Bases doctrinales y teóricas sobre los contratos, de acuerdo a la legislación boliviana. Presentación utilizada en la Maestría de Derecho Civil de la Escuela Militar de Ingeniería. Santa Cruz de la Sierra, Bolivia.
Contacto: oscarurquizucordova@gmail.com / 591-70319078 / 591-46424791

Programa de las Fiestas de María Pita 2013 (A Coruña). Descargar para ver mejorConecta Coruna
Programación de las Fiestas de María Pita 2013 de la ciudad de A Coruña. Un mes ininterrumpido de actos, espectáculos y eventos para todos los públicos. Más de 100 actuaciones musicales y más de 250 horas de programación infantil en la calle y gratuito.
Programa concierto en beneficio I.B.S. Padre Rubinos 2013Conecta Coruna
Programa del concierto a beneficio de la entidad "I.B.S. Padre Rubinos", que se celebrará en la Real Academia Gallega de Bellas Artes el próximo 10 de abril a las 20.00h.

1. 20/02/2013
Comunicado de Prensa
AURELIA QUEDA, AURELIA NON SE VAI
Antecedentes.
Dona Aurelia ten 85 anos. Leva vivindo dende o ano 1979 no número 9 da rúa Padre Feijoo. Non
existe un contrato de arrendamento de vivenda por escrito, é verbal, xa que, entre outras cousas,
Aurelia traballou coma costureira para a familia González Pereira ata a súa xubilación.
Aurelia cobra unha pensión non contributiva de 375€ e paga un alugueiro de 126€, é dicir, tras
pagar a súa vivenda, únicamente conta con 249€ ao mes para vivir. Aurelia forma parte de ese
21,8% da poboación que no Estado español se atopa en situación de pobreza.
Na actualidade, a familia propietaria da vivenda quere extinguir o este contrato verbal de alugueiro
argumentando un retraso no pagamento dun mes no ano 2011.
Dende STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA informamos que:
-Dona Aurelia manifestou dende o inicio que non quere abandonar a casa onde leva
vivindo os últimos 34 anos. Polo tanto, o noso obxectivo principal é que se paralice a
actual orde de desafiuzamento.
-Ata o de agora, ningunha das propostas emitidas por parte da familia González
Pereira abordou esta suspensión.
-Aurelia debe poder valorar calquera tipo de oferta sen atoparse condicionada pola
amenaza de ser expulsada da súa casa. Polo tanto, aínda que grazas ao enorme apoio
social que presenta este caso, tanto o Instituto de Vivenda e Solo como os Servicios
Sociais da Coruña fixeron propostas, consideramos que para que se poida dar unha
negociación, ésta ten que ser digna e en igualdade de condicións para ámbalas dúas
partes. Sen paralización definitiva da orde de desafiuzamento non haberá
negociación de ningún tipo.
-Por outra banda, en relación cos comentarios despectivos que se fixeron nas últimas
horas sobre a saúde mental de Aurelia, todas e todos somos conscientes de que se trata
dunha estratexia ca que tratan de desprestixiala, para deste xeito poñer en entredito o
seu lexítimo dereito a vivir na súa casa, e tentar romper o importantísimo apoio social que
está a ter por parte da cidadanía. Unha loita tan forte como a que está levando adiante
Aurelia só é posible tendo a cabeza perfectamente no seu sitio.
-Na opinión de STOP DESAFIUZAMENTOS a inxustiza da que está a ser víctima
Aurelia insértase nunha estratexia criminal que ten coma obxectivo despoxarnos
dos nosos dereitos e liberdades básicas para convertirnos en suxeitos socialmente
vulnerábeis. Un exemplo de esta estratexia de asoballamento foi o xogo de manipulación
do Subdelegado do Goberno na Coruña e a posterior actuación policial violenta e
irracional que tivo lugar o pasado luns 18 de febreiro.
1
2. Nota ás traballadoras e traballadores dos medios de comunicación.
Dende STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA queremos en primeiro lugar amosarvos
o noso máis fondo e sincero agradecemento polo enorme esforzo e excelente traballo
que estades a realizar. A vosa presenza e bon facer non só é imprescindible para
denunciar a inxustiza á que se está sometendo ás persoas e familias que son víctimas
de desafiuzamentos, senón que mesmo foi de todo crucial en momentos de máxima
tensión e violencia como a vivida o pasado luns.
Queremos tamén aproveitar este comunicado para pedir desculpas se nalgún momento
non fumos quen de proporcionarvos as informacións ca orde e claridade que require o
voso traballo. Co obxectivo de tentar facilitar ao máximo a vosa tarefa coma
comunicadoras/es e corresponder ao compromiso que amosades ca vosa presencia na
rúa Padre Feijoo. Tentamos con este comunicado de prensa iniciar unha liña de
comunicación o máis ordenada e clara posible.
Moitas grazas polo voso compromiso con esta problemática social. Estamos seguras/os
de que con persoas coma vós traballando nos medios de comunicación e co apoio
cidadán, gañar esta loita SÍ SE PODE.
2