2. Alexandre o Magno funda Alexandría en 331 a.C., no territorio dun poboado chamado Rakotis e habitado por pescadores. PORTO OCCIDENTAL PORTO GRANDE PORTO DO LAGO MAREOTIS Murallas da cidade Murallas da cidade ILLA DE PHAROS
3.
4. O arquitecto Dinócrates de Rodas construíu a cidade segundo un modelo de plano hipodámico .
8. Biblioteca de Alexandría No ano 2002 abriuse ao público a nova Biblioteca de Alexandría . O diseño correu a cargo do estudo noruego Shohetta . A Biblioteca Real de Alexandría ou Antiga Biblioteca de Alexandría foi na súa época a máis grande del mundo. Foi creada a comezos do século III a.C. por Ptolomeo I Sóter e chegou a ter ata 700.000 volumes.
9. Serapis , deidade sincrética greco-exipcia á que Ptolomeo I declarou patrono de Alexandría, recibía culto no Serapeum , recinto no que tamén se aloxaba a biblioteca secundaria de Alexandría. En 391 tivo lugar a destrución do monumento en honor de Serapis, asolado o conxunto monumental polos partidarios do patriarca cristián, Teófilo.
10. A cidade dos mil pazos afundíuse. Produto do “fenómeno de licuefacción” , a pesadez de templos e pazos provocou que o solo se abrise e os tragase. Con este fenómeno, o solo, limoso e saturado, perde rixidez e compórtase como se fose un líquido. En 1992, o arqueólogo Franck Goddio atopou restos dos antigos monumentos afundidos no actual porto alexandrino. Nun recente informe, David Wheeler considera a Alexandría unha das cidades máis vulnerables diante do cambio climático . Fotografía de satélite da rexión de Alexandría ca. 1990
11. “ Por fin, Alexandría. Alexandría, pinga de orballo, erupción de brancas nubes, diana das raiolas do sol que a auga do ceo limpou... Corazón das lembranzas impregnadas de mel e bágoas.” Nagüib Mahfuz: “Miramar”
12. A filósofa e matemática Hipatia viveu en Alexandría na época convulsa de finais do século IV e comezos do século V, sendo probablemente descuartizada en 415 - 416, vítima da crecente hostilidade entre o cristianismo triunfante e o paganismo declinante, aínda que non se deben esquecer rivalidades políticas polo control do poder no seo da sociedade alexandrina daquel tempo.