“ AS TECNOLOXÍASDA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN: RECURSOS TIC PARA O ENSINO”
2.
AS REDES DEORDENADORES, O TRABALLO EN REDE E COLABORATIVO Que é unha Rede Informática? É un conxunto de equipos conectados por medio de cables, sinais, ondas ou calquera outro método de transporte de datos, que comparten recursos como impresoras, CD-ROMs, arquivos, programas... e servicios como acceso a Internet, chats, emails… Tarxeta de Rede: Definición Unha tarxeta de rede permite a comunicación entre diferentes aparatos conectados entre si e tamén permite compartir recursos entre dous ou máis equipos (discos duros, CD-ROM, impresoras, etc). Ás tarxetas de rede tamén se lles chama adaptador de rede ou NIC ( Network Interface Card , Tarxeta de Interfaz de Rede en galego). Hai diversos tipos de adaptadores en función do tipo de cableado ou arquitectura que se empregue na rede (coaxial fino, coaxial groso, etc.), pero actualmente o máis común é do tipo Ethernet empregando un interfaz ou conector RJ-45.
3.
AS REDES DEORDENADORES, O TRABALLO EN REDE E COLABORATIVO CABLE COAXIAL CABLE RJ-45 (En Desuso) (Uso Frecuente)
4.
Rede de ÁreaLocal (LAN) Unha rede de área local , ou rede local, é a interconexión de varios ordenadores e periféricos. ( LAN é a abreviatura inglesa de Local Area Network , 'rede de área local'). A súa estensión está limitada fisicamente a un edificio ou a un entorno de ata 200 metros. A súa aplicación máis estendida é a interconexión de ordenadores persoais e estacións de traballo en oficinas, fábricas, etc., para compartir recursos e intercambiar datos e aplicacións. En definitiva, permite que dous ou máis máquinas se comuniquen.
5.
COMPARTINDO UNHA CARPETAEN REDE 1º ESCOLLER A UBICACIÓN DA CARPETA A COMPARTIR 1º Debemos seleccionar a partición onde queremos ter a nosa carpeta persoal cos nosos traballos.
6.
COMPARTINDO UNHA CARPETAEN REDE 2º CREACIÓN DA CARPETA 1º Pulsar o botón dereito do rato 2º Colocar o punteiro sobre o comando “Novo” 3º Pulsar sobre o comando “Carpeta”
7.
COMPARTINDO UNHA CARPETAEN REDE 3º CREACIÓN DA CARPETA Xa temos creada a nosa carpeta de traballo que compartiremos
8.
COMPARTINDO UNHA CARPETAEN REDE 4º COMPARTINDO A NOSA CARPETA DE TRABALLO Para compartir a nosa nova carpeta de traballo debemos pulsar sobre o botón dereito do noso rato xusto enriba de dita carpeta e elixir o comando Propiedades.
9.
COMPARTINDO UNHA CARPETAEN REDE 4º COMPARTINDO A NOSA CARPETA DE TRABALLO Marcando esta opción permitimos aos demais usuarios da rede ver esta carpeta. Marcando esta opción permitimos aos demais usuarios modificar os arquivos de dita carpeta (editar, cortar, pegar...)
10.
COMO VEXO OSEQUIPOS DA MIÑA REDE? 1º Pulsamos sobre Meus Sitios de Rede.
11.
COMO VEXO OSEQUIPOS DA MIÑA REDE? 2º Pulsamos sobre a icona sita na marxe esquerda da pantalla Meus sitios de rede onde aparece o comando Ver Equipos Do Grupo De Traballo .
12.
COMO VEXO OSEQUIPOS DA MIÑA REDE? Nome do grupo de traballo Ordenadores pertencentes ao grupo de traballo “Casa”
13.
COMO VEXO OSEQUIPOS DA MIÑA REDE? Equipo da Rede no que nos atopamos traballando. Recursos compartidos cos outros equipos da rede. Carpeta creada anteriormente en C: e compartida.
14.
EXERCICIO: CREAR ANOSA CARPETA DE TRABALLO E COMPARTILA COS OUTROS COMPAÑEIROS DA CLASE Neste punto deberemos crear a nosa carpeta de traballo na que imos gardar, ao longo do curso, os nosos exercicios de clase. A carpeta debe ser compartida e ter o permiso correspondente de modificación ou apertura de arquivos por parte de outros membros da aula. Recordade poñerlle un nome que axude ao resto dos alumnos e a vos mesmos a identificala con facilidade.