Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Traballo por proxectos crear un cómic
1. Qué podemos conseguir traballando por proxectos?
Aquí vos deixamos un exemplo do que se pode conseguir traballando por proxectos:
convertimos unhapeza teatral nun cómic.
Qué pasos seguimos para conseguilo?
1) Lemos de forma conxunta, entre todo o alumnado do grupo, una peza teatral de
Ignacio del Moral, Oseznos.
2) Analizamos os aspectos máissalientables da obra teatral: analizamos o papel das
acotacións dentro da obra, trazamos un posible retrato psicolóxico e físico de cada un
dos personaxes, elaboramos un resumo do argumento, etc
3) Investigamos cales son as partes fundamentaisdun cómic e para que serve cada
cousa: os bocadillos, as viñetas, o papel que xogan as interxeccións, etc
4) Familiarizámonosca aplicación informática Toondoo e as súas normas de uso: darse
de alta como usuario, utilizar os seus recursos, crear cómics con este programa.
5) Cada alumno, de xeito individual, elaborou a súa versión da obra teatral de Ignacio
del Moral adaptándoaó formato de cómic.
6) Publicamos no blog da materia os cómics realizados por tódolos alumnos.
7) Analizamos os resultados acadados, dificultades que xurdiron e posibilidades
atopadas para traballar posteriormente con estas ferramentas informáticas.
E estes son os resultados acadados.