SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
CHARLA SOBRE O CINEMA
Comezaremos cuestionando que é para nós o cinema.
A perspectiva sobre o cinema será dende a postura do espectador, público e consumidor de cine.
Explicaremos o mundo do cine máis afastado do espectador: que ocorre detrás e durante unha rodaxe e
nos estudios de gravación de cine.
Onde, quen e como se fai cinema!!
O cinema nace en París no ano 1895.
Faremos un pequeño xogo de desinhibición para que comprendan en primeira persoa o significado da
palabra
“CINEMATOGRAFÍA”
kiné/ movemento + grafos/ imaxe = imaxe en movemento
Cunha cámara sacarémoslle diferentes fotografías en movemento a algún voluntario. Logo
visualizarémolas rápido para que detecten como se xera movemento a través de diferentes imaxes.
Falaremos moi por enriba sobre a evolución da tecnoloxía e como esta foi afectando directamente ás
producións cinematográficas:
- Ao principio filmes mudos e en branco e negro
- Logo filmes con son
- Apareceu a cor
- Xurdiron os efectos especiais
- E con elo os diferentes xéneros e formas de expresión cinematográfica que coñecemos hoxe en día como
a animación, a plastilina, os documentais, programas de tv, series, curtametraxes e longametraxes entre
outros moitos.
Repararemos no concepto de EQUIPO:
A. Equipo Técnico
1. Productor/a: encargado da organización e realización e do filme. En base, o que consigue o diñeiro e
firma contratos para poder empregar espazos, comida, actores...
2. Guionista: crea e escribe a historia que se quere contar no filme.
3. Director/a: encargado/a de dar as pautas e direccións necesarias aos actores/actrices e ao resto do
equipo.
4. Sonidista: encargado/a de recoller todos os sons e de crear a música/banda sonora e o ambiente sonoro
do filme.
5. Operador/a de cámara: encargado/a da imaxe, planos e fotografía do filme.
6. Director/a de arte: encargado/a da estética, maquillaxe, decorados do estudio de gravación e dos
diferentes espazos…
7. Scrip: encargado/a de controlar todos os problemas en plató, se tes algunha pregunta tes que
preguntarlle a el/ela ante de nada. Man dereita do director. Claquetista e control de “fallo de racord”:
Explicar o “fallo de racord” a través dun xogo = as tres diferenzas (deberán pechar os ollos e detectar que
cambiou na sala)
8. Montaxe: organiza todos os vídeos gravados e ordenaos. Copia e pega. Encargase da dramaturxia.
Deixar claro que non só unha única persoa ocupa cada un destes cargos. Existen moitos axudantes igual de
imprescindibles.
B. Equipo Artístico
1. Actores/actrices: encarnamos os personaxes. Falar da miña experiencia e facerlles ver que é unha
profesión coma outra calquera, que poden probar, estudar e desfrutar. Falar con eles sobre as emocións e
o entender ao outro. Se tes que facer un personaxe malo tes que intentar descubrir as razóns de porqué é
malo, non debemos xulgar a ninguén de primeiras.
2. Dobres: escenas de risco, especialistas en loitas, saltos…
Ninguén é máis importante que ninguén nunha produción audiovisual. A pesares de existir cargos de maior
responsabilidade, todo o mundo é necesario para facer o filme. Deberán de afianzarse no concepto de
“traballo en equipo”.
Ao rematar unha película, aparecen os “Créditos”. Explicar brevemente o que son e o que simbolizan. É
importante ter en conta a todas as persoas que aportaron o seu pequeno ou enorme gran de area para
facer a película, e debemos de valorar o traballo de todo o mundo que está detrás da pantalla. Os
actores e actrices soen levar, tristemente, toda a fama e felicitación pola película, cando o traballo
reside en gran parte no outro 99% de persoas que participa no filme.
Mans á obra!
Quen se atreve a facer do espazo no que esteamos un plató de cine??
Cada neno e nena ocupará un dos cargos dos falados anteriormente para que comprendan en
primeira persoa a responsabilidade que supón ser calquera persoa integrante dun equipo de
gravación.
Entre todos acordaremos que tipo de mini-filme quereremos facer. Así pois, repartiremos os papeis
que desenvolverá cada un deles e organizaremos o material que se precisa para exercer ese rol e
responsabilidade dentro do equipo.
- Productor/a: persoa responsable de atopar todo o material, espazo e actores/actrices necesarios
dentro das nosas posibilidades.
- Guionista: persoa que nos dea a idea orixinal que deberán de interpretar os nosos actores e
actrices.
- Director/a: deberá de conducir aos actores e actrices sendo crítico e esixente. “Tres e acción!!”
- Sonidista: (contaremos cun equipo de gravación de son que poderá empregar) persoa encargada
en gravar todo o son da escena. “Son grava”
- Operador/a de cámara: (contaremos cun trípode e unha cámara que poderá empregar) persoa
encargada de gravar a escena. “Camara grava”
- Director/a de arte: (contaremos con algo de roupa, maquillaxe, unha brocha e pos translúcidos
para que poida empregalos) persoa encargada de decorar e tomar todas as decisións estéticas da
escena. Deberá de repasar con pos aos actores/actrices sempre que se comece a gravar.
- Scrip: (contaremos cunha claqueta e cun xiz) encargarase de levar a conta das escenas e deberá de
resolver calquera dúbida que teñan os seus compañeiros de traballo. “Son??...”, “Cámara??...” e
“Previdos...”
- Actores/actrices: deberán de tentar axeitarse ás direccións do director/a
- Dobres: no caso de que os rapaces e rapazas elixan facer unha “escena de risco” deberá de existir
alguén que salvagarde a vida do actor/actriz principal.
Para rematar faremos unha rolda de preguntas co tempo que sobre e animaremonos a que
desfruten de actividades artísticas e creativas sempre que poidan, como o é o teatro.

More Related Content

More from Rosa María Cajade Rodríguez (20)

Presentacion samain
Presentacion samainPresentacion samain
Presentacion samain
 
Presentacion samain
Presentacion samainPresentacion samain
Presentacion samain
 
Padres sep18
Padres sep18Padres sep18
Padres sep18
 
Pruebamodelo6epcm
Pruebamodelo6epcmPruebamodelo6epcm
Pruebamodelo6epcm
 
Cm20166epmatematicas
Cm20166epmatematicasCm20166epmatematicas
Cm20166epmatematicas
 
A auga na pintura
A auga na pinturaA auga na pintura
A auga na pintura
 
A auga na pintura
A auga na pinturaA auga na pintura
A auga na pintura
 
Union europea aroa
Union    europea  aroaUnion    europea  aroa
Union europea aroa
 
Ue hugo
Ue hugoUe hugo
Ue hugo
 
Virginiawoolf 1
Virginiawoolf 1Virginiawoolf 1
Virginiawoolf 1
 
Resumo cs tema 4
Resumo cs tema 4Resumo cs tema 4
Resumo cs tema 4
 
Union europea
Union europeaUnion europea
Union europea
 
Dos
DosDos
Dos
 
Uno
UnoUno
Uno
 
Empresa xaco
Empresa xacoEmpresa xaco
Empresa xaco
 
5º sesión
5º sesión5º sesión
5º sesión
 
3º sesión
3º sesión3º sesión
3º sesión
 
4º sesión
4º sesión4º sesión
4º sesión
 
O meu propio negocio
O meu propio negocioO meu propio negocio
O meu propio negocio
 
Clinica veterinaria vázquez zaira
Clinica veterinaria vázquez  zairaClinica veterinaria vázquez  zaira
Clinica veterinaria vázquez zaira
 

Plantilla charla cinema adaptada

  • 1. CHARLA SOBRE O CINEMA Comezaremos cuestionando que é para nós o cinema. A perspectiva sobre o cinema será dende a postura do espectador, público e consumidor de cine. Explicaremos o mundo do cine máis afastado do espectador: que ocorre detrás e durante unha rodaxe e nos estudios de gravación de cine. Onde, quen e como se fai cinema!! O cinema nace en París no ano 1895. Faremos un pequeño xogo de desinhibición para que comprendan en primeira persoa o significado da palabra “CINEMATOGRAFÍA” kiné/ movemento + grafos/ imaxe = imaxe en movemento Cunha cámara sacarémoslle diferentes fotografías en movemento a algún voluntario. Logo visualizarémolas rápido para que detecten como se xera movemento a través de diferentes imaxes. Falaremos moi por enriba sobre a evolución da tecnoloxía e como esta foi afectando directamente ás producións cinematográficas: - Ao principio filmes mudos e en branco e negro - Logo filmes con son - Apareceu a cor - Xurdiron os efectos especiais - E con elo os diferentes xéneros e formas de expresión cinematográfica que coñecemos hoxe en día como a animación, a plastilina, os documentais, programas de tv, series, curtametraxes e longametraxes entre outros moitos. Repararemos no concepto de EQUIPO: A. Equipo Técnico 1. Productor/a: encargado da organización e realización e do filme. En base, o que consigue o diñeiro e firma contratos para poder empregar espazos, comida, actores... 2. Guionista: crea e escribe a historia que se quere contar no filme.
  • 2. 3. Director/a: encargado/a de dar as pautas e direccións necesarias aos actores/actrices e ao resto do equipo. 4. Sonidista: encargado/a de recoller todos os sons e de crear a música/banda sonora e o ambiente sonoro do filme. 5. Operador/a de cámara: encargado/a da imaxe, planos e fotografía do filme. 6. Director/a de arte: encargado/a da estética, maquillaxe, decorados do estudio de gravación e dos diferentes espazos… 7. Scrip: encargado/a de controlar todos os problemas en plató, se tes algunha pregunta tes que preguntarlle a el/ela ante de nada. Man dereita do director. Claquetista e control de “fallo de racord”: Explicar o “fallo de racord” a través dun xogo = as tres diferenzas (deberán pechar os ollos e detectar que cambiou na sala) 8. Montaxe: organiza todos os vídeos gravados e ordenaos. Copia e pega. Encargase da dramaturxia. Deixar claro que non só unha única persoa ocupa cada un destes cargos. Existen moitos axudantes igual de imprescindibles. B. Equipo Artístico 1. Actores/actrices: encarnamos os personaxes. Falar da miña experiencia e facerlles ver que é unha profesión coma outra calquera, que poden probar, estudar e desfrutar. Falar con eles sobre as emocións e o entender ao outro. Se tes que facer un personaxe malo tes que intentar descubrir as razóns de porqué é malo, non debemos xulgar a ninguén de primeiras. 2. Dobres: escenas de risco, especialistas en loitas, saltos… Ninguén é máis importante que ninguén nunha produción audiovisual. A pesares de existir cargos de maior responsabilidade, todo o mundo é necesario para facer o filme. Deberán de afianzarse no concepto de “traballo en equipo”. Ao rematar unha película, aparecen os “Créditos”. Explicar brevemente o que son e o que simbolizan. É importante ter en conta a todas as persoas que aportaron o seu pequeno ou enorme gran de area para
  • 3. facer a película, e debemos de valorar o traballo de todo o mundo que está detrás da pantalla. Os actores e actrices soen levar, tristemente, toda a fama e felicitación pola película, cando o traballo reside en gran parte no outro 99% de persoas que participa no filme. Mans á obra! Quen se atreve a facer do espazo no que esteamos un plató de cine?? Cada neno e nena ocupará un dos cargos dos falados anteriormente para que comprendan en primeira persoa a responsabilidade que supón ser calquera persoa integrante dun equipo de gravación. Entre todos acordaremos que tipo de mini-filme quereremos facer. Así pois, repartiremos os papeis que desenvolverá cada un deles e organizaremos o material que se precisa para exercer ese rol e responsabilidade dentro do equipo. - Productor/a: persoa responsable de atopar todo o material, espazo e actores/actrices necesarios dentro das nosas posibilidades. - Guionista: persoa que nos dea a idea orixinal que deberán de interpretar os nosos actores e actrices. - Director/a: deberá de conducir aos actores e actrices sendo crítico e esixente. “Tres e acción!!” - Sonidista: (contaremos cun equipo de gravación de son que poderá empregar) persoa encargada en gravar todo o son da escena. “Son grava” - Operador/a de cámara: (contaremos cun trípode e unha cámara que poderá empregar) persoa encargada de gravar a escena. “Camara grava” - Director/a de arte: (contaremos con algo de roupa, maquillaxe, unha brocha e pos translúcidos para que poida empregalos) persoa encargada de decorar e tomar todas as decisións estéticas da escena. Deberá de repasar con pos aos actores/actrices sempre que se comece a gravar. - Scrip: (contaremos cunha claqueta e cun xiz) encargarase de levar a conta das escenas e deberá de resolver calquera dúbida que teñan os seus compañeiros de traballo. “Son??...”, “Cámara??...” e “Previdos...” - Actores/actrices: deberán de tentar axeitarse ás direccións do director/a - Dobres: no caso de que os rapaces e rapazas elixan facer unha “escena de risco” deberá de existir alguén que salvagarde a vida do actor/actriz principal. Para rematar faremos unha rolda de preguntas co tempo que sobre e animaremonos a que desfruten de actividades artísticas e creativas sempre que poidan, como o é o teatro.