanerSociale medier-og-digitale-forretningsplaner
Sociale medier-og-digitale-forretningsplanerJacob Høffer Larsen
 
Visual Resume
Visual ResumeVisual Resume
Visual Resumecjholb2
 
САД ТЕРАПИИ от Фонда садовой терапии
САД ТЕРАПИИ от Фонда садовой терапииСАД ТЕРАПИИ от Фонда садовой терапии
САД ТЕРАПИИ от Фонда садовой терапии
Катерина Никитина
 
webcasting
webcastingwebcasting
webcasting
webcasting7
 
Yazilim programlama
Yazilim programlamaYazilim programlama
Yazilim programlamazeynep_zyn97
 
CLA 2012 -- UConn Libraries Virtual Focus Groups
CLA 2012 -- UConn Libraries  Virtual Focus GroupsCLA 2012 -- UConn Libraries  Virtual Focus Groups
CLA 2012 -- UConn Libraries Virtual Focus Groups
uclsurveys
 
10 Reasons to Attend @Work15 2015
10 Reasons to Attend @Work15 2015 10 Reasons to Attend @Work15 2015
10 Reasons to Attend @Work15 2015
Saba Software
 
CATALOQUE 5 Pdf
CATALOQUE 5 PdfCATALOQUE 5 Pdf
CATALOQUE 5 Pdf
Sophieparis_collection
 

Viewers also liked (9)

Sociale medier-og-digitale-forretningsplaner
Sociale medier-og-digitale-forretningsplanerSociale medier-og-digitale-forretningsplaner
Sociale medier-og-digitale-forretningsplaner
 
Question one
Question oneQuestion one
Question one
 
Visual Resume
Visual ResumeVisual Resume
Visual Resume
 
САД ТЕРАПИИ от Фонда садовой терапии
САД ТЕРАПИИ от Фонда садовой терапииСАД ТЕРАПИИ от Фонда садовой терапии
САД ТЕРАПИИ от Фонда садовой терапии
 
webcasting
webcastingwebcasting
webcasting
 
Yazilim programlama
Yazilim programlamaYazilim programlama
Yazilim programlama
 
CLA 2012 -- UConn Libraries Virtual Focus Groups
CLA 2012 -- UConn Libraries  Virtual Focus GroupsCLA 2012 -- UConn Libraries  Virtual Focus Groups
CLA 2012 -- UConn Libraries Virtual Focus Groups
 
10 Reasons to Attend @Work15 2015
10 Reasons to Attend @Work15 2015 10 Reasons to Attend @Work15 2015
10 Reasons to Attend @Work15 2015
 
CATALOQUE 5 Pdf
CATALOQUE 5 PdfCATALOQUE 5 Pdf
CATALOQUE 5 Pdf
 

Escolma de lendas

  • 1. crenzas de cangas PROXECTO INTERDISCIPLINAR 2011-2012 biblioteca Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com
  • 2.
  • 3. crenzas de cangas PROXECTO INTERDISCIPLINAR 2011-1012 Hamza Abidour Estela Alfonso Gandón Carlos Antonio Ardá Arizaga Noelia Barreiro Villar Ángela Cabral Guardado Andrea Calvar Prieto Iris Curra Mariño Joseph Gregory Escalante Gudiño Cynthia Fernández Romero Diego Ferreira Pérez Ana María Fontán Fernández Álvaro Gallego Casás Manuel García Chorén Uxía García Rodríguez Adrián González Fernández Lois Guitián Escariz Sabela Guitián Escariz Pablo Hermelo Ave André Iglesias Iglesias Alberto Lagoa Rodríguez Cibrán López Álvarez Joaquín Martínez Besada Irene Martínez García Katia Meira Costa Sara Otero González Daniel Paz Vidal Damián Pena Paredes Pablo Piñeiro Menduíña Bryan Piñeiro Soliño Mauro Refojos Pérez Yaiza Riveiro Ramos Luz Rodríguez Sampedro Lucía Rosales Baqueiro Pablo Rouco Pousada Cristina Sánchez Aldao Asier Soliño Rial Nicolás Tenorio Nogueira Marcos Vallejo Rial David Vidal Villar COORDINAN Seila Acuña Ferradanes Cristina Fernández Rivera Rosa Varela Rodríguez biblioteca Coa colaboración do alumnado de 2 de ESO www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com
  • 5. INDICE LIMIAR....................................................................................................................................................5 ESCOLMA DE LENDAS.........................................................................................................................7 AS CIDADES..............................................................................................................................7 OS TRES TOMBOS...................................................................................................................8 O BERGANTíN PANTASMA......................................................................................................8 TROIA........................................................................................................................................9 MARIA SOLIÑO.........................................................................................................................9 O TESOURO DA ILLA DE ONS...............................................................................................11 A ILLA DE ONS.........................................................................................................................11 A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE.........................................................................................12 NA PRAIA DE BORNA..............................................................................................................13 A FONTE DO BURACO............................................................................................................13 A PEDRA DA AUGA.................................................................................................................14 O CASTRO DE LIBOEIRO.......................................................................................................14 A POZA DA MOURA................................................................................................................15 A COVA DA PARALAIA............................................................................................................15 A PEDRA SANTA.....................................................................................................................16 A PEGADA DA BESTA.............................................................................................................16 HISTORIAS RECOLLIDAS POLO ALUMNADO ÁS XENTES DE CANGAS.......................................17 HISTORIAS DE AFOGADOS...................................................................................................17 O LUME DE SAN TELMO E O AVISTAMENTO DE LUCES NO MAR....................................20 PARAXES MARIÑAS ONDE SE AFUNDEN BARCOS............................................................22 CIDADES MERGULLADAS NO MAR......................................................................................23 BARCOS PANTASMA..............................................................................................................24 PEIXES NAS CRENZAS...........................................................................................................26 AS SEREAS..............................................................................................................................28 O DEMO E O MAR...................................................................................................................29 HOMES E MULLERES QUE ANDABAN SOBRE O MAR.......................................................30 BIBLIOGRAFÍA.....................................................................................................................................31 3
  • 7. LIMIAR As alumnas e alumnos do IES Monte Carrasco, dentro do Proxecto Interdisciplinar, fixemos un traballo de investigación que xiraba arredor do tema “As crenzas populares na memoria colectiva de Cangas” e recopilamos multitude de historias da bisbarra, entre elas: O bergantín pantasma, O tesouro de Illa de Ons, A pegada da besta, O zapateiro de Cangas ou A poza da Moura... etc. A información obtémola a través de diferentes fontes: charlas de especialistas (Maruxa Barrio), investigación na bilbioteca e na rede e recollida de historias falando coa nosa xente. Ademais contamos coa axuda dunha ilustradora, María Lires, para orientarnos na elaboración dos debuxos que acompañan os textos. O traballo dirixínonnolo as nosas titoras coa orientación da coordinadora da biblioteca. Foi unha investigación moi interesante na que aprendemos moito. Por iso esperamos que as historias descubertas e publicadas vos gusten. Alumnado de 1 de ESO do IES Monte Carrasco Curso 2011 - 1012 5
  • 9. ESCOLMA DE LENDAS AS CIDADES Hai unha cova que fixeron os mouros, que vai desde aquí á Illa de Ons. Na Torre de Meira ( esporón Oeste do castro ) hai outra cova que vai a Paralaia. O encanto era unha voz que dicía: - Entrarás e non volverás. No castelo hai unha cova con dúas olas, unha chea de ouro e outra de veleno. Se alguén entrase e abrira unha delas, se tiña sorte collía o ouro, senón morría. Existe un túnel que vai ata un lugar aberto que hoxe se chama Corredouras. A este lugar ían os mouros que habitaban no castelo a facer instrución. Estaba unha moura para dar a luz e baixou o home a buscar unha parteira. Foi a parteira e ó chegar á casa do mouro asustouse; e, ó rematar o parto, o mouro quíxolle pagar e ela non quixo nada. Entón o mouro díxolle: - Aquí che queda esta torada e cando queiras vés collela, que é un gran tesouro. A moura chamábase Olga e o mouro Juan, e tiveron unha nena que foi bautizada en Meira. Case no cumio, cara ó Sur, onde agora hai un loureiro, había unha porta entre dúas pedras. Hai uns 60 anos cóntase que foron tres homes, co libro de San Cibrán, e mentres un o lía do revés, outros cavaban. Oíron o ruído dunha ringleira de carros e entón un dos dous que cavaban dixo: -Vállanos Deus, xa teñen aí os carros para encher o ouro! Entón desapareceu todo. Baixaban uns homes ó pé do castelo e viron unha galiña con pitos piando. Un deles foi collela para levarlla a unha casa de Meira de Arriba, coidando que sería dela. Colleu un dos pitos e convertéuselle nunha pedra de ouro. Entón, asustado, tratou de coller os outros, pero escapáronlle todos. APARICIO CASADO, B. Mouras, serpes, tesouros e outros encantos. Mitoloxía popular galega. Cadernos do seminario 7 de Sargadelos.1999
  • 10. OS TRES TOMBOS Era eu neno e vivía, naquela época, en Cangas, cuns tíos que tiñan unha taberna. Andaba algo enfermo e mesmo tiña febre. Funme deitar. Durmín. E espertei cuns grandísimos tombos no tellado, enriba da casa. Tomoume o medo. Agardei en silencio, pensando no que sería, e volveu outro tombo, despois outro.Tres. Non podía co medo. Chamei berrando aos meus tíos, que non espertaron. Ao cabo volvín durmir. Pola mañá pregunteille á tía se non oíra nada. A tía non oíra, efectivamente, nin os tombos nin as miñas chamadas, mais tan pronto lle dixen o que sentira, exclamou: “Morreu teu tío!” (O outro meu tío que vivía noutra casa próxima e estaba enfermo). Foron a ver e era certo. MIRANDA, X. e REIGOSA, A. Arrepíos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror. Vigo: Ed. Xerais, 2004. O BERGANTÍN PANTASMA Hai xa moito tempo que naufragou un bergantín na Punta do Cabalo das Illas Cíes. Tratábase dun bergantín pirata cargado de tesouros, acugulado de moedas de ouro. O seu capitán, un home alto, moreno, de negras guedellas e longa barba, maldiciu aquel día e aquela hora. Non houbo remedio e o barco foi para o fondo con todo o seu ouro e con toda a súa tripulación. Nas noites de temporal, porén, en medio do vento que zoa, do estrépito e tremer dos cables sacudidos, dos bramidos do mar, das inmensas ondas, emerxen das profundidades o barco e a tripulación. Despregan velas, afánanse nas súas tarefas, corren e bolen animadamente, berran e pelexan, intentando que a nave non volva afondar. Son conscientes da súa oportunidade e queren como sexa evitar o afundimento. Só é necesario achegarse á Furna dos Pesos nas noites bravas de inverno e pódese ver. Créanmo. Un bergantín coas velas tensas, dirixíndose dereito contra as rochas, cunha potente luz, resplandecente, pendurada do pau maior, que racha a néboa e deixa ver parte da cuberta. Os mariñeiros son cadáveres, naturalmente, e o capitán berra e esborreca cos ollos vermellos, cos ollos acesos pola ira. Berra e blasfema. Blasfema e xura. Se calma o temporal ou vén o día, o bergantín pantasma vaise coa súa tripulación e os seus tesouros ao fondo do mar. Se cadra, ao día seguinte, un neno se achega ata a praia da Furna dos Pesos. crenzas de cangas
  • 11. Entre as areas atopa unhas moedas. E entre as moedas, tal vez, uns anacos de óso roídos polos peixes. MIRANDA, X. e REIGOSA, A. ArrepÌos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror. Vigo: Ed. Xerais, 2004. TROIA Cidade asolagada de Troia. Cidade asolagada no monte Facho en Donón, en Cangas do Morrazo. Os moitos pecados dos seus habitantes causaron o asolagamento. V.V.A.A. Dicionario dos seres Míticos Galegos. Vigo: Ed. Xerais, 2008. MARÍA SOLIÑO Personaxe histórico que naceu na península do Morrazo por volta do ano 1555, que foi procesada, baixo a acusación de meiga, e torturada até a morte nos procesos que a Inquisición levou a cabo en Cangas, en 1621. Os xuízos do Santo Oficio executáronse sobre persoas -incluídos algúns frades e freiras- de ambos os dous sexos nomeadamente o feminino, coa escusa de desenvolveren prácticas de meiguice en cidades e vilas como Pontevedra, Compostela,Verín,Tui, Pontedeume, Padrón, Ponte de Lima ou Guimaraes, entre outras. Nomeadamente sinalados foron os procesos de Cangas do Morrazo e, subliñablemente, o que conducia á morte a María Soliño ou Soliña. A María Soliño procesárona, por meiga, cando contaba xa sesenta e seis anos de idade. As circunstancias do seu xuízo e morte son consecuencia dos ataques dos piratas turcos ás beiras do Morrazo no mes de decembro do ano 1617. É moi importante salientar que todas as acusacións de meiguice, que se fixeron ás mulleres os devanditos ataques. En efecto, no saqueo que levou a cabo por parte dos corsarios, en Domaio, Moaña, o oito de decembro do ano sinalado, morreron asasindos varios mariñeiros, entre os que se atopaban o seu home, Pedro 9
  • 12. Barba, eo seu irmán Antón Soliño. Entre os mortos na praia, como consecuencia da agresión, cóntase, feito interesante, Xoán Refoxos, membro da Inquisición, o que demostra que en Cangas existían autoridade do Santo Oficio, que xamais deran conta das supostas actividades de bruxa de María Soliña. Entre as facendas que figuran arruinadas, despois do asalto, cóntase a de María. No proceso contra ela explánase que non se lle acharon bens, lóxica consecuencia de os inquisidores privárena de todo o que posuía. Cangas encontrábase daquela en período de reconstrución, polo que non é descabelado pensar que as terras de María pasasen a mans de denunciantes, instigadores e testemuñas, alén do quiñón que o Santo Oficio recibía. Como quer que fose, no proceso de María Soliña atopase a declaración de ser meiga desde había máis de vinte e cinco anos, durante os cales tivera contacto co DEMO, se transformase en gato na veciñanza de Cangas e matara moitas crianzas. Cómpre, embora, subliñar que a preguntas como a relativa á morte de miúdos respostou María negativamente, o que non foi pexa para que nas actas do proceso aparecesen as respostas como afirmativas. As testemuñas relataron a súa procura entre as campas do cemiterio, a administracion de dores pola noite ou producir a imposibilidade de camiñar a outras persoas. María Soliña morreu no tormento en xaneiro de 1622 e, como co seu corpo non se puido verificar o auto de fe correspondente, o Santo Oficio e os seus colaboradores confeccinaron un boneco de palla e cartón que levaron polas rúas de Cangas a lombos dun asno. Como se sinalou antes, do proceso e morte de María Soliño os denunciantes e os executores saíron -como era costumeiro - economicamente beneficiados. Non foi María Soliña a única procesada. Entre outras mulleres débese salientar a Elvira Martínez, herdeira das casas, terras e muiños deixados por Xan e María Bo e por Xan e Dominga Martínez, mortos ou levados cativos polos corsarios, a quen denunciaron por bruxa, perdendo todas as súas propiedades, aínda que non a vida. Os procesos da Inquisición non son senón un elo máis da cruel actuación da Igrexa, resumida por Barreiro de Vázquez Varela na frase:¨Despois da guerra viñera a peste, e a fame, e a rapina, e a Inquisición, pior e máis terríbel praga que todas as desfeitas xuntas¨. Unha copla popular lembra estes acontecementos: Adeus, meigas de Cangas, netas de María Soliño, que me levastes a rastras polo largo do camiño lenda teimou ao longo dos anos que foron os Soliño os que facilitaron informacións á mourisca para o seu desembarco. Por estes rumores, supostamente interesados, os Soliño tiveron de vivir afastados, na viciña parroquia do Hío. Ligada aos ataques de corsarios, fica no Morrazo a lenda dos RABUSOS. VAQUEIRO, V. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Ed. Galáxia, 2011. crenzas de cangas
  • 13. O TESOURO DA ILLA DE ONS O veciño de 75 anos Xosé López Garcia contoume que estando de soldado na África soubo que un mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de tesouros; achegouse a el e o mouro díxolle en segredo que na illa de Ons había unha fonte chea de caracoliños de ouro. Cando voltou cumprido, o mariñeiro aproveitou unha mañá que voltaba de pescar para facer recalada na illa, onde o mouro dixera. Entón foi a Arousa, fretou unha dorna ben cumprida e de noite voltou para enchela de caracoliños: colleunos a mangados, e íalles soprando un por un,e encheu a dorna de ouro facéndose millonario. GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ¡LVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules, 2001. A ILLA DE ONS Unha vez Deus- cóntame a cativa de sete anos de Deloriñas Méndez- estaba agachado na beira dun camiño. Pasou un carreteiro e Deus díxolle: - Quérenme levar? Mais o carreteiro respondeulle que non. - Pois has de andar sempre só, díxolle Deus. Pasou outro, Deus pediulle se o levaba no carro e o carreteiro díxolle que sí. Deus entón asegurou: - Pois este ano terás moito millo. E o carreteiro colleu a mellor colleita, arransou a caseta e fíxose un dos mais ricos da Illa. O mozo de dezaoito anos Lelo Blanco, contoume estrouto sucedido: Aquí había un rapaz que todos os días ía ao monte co gando. Un serán viu que por enbaixo dunha laxe lle saía unha cobra, mais tanto lle gustou que lle deu migallos de seu pan. Fixéronse amigos e todos os días xantaban o panciño xuntos, e o rapaz xogaba coa cobra e agarimaba nela. O mozo foi ao sevizo e cando voltou o primeiro que fixo foi correr o monte para ollar a súa cobriña: chegou alá, e subiu como costumaba outroura, e saíu a cobra, mais tan longa, tan longa e tan grosa que o mozo colleu medo. A cobra non recoñeceu o rapaz, botouse a el, ensarillouno nela e logo recoñeceuno e, aflicta botouse ao mar e morreu afogado. Outro mozo -e sinto en verdade non lembrar o seu nome- contoume que no buraco dos mouros 11
  • 14. gárdase moito ouro e pedrería. Moitos veciños teimaban procuralo e alá fóron cavar semanas enteiras, mais cando adiantaban un pouco no seu traballo por embaixo da terra apagábanselles os lumes: é porque dentro moran os trasnos da illa que sopran todas as luces cando se xulgan descubertos. Nesta coba- díxome a vella de 68 anos Romana Domínguez,- a miña nora, que andaba co seu gando a pacer, viu un crego todo revestido cun bastón na man; a miña nora tremeu e berrou polo seu pai toda arrepiada, e o pai díxolle:-Non teñas medo, miña filla, que é un encanto. O veciño de 75 anos Xosé López García contoume que estando de soldado en África, soubo que un mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de tesouros; achegouse a el e o mouro díxolle en secreto que na Illa de Ons había unha fonte chea de caracoliños de ouro. Cando voltou cumprido, o mariñeiro aproveitou unha mañá que voltaba de pescar para facer recalada na Illa, e procurou a fonte. Encontrouna no lugar mesmo que o mouro dixera. Entou foi á Arousa, fretou unha dorna ben cunprida e de noite ventou pra enchela de caracoliños: colleunos a mangados, e íalles soprando un por un, e encheu a dorna de ouro, facéndose millonario. David Otero, de 60 anos, viu unha raíña peiteándose na fonte do gaiteiro: cubríase cunha capa de prata, tiña na testa unha coroa de brillantes e o peite relucíalle como se fose de vidro. Estando en Marrocos, Bieito Piñeiro falou cun mouro que, ó decatarse de onde era nado, díxolle que en Ons había moitos tesouros. Ao voltar, o Bieito correu toda a illa, mais non atopou nada. Cando saía de palicar coa moza, Pepiño Vidal, de 27 anos viu a Compaña que lle acenaba coa man. O fillo de Ramona Domínguez Solla, andando a pescar polbo e centolo, choutou a terra para coller unha pedra coa que fondear a dorna, e nun burato que hai polo embaixo do castelo viu un boi moi grande cunhas cornas moi longuísimas que ao soprar facía moito tronido. O rapaz, tal medo colleu que se botou ao mar e por ben pouco non afoga. GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ÁLVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules, 2001. A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE A un rapaz que andaba co gando no castro saíulle un día unha moza que se peiteaba os cabelos cun peite de ouro. -Ai, señora se me dera ese peite con que se peitea! díxolle o rapaz. -Dareiche o peite e dareicho moito máis aínda ata facerte rico se fas o que eu che diga e non te acañas. E díxolle ó rapaz que lle levase ó dia seguinte unha cunca de leite bendito, e que non se acañase co que sucedese, pois mentres ela bebía o leite, el tiña que ter a man na cunca. crenzas de cangas
  • 15. Foi o rapaz coa cunca, e saíulle unha grande cobra que se puxo a beber no leite e o rapaz sen acañar tiña man na vasilla. Bebeu todo o cobra, e ó rematar converteuse na señora do outro día e deulle moita riqueza [Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)] GONZÁLEZ REBOREDO X. M. Lendas galegas de tradición oral. Vigo: Ed. Galaxia, 1995. NA PRAIA DE BORNA En fronte da praia de Borna, entre as parroquias de Meira e Domaio, Moaña (Pontevedra), hai unha pedra con gravuras feitas polos párrocos das dúas freguesías que se xuntaban alí na compaña de testemuñas. Cada un dos presentes, cregos e testemuñas, deixaba marcas na rocha que simbolizan o termo ou linde das dúas parroquias. http://www.galiciaencantada.com A FONTE DO BURACO Na fonte do Buraco, en Reibón, parroquia de Meira, Moaña, cando o sol brillaba intensamente no monte da Paralaia (situado ao oeste da fonte) saía unha princesa moi fermosa a peitear os seus cabelos cun peite de ouro. Un día que pousou o peite nun penedo, un porco que andaba a fozar por alí fuxiu con el na boca. Xa na casa dos seus amos, estes decatáronse de que o peite era de ouro e, pretendendo facerse con máis, mandárono de volta coa intención de que os levase ao lugar onde o collera.Pero da princesa non quedaba nin rastro e ao matrimonio, dende entón, nunca máis lle foi ben. http://www.galiciaencantada.com 13 consultado: 15 de xuño de 2012
  • 16. A PEDRA DA AUGA Por riba do Outeiro do Cruceiro no monte de Moaña, concello de Moaña (Pontevedra), existe unha pedra cunha oquedade na parte superior que está permanentemente chea de auga. Con independencia de se vai moita calor, se chove ou se mantén o tempo moi seco… a auga non seca nunca. Ademais, cóntase que a auga abala e devala ao son das mareas. Por iso é polo que se coñece como a Pedra da auga. [Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)] http://www.galiciaencantada.com O CASTRO DE LIBOEIRO Se se aplica o oído escóitase ruído de auga, un río subterráneo que vai dar ó Facho de Donón, segundo uns, ou ó mar, segundo outros. Así mesmo din que “a pirulla” había unha cova que levaba á praia de Aldán. Din que en Liboreiro hai tres covas: unha de ouro, outra de prata e a outra de laba. Se se abre a de laba estoupa o volcán que din que hai no Liboreiro.Tamén din que hai unha cova que vai dar á cova da Alondra, na Banda do Río, en Bueu. Din que no monte de Xistro(Cela) e no Liboreiro andaban a mIrar os mouros. Díxonos unha anciá que estaba collendo herba no Liboeiro que o verdadeiro nome de Liboeiro é Liboi, e que nel habitaban os monos e que os levou fóra de alí o apostol Santiago, o cal levaba consigo un tenente qua xa loitaba en Liboreiro e os dous levaban loros e produciuse un milagre:o loro de Santiago dixo: -Ven, ven, que por aquí vés ben. O do tenente contestou: -Vai, vai, que por aqui non vin. Santiago derrotou aos mouros e botounos fóra do Liboreiro por cabo Udra, e como símbolo da batalla produciuse un milagre: quedan as pedras dos cabalos. Os mouros que vivian en Liboreiro eran tres e deixaron un manuscrito nunhas pedras, inscritos os seus nomes. crenzas de cangas
  • 17. No Liboreiro hai uns mouros que teñen enterrada unha mina de ouro e outra do veleno. Polo visto estes mesmos mouros foron os que fixeron a igrexa de Valano habendo moita xente que os ten visto ir a ela “tomar posesión”. No monte (Liboreiro) hai uns buratos en que viven ananos que comen a xente e que fan moito mal. http://www.galiciaencantada.com A POZA DA MOURA Conta a lenda que en Domaio, parroquia do concello de Moaña (Pontevedra) vivía un mouro moi rico que tiña unha filla de gran beleza. Esta moza víase ás agachadas na Poza da Moura cun campesiño da zona co que o pai lle prohibira mocear. A moura desoía as ordes do pai pero un día este sorprendeunos. O pai, furioso, deulle morte ao mozo, e a filla, desesperada de dolor, guindouse á Poza da Moura na que se afogou. En lembranza do acontecido é polo que se lle chama a Poza da Moura e hai quen di que na noite da San Xoán a moza aparece peiteando os seus cabelos e que, ás veces, se lle escoita cantar. http://www.galiciaencantada.com A COVA DA PARALAIA No monte da Paralaia, en Moaña (Pontevedra), existía unha cova que os mouros escavaran ata facer un túnel de varios quilómetros que a conectaba coa Torre, en Meira (outra parroquia de Moaña). Por ela transportaban os seus tesouros e se te arrimabas á entrada e te parabas podías escoitar o mar, xa que tamén había quen dicía que chegaba por outra banda á Punta de Udra, no veciño Concello de Cangas. Nesta cova, outra lenda fala de que, nada máis entrar, existía un cruce de sete camiños. http://www.galiciaencantada.com 15
  • 18. A PEDRA SANTA Na zona do Lourido da parroquia de Meira, en Moaña (Pontevedra), existe unha pedra ubicada no monte, de considerables dimensións. Está situada nunha zona na que os canteiros traballaron arreo para quitar pedra con destino á construción do peirao de Vigo. Pero cando intentaron rachala para a trasladar non o conseguiron por moito que teimaron. Circulou, entón, unha lenda na que se atribuía á protección da Virxe o carácter sagrado da pedra e por iso non se podía romper. Era, e así se coñece, unha pedra santa. [Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)] http://www.galiciaencantada.com A PEGADA DA BESTA No Outeiro do Mouro de Donón, Hío, Cangas de Morrazo (Pontevedra) está a Pegada da Besta, tamén coñecida como Pegada do Cabalo do Apóstolo ou Pegada do Mouro. Por alí pasou Santiago no seu cabalo perseguindo ós mouros. Só pousou unha pata e alí está a pegada. http://www.galiciaencantada.com crenzas de cangas
  • 19. HISTORIAS RECOLLIDAS POLO ALUMNADO ÁS XENTES DE CANGAS. HISTORIAS DE AFOGADOS -Manuel andaba ás navallas e a gamela na que ían el, o seu irmán e o seu compañeiro rompeu. Manuel e o seu irmán lograron salvarse pero o seu compañeiro morreu afogado. Aconteceu na praia da Lanzada. -Un home caeu ao mar collendo percebes en Cíes e, cunha gamela co chan de cristal, viron un chaleco amarelo. Amarrárono e subírono á embarcación, e era un cadáver. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero DATA E LUGAR DE NACEMENTO:3-8-47,Darbo PROFESIÓN: Mariñeiro LUGAR DE RECOLLIDA:Travesía do Tabal, Darbo DATA DE RECOLLIDA: 21-3-12 17
  • 20. Antes algunha xente dicía que os que rescatan un afogado tiñan que morrer no seu lugar. Cando os barcos chegaban a terra, mandaban a un dos mariñeiros nunha gamela ao mar para mandar sinais. Nunha destas, viron que o mariñeiro caíra do barco, e un dos seus amigos foi noutra gamela a axudalo. Cando chegou alí, conseguiu que o seu compañeiro subira de volta á súa gamela. Cando se dirixiu cara ao barco de novo, o mariñeiro que fora salvalo, caíu da gamela tamén pero a este xa non o puideron salvar. A xente ía pescar percebes á costa e como era moi arriscado, daba un golpe de mar e afogábaos. Un home foi coller percebes recén casado e unha onda levouno, aínda que seguiu a flote. Outro home pediu unha corda para rescatalo pero rompeu. Ao final, o home afogou. Aos nove días apareceu morto sobre unhas rochas. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Antonio Camaño Pena DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940 PROFESIÓN: Carpinteiro/ mariñeiro LUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de arriba/ Darbo DATA DE RECOLLIDA: crenzas de cangas
  • 21. Era un barco pequeneiro que lle chamaban o “Azaña”, e o 7 de setembro ou agosto, saíron ao mar, cedo. Ao mediodía abarrancarron na costa de Udra e foi ao fondo. Todos os homes morreron afogados excepto un, que conseguiu amarrarse a unha rocha. Un barco ao que chamaban “Nelso”, abarrancou no Outeiro de Balea, e moita xente salvouse excepto o patrón e algúns mariñeiros. O barco quedou aIí durante moito tempo, e como viña cargado de xabón da Toxa, a xente ía aló e collíao, ás escondidas. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Aurelia Fernández Villar DATA E LUGAR DE NACEMENTO:17/2/18, en Darbo. PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó. LUGAR DE RECOLLIDA:Piñeiro/ Darbo. DATA DE RECOLLIDA: 19/3/2012 -Fai tempo, un barco que saíu de Liméns propúxose dar a volta á ría de noite. Non tiñan medo ningún, pero ao chegar a Ría de Aldán viu un vento forte do sur e fixo que o barco volcase, e os mariñeiros afogasen e aparecesen varados na praia. -¨O cavo da plata¨ era un mercante que quedou varado no medio dunhas pedras. Antes, como non había os medios de comunicación que hai hoxe, os mariñeiros morreron afogados. Cando os veciños atoparon o barco, xa despois de que quitasen de alí os afogados, dedicáronse a roubar a la que traía o barco. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3/10/1936. En Vilariño, Hío PROFESIÓN: Mariñeiro, tamén labrego. LUGAR DE RECOLLIDA:No seu domicilio,Costa da fonte/ Vilariño. DARA DE RECOLLIDA:17/3/2012. 19
  • 22. Un día de treboada o seu irmán ía de pesca, e o barco comezaba a tambalearse, por algunha razón o seu irmán subiu á cuberta e unha onda grandísima tirouno ó mar. El levaba postas unhas botas que lle regalara a antiga noiva que tivera, as botas xa eran para mariñeiros, e grazas a esas botas case morre, pois quería subir á superficie e as botas impulsábano cara abaixo. Nese momento tirouse ao mar un compañeiro del, e conseguiu salvalo grazas a que lle sacou as botas. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Maria do Carme de la Campa Requejada. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3101936. En Vilariño , Hío PROFESIÓN: Ama de casa LUGAR DE RECOLIDA: No seu domicilio DATA DE RECOLLIDA: 2132012 O LUME DE SAN TELMO E O AVISTAMENTO DE LUCES NO MAR -Os mariñeiros, pola noite, vían luces que desaparecían de repente. A xente daquela época cría que eran luceiros pero non o sabían. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3-8-47, Darbo PROFESIÓN: Mariñeiro LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tabal, Darbo DATA DE RECOLLIDA: 21-3-12 crenzas de cangas
  • 23. O lume de San Telmo é un becho que alumea. E antes aos mariñeiros colocábanos no poste ou na vela, e cando o becho alumeaba quería dicir que ía vir moi mal tempo, quizais volvese a tormenta ou algo peor. E como antes se cría moito nestas cousas, os mariñeiros, algúns, daban volta e volvían a terra. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3/10/1936. En Vilariño, Hío PROFESIÓN: Mariñeiro,e tamén labrego. LUGAR DE RECOLLIDA:No seu domicilio,Costa da fonte/ Vilariño. DARA DE RECOLLIDA:17/3/2012 O bruxo de Rodeira, que lle chamaban así, era parente do seu avó. El tomáballe o pelo porque lle dicía que enganaba á xente, e un día o bruxo díxolle se quería ver ao seu pai (estaba morto), el aceptou, e dixo que na fronte do Señal (rúa de Cangas) ás doce da noite. El acudiu e non foi capaz de miralo, e logo replicoulle ao bruxo que era un mentireiro. Moralexa: O bruxo lacazán o único que desexaba eran os cartiños da xente parva. -Cando un mozo volvía para á casa despois de saír coa noiva, volveu polo monte e nisto que lle quedou a gorra enganchada nun árbol, el pensou que era a Santa Compaña e correu pitando para a súa casa. Ao día seguinte a gorra estaba alí e deuse conta de que non fora a Santa Compaña. Moralexa: Máis vale ser supersticioso que palmala no intento. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Manuel Fernández Mariño. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, 26 de abril de 1929 PROFESIÓN: Albanel e electricista LUGAR DE RECOLIDA: Centro social da 3ª idade DATA DE RECOLLIDA: 1132012 21
  • 24. PARAXES MARIÑAS ONDE SE AFUNDEN BARCOS Nas Bermudas, a Luis e aos seus compañeiros incendióuselles o barco e afundiu nesa zona. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Jose Luis Francisco Muñoz DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 24-3-12 PROFESIÓN: LUGAR DE RECOLLIDA: Darbo, Travesía do Tobal DATA DE ROCOLLIDA: 21-3-12 Nas Madeiras din que os barcos e os avións desaparecen e non se sabe deles. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo. PROFESIÓN: mariñeiro. LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo. DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12. crenzas de cangas
  • 25. CIDADES MERGULLADAS NO MAR En Marruecos, despois dun terremoto, unha cidade quedou afundida. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo. PROFESIÓN: Mariñeiro. LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo. DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12. -Sengundo conta a lenda, en Liméns antes había unha vila na que practicaban nudismo na praia e cousas fóra do normal da época. Entón un santo do mar tragou o pobo . Datos do/da informante. NOME E APELIDO: Antonio Camaño Pena DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro , 19-2-1940 PROFESIÓN :Carpintero/Mariño LUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de Arriva /Darbo DATA DE RECOLLIDA: 18-3-12 . 23
  • 26. BARCOS PANTASMA -En Cádiz hai un barco de guerra chamado Eco que, segundo contan, está feito de cemento. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3-8-47, Darbo PROFESIÓN: Mariñeiro LUGAR DE RECOLLIDA:Travesía do Tabal, Darbo DATA DE RECOLLIDA: 21-3-12 Os mariñeiros imaxinábanse que viños barcos pirata pantasma a atacar aos mariñeiros. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Antonio Camaño Pena DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940 PROFESIÓN: Carpinteiro/ mariñeiro LUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de arriba/ Darbo DATA DE RECOLLIDA: crenzas de cangas
  • 27. Ó redor do 1907, un barco chamado “A Elvira” traía moito peixe, e ao chegar a Couso, deulle un golpe de mar, e co peso do peixe volcou e afundiuse. Morreron todos os mariñeiros excepto dous, que quedaron varados nunhas rochas ao carón dunha praia. Dende aquel día, seica un deses homes dicía que cada noite miraba á “Elvira” no medio do mar, pero ninguén chegou a saber xamais se o que contaba aquel home era certo. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: María Luisa Portas Lorenzo. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 1/9/1934. En Vilariño/Hío. PROFESIÓN: Ama de casa. (Labrega). LUGAR DE RECOLLIDA: No seu domicilio, en Vilariño. DATA DE RECOLLIDA: 12/3/2012. Un home que paseaba pola praia pisou unha faneca e pensou que era tabeirón, e despois os amigos para vacilalo dicíanlle: “Lobo de mar, non che dá vergonza que unha faneca che viñera a gringhar”. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Manuel Fernández Mariño DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, o 26 de abril de 1929 PROFESIÓN: Albanel e electricista LUGAR DE RECOLIDA: Centro social da terceira idade DATA DE RECOLLIDA: 1132012 25
  • 28. Era unha vez un buceador que ía ata a praia de Patos a ver se encontraba algunha nécora boa. Aos dez minutos que estaba no mar, decatouse de que algo iluminaba o fondo mariño. Dirixiuse ata o lugar e encontrou unha casa abandonada e unha chapa de metal que poñia: ”Noraboa, agora que chegaste ata aquí abaixo, serás un dos nosos. Xa non poderás volver arriba nunca máis, dende este momento es e serás sempre un tritón”. Acabou de ler a frase na chapa e unha luz fulminante cegouno. Tiña cola. Escamas. Bránqueas. Dende aquel día Don Manuel segue desaparecido. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Suso Macillos. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943 PROFESIÓN: Mariñeiro LUGAR DE RECOLIDA: Casa Macillos DATA DE RECOLLIDA: 1632012 PEIXES NAS CRENZAS A miña avoa dicíame que había un rapante que era como un “representante” de San Xoán. DDatos do/da informante: NOME E APELIDOS:Aurelia Fernández Villar DATA E LUGAR DE NACEMENTO:17/2/18, en Darbo. PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó. LUGAR DE RECOLLIDA: Piñeiro/ Darbo. DATA DE RECOLLIDA: 19/3/2012 crenzas de cangas
  • 29. Algúns peixes levan nun óso da cabeza a figura da Virxe. As fanecas teñen como unha “habichuela”, unha boliña branca na cabeza coa imaxe da Virxe de Fátima Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: María Luísa Portas Lorenzo. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 1/9/1934 , en Vilariño/Hío. PROFESIÓN: Ama de casa, (labrega). LUGAR DE RECOLLIDA: No seu domicilio, en Vilariño. DATA DE RECOLLIDA: 12/3/2012 Cóntase que un home foi pescar nunha gamela. Esperaba pescar peixe, pero co que se atopou foi cun polbo. Este pegóuselle á gamela, o mariñeiro tentou quitalo, pero era imposible. Así que tivo que parar na praia de Castiñeiras a sacalo. Cando o conseguiu, e se dispuña a volver á casa , viu un vento moi forte que fixo volcar a gamela. Por sorte, o home sobreviviu. E algúns vellos dicíanlle que aquilo lle ocorrera por non deixar o polbo libre. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3101936. En Vilariño , Hío PROFESIÓN: Mariñeiro, e tamén labrego LUGAR DE RECOLIDA: No seu domicilio , Costa da FonteVilariño DATA DE RECOLLIDA: 1732012 27
  • 30. Din que o martiño ten dúas manchas negras porque eran os dedos de San Martiño cando o collía. Datos do/da informante. NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo. PROFESIÓN: Mariñeiro. LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo. DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12. SEREAS Eu coñezo unha lenda sobre as sereas…Hmm… Había, xa fai tempo, un mariñeiro de lubinas. Era pobre, xa que case nunca tiña brío nin sorte ao pescar. Un día, ía de noite a pescar e aparecéuselle unha serea. El ficou ollando para ela coma dicíndolle coa mirada: < >. Ela, nerviosa, díxolle: xúroche que se me deixas no mar traereiche todas as lubinas que queiras, pero déixame aquí. Pasado un rato, o mariñeiro aceptou o trato. Dende aquela, cada vez que o mariñeiro precisa peixe, chama pola sereíña e ela lévalle todo o peixe que el precisa. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Suso Macillos. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943 PROFESIÓN: Mariñeiro LUGAR DE RECOLIDA: Casa Macillos DATA DE RECOLLIDA: 1632012 crenzas de cangas
  • 31. Contaban os mariñeiros cando se reunían nos furanchos, que cando andaban ao mar e chegaban a Cangas, oían uns cantos. Moitos deles daban por feito que aquilo que oían era unha serea, unha serea loura, pola súa voz. Pero ninguén soubo xamais se aquela serea existía de verdade. Datos da informante: NOME E APELIDOS: Aurelia Fernández Villar. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 17/2/18, en Darbo.2/2012 PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó. LUGAR DE RECOLLIDA: Piñeiro/Darbo. DATA DE RECOLLIDA: 19/2/2012. O DEMO E O MAR A xente cría que no mar non se podía falar de animais da Terra porque era de mal agoiro Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Antonio Camaño Pena DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940. PROFESIÓN: Carpintero e mariñeiro . LUGAR DE RECOLLIDA: Cuinchido de Arriba / Darbo . DATA DE RECOLLIDA: 18-3-2012. 29
  • 32. Neptuno é como o “demo” do mar, e por ese motivo leva unha fisja, que é o instrumento que utilizan para pescar chocos e peixes que andan pola area, e segundo Manuel, o demo anda por riba do mar. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Manuel Fernández Mariño. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, 26 de abril de 1929 PROFESIÓN: Albanel e electricista LUGAR DE RECOLIDA: Centro social da terceira idade DATA DE RECOLLIDA: 1132012 HOMES E MULLERES QUE ANDABAN SOBRE O MAR Un día, o meu tío foi ao porto a coller a súa barquiña para ir dar un paseo. Cando estaba ó puntiño de meterse no seu barco, un aire empurrouno ao mar. Soou un 'plaf!' e decatouse de que caera no mar coma se fora un flotador, xa que non ía para o fondo. Ergueuse e decatouse de que podía andar polo mar. Cando fitou para o muelle, viu un anxo que lle chiscaba o ollo, e nese momento foi cando se deu conta de que tiña un novo don. Datos do/da informante: NOME E APELIDOS: Suso Macillos. DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943 PROFESIÓN: Mariñeiro LUGAR DE RECOLIDA: Casa Macillos DATA DE RECOLLIDA: 1632012 crenzas de cangas
  • 33. BIBLIOGRAFÍA V.V.A.A. Dicionario dos seres Míticos Galegos. Vigo: Ed. Xerais, 2008. APARICIO CASADO, B. Mouras, serpes, tesouros e outros encantos. Mitoloxía popular galega. Cadernos do seminario de Sargadelos, 1999. GONZÁLEZ REBOREDO X. M. Lendas galegas de tradición oral. Vigo: Ed. Galaxia, 1995. GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ÁLVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules, 2001. MIRANDA, X. e REIGOSA, A. Arrepíos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror. Vigo: Ed. Xerais, 2004. VAQUEIRO, V. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Ed. Galáxia, 2011. http://www.galiciaencantada.com 31
  • 35. Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO biblioteca www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com 33