2. NÓS ELEXIMOS A KANDINSKY
Co motivo do proxecto da nosa
biblioteca “ A pintura outra forma de
ler, levamos a cabo unha experiencia
sobre este xenial pintor chamado Wassili
Kandinsky.
Durante os dous trimestres anteriores
estiveron a investigar un pouquiño sobre
a vida e obra do artista para logo
empezar a traballar de forma conxunta
con 3ºB para unha exposición que terá
lugar dentro do colexio ,no que participa
todo o centro,alá para o mes de maio.
O resultado cremos que é moi
satisfactorio e por iso invitamos a todos
que veñan visitala.
4. ALGÚNS CÍRCULOS, 1926
Entre 1926-1929, Kandinsky
leva a cabo unha serie de 10
cadros nos que aparece o
círculo como única forma.
Neste cadro trátase de
formas puramente abstractas
que flotan sobre unha
superficie en determinadas
constelacións.
Nesta época kandinsky di que
ama o círculo pola forza
interna que que posúe nas
súas imnumerables variacións. Feito por Diego Noya,Ana Domínguez,
Xiana Brea, Martín Fiaño e Matías cea
6. PEQUENOS MUNDOS II
Cando kandinsky se fai cargo
da escola taller da Bauhaus en
Weimar,dndoa clase no taller
de pintura mural, en xuño de
1922comeza unha carpeta de
12 grabados que dan
testemuña do seu inmenso
talento imaxinativo. Cada
unha destas estampas é unha
creación, un microcosmos en
si mesmo.
Este cadro é un exemplo
deles. Feito por Gonzalo García e Martín Becerra
8. INVERNO I, 1909
O rosa, o violeta claro,o
azul e o verde son as
cores irreais desta
imaxe invernal de
Murnau( cidade de
Baviera en Alemania)
Se ben a composición é
tradicional, as cores
envolven a paisaxe nunha
atmósfera fantástica e
enigmática.
Feito por tod@s
10. Composición de aula lembrando
o cadro:
CADRADO CON CIRCULOS
CONCÉNTRICOS”
Kandinsky, na súa etapa
abstracta modifica as
formas, utilizando na
meirande parte das súas
obras somente círculos,
triángulos e cadrados,
Feito por Eyerus Fernández ,Xiana Brea, Ana
DomínguezMartín Becerra e Cristina Garea
12. CEMITERIO E CASA
PARROQUIAL EN “KOCHE”
Feito por Lucía Iglesias,Mario
Fernández,Aisa Lestón e Iria Blanco
As fachadas das casas,
en intensos tonos
amarelos, forman un vivo
contraste coas
superficies nevadas e os
arbustos da dereita, de
sombras azuis.
14. BRANDO, DURO, 1927
Cadro pintado en
Alemaña, durante a súa
estancia como profesor
na Bauhaus (Escola de
Arquitectura) na que
estudaba a relación entre
as cores e as formas
xeométricas.
Feito por: alumnado de 3º B
16. IMPROVISACIÓN 19, 1.911
Unha improvisación é unha
expresión de sentimentos
interiores.
Parece describir unha loita
entre a materia (o vermello)
e o espíritu ( o azul) na que
aparecen unhas figuras
transparentes (os xigantes)
Feito por: alumnado de 3º B
18. AZUL DO CEO , 1940
Este cadro é a obra maestra
do seu último periodo
biomórfico parisiense, no que
debuxaba formas parecidas a
animais. Están flotando nun
fondo azul (a cor favorita do
pintor) que indica quietude,
calma.
Actualmente encóntrase en
París no Museo Pompidou.
Feito por: alumnado de 3º B
20. PEQUENO SOÑO EN VERMELLO, 1925
Este óleo foi un regalo para
a súa muller Nina.
É alegre e da sensación de
movementos coas cores
terrosas , cálidas
combinadas con liñas e
formas xeométricas.
No seu libro “ punto e liña
sobre o plano”, aparece
representada a estructura
deste cadro.
Feito por: alumnado 3º B
22. COMPOSICIÓN VIII, 1923
É unha das súas obras
máis importantes e
coñecidas.
Dominan o cadro uns
círculos de cores na parte
superior esquerda,
acompañados por formas
xeométricas simples:
semicírculos, ángulos e
liñas rectas e curvas.
Encóntrase no museo
Guggenheim (Nueva York).
Feito por: Uxía, 3º B