Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Entroido 2014 Festival CEIP A LAXE. Marín
1. Ata non hai moitos anos o traballo no campo era a ocupación e o sustento da
maioría de familias galegas. Na comarca do Morrazo, xunto coa pesca, dou de
comer a moita xente.
A veiga de millo, a horta das patacas, dos repolos, das xudías ou das leitugas
están ligados a un xeito de vivir neste país.
Cando ter pan na artesa dependía de ter ou non unha boa colleita había que
poñer tódolos medios: boa semente, boa terra ben abonada e un bo…
E S P A N T A L L O
Que protexera o cultivo das aves
e outros bichos non desexados.
Quen de rapaz non se sentiu
engaiolado pola presenza deste
enigmático personaxe chantado
alí no medio da leira, un chisco
esperingallado, pero con superpoderes!,