Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Uso Do Podcast En Lingua Castelá E Literatura
1. USO DO PODCAST EN LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
Lingua Castelá e Literatura é unha materia na que se poden realizar moitísimas
actividades con audio. Así, por exemplo, en Secundaria poden realizarse: recitais
poéticos, declamacións teatrais, gravacións a propósito dun día relacionado coa Lingua
e coa Literatura. Así, para conmemora-lo día do libro, 23 de abril, os alumnos dun
Instituto de Secundaria irán pasando pola biblioteca e lendo unha páxina da
coñecidísima e tan lida obra de Miguel de Cervantes: Don Quijote de la Mancha. O
número de páxinas asignarase segundo o curso. Gravaranse as intervencións orais. No
blogue da biblioteca quedará recollida esta actividade con audio.