CONFERENCIA SOBRE TRANSPLANTESDE ÓRGANOS
O martes día 29 outubro do 2013 tivemos unha charla sobre os
transplantes. Asistimos os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. e impartíronna un
enfermeiro do CHUAC da Coruña, o médico responsable e coordinador de
transplantes do mesmo complexo hospitalario e un transplantado de fígado e
de páncreas. Propiciáronnos moita información e amosáronnos detalles que
non coñecíamos. Tamén nos situaron nalgúns sucesos na historia, como o
primeiro transplante ou o primeiro transplante de corazón; sen esquecer que
nos ensinaron como era o protocolo anterior e posterior a un transplante.
SOFÍA PENA 3º E.S.O.
Unha das cousas da charla que máis me chamou a atención foi que só se
poden doar os órganos se a morte se produce de forma chamada “morte
cerebral”. Aínda que se é outro tipo de morte, poderíanse doar os tecidos.
Explicáronnos que Galicia é a comunidade autónoma de toda España que máis
se nega a doar órganos. É por iso que eles van dando charlas porque se cree
que o motivo de case o 30% de negativas é pola falta de información das
persoas e eles queren mellorar a porcentaxe. Na miña opinión a charla foi moi
interesante e paréceme moi apropiado o que están a facer para concienciar á
xente. Porque doar órganos salva vidas.”
PABLO MEDÍN ROIBÁS. 3º E.S.O.
2.
“Chamoume moito aatención que se centraran en demostrar que non
ían deixarte morrer nin nada diso, xa que para eles, sería espir un santo para
vestir outro. Tamén nos mostraron os diferentes órganos que poden ser
transplantados, dende o sangue ata o fígado. O transplantado mostrounos que
se ti, por un motivo ou por outro, é transplantado, non vas ser distinto aos
demais, e que os medicamentos antirexeitamento están avanzando moito, e
que agora só hai que tomalos á comida e á cea… A charla pareceume moi
interesante e puiden aprender moitas cousas sobre o procedemento para
realizar un transplante”
MANUEL SANTAMARIÑA RUÍZ DE LEÓN. 3º E.S.O.
Cando o transplantado nos contou a súa experiencia foi o momento que
máis me gustou. Gustoume porque nos contou as súas sensacións sobre o que
viviu.
LAURA SANJUÁN CAÍNZOS. 3º E.S.O.
A min gustoume moito a charla, pois fíxome pensar acerca da
posibilidade de doar sangue ou órganos no futuro..
MIGUEL GARCÍA MARTÍN. 4º E.S.O.
Os conferenciantes insistiron en felicitarnos polo bo comportamento do
alumnado durante a súa charla, "nunca tal viron" e teñen experiencia de anos
dando conferencias por toda Galicia.
Eu felicito ós alumnos, ós profesores e, sobre todo, ós pais, por teren tan ben
educados ós seu rapaces. Alí onde van, chaman a atención polo seu ben saber
estar.
MARÍA JOSÉ FANDIÑO RÍO. A profe de Ciencias