Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Arte e Ciencia Idade Moderna
1. Tarefa Individual 15/100 NOTA 1ª AVALIACIÓN
Formato dixital VÍDEO 2-3 MINUTOS (BLOG)
APARTADOS OBRIGATORIOS:
VÍDEO-PRESENTACIÓN
1. Nome e datos biográficos relevantes (data de nacemento e de defunción, nacionalidade,
estudos, profesión,…) do artista/científico.
2. Situar no seu contexto histórico (lugar e época na que viviu).
3. Participou nalgún acontecemento histórico relevante? (feito, cronoloxía, causas,
consecuencias, repercusións,...).
4. Aportacións (inventos/obras de arte/etc.). Breve explicación do funcionamento dun
invento ou dos aspectos formais ou estilo dunha obra artística.
5. Nas súas palabras.... texto (fontes primarias ou secundarias).
6. Exemplos de pinturas/esculturas nas que aparece representad@.
7. Valores: aspectos morais e cívicos a xuízo: actitude e o comportamento que tivo ao longo
da súa vida (respecto dos dereitos humanos, discriminación, paz,..).
8. Imaxe: Como foi vist@ polos seus contemporáneos? Como é vist@ hoxe en día?
9. Outros (a escoller): filmografía, bibliografía, curiosidades, anécdotas,…
10. Comentar a Bibliografía/fontes consultadas para a elaboración do traballo (enlaces as
fontes consultadas).
* Cada apartado debe ir asociado a un documento visual (pintura, gravado, texto, mapa,
vídeo, etc.) e o texto de cada apartado non pode exceder as tres ou catro liñas.
Realización
2-24 OUTUBRO
Exposicións
27 OUTUBRO -3
NOVEMBRO
2. AUTOAVALIACIÓN Rúbrica de autoavaliación.
DIARIO DE SESIÓNS Deixamos constancia do que fixemos en cada sesión.
Aprecia os avances científicos e a súa aplicación á vida diaria, e contextualiza o papel dos científicos na
súa propia época (CMCCT).
Comprende as implicacións do empiricismo e o método científico nunha variedade de áreas (CMCCT
CCEC).
3. TEMPORALIZACIÓN POR SESIÓNS
Data límite publicación: 25 de outubro
Sesión Data CONTIDOS
1 2/3 outubro
Presentación do proxecto.
Elección personaxes/obras/inventos.
Diario de sesións.
2
9/10 outubro
Investigación.
Busca de fontes e selección de información.
Diario de sesións.
3 16/17 outubro
As fontes/documentos xa deben estar estudiadas antes da sesión.
Montaxe e elaboración do vídeo ou da presentación.
Diario de sesións.
4
23/24 outubro
Montaxe e elaboración do vídeo ou da presentación.
Publicación no blog persoal.
Autoavaliación e Diario de sesións.