SlideShare a Scribd company logo
1 of 63
E TI… COMO
VÉS SENDO?
2ª edición
Aos de 1º da ESO gústanos estar sempre metidos en fariña e cando
vimos a actividade na que os compañeiros e compañeiras de 2º da ESO
realizaban o seu autorretrato tivémolo claro e..., alá fomos.
Pero xa sabedes o que é a envexa. E como @s prof@s tampouco se
libran, algúns coáronsenos na actividade.
Aquí tedes os nosos traballos. Seredes quen de recoñecernos mediante
as imaxes ? E coa axuda dos textos?
Recordade localizar @s intrus@s.
Ola.
Son un neno de 13 anos, alto e forte e tamén atleta.
Parezo unha formiga xa que ando de aquí para alá sen
pousar o cu; son moi nervioso.
Na imaxe aparecen uns obxectos que me definen ben.
En primeiro lugar a miña bici de cor azul, porque me
gusta moito montar en bici a diario; todos os días fago
1`5 km.
Tamén está o meu gato, que vai facer un ano. Vive
con nós desde que tiña 2 meses. Paso moito tempo
con el.
Na imaxe aparece un mando da Play 4 e o xogo FIFA
20, que é un regalo que me gustou moitísimo.
Tamén podedes ver os trofeos que fun gañando
durante os anos de competición. Teño máis, pero puxen
os máis significativos para min.
Teño trece anos e son de estatura mediana.
O meu pelo é castaño con fios dourados e
os ollos de cor marrón clara.
Coloquei a funda do meu móbil porque a
metade da miña vida pásoa con este
aparato, sobre todo en tik tok.
O altofalante represéntame moito porque me
encanta escoitar música.
O chaveiro de unicornio consérvoo desde
que tiña 3 anos porque cando era pequena
gustábanme estes seres; parecíanme
cabalos de colores.
E por último aparece unha correa dun can
xa que me encantan os animais, sobre todo
os cans. A miña casa parece un zoo posto
que teño moitos animais de distintas
especies.
Son un rapaz baixo e delgado, e como ben
se ve na imaxe gústame xogar aos
videoxogos . Tanto que ás veces paso con
eles 600 horas ao día.
Aínda que non só fago iso, polo que na
imaxe, se ben parecen lapis, hai
rotuladores porque nos meus ratos libres
debuxo ou pinto. Tamén me gusta
descargar e escoitar música, de aí os
cascos.
Esquecín poñer un balón porque me gusta
moito o fútbol, tanto velo como xogar a el.
Ás veces cabréome cando perdo un partido,
como se cabrea un león cun lince.
Son un rapaza morena, máis ben baixa, con ollos grandes e de sorriso tímido. Isto último é
normal, pois de primeiras son moi reservada. Así que todo o que vedes na imaxe forma
parte do meu mundo segredo, que comparto con pouca xente.
Dúas cousas que me fascinan: a música e a lectura. Na imaxe tedes o instrumento que
toco, así daquela maneira porque aínda estou aprendendo: o violín. E o meu walkman e
discman, onde escoito La Oreja de Van Gogh ou Abba (dos que teño, os meus discos
preferidos) e algunhas casetes antigas que hai pola casa.
Dos meus libros, Harry Potter tiña que estar, e algún manga tamén. Tamén hai unha
acuarela que fixen en clase de pintura, unha actividade que me axuda moito a relaxarme.
E a serie de Marmalade Boy (A familia crece) porque era a que vía todas as tardes,
despois do Xabarín, durante a merenda cando estaba en primaria. Encantábame!!
Agora entre clases de violín, pintura e kung fu case non vexo a tele. Xunto ao meu traxe de
práctica tedes o cinto verde que acadei hai pouco nesta arte marcial.
E por suposto, o meu saco de durmir e as miñas botas. Fan referencia ao mellor do ano: os
campamentos de verán. Dúas semanas de liberdade, actividades na natureza e novos
amigos! E algunha escordadura tamén...
As moedas de chocolate están porque son moi, moi, moi larpeira. Podería poñer calquera
doce ou lambetada, pero este ano cambiamos da peseta ao euro e pareceume gracioso
incluílas.
Por último, a bandeira de Nunca Máis. Son moi sensible a certas cousas; o que afecta á
situación medioambiental é unha delas. Doeume moito o afundimento do Prestige, que
contaminou as nosas costas tinguíndoas de negro. E isto lévame a algo que non aturo e
que me resulta incomprensible: o absurdo do mundo dos adultos.
Ola!
Son un neno de 13 anos e gústame moito o
surf e facer tiro ao branco.
Sempre durmo cun bate de béisbol, pois é
unha das miñas manías. Enfádome moi
facilmente e tendo a perder o control, polo
que moitas veces tiro cousas. Pero recupero
o control antes de facer dano. É máis fácil
enfadarme que respirar.
Gústame moito xogar a Play Station 4; se
me deixaran podía pasar 24 horas xogando.
Son unha persoa máis pequena ca unha
formiga e teño unha melena moi longa.
Son un rapaz de mediana altura co pelo castaño e curto.
Nesta imaxe vense reflectidos moitos dos meus gustos,
como un libro do sistema solar que me regalou a profesora
que tiven en quinto de primaria. Morro por todo o que ten que
ver co universo, como por exemplo os corpos celestes.
Tamén teño outra afección que igual vos sorprende: a de
facer crebacabezas dende 200 pezas ata 500 ou 1000.
Puxen o balón de fútbol co que xogo con meu irmán. É do
Barcelona porque é o equipo que me gusta.
Eu a todos os lados levo uns tenis; somos coma uña e carne.
Nunca calzo outro tipo de zapatos por iso os puxen na imaxe.
E o que non podía faltar é o mando da Play Station porque é
un dos meus maiores entretementos.
Todas e todos coñecedes os obxectos que me identifican:
un dron, do que moitos saben unha anécdota bastante
graciosa, unha bota de fútbol, que é o meu deporte
preferido, e unha medalla de atletismo, un deporte que me
gusta practicar.
Cando estou na casa paso todo o día escoitando música.
Na parte de abaixo na esquerda, está unha camiseta
firmada por todos os xogadores do Lugo, porque eu
xoguei nese equipo;
Sobre o meu aspecto podería dicir que son unha persoa
baixa co pelo coma unha castaña. Tamén son gracioso e
deportista.
No meu tempo libre o que máis me gusta é xogar ao
fútbol e quedar cos amigos.
Son unha rapaza de trece anos, de mediana
estatura e co pelo negro como a sombra.
Os obxectos da miña foto ensinan o que me gusta
facer.
Hai unha pelota de tenis que é o xoguete preferido
de Lúa, a miña cadela, que chegou a miña casa
moito antes de confinarnos.
Debaixo da pelota hai uns auriculares porque me
gusta escoitar música, sobre todo a de Adexe. Vexo
miles de tiktoks deste cantante!
O tractor amarelo significa dúas cousas: gústame
este vehículo porque o vexo todos os días na Torre,
na casa do meu sobriño Álex; ademais encántame
o seu tractor de xoguete, que está mirando para a
pelota na foto.
Por último os dous rotuladores falan sobre o moito
que me gusta pintar, este curso a materia de plástica
é a miña favorita.
Son unha rapaza morena, delgadiña, alta e de pelo moreno, por así dicilo, o
meu cabelo ten liberdade de expresión. Declárome fiel amante da música, do
debuxo e, por suposto, dos Simpsons! É máis, a miña familia aseméllase moito
a estes personaxes de pel amarela; a min, por sorte, tocoume ser Maggie,
aínda que falo moitísimo máis ca ela. Outro dato curioso é que vin o “Señor
dos Aneis”, aproximadamente, unhas 80 veces (cada unha das películas eh!),
e as que me quedan por ver aínda.... O doce é outra das miñas paixóns,
ENCÁNTAME o doce, da igual de que tipo: chocolate, xeado, lambetadas,
froita... Poderíame pasar o día completo comendo, mais por saúde intento
conter a ese gran dinosaurio devorador, e facer deporte case todos os días. En
xeral, gústanme a maior parte dos deportes pero, en especial, o baloncesto;
cada verán espero ansiosa a chegada do campus que se celebra en
Vilagarcía, ao cal van case todas as miñas amigas de equipo. Elas coñécenme
moi ben, poderíanvos dicir incluso o número de veces que ando tocando o pelo
ao longo do día, e facédeme caso, non son poucas...
Eu son alguén que non ten un físico envidábel nin
uns ollos de ouro, máis ben teño os ollos duns
castaños e un carbón na cabeza.
Na imaxe mostro unha bolsa na cal hai o contido
que sempre compro cando vou a Lugo á librería
Totem.
Tamén podedes ver un mando e videoxogos cos
que enredo moito tempo.
Na imaxe hai cartas, que é algo que me representa;
aínda que precisamente esas non. Tamén coloquei
un xogo de mesa que me encanta.
Por último está a miña querida tableta.
Ola!
Son unha rapaza de altura media coa pel morena e o pelo como a
cola dun cabalo.
Na imaxe podedes observar que son bastante organizada, por iso hai
un caderno de notas. Tamén hai unha camiseta de Atletismo Friol,
este é o meu deporte favorito, pero practico outro máis:a ximnasia
rítmica.
Son unha persoa que non pode parar quieta, por iso hai unha imaxe
de xente bailando, xa que me encanta bailar e a música. Non podería
vivir sen estas dúas cousas.
Algo que case ninguén sabe é que me gusta ter os labios hidratados,
é unha desas cousas estrañas de min.
O que non podía faltar é a Torre Eiffel dado que desde ben pequena
quero ir visitar París; pero de momento no é o caso.
O cepillo para o cabelo é moi necesario na miña vida xa que o meu
pelo enrédase con moita facilidade. A goma branca acompáñame
sempre onde vaia; é como a miña compañeira de viaxe.
Ola!
Son unha persoa de trece anos e teño unha cantidade de
afeccións máis alta cá torre Eiffel, pero só vos vou contar
unhas poucas.
O meu físico é o dunha persoa alta, nin fraca nin forte e co
pelo coma o dun castaño escuro.
De personalidade considérome bastante amigable e boa
persoa.
Son un gran amante do deporte, xa que fago barranquismo,
xogo ao fútbol, corro, ando en bicicleta...
Ademais gústanme tamén moito os videoxogos xa que me
entreteñen. Pero eu non son dos que gozan só cun xogo,
gústanme os de FIFA, Minekraft, Fortnite… e moitos máis.
O outro obxecto é un coche de LEGO porque nese sentido
son como un construtor, por iso teño os coches; agora
estou co terceiro.
Esa cousa branca estraña é sal porque reflicte unha cousa
sobre min: encántame a comida salgada!
Son un rapaz de 13 anos delgado coma o mango dunha vasoira,
teño o pelo tan loiro que brilla coma o ouro e a miña pel non se
diferenza da neve. Os meus ollos, dependendo do día, son verdes,
azuis ou marróns, segundo a luminosidade.
Gústanme os deportes, sobre todo o fútbol e o bádminton. Tamén
xogar aos videoxogos, pero só o fago no meu tempo libre.
O pendente pertence a un becerro, pois crieime entre eles.
O xoguete que parece que non pinta nada na imaxe é de meu
sobriño, que me ten moi entretido pois anda sempre facendo
trasnadas que a min me fan rir. Pero..., a persoa que se infiltrou na
imaxe en forma de zapatilla non tanto. E esa é a miña irmá.
Son un neno tan pesado coma un ferro de 20
quilos e dígoo por mal.
Como observades na imaxe, por baixo das cousas
hai unha nube que che axuda a durmir (moita
xente sabe que me gusta durmir tan quentiño
coma o lume).
Polo cómic de Astérix xa saberedes quen son,
pero vou dicir por que puxen ese en concreto:
móvese el só coma se tivera pernas!
Tamén coloquei un balón porque me gusta o
fútbol. Normalmente quedo de porteiro, pero ás
veces abúrrome e deixo que entren os balóns
coma se eu fose un coador.
Son unha rapaza de 12 anos, alta, co pelo louro e castaño e
ollos verdes.
As dúas cintas que aparecen na imaxe eran algo que poñía
e parecía unha “maruxa”.
A cámara que coloquei é na que teño as fotos da miña viaxe
a París.
O mando púxeno porque me gusta ver moito a televisión,
aínda que tamén fago atletismo; velaí a camiseta. E o
chocolate porque para min é case tan importante coma
respirar.
Por último podedes ver a goma de pelo. Normalmente non
utilizo esa, pero non atopei outra porque son moi
desordenada e pérdoo todo.
Velaquí as solucións!!

Samuel dibujado por
Mara

Paula debuxada
por Iván
Son un rapaz baixo e delgado, e como ben
se ve na imaxe gústame xogar aos
videoxogos . Tanto que ás veces paso con
eles 600 horas ao día.
Aínda que non só fago iso, polo que na
imaxe, se ben parecen lapis, hai
rotuladores porque nos meus ratos libres
debuxo ou pinto. Tamén me gusta
descargar e escoitar música, de aí os
cascos.
Esquecín poñer un balón porque me gusta
moito o fútbol, tanto velo como xogar a el.
Ás veces cabréome cando perdo un partido,
como se cabrea un león cun lince.
Iván debuxado
por Paula
BEGOÑA PROFE
Son un rapaza morena, máis ben baixa, con ollos grandes e de sorriso tímido. Isto último é
normal, pois de primeiras son moi reservada. Así que todo o que vedes na imaxe forma
parte do meu mundo segredo, que comparto con pouca xente.
Dúas cousas que me fascinan: a música e a lectura. Na imaxe tedes o instrumento que
toco, así daquela maneira porque aínda estou aprendendo: o violín. E o meu walkman e
discman, onde escoito La Oreja de Van Gogh ou Abba (dos que teño, os meus discos
preferidos) e algunhas casetes antigas que hai pola casa.
Dos meus libros, Harry Potter tiña que estar, e algún manga tamén. Tamén hai unha
acuarela que fixen en clase de pintura, unha actividade que me axuda moito a relaxarme.
E a serie de Marmalade Boy (A familia crece) porque era a que vía todas as tardes,
despois do Xabarín, durante a merenda cando estaba en primaria. Encantábame!!
Agora entre clases de violín, pintura e kung fu case non vexo a tele. Xunto ao meu traxe de
práctica tedes o cinto verde que acadei hai pouco nesta arte marcial.
E por suposto, o meu saco de durmir e as miñas botas. Fan referencia ao mellor do ano: os
campamentos de verán. Dúas semanas de liberdade, actividades na natureza e novos
amigos! E algunha escordadura tamén...
As moedas de chocolate están porque son moi, moi, moi larpeira. Podería poñer calquera
doce ou lambetada, pero este ano cambiamos da peseta ao euro e pareceume gracioso
incluílas.
Por último, a bandeira de Nunca Máis. Son moi sensible a certas cousas; o que afecta á
situación medioambiental é unha delas. Doeume moito o afundimento do Prestige, que
contaminou as nosas costas tinguíndoas de negro. E isto lévame a algo que non aturo e
que me resulta incomprensible: o absurdo do mundo dos adultos.
Ola!
Son un neno de 13 anos e gústame moito o
surf e facer tiro ao branco.
Sempre durmo cun bate de béisbol, pois é
unha das miñas manías. Enfádome moi
facilmente e tendo a perder o control, polo
que moitas veces tiro cousas. Pero recupero
o control antes de facer dano. É máis fácil
enfadarme que respirar.
Gústame moito xogar a Play Station 4; se
me deixaran podía pasar 24 horas xogando.
Son unha persoa máis pequena ca unha
formiga e teño unha melena moi longa.
Abel debuxado
por Lucas
Son un rapaz de mediana altura co pelo castaño e curto.
Nesta imaxe vense reflectidos moitos dos meus gustos,
como un libro do sistema solar que me regalou a profesora
que tiven en quinto de primaria. Morro por todo o que ten que
ver co universo, como por exemplo os corpos celestes.
Tamén teño outra afección que igual vos sorprende: a de
facer crebacabezas dende 200 pezas ata 500 ou 1000.
Puxen o balón de fútbol co que xogo con meu irmán. É do
Barcelona porque é o equipo que me gusta.
Eu a todos os lados levo uns tenis; somos coma uña e carne.
Nunca calzo outro tipo de zapatos por iso os puxen na imaxe.
E o que non podía faltar é o mando da Play Station porque é
un dos meus maiores entretementos.
Marcos Seijas
debuxado por Noa
Todas e todos coñecedes os obxectos que me identifican:
un dron, do que moitos saben unha anécdota bastante
graciosa, unha bota de fútbol, que é o meu deporte
preferido, e unha medalla de atletismo, un deporte que me
gusta practicar.
Cando estou na casa paso todo o día escoitando música.
Na parte de abaixo na esquerda, está unha camiseta
firmada por todos os xogadores do Lugo, porque eu
xoguei nese equipo;
Sobre o meu aspecto podería dicir que son unha persoa
baixa co pelo coma unha castaña. Tamén son gracioso e
deportista.
No meu tempo libre o que máis me gusta é xogar ao
fútbol e quedar cos amigos.
Lucas debuxado
por Abel
Son unha rapaza de trece anos, de mediana
estatura e co pelo negro como a sombra.
Os obxectos da miña foto ensinan o que me gusta
facer.
Hai unha pelota de tenis que é o xoguete preferido
de Lúa, a miña cadela, que chegou a miña casa
moito antes de confinarnos.
Debaixo da pelota hai uns auriculares porque me
gusta escoitar música, sobre todo a de Adexe. Vexo
miles de tiktoks deste cantante!
O tractor amarelo significa dúas cousas: gústame
este vehículo porque o vexo todos os días na Torre,
na casa do meu sobriño Álex; ademais encántame
o seu tractor de xoguete, que está mirando para a
pelota na foto.
Por último os dous rotuladores falan sobre o moito
que me gusta pintar, este curso a materia de plástica
é a miña favorita.
Rocío debuxada
por Marcos Varela
CLARA PROFE
Son unha rapaza morena, delgadiña, alta e de pelo moreno, por así dicilo, o
meu cabelo ten liberdade de expresión. Declárome fiel amante da música, do
debuxo e, por suposto, dos Simpsons! É máis, a miña familia aseméllase moito
a estes personaxes de pel amarela; a min, por sorte, tocoume ser Maggie,
aínda que falo moitísimo máis ca ela. Outro dato curioso é que vin o “Señor
dos Aneis”, aproximadamente, unhas 80 veces (cada unha das películas eh!),
e as que me quedan por ver aínda.... O doce é outra das miñas paixóns,
ENCÁNTAME o doce, da igual de que tipo: chocolate, xeado, lambetadas,
froita... Poderíame pasar o día completo comendo, mais por saúde intento
conter a ese gran dinosaurio devorador, e facer deporte case todos os días. En
xeral, gústanme a maior parte dos deportes pero, en especial, o baloncesto;
cada verán espero ansiosa a chegada do campus que se celebra en
Vilagarcía, ao cal van case todas as miñas amigas de equipo. Elas coñécenme
moi ben, poderíanvos dicir incluso o número de veces que ando tocando o pelo
ao longo do día, e facédeme caso, non son poucas...
Eu son alguén que non ten un físico envidábel nin
uns ollos de ouro, máis ben teño os ollos duns
castaños e un carbón na cabeza.
Na imaxe mostro unha bolsa na cal hai o contido
que sempre compro cando vou a Lugo á librería
Totem.
Tamén podedes ver un mando e videoxogos cos
que enredo moito tempo.
Na imaxe hai cartas, que é algo que me representa;
aínda que precisamente esas non. Tamén coloquei
un xogo de mesa que me encanta.
Por último está a miña querida tableta.
Paulo debuxado
polo profe Modesto
Ola!
Son unha rapaza de altura media coa pel morena e o pelo como a
cola dun cabalo.
Na imaxe podedes observar que son bastante organizada, por iso hai
un caderno de notas. Tamén hai unha camiseta de Atletismo Friol,
este é o meu deporte favorito, pero practico outro máis:a ximnasia
rítmica.
Son unha persoa que non pode parar quieta, por iso hai unha imaxe
de xente bailando, xa que me encanta bailar e a música. Non podería
vivir sen estas dúas cousas.
Algo que case ninguén sabe é que me gusta ter os labios hidratados,
é unha desas cousas estrañas de min.
O que non podía faltar é a Torre Eiffel dado que desde ben pequena
quero ir visitar París; pero de momento no é o caso.
O cepillo para o cabelo é moi necesario na miña vida xa que o meu
pelo enrédase con moita facilidade. A goma branca acompáñame
sempre onde vaia; é como a miña compañeira de viaxe.
Mara debuxada
por Samuel
Ola!
Son unha persoa de trece anos e teño unha cantidade de
afeccións máis alta cá torre Eiffel, pero só vos vou contar
unhas poucas.
O meu físico é o dunha persoa alta, nin fraca nin forte e co
pelo coma o dun castaño escuro.
De personalidade considérome bastante amigable e boa
persoa.
Son un gran amante do deporte, xa que fago barranquismo,
xogo ao fútbol, corro, ando en bicicleta...
Ademais gústanme tamén moito os videoxogos xa que me
entreteñen. Pero eu non son dos que gozan só cun xogo,
gústanme os de FIFA, Minekraft, Fortnite… e moitos máis.
O outro obxecto é un coche de LEGO porque nese sentido
son como un construtor, por iso teño os coches; agora
estou co terceiro.
Esa cousa branca estraña é sal porque reflicte unha cousa
sobre min: encántame a comida salgada!
Ramón debuxado
por Mateo
Son un rapaz de 13 anos delgado coma o mango dunha vasoira,
teño o pelo tan loiro que brilla coma o ouro e a miña pel non se
diferenza da neve. Os meus ollos, dependendo do día, son verdes,
azuis ou marróns, segundo a luminosidade.
Gústanme os deportes, sobre todo o fútbol e o bádminton. Tamén
xogar aos videoxogos, pero só o fago no meu tempo libre.
O pendente pertence a un becerro, pois crieime entre eles.
O xoguete que parece que non pinta nada na imaxe é de meu
sobriño, que me ten moi entretido pois anda sempre facendo
trasnadas que a min me fan rir. Pero..., a persoa que se infiltrou na
imaxe en forma de zapatilla non tanto. E esa é a miña irmá.
Marcos Varela debuxado
por Rocío
Son un neno tan pesado coma un ferro de 20
quilos e dígoo por mal.
Como observades na imaxe, por baixo das cousas
hai unha nube que che axuda a durmir (moita
xente sabe que me gusta durmir tan quentiño
coma o lume).
Polo cómic de Astérix xa saberedes quen son,
pero vou dicir por que puxen ese en concreto:
móvese el só coma se tivera pernas!
Tamén coloquei un balón porque me gusta o
fútbol. Normalmente quedo de porteiro, pero ás
veces abúrrome e deixo que entren os balóns
coma se eu fose un coador.
Mateo debuxado
por Ramón
Son unha rapaza de 12 anos, alta, co pelo louro e castaño e
ollos verdes.
As dúas cintas que aparecen na imaxe eran algo que poñía
e parecía unha “maruxa”.
A cámara que coloquei é na que teño as fotos da miña viaxe
a París.
O mando púxeno porque me gusta ver moito a televisión,
aínda que tamén fago atletismo; velaí a camiseta. E o
chocolate porque para min é case tan importante coma
respirar.
Por último podedes ver a goma de pelo. Normalmente non
utilizo esa, pero non atopei outra porque son moi
desordenada e pérdoo todo.
Noa debuxada
por Seijas
Ohhh!! Pero este que se coou por
aquí …
Quen será?
O que diciamos: que mala é a
envexa!!
FIN!
ESPERAMOS QUE O PASARADES MOI BEN!

More Related Content

Similar to Autorretrato 1º eso (1).pptx defin

As nosas mascotas
As nosas mascotasAs nosas mascotas
As nosas mascotasceipcoiron
 
Nos somos os_vincis
Nos somos os_vincisNos somos os_vincis
Nos somos os_vincisnivecaro
 
Adiviñas infantil
Adiviñas infantilAdiviñas infantil
Adiviñas infantilcatalega
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalelvira9496
 
Lembrome, gústame, non me gusta, teño medo...
Lembrome, gústame, non me gusta, teño medo...Lembrome, gústame, non me gusta, teño medo...
Lembrome, gústame, non me gusta, teño medo...Verónica Quintás
 
Similar to Autorretrato 1º eso (1).pptx defin (6)

As nosas mascotas
As nosas mascotasAs nosas mascotas
As nosas mascotas
 
Nos somos os_vincis
Nos somos os_vincisNos somos os_vincis
Nos somos os_vincis
 
Adiviñas infantil
Adiviñas infantilAdiviñas infantil
Adiviñas infantil
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
Lembrome, gústame, non me gusta, teño medo...
Lembrome, gústame, non me gusta, teño medo...Lembrome, gústame, non me gusta, teño medo...
Lembrome, gústame, non me gusta, teño medo...
 
Lembrome
LembromeLembrome
Lembrome
 
More from totitotitoti

Novidades maio 2016
Novidades maio 2016Novidades maio 2016
Novidades maio 2016totitotitoti
 
Infantil e primaria
Infantil e primariaInfantil e primaria
Infantil e primariatotitotitoti
 
Novos fondos para infantil e primaria
Novos fondos para infantil e primariaNovos fondos para infantil e primaria
Novos fondos para infantil e primariatotitotitoti
 
Xogo de pistas con primaria na biblioteca de Friol
Xogo de pistas con primaria na biblioteca de FriolXogo de pistas con primaria na biblioteca de Friol
Xogo de pistas con primaria na biblioteca de Frioltotitotitoti
 
Presentación apalpador
Presentación apalpadorPresentación apalpador
Presentación apalpadortotitotitoti
 
Obradoiro da Olería de Bonxe en Friol
Obradoiro da Olería de Bonxe en FriolObradoiro da Olería de Bonxe en Friol
Obradoiro da Olería de Bonxe en Frioltotitotitoti
 
Actividade de poesía
Actividade de poesíaActividade de poesía
Actividade de poesíatotitotitoti
 
O apalpador en Friol
O apalpador en FriolO apalpador en Friol
O apalpador en Frioltotitotitoti
 
Presentación da actividade
Presentación da actividadePresentación da actividade
Presentación da actividadetotitotitoti
 
Nova rotulación da biblioteca
Nova rotulación da bibliotecaNova rotulación da biblioteca
Nova rotulación da bibliotecatotitotitoti
 
Evolución da escrita
Evolución da escritaEvolución da escrita
Evolución da escritatotitotitoti
 
More from totitotitoti (18)

Novidades maio 2016
Novidades maio 2016Novidades maio 2016
Novidades maio 2016
 
Infantil e primaria
Infantil e primariaInfantil e primaria
Infantil e primaria
 
Novos fondos para infantil e primaria
Novos fondos para infantil e primariaNovos fondos para infantil e primaria
Novos fondos para infantil e primaria
 
Xogo de pistas con primaria na biblioteca de Friol
Xogo de pistas con primaria na biblioteca de FriolXogo de pistas con primaria na biblioteca de Friol
Xogo de pistas con primaria na biblioteca de Friol
 
Libros de inglés
Libros de inglésLibros de inglés
Libros de inglés
 
Cómics
CómicsCómics
Cómics
 
Presentación apalpador
Presentación apalpadorPresentación apalpador
Presentación apalpador
 
máis libros
máis librosmáis libros
máis libros
 
Máis fondos
Máis fondosMáis fondos
Máis fondos
 
Novos fondos
Novos fondosNovos fondos
Novos fondos
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Obradoiro da Olería de Bonxe en Friol
Obradoiro da Olería de Bonxe en FriolObradoiro da Olería de Bonxe en Friol
Obradoiro da Olería de Bonxe en Friol
 
Actividade de poesía
Actividade de poesíaActividade de poesía
Actividade de poesía
 
Belén TV
Belén TVBelén TV
Belén TV
 
O apalpador en Friol
O apalpador en FriolO apalpador en Friol
O apalpador en Friol
 
Presentación da actividade
Presentación da actividadePresentación da actividade
Presentación da actividade
 
Nova rotulación da biblioteca
Nova rotulación da bibliotecaNova rotulación da biblioteca
Nova rotulación da biblioteca
 
Evolución da escrita
Evolución da escritaEvolución da escrita
Evolución da escrita
 
Autorretrato 1º eso (1).pptx defin

  • 1. E TI… COMO VÉS SENDO? 2ª edición
  • 2. Aos de 1º da ESO gústanos estar sempre metidos en fariña e cando vimos a actividade na que os compañeiros e compañeiras de 2º da ESO realizaban o seu autorretrato tivémolo claro e..., alá fomos. Pero xa sabedes o que é a envexa. E como @s prof@s tampouco se libran, algúns coáronsenos na actividade. Aquí tedes os nosos traballos. Seredes quen de recoñecernos mediante as imaxes ? E coa axuda dos textos? Recordade localizar @s intrus@s.
  • 3.
  • 4. Ola. Son un neno de 13 anos, alto e forte e tamén atleta. Parezo unha formiga xa que ando de aquí para alá sen pousar o cu; son moi nervioso. Na imaxe aparecen uns obxectos que me definen ben. En primeiro lugar a miña bici de cor azul, porque me gusta moito montar en bici a diario; todos os días fago 1`5 km. Tamén está o meu gato, que vai facer un ano. Vive con nós desde que tiña 2 meses. Paso moito tempo con el. Na imaxe aparece un mando da Play 4 e o xogo FIFA 20, que é un regalo que me gustou moitísimo. Tamén podedes ver os trofeos que fun gañando durante os anos de competición. Teño máis, pero puxen os máis significativos para min.
  • 5.
  • 6. Teño trece anos e son de estatura mediana. O meu pelo é castaño con fios dourados e os ollos de cor marrón clara. Coloquei a funda do meu móbil porque a metade da miña vida pásoa con este aparato, sobre todo en tik tok. O altofalante represéntame moito porque me encanta escoitar música. O chaveiro de unicornio consérvoo desde que tiña 3 anos porque cando era pequena gustábanme estes seres; parecíanme cabalos de colores. E por último aparece unha correa dun can xa que me encantan os animais, sobre todo os cans. A miña casa parece un zoo posto que teño moitos animais de distintas especies.
  • 7.
  • 8. Son un rapaz baixo e delgado, e como ben se ve na imaxe gústame xogar aos videoxogos . Tanto que ás veces paso con eles 600 horas ao día. Aínda que non só fago iso, polo que na imaxe, se ben parecen lapis, hai rotuladores porque nos meus ratos libres debuxo ou pinto. Tamén me gusta descargar e escoitar música, de aí os cascos. Esquecín poñer un balón porque me gusta moito o fútbol, tanto velo como xogar a el. Ás veces cabréome cando perdo un partido, como se cabrea un león cun lince.
  • 9.
  • 10. Son un rapaza morena, máis ben baixa, con ollos grandes e de sorriso tímido. Isto último é normal, pois de primeiras son moi reservada. Así que todo o que vedes na imaxe forma parte do meu mundo segredo, que comparto con pouca xente. Dúas cousas que me fascinan: a música e a lectura. Na imaxe tedes o instrumento que toco, así daquela maneira porque aínda estou aprendendo: o violín. E o meu walkman e discman, onde escoito La Oreja de Van Gogh ou Abba (dos que teño, os meus discos preferidos) e algunhas casetes antigas que hai pola casa. Dos meus libros, Harry Potter tiña que estar, e algún manga tamén. Tamén hai unha acuarela que fixen en clase de pintura, unha actividade que me axuda moito a relaxarme. E a serie de Marmalade Boy (A familia crece) porque era a que vía todas as tardes, despois do Xabarín, durante a merenda cando estaba en primaria. Encantábame!! Agora entre clases de violín, pintura e kung fu case non vexo a tele. Xunto ao meu traxe de práctica tedes o cinto verde que acadei hai pouco nesta arte marcial. E por suposto, o meu saco de durmir e as miñas botas. Fan referencia ao mellor do ano: os campamentos de verán. Dúas semanas de liberdade, actividades na natureza e novos amigos! E algunha escordadura tamén... As moedas de chocolate están porque son moi, moi, moi larpeira. Podería poñer calquera doce ou lambetada, pero este ano cambiamos da peseta ao euro e pareceume gracioso incluílas. Por último, a bandeira de Nunca Máis. Son moi sensible a certas cousas; o que afecta á situación medioambiental é unha delas. Doeume moito o afundimento do Prestige, que contaminou as nosas costas tinguíndoas de negro. E isto lévame a algo que non aturo e que me resulta incomprensible: o absurdo do mundo dos adultos.
  • 11.
  • 12. Ola! Son un neno de 13 anos e gústame moito o surf e facer tiro ao branco. Sempre durmo cun bate de béisbol, pois é unha das miñas manías. Enfádome moi facilmente e tendo a perder o control, polo que moitas veces tiro cousas. Pero recupero o control antes de facer dano. É máis fácil enfadarme que respirar. Gústame moito xogar a Play Station 4; se me deixaran podía pasar 24 horas xogando. Son unha persoa máis pequena ca unha formiga e teño unha melena moi longa.
  • 13.
  • 14. Son un rapaz de mediana altura co pelo castaño e curto. Nesta imaxe vense reflectidos moitos dos meus gustos, como un libro do sistema solar que me regalou a profesora que tiven en quinto de primaria. Morro por todo o que ten que ver co universo, como por exemplo os corpos celestes. Tamén teño outra afección que igual vos sorprende: a de facer crebacabezas dende 200 pezas ata 500 ou 1000. Puxen o balón de fútbol co que xogo con meu irmán. É do Barcelona porque é o equipo que me gusta. Eu a todos os lados levo uns tenis; somos coma uña e carne. Nunca calzo outro tipo de zapatos por iso os puxen na imaxe. E o que non podía faltar é o mando da Play Station porque é un dos meus maiores entretementos.
  • 15.
  • 16. Todas e todos coñecedes os obxectos que me identifican: un dron, do que moitos saben unha anécdota bastante graciosa, unha bota de fútbol, que é o meu deporte preferido, e unha medalla de atletismo, un deporte que me gusta practicar. Cando estou na casa paso todo o día escoitando música. Na parte de abaixo na esquerda, está unha camiseta firmada por todos os xogadores do Lugo, porque eu xoguei nese equipo; Sobre o meu aspecto podería dicir que son unha persoa baixa co pelo coma unha castaña. Tamén son gracioso e deportista. No meu tempo libre o que máis me gusta é xogar ao fútbol e quedar cos amigos.
  • 17.
  • 18. Son unha rapaza de trece anos, de mediana estatura e co pelo negro como a sombra. Os obxectos da miña foto ensinan o que me gusta facer. Hai unha pelota de tenis que é o xoguete preferido de Lúa, a miña cadela, que chegou a miña casa moito antes de confinarnos. Debaixo da pelota hai uns auriculares porque me gusta escoitar música, sobre todo a de Adexe. Vexo miles de tiktoks deste cantante! O tractor amarelo significa dúas cousas: gústame este vehículo porque o vexo todos os días na Torre, na casa do meu sobriño Álex; ademais encántame o seu tractor de xoguete, que está mirando para a pelota na foto. Por último os dous rotuladores falan sobre o moito que me gusta pintar, este curso a materia de plástica é a miña favorita.
  • 19.
  • 20. Son unha rapaza morena, delgadiña, alta e de pelo moreno, por así dicilo, o meu cabelo ten liberdade de expresión. Declárome fiel amante da música, do debuxo e, por suposto, dos Simpsons! É máis, a miña familia aseméllase moito a estes personaxes de pel amarela; a min, por sorte, tocoume ser Maggie, aínda que falo moitísimo máis ca ela. Outro dato curioso é que vin o “Señor dos Aneis”, aproximadamente, unhas 80 veces (cada unha das películas eh!), e as que me quedan por ver aínda.... O doce é outra das miñas paixóns, ENCÁNTAME o doce, da igual de que tipo: chocolate, xeado, lambetadas, froita... Poderíame pasar o día completo comendo, mais por saúde intento conter a ese gran dinosaurio devorador, e facer deporte case todos os días. En xeral, gústanme a maior parte dos deportes pero, en especial, o baloncesto; cada verán espero ansiosa a chegada do campus que se celebra en Vilagarcía, ao cal van case todas as miñas amigas de equipo. Elas coñécenme moi ben, poderíanvos dicir incluso o número de veces que ando tocando o pelo ao longo do día, e facédeme caso, non son poucas...
  • 21.
  • 22. Eu son alguén que non ten un físico envidábel nin uns ollos de ouro, máis ben teño os ollos duns castaños e un carbón na cabeza. Na imaxe mostro unha bolsa na cal hai o contido que sempre compro cando vou a Lugo á librería Totem. Tamén podedes ver un mando e videoxogos cos que enredo moito tempo. Na imaxe hai cartas, que é algo que me representa; aínda que precisamente esas non. Tamén coloquei un xogo de mesa que me encanta. Por último está a miña querida tableta.
  • 23.
  • 24. Ola! Son unha rapaza de altura media coa pel morena e o pelo como a cola dun cabalo. Na imaxe podedes observar que son bastante organizada, por iso hai un caderno de notas. Tamén hai unha camiseta de Atletismo Friol, este é o meu deporte favorito, pero practico outro máis:a ximnasia rítmica. Son unha persoa que non pode parar quieta, por iso hai unha imaxe de xente bailando, xa que me encanta bailar e a música. Non podería vivir sen estas dúas cousas. Algo que case ninguén sabe é que me gusta ter os labios hidratados, é unha desas cousas estrañas de min. O que non podía faltar é a Torre Eiffel dado que desde ben pequena quero ir visitar París; pero de momento no é o caso. O cepillo para o cabelo é moi necesario na miña vida xa que o meu pelo enrédase con moita facilidade. A goma branca acompáñame sempre onde vaia; é como a miña compañeira de viaxe.
  • 25.
  • 26. Ola! Son unha persoa de trece anos e teño unha cantidade de afeccións máis alta cá torre Eiffel, pero só vos vou contar unhas poucas. O meu físico é o dunha persoa alta, nin fraca nin forte e co pelo coma o dun castaño escuro. De personalidade considérome bastante amigable e boa persoa. Son un gran amante do deporte, xa que fago barranquismo, xogo ao fútbol, corro, ando en bicicleta... Ademais gústanme tamén moito os videoxogos xa que me entreteñen. Pero eu non son dos que gozan só cun xogo, gústanme os de FIFA, Minekraft, Fortnite… e moitos máis. O outro obxecto é un coche de LEGO porque nese sentido son como un construtor, por iso teño os coches; agora estou co terceiro. Esa cousa branca estraña é sal porque reflicte unha cousa sobre min: encántame a comida salgada!
  • 27.
  • 28. Son un rapaz de 13 anos delgado coma o mango dunha vasoira, teño o pelo tan loiro que brilla coma o ouro e a miña pel non se diferenza da neve. Os meus ollos, dependendo do día, son verdes, azuis ou marróns, segundo a luminosidade. Gústanme os deportes, sobre todo o fútbol e o bádminton. Tamén xogar aos videoxogos, pero só o fago no meu tempo libre. O pendente pertence a un becerro, pois crieime entre eles. O xoguete que parece que non pinta nada na imaxe é de meu sobriño, que me ten moi entretido pois anda sempre facendo trasnadas que a min me fan rir. Pero..., a persoa que se infiltrou na imaxe en forma de zapatilla non tanto. E esa é a miña irmá.
  • 29.
  • 30. Son un neno tan pesado coma un ferro de 20 quilos e dígoo por mal. Como observades na imaxe, por baixo das cousas hai unha nube que che axuda a durmir (moita xente sabe que me gusta durmir tan quentiño coma o lume). Polo cómic de Astérix xa saberedes quen son, pero vou dicir por que puxen ese en concreto: móvese el só coma se tivera pernas! Tamén coloquei un balón porque me gusta o fútbol. Normalmente quedo de porteiro, pero ás veces abúrrome e deixo que entren os balóns coma se eu fose un coador.
  • 31.
  • 32. Son unha rapaza de 12 anos, alta, co pelo louro e castaño e ollos verdes. As dúas cintas que aparecen na imaxe eran algo que poñía e parecía unha “maruxa”. A cámara que coloquei é na que teño as fotos da miña viaxe a París. O mando púxeno porque me gusta ver moito a televisión, aínda que tamén fago atletismo; velaí a camiseta. E o chocolate porque para min é case tan importante coma respirar. Por último podedes ver a goma de pelo. Normalmente non utilizo esa, pero non atopei outra porque son moi desordenada e pérdoo todo.
  • 34. Ola. Son un neno de 13 anos, alto e forte e tamén atleta. Parezo unha formiga xa que ando de aquí para alá sen pousar o cu; son moi nervioso. Na imaxe aparecen uns obxectos que me definen ben. En primeiro lugar a miña bici de cor azul, porque me gusta moito montar en bici a diario; todos os días fago 1`5 km. Tamén está o meu gato, que vai facer un ano. Vive con nós desde que tiña 2 meses. Paso moito tempo con el. Na imaxe aparece un mando da Play 4 e o xogo FIFA 20, que é un regalo que me gustou moitísimo. Tamén podedes ver os trofeos que fun gañando durante os anos de competición. Teño máis, pero puxen os máis significativos para min.
  • 36. Teño trece anos e son de estatura mediana. O meu pelo é castaño con fios dourados e os ollos de cor marrón clara. Coloquei a funda do meu móbil porque a metade da miña vida pásoa con este aparato, sobre todo en tik tok. O altofalante represéntame moito porque me encanta escoitar música. O chaveiro de unicornio consérvoo desde que tiña 3 anos porque cando era pequena gustábanme estes seres; parecíanme cabalos de colores. E por último aparece unha correa dun can xa que me encantan os animais, sobre todo os cans. A miña casa parece un zoo posto que teño moitos animais de distintas especies.
  • 38. Son un rapaz baixo e delgado, e como ben se ve na imaxe gústame xogar aos videoxogos . Tanto que ás veces paso con eles 600 horas ao día. Aínda que non só fago iso, polo que na imaxe, se ben parecen lapis, hai rotuladores porque nos meus ratos libres debuxo ou pinto. Tamén me gusta descargar e escoitar música, de aí os cascos. Esquecín poñer un balón porque me gusta moito o fútbol, tanto velo como xogar a el. Ás veces cabréome cando perdo un partido, como se cabrea un león cun lince.
  • 40. BEGOÑA PROFE Son un rapaza morena, máis ben baixa, con ollos grandes e de sorriso tímido. Isto último é normal, pois de primeiras son moi reservada. Así que todo o que vedes na imaxe forma parte do meu mundo segredo, que comparto con pouca xente. Dúas cousas que me fascinan: a música e a lectura. Na imaxe tedes o instrumento que toco, así daquela maneira porque aínda estou aprendendo: o violín. E o meu walkman e discman, onde escoito La Oreja de Van Gogh ou Abba (dos que teño, os meus discos preferidos) e algunhas casetes antigas que hai pola casa. Dos meus libros, Harry Potter tiña que estar, e algún manga tamén. Tamén hai unha acuarela que fixen en clase de pintura, unha actividade que me axuda moito a relaxarme. E a serie de Marmalade Boy (A familia crece) porque era a que vía todas as tardes, despois do Xabarín, durante a merenda cando estaba en primaria. Encantábame!! Agora entre clases de violín, pintura e kung fu case non vexo a tele. Xunto ao meu traxe de práctica tedes o cinto verde que acadei hai pouco nesta arte marcial. E por suposto, o meu saco de durmir e as miñas botas. Fan referencia ao mellor do ano: os campamentos de verán. Dúas semanas de liberdade, actividades na natureza e novos amigos! E algunha escordadura tamén... As moedas de chocolate están porque son moi, moi, moi larpeira. Podería poñer calquera doce ou lambetada, pero este ano cambiamos da peseta ao euro e pareceume gracioso incluílas. Por último, a bandeira de Nunca Máis. Son moi sensible a certas cousas; o que afecta á situación medioambiental é unha delas. Doeume moito o afundimento do Prestige, que contaminou as nosas costas tinguíndoas de negro. E isto lévame a algo que non aturo e que me resulta incomprensible: o absurdo do mundo dos adultos.
  • 41. Ola! Son un neno de 13 anos e gústame moito o surf e facer tiro ao branco. Sempre durmo cun bate de béisbol, pois é unha das miñas manías. Enfádome moi facilmente e tendo a perder o control, polo que moitas veces tiro cousas. Pero recupero o control antes de facer dano. É máis fácil enfadarme que respirar. Gústame moito xogar a Play Station 4; se me deixaran podía pasar 24 horas xogando. Son unha persoa máis pequena ca unha formiga e teño unha melena moi longa.
  • 43. Son un rapaz de mediana altura co pelo castaño e curto. Nesta imaxe vense reflectidos moitos dos meus gustos, como un libro do sistema solar que me regalou a profesora que tiven en quinto de primaria. Morro por todo o que ten que ver co universo, como por exemplo os corpos celestes. Tamén teño outra afección que igual vos sorprende: a de facer crebacabezas dende 200 pezas ata 500 ou 1000. Puxen o balón de fútbol co que xogo con meu irmán. É do Barcelona porque é o equipo que me gusta. Eu a todos os lados levo uns tenis; somos coma uña e carne. Nunca calzo outro tipo de zapatos por iso os puxen na imaxe. E o que non podía faltar é o mando da Play Station porque é un dos meus maiores entretementos.
  • 45. Todas e todos coñecedes os obxectos que me identifican: un dron, do que moitos saben unha anécdota bastante graciosa, unha bota de fútbol, que é o meu deporte preferido, e unha medalla de atletismo, un deporte que me gusta practicar. Cando estou na casa paso todo o día escoitando música. Na parte de abaixo na esquerda, está unha camiseta firmada por todos os xogadores do Lugo, porque eu xoguei nese equipo; Sobre o meu aspecto podería dicir que son unha persoa baixa co pelo coma unha castaña. Tamén son gracioso e deportista. No meu tempo libre o que máis me gusta é xogar ao fútbol e quedar cos amigos.
  • 47. Son unha rapaza de trece anos, de mediana estatura e co pelo negro como a sombra. Os obxectos da miña foto ensinan o que me gusta facer. Hai unha pelota de tenis que é o xoguete preferido de Lúa, a miña cadela, que chegou a miña casa moito antes de confinarnos. Debaixo da pelota hai uns auriculares porque me gusta escoitar música, sobre todo a de Adexe. Vexo miles de tiktoks deste cantante! O tractor amarelo significa dúas cousas: gústame este vehículo porque o vexo todos os días na Torre, na casa do meu sobriño Álex; ademais encántame o seu tractor de xoguete, que está mirando para a pelota na foto. Por último os dous rotuladores falan sobre o moito que me gusta pintar, este curso a materia de plástica é a miña favorita.
  • 49. CLARA PROFE Son unha rapaza morena, delgadiña, alta e de pelo moreno, por así dicilo, o meu cabelo ten liberdade de expresión. Declárome fiel amante da música, do debuxo e, por suposto, dos Simpsons! É máis, a miña familia aseméllase moito a estes personaxes de pel amarela; a min, por sorte, tocoume ser Maggie, aínda que falo moitísimo máis ca ela. Outro dato curioso é que vin o “Señor dos Aneis”, aproximadamente, unhas 80 veces (cada unha das películas eh!), e as que me quedan por ver aínda.... O doce é outra das miñas paixóns, ENCÁNTAME o doce, da igual de que tipo: chocolate, xeado, lambetadas, froita... Poderíame pasar o día completo comendo, mais por saúde intento conter a ese gran dinosaurio devorador, e facer deporte case todos os días. En xeral, gústanme a maior parte dos deportes pero, en especial, o baloncesto; cada verán espero ansiosa a chegada do campus que se celebra en Vilagarcía, ao cal van case todas as miñas amigas de equipo. Elas coñécenme moi ben, poderíanvos dicir incluso o número de veces que ando tocando o pelo ao longo do día, e facédeme caso, non son poucas...
  • 50. Eu son alguén que non ten un físico envidábel nin uns ollos de ouro, máis ben teño os ollos duns castaños e un carbón na cabeza. Na imaxe mostro unha bolsa na cal hai o contido que sempre compro cando vou a Lugo á librería Totem. Tamén podedes ver un mando e videoxogos cos que enredo moito tempo. Na imaxe hai cartas, que é algo que me representa; aínda que precisamente esas non. Tamén coloquei un xogo de mesa que me encanta. Por último está a miña querida tableta.
  • 52. Ola! Son unha rapaza de altura media coa pel morena e o pelo como a cola dun cabalo. Na imaxe podedes observar que son bastante organizada, por iso hai un caderno de notas. Tamén hai unha camiseta de Atletismo Friol, este é o meu deporte favorito, pero practico outro máis:a ximnasia rítmica. Son unha persoa que non pode parar quieta, por iso hai unha imaxe de xente bailando, xa que me encanta bailar e a música. Non podería vivir sen estas dúas cousas. Algo que case ninguén sabe é que me gusta ter os labios hidratados, é unha desas cousas estrañas de min. O que non podía faltar é a Torre Eiffel dado que desde ben pequena quero ir visitar París; pero de momento no é o caso. O cepillo para o cabelo é moi necesario na miña vida xa que o meu pelo enrédase con moita facilidade. A goma branca acompáñame sempre onde vaia; é como a miña compañeira de viaxe.
  • 54. Ola! Son unha persoa de trece anos e teño unha cantidade de afeccións máis alta cá torre Eiffel, pero só vos vou contar unhas poucas. O meu físico é o dunha persoa alta, nin fraca nin forte e co pelo coma o dun castaño escuro. De personalidade considérome bastante amigable e boa persoa. Son un gran amante do deporte, xa que fago barranquismo, xogo ao fútbol, corro, ando en bicicleta... Ademais gústanme tamén moito os videoxogos xa que me entreteñen. Pero eu non son dos que gozan só cun xogo, gústanme os de FIFA, Minekraft, Fortnite… e moitos máis. O outro obxecto é un coche de LEGO porque nese sentido son como un construtor, por iso teño os coches; agora estou co terceiro. Esa cousa branca estraña é sal porque reflicte unha cousa sobre min: encántame a comida salgada!
  • 56. Son un rapaz de 13 anos delgado coma o mango dunha vasoira, teño o pelo tan loiro que brilla coma o ouro e a miña pel non se diferenza da neve. Os meus ollos, dependendo do día, son verdes, azuis ou marróns, segundo a luminosidade. Gústanme os deportes, sobre todo o fútbol e o bádminton. Tamén xogar aos videoxogos, pero só o fago no meu tempo libre. O pendente pertence a un becerro, pois crieime entre eles. O xoguete que parece que non pinta nada na imaxe é de meu sobriño, que me ten moi entretido pois anda sempre facendo trasnadas que a min me fan rir. Pero..., a persoa que se infiltrou na imaxe en forma de zapatilla non tanto. E esa é a miña irmá.
  • 58. Son un neno tan pesado coma un ferro de 20 quilos e dígoo por mal. Como observades na imaxe, por baixo das cousas hai unha nube que che axuda a durmir (moita xente sabe que me gusta durmir tan quentiño coma o lume). Polo cómic de Astérix xa saberedes quen son, pero vou dicir por que puxen ese en concreto: móvese el só coma se tivera pernas! Tamén coloquei un balón porque me gusta o fútbol. Normalmente quedo de porteiro, pero ás veces abúrrome e deixo que entren os balóns coma se eu fose un coador.
  • 60. Son unha rapaza de 12 anos, alta, co pelo louro e castaño e ollos verdes. As dúas cintas que aparecen na imaxe eran algo que poñía e parecía unha “maruxa”. A cámara que coloquei é na que teño as fotos da miña viaxe a París. O mando púxeno porque me gusta ver moito a televisión, aínda que tamén fago atletismo; velaí a camiseta. E o chocolate porque para min é case tan importante coma respirar. Por último podedes ver a goma de pelo. Normalmente non utilizo esa, pero non atopei outra porque son moi desordenada e pérdoo todo.
  • 62. Ohhh!! Pero este que se coou por aquí … Quen será? O que diciamos: que mala é a envexa!!
  • 63. FIN! ESPERAMOS QUE O PASARADES MOI BEN!